Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica da Lingua e a Literatura
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Coñecer as principais metodoloxías para o ensino de linguas.
- Coñecer o currículo de lingua castelá e literatura en Educación Primaria.
- Xerar entre o alumnado a reflexión sobre a súa propia competencia oral e ofrecerlle recursos e ferramentas para guiar o seu desenvolvemento nos discentes de Educación Primaria.
- Xerar entre o alumnado a reflexión sobre a súa propia competencia escrita e ofrecerlle recursos e ferramentas para guiar o seu desenvolvemento nos discentes de Educación Primaria.
- Xerar entre o alumnado a reflexión sobre a súa propia competencia literaria e ofrecerlle recursos e ferramentas para guiar o seu desenvolvemento nos discentes de Educación Primaria.
- Xerar entre o alumnado a reflexión sobre a súa propia competencia metalingüística e ofrecerlle recursos e ferramentas para guiar o seu desenvolvemento nos discentes de Educación Primaria.
- Capacitar o alumnado para un uso efectivo do castelán como vehículo de comunicación.
- Ofrecer ao alumnado ferramentas eficaces para solventar as dúbidas lingüísticas que lles poida xerar o uso da norma estándar do castelán.
1. Fundamentos metodolóxicos do ensino de linguas e orientación curricular da materia en Educación Primaria.
2. A comunicación oral e o seu tratamento en Educación Primaria.
3. A comunicación escrita e o seu ensino en Educación Primaria.
4. A educación literaria e o fomento do hábito lector en Educación Primaria.
5. O coñecemento da lingua: ortografía, gramática e textualidade en Educación Primaria.
BÁSICA:
Cassany, D. (2007). Enseñar lengua. Graó.
Cerrillo, P. (2007). Literatura infantil y juvenil y educación literaria: hacia una nueva enseñanza de la literatura. Octaedro.
Mendoza, A. (2011). Didáctica de la Lengua y la Literatura para Primaria. Pearson.
Prado Aragonés, J. (2016). Didáctica de la lengua y la literatura para educar en el siglo XXI.
COMPLEMENTARIA:
Álvarez, T. (2013). Didáctica de la lengua para la formación de maestros. Octaedro.
Centelles Pastor, J. (2020): El abrazo de la literatura. Itinerarios para infantil y primaria. Graó.
Colomer, T. (2010). Introducción a la literatura infantil y juvenil actual. Síntesis.
Delmiro Coto, B. (2002). La escritura creativa en las aulas. En torno a los talleres literarios. Graó.
Díez de Ulzurrum Pausas, A. (coord.) (1999). El aprendizaje de la lectoescritura desde una perspectiva constructivista. Graó.
Fernández Rial, R. (2016). Aulas sen paredes. Edicións Positivas.
González, M., Guillén, C. e Vez, J. M. (2010): Didáctica de las lenguas modernas. Competencia plurilingüe e intercultural. Síntesis.
Guerrero, P. e Caro, T. (2015). Didáctica de la lengua y educación literaria. Pirámide.
Lomas, C. (2001). Cómo enseñar a hacer cosas con las palabras: teoría y práctica de la educación lingüística. Paidós.
López, A. e Encabo, E. (2010). Didáctica de la literatura. El cuento, la dramatización y la animación a la lectura. Octaedro.
López, A. e Encabo, E. (2016): Fundamentos de la lengua y la literatura. Octaedro.
López, P. e Calderón, L. (2004). Gramática y ortografía para Primaria. Santillana.
Martín, R. (2009). Manual de didáctica de la lengua y la literatura. Síntesis.
Mendoza, A. (2004). La educación literaria. Bases para la formación de la competencia lecto-literaria. Aljibe.
Palou, J. e Fons, M. (2016). Didáctica de la lengua y la literatura en educación primaria. Síntesis.
Pennac, D. (1998). Como una novela. Anagrama.
Quilis, M. C., Martínez, A. e Palmer, I. (2019). Enredos de palabras: gramática y uso de la lengua en nuevos espacios de comunicación. Graó.
RAE (2011). Nueva gramática básica de la lengua española. Espasa.
Rodari, G. (1985). Gramática de la fantasía. Introducción al arte de contar historias. Hogar del libro.
Vilà, M. e Castellà, J. (2014). 10 ideas clave. Enseñar la competencia oral en clase. Aprender a hablar en público. Graó.
Revistas:
CLIJ. Cuadernos de Literatura infantil y juvenil.
Lenguaje y textos.
Ocnos. Revista de Estudios sobre Lectura.
Textos de Didáctica de la lengua y la literatura.
XERAIS
G.1. Coñecer as áreas curriculares da Educación Primaria, a relación interdisciplinar entre elas, os criterios de avaliación e o corpo de coñecementos didácticos en torno aos procedementos de ensino e aprendizaxe respectivos.
G.2. Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensino e aprendizaxe, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
G.3. Abordar con eficacia situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multiculturais e plurilingües. Fomentar a lectura e o comentario crítico de textos dos diversos dominios científicos e culturais contidos no currículo escolar.
G.4. Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos que conformen os valores da formación cidadá.
G5. Fomentar a convivencia na aula e fóra dela, resolver problemas de disciplina e contribuír á resolución pacífica de conflitos. Estimular e valorar o esforzo, a constancia e a disciplina persoal de cada alumno ou alumna.
G10. Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovelo entre os estudantes.
BÁSICAS
B.1. Que a alumna ou alumno demostre que posúe e comprende coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e que se adoita encontrar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B.2. Que o alumno ou alumna saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e que posúa as competencias que acostuman demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B.3. Que a alumna ou alumno teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B.4. Que o alumno ou alumna poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
ESPECÍFICAS
E45. Adquirir formación literaria e coñecer a literatura infantil.
E46. Coñecer o currículo escolar das linguas e a literatura.
E47. Falar, ler e escribir correcta e axeitadamente nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
E48. Coñecer o proceso de aprendizaxe da linguaxe escrita e o seu ensino.
E49. Fomentar a lectura e animar a escribir.
E53. Desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e promover as competencias correspondentes nos estudantes.
TRANSVERSAIS
T3. Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
T4. Competencia informacional.
As sesións expositivas centraranse na clarificación dos contidos e conceptos básicos da materia, ilustrados con materiais seleccionados especificamente para a súa análise e comprensión. O traballo expositivo complementarase con actividades prácticas relacionadas cos contidos da exposición, co obxectivo de facilitar o desenvolvemento das competencias citadas anteriormente.
As sesións interactivas fundamentaranse no emprego de recursos de aprendizaxe que supoñan a participación activa do alumnado. Esta parte implica una importante carga de traballo individual ou en grupo, para propiciar o desenvolvemento de competencias ligadas ao pensamento crítico, innovador e creativo, así como ao desenvolvemento de competencias transversais, como o coñecemento instrumental das linguas oficiais da comunidade ou o uso das Tecnoloxías da Información e a Comunicación. Neste contexto, poderase planificar algunha tarefa de carácter interdisciplinar en coordinación con profesorado doutras materias obrigatorias do mesmo curso e cuadrimestre.
A titorización individual ou en pequeno grupo permitirá orientar o alumnado, de forma máis personalizada, na resolución de problemas ou o esclarecemento da información solicitada. Posibilitará tamén o seguimento das diferentes actividades realizadas para alcanzar unha correcta execución dos traballos de curso e un eficaz aproveitamento das clases teórico-prácticas.
O uso da aula virtual será necesario para un axeitado aproveitamento dos contidos abordados ao longo do cuadrimestre, pois o alumnado terá acceso a través dela a materiais e recursos que sustentarán ou complementarán tanto as sesións expositivas como as interactivas. En consecuencia, é imprescindible que o alumnado empregue con normalidade a conta de correo da USC, para garantir así que a comunicación co profesorado sexa efectiva.
Ao longo do curso empregaranse diversos instrumentos de avaliación con distinto peso no cómputo global:
a) Realización de traballos escritos con diferentes tipos de agrupamento (30%).
b) Exposición de traballos orais (10%).
c) Participación e interese na materia (10%).
d) Realización dunha proba final na data establecida oficialmente polo centro (50%).
Para superar a materia será imprescindible acadar un mínimo de 5 puntos sobre 10 na proba final. Debido ao tipo de metodoloxía empregada, requírese a asistencia ás clases interactivas como mínimo nun 80%.
CASUÍSTICAS ESPECÍFICAS DA AVALIACIÓN:
1. ALUMNADO CON DISPENSA DE ASISTENCIA
Este alumnado será avaliado mediante a realización de traballos (orais e escritos) e dunha proba na data fixada para o exame oficial. Debe pórse en contacto coa docente á maior brevidade posible.
2. ALUMNADO QUE NON SUPERE A MATERIA NA PRIMEIRA OPORTUNIDADE
As cualificacións obtidas na participación, nas actividades orais e nos traballos escritos presentados durante o curso serán conservados para a segunda oportunidade.
3. ALUMNADO REPETIDOR
Cursará a materia con normalidade. Tan só a imposibilidade de asistir motivada polo solapamento horario entre materias lle permitirá afrontar a avaliación da materia con condicións semellantes aos do alumando con dispensa.
4. PLAXIO OU FRAUDE
Debe terse en conta que para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación e rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
a) Actividades en sesións expositivas: presenciais, 24 horas; de traballo autónomo, 35 horas.
b) Actividades en sesións interactivas: presenciais, 24 horas; de traballo autónomo, 45 horas.
c) Actividades en pequeno grupo ou individuais: presenciais, 3 horas; de traballo autónomo, 19 horas.
Total: actividades presenciais, 51 horas; actividades de traballo autónomo, 99 horas.
- Recoméndase a asistencia a clase e sobre todo a participación activa nas sesións presenciais, así como a revisión gradual dos contidos a medida que se van explicando na aula. Para isto é recomendable o correcto aproveitamento das titorías para solucionar dúbidas ou problemas de comprensión dos contidos da materia.
- A planificación do tempo é fundamental, de maneira que non se acumulen as tarefas para o final do cuadrimestre e isto poida impedir a entrega nos prazos establecidos, pois o retraso nos mesmos conlevará unha penalización na cualificación.
- Será imprescindible a realización das actividades con rigor e respecto pola propiedade intelectual, pois o plaxio será motivo de suspenso na materia.
- Para poder superar a materia será requisito indispensable unha competencia lingüística suficiente en lingua castelá.
Para superar a materia será requisito indispensable unha competencia lingüística axeitada en lingua castelá.
Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL:
En relación aos traballos persoais ou de grupo e en coherencia coa responsabilidade medioambiental colectiva, teranse en conta as seguintes indicacións: evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios; sempre que sexa posible empregar grampas no lugar de canutillos; imprimir a dúas caras en modo "aforro de tinta" e evitar folios en branco como separadores de capítulos ou partes; evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO:
En atención aos criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso dunha linguaxe non sexista tanto no traballo cotián de aula coma nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no siguinte enlace:
http://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/servizos/oix/descar…
PROTECCIÓN DE DATOS:
Adóptase a normativa da USC ao respecto: https://www.usc.gal/gl/normativa/protecciondatos/index.html
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS:
- É obrigatorio o emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais (correo-e, campus virtual, Microsoft Office 365...), así como outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (Lifesize...).
- Debe terse en conta que o ensino-aprendizaxe (clases/titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
USO DO MÓBIL NA AULA:
Queda restrinxido o uso do teléfono móbil na aula ao uso como instrumento de traballo seguindo as indicacións das docentes. O alumnado é responsable das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse do seu uso inapropiado.
Isabel Fernandez Lopez
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Lingua e a Literatura
- Correo electrónico
- isabel.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Maria Jose Caamaño Rojo
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Lingua e a Literatura
- Teléfono
- 881812009
- Correo electrónico
- mariajose.caamano [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-17:30 | Grupo /CLIS_06 (Fernández B - Maq) | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 25 |
19:00-20:30 | Grupo /CLIS_05 (Br - Fernández A) | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 25 |
Mércores | |||
09:00-10:30 | Grupo /CLIS_01 (Mar - Ped) | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 25 |
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 (Mar - Z) | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_02 (Pee - Ro) | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
17:30-19:00 | Grupo /CLE_02 (A - Maq) + Dobre Grao 2º | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 12 |
19:00-20:30 | Grupo /CLIS_04 (A - Bo) + Dobre Grao 2º | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 32 |
Xoves | |||
09:00-10:30 | Grupo /CLIS_03 (Ru - Z) | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 52 |
09.01.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_02 (A - Maq) + Dobre Grao 2º | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
09.01.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 (Mar - Z) | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
09.01.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_02 (A - Maq) + Dobre Grao 2º | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
09.01.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 (Mar - Z) | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
26.06.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_02 (A - Maq) + Dobre Grao 2º | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |
26.06.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 (Mar - Z) | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |