Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica da Expresión Plástica
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A. Xerais
Formar o futuro docente nas artes visuais e plásticas fundamentais para o ensino.
Conseguir que o alumnado teña as ferramentas e os seus propios medios de acción na aula.
B. Específicos
Dominio da historia da educación artística.
Coñecemento das técnicas artísticas na aula.
Organización e mantemento creativos do espazo escolar.
Podemos dividir os contidos en tres apartados que están interrelacionados e fan referencia aos diferentes contextos que se traballarán ao longo do curso: culturais, vivenciais, sociais e artísticos.
CONTEXTO 1: A Arte e a interrelación ca sociedade.
- Incorporar o pensamento crítico e reflexivo de cara á arte e as súas producións. Análise de diferentes contextos artísticos.
CONTEXTO 2: A Educación Artística
- Historia da Educación Artística dentro e fóra da escola. Achega a diferentes autores e metodoloxías.
CONTEXTO 3: O “eu” como contexto.
- Preconceptos arredor da arte e a educación. Desvinculación dos estereotipos no entorno da arte e a educación. A creatividade fronte a copia.
- Construción do pensamento crítico. Proceso, proxecto, educación artística, creatividade, imaxinación, imaxinario, etc.
- Técnicas e materiais plásticos e visuais: composición, cor, debuxo, pintura, colaxe, volume, fotografía e tecnoloxías aplicadas á imaxe. Introdución dos elementos no ámbito infantil.
- O portafolio como ferramenta de recollida de documentación e proceso de elaboración dun traballo.
Básica
Acaso López-Bosch, M. [et al.] (2011), Didáctica de las artes y la cultura visual. Akal.
Blanco, V. & Cidrás, S. (2019). Educar a través da arte. Cara unha escola imaxinada. Kalandraka.
Chalmers, F, Graeme (2003), Arte, educación y diversidad cultural. Paidós.
Efland, Ab (2002) Una historia de la educación en el arte. Paidós.
Complementaria
Acaso, M. e Megías, C. (2017), Art thinking. Paidós.
Agirre, I. (2000) Teoría y práctica en educación artística. Universidad Pública de Navarra.
Arnhein, R. (2001) Arte y percepción visual. Alianza Manuales.
Balada, M. / Juanola, R. (1987) La educación visual en la escuela. Paidós.
Blanco, V. & Cidrás, S. (2021). Debuxar o mundo. Xogar, crear, compartir. Galaxia.
Caja, J. (2001) La educación visual y plástica hoy. Graó.
Calaf, R. / Fontal, O. (2010) Cómo enseñar arte en la escuela. Síntesis.
Domínguez Toscazo, Mª.P. (2006) Desarrollo de expresión plástica y su didáctica. Grupo Editorial Universitario.
Dewey, J. (2008/1934) El arte como experiencia. Paidós.
Dondis,D.A. (2002) La sintaxis de la imagen. Gustavo Gili.
Eisner, E. W. (1995). Educar la visión artística. Paidós.
Eisner, E. W. (2004). El arte y la creación de la mente: el papel de las artes visuales en la transformación de la conciencia. Paidós.
Fontán, M. (2019) El juego del arte. Fundación Juan March.
Gardner, H. (1994) Educación artística y desarrollo humano. Paidós.
Hernández, F. (2000) Educación artística y cultura visual. Octaedro.
Hernández, F. / Jódar, A. / Marín, R. (1991) ¿Qué es la educación artística?. Sendai.
Hernández, M. / Sánchez, M. (2000) Educación artística y arte infantil. Fundamentos.
López Salas, J.L. (1999) Didáctica específica de la expresión plástica. Universidad de Oviedo.
Marin Viadel, R. (Coord.) (2003) Didáctica de la Educación Artística. Pearson
Competencias Básicas e Xerais:
G1 - Coñecer as áreas curriculares da Educación Primaria, a relación interdisciplinar entre elas, os criterios de avaliación e o corpo de coñecementos didácticos ao redor dos procedementos de ensino e aprendizaxe respectivos
G7 - Colaborar cos distintos sectores da comunidade educativa e da contorna social. Asumir a dimensión educadora da función docente e fomentar a educación democrática para unha cidadanía activa
G8 - Manter unha relación crítica e autónoma respecto dos saberes, os valores e as institucións sociais públicas e privadas
G10 - Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovelo entre os estudantes
G11 - Coñecer e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e da comunicación. Discernir selectivamente a información audiovisual que contribúa ás aprendizaxes, á formación cívica e á riqueza cultural.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
Competencias específicas:
E54 - Comprender los principios que contribuyen a la formación cultural, personal y social desde las artes
E55 - Conocer el currículo escolar de la educación artística, en sus aspectos plástico, audiovisual y musicial
E56 - Adquirir recursos para fomentar la participación a lo largo de la vida en actividades musicales y plásticas dentro y fuera de la
escuela
Competencias transversais:
T3 - Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
Proposta metodolóxica baseada en proxectos-procesos de aprendizaxe artística que integran a teoría e a práctica.
Ensinar/aprender como unha forma de arte colaborativa.
Percibir e producir obxectos artísticos bidimensionais e tridimensionais.
Afondar nos aspectos cultural e crítico-reflexivo a través de estratexias de apreciación e reflexión, a partir das diferentes referencias artísticas e dos proxectos que se vaian realizando.
Combinaranse sesións expositivas con sesións interactivas máis centradas no desenvolvemento de acción e proxectos artísticos que poderán ser individuais ou grupais.
Os traballos realizaranse na aula e no tempo de estudo persoal. Así mesmo, o alumnado terá á súa disposición as titorías. Cando os presupostos do centro o permitan, realizaranse saídas didácticas.
A plataforma virtual será unha ferramenta esencial na que se irá colgando todo o realizado e visto nas aulas, para un mellor seguimento da materia. En caso de alumnado con exención de docencia poderá seguir o curso a través da aula virtual e as titorías on-line, marcadas a nivel individual. Terá que entregar os mesmos traballos que os alumnos/as que cursan a materia presencialmente.
A avaliación será continua, formativa e cualitativa a través do deseño e posta en práctica dos proxectos realizados.
(A)10%. Observación da participación na aula (presencial e a través da aula virtual). Avaliarase positivamente a asistencia asidua, a actitude e a boa disposición para aprender e a participación con interese nas actividades realizadas na aula, así como na plataforma virtual utilizada. Será necesario asistir como mínimo ao 80% das sesións teóricas e prácticas e participar activamente nas mesmas para obter a puntuación máxima global do apartado
(B) Profesor Javier Cabo (30%)
10% Examen final optativo sobre Historia da Educación Artística (Materia impartida nas clases expositivas).
Para acadar a nota máxima desta parte da materia (B), será requisito presentarse a un exame final que terá lugar a finais de curso nas datas de exame establecidas.
10% Test sobre aspectos da didáctica artística (Cuestionario preliminar)
10% Prácticas artísticas complementarias
(C) Profesora Olalla Cortizas (60%).
5%- Actividade optativa. Para acadar a nota máxima do bloque (C), será requisito a visita ou a participación nalgunha das actividades, eventos culturais ou exposicións artísticas sinaladas ao comezo de curso.
20%- Talleres artísticos de experimentación. (estas prácticas quedarán recollidas nun portafolio, ou similar)
35%- Proxecto de creación dun álbum ilustrado.
Para a valoración global desta parte teranse en conta os seguintes aspectos, xunto cos informes autoavaliativos presentados:
1-O rigor na investigación, busca de referentes, consulta do material disposto na aula virtual...
2-A experimentación, busca de solucións diferentes, participación activa nas sesións de clase e traballo autónomo, flexibilidade e colaboración cas compañeiras, capacidade para afrontar contratempos...
3-O resultado conseguido, orixinalidade, coidado na resolución formal, adecuación...
A dispensa de asistencia non se contempla para esta materia por ter grupos interactivos de laboratorio (CLIL).
A exención de docencia será concedida só para as clases expositivas. O alumnado con exención de docencia nas clases expositivas: Deberá poñerse en contacto cos docentes nos primeiros 5 días do semestre (ou desde que se produza a causa sobrevida) para concretar o plan de traballo persoal. Como norma xeral, deberá respectar as datas establecidas para a entrega e exposición de traballos e facer un seguimento activo da materia mediante as titorías e a plataforma virtual (valoración do apartado "A"). No caso do alumnado con exención de docencia, o exame final relativo á parte B é obrigatorio.
Todo o alumnado, independentemente da modalidade de asistencia, ten dereito a poder alcanzar a cualificación máxima (10)
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Convocatoria de xullo:
O alumnado que non supere a materia na convocatoria ordinaria, terá que presentar novamente tódolos traballos realizados durante o curso, tendo en conta as observacións para a súa mellora, ampliación, repetición ou adaptación. Para fixar os pormenores de entrega, será imprescindible contactar con ámbolos dous docentes nos 5 días seguintes á publicación definitiva de notas.
*Nesta materia prevese o desenvolvemento de, polo menos, unha práctica de campo compartida con outro alumnado do curso (visita, encontros con profesionais, celebración de conmemoracións …).
Ao tratarse dunha materia de 6 créditos ECTS, correspóndelle ao alumno/a un total de 150 horas de traballo que se distribúen do seguinte xeito:
Horas de actividade presencial: 51h
Actividades expositivas en gran grupo: 24 h
Actividades interactivas: 24 h
Actividades de titoría e supervisión programadas: 3 h
Horas de traballo autónomo do alumnado fóra da aula: 99 horas
Total: 150 horas.
Recomendacións para o estudo da materia:
Ademais das indicacións que se vaian facendo, é fundamental no que se refire á avaliación do rendemento académico do alumnado, a actitude aberta para aprender novos contidos e incorporalos á formación como futuro docente.
Ter unha participación activa e crítica en relación cos contidos do programa, a súa posta en marcha e a realización puntual das tarefas previstas nas actividades presenciais.
A iniciativa na actividade preparatoria autónoma (informes, traballos, …)
Terase en conta o grao de experimentación, descubrimento e uso de distintas posibilidades cos materiais: técnicas bidimensionais e tridimensionais, a información e documentación utilizada, a riqueza de reflexións persoais, así como que cada traballo sexa unha procura nova.
Os proxectos teñen que reflectir o grao de implicación nese proceso creativo.
Para a recuperación da materia presentaranse de novo os proxectos non superados, tendo en conta as observacións para a súa mellora, ampliación ou repetición, realizadas no transcurso das entrevistas e reflexións compartidas sobre os mesmos.
-Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
-Responsabilidade medioambiental. Se o docente da materia solicita a entrega en papel, debe cumprir os seguintes requisitos:
Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
-Perspectiva de xénero:
Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
-Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
-Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
-Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
-Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
-Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos:
https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Francisco Javier Cabo Villaverde
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Plástica
- Teléfono
- 881812057
- Correo electrónico
- franciscojavier.cabo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Escola Universitaria
Olalla Cortizas Varela
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Plástica
- Correo electrónico
- olalla.cortizas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 (Mar - Z) | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
12:00-13:30 | Grupo /CLIL_04 (Seoane N - Z) | Galego, Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 05 - PLÁSTICA |
13:30-15:00 | Grupo /CLIL_03 (Pj - Seoane M) | Galego, Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 05 - PLÁSTICA |
Mércores | |||
16:00-17:30 | Grupo /CLE_02 (A - Maq) | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
19:00-20:30 | Grupo /CLIL_06 (Coe - Gara) | Galego, Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 05 - PLÁSTICA |
Xoves | |||
12:00-13:30 | Grupo /CLIL_01 (Mar - Or) | Galego, Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 05 - PLÁSTICA |
13:30-15:00 | Grupo /CLIL_02 (Os - Pi) | Castelán, Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 05 - PLÁSTICA |
16:00-17:30 | Grupo /CLIL_05 (A - Cod) | Castelán, Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 05 - PLÁSTICA |
19:00-20:30 | Grupo /CLIL_07 (Garb - Maq) | Castelán, Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 05 - PLÁSTICA |
15.01.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 (Mar - Z) | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
15.01.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_02 (A - Maq) | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
15.01.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_02 (A - Maq) | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
15.01.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 (Mar - Z) | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
23.06.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 (Mar - Z) | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |
23.06.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_02 (A - Maq) | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |