Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Conceptuais (saber)
a)Analizar e comprender as principais teorías e modelos explicativos do desenvolvemento dos nenos/as de 6 a 12 anos, adquirindo unha comprensión funcional das mesmas que permita adecuar a práctica docente ao nivel madurativo do neno e as súas características.
b)Coñecer as implicacións educativas derivadas dos procesos de cambio evolutivo dos nenos e das nenas en idade escolar, facendo unha reflexión sobre as súas implicacións na optimización do desenvolvemento.
c)Coñecer a metodoloxía básica de investigación en psicoloxía do desenvolvemento e a súa aplicación no ámbito escolar.
d) Acadar e demostrar competencia en lingua galega, por formar parte esta materia do proxecto CompetenteS, impulsado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade.
Procedimentais (saber facer)
a)Adquirir habilidades para a prevención e a resolución pacífica dos conflictos. Coñecer, comprender e respetar as diferentes culturas e as diferencias entre as persoas, a igualdade de dereitos e oportunidades de homes e mulleres e a non discriminación de persoas con discapacidade.
b)Xestionar as diversas fontes de información que se relacionan coa Psicoloxía do Desenvolvemento.
c)Observar, analizar e interpretar comportamentos representativos das principais dimensións do desenvolvemento dos alumnos e das alumnas.
Actitudinais (saber ser)
a)Tomar conciencia de cal debe ser o papel e a función do mestre/a de educación primaria no proceso de desenvolvemento infantil.
b)Desenvolver unha visión crítica, reflexiva e creativa diante dos problemas psicoeducacionais.
c)Adoptar unha actitude favorable ao traballo en equipo, a colaboración cos compañeiros e compañeiras e promover valores de respecto, tolerancia, compromiso ético e apertura, no período de formación e despois na conduta profesional.
A materia estrutúrase ao redor de dous bloques temáticos configurados por un total de 6 temas a través dos cales se adquirirán os coñecementos necesarios para comprender o desenvolvemento dos nenos e nenas de educación primaria e a metodoloxía básica de investigación empregada en psicoloxía do desenvolvemento.
Bloque I. Introducción á Psicoloxía do Desenvolvemento.
Tema 1. Aproximación conceptual. Principais teorías do desenvolvemento.
Tema 2. Métodos de investigación da Psicoloxía do Desenvolvemento.
Bloque II. O desenvolvemento de 6 a 12 anos.
Tema 3. O desenvolvemento físico e perceptivo-motor.
Tema 4. O desenvolvemento cognitivo.
Tema 5. O desenvolvemento da linguaxe.
Tema 6. O desenvolvemento persoal, socioafectivo e moral.
BÁSICA (soporte papel):
Berger, K.S. (2016). Psicología del desarrollo: infancia y adolescencia. Madrid: Médica Panamericana.
Feldman, R.S. (2008). Desarrollo en la infancia. Méjico: Prentice Hall.
Papalia, D.E., Feldmand, R.D. & Martorell, G. (2012). Desarrollo humano. Mexico: McGraw-Hill.
Papalia, D.E., Oold, S.W. & Feldman, R.D.(2009). Psicología del desarrollo: de la infancia a la adolescencia. Bogotá: McGraw-Hill.
Shaffer, D.R. (2007). Psicología del desarrollo: infancia y adolescencia. Méjico: Internacional Thomson.
BÁSICA (soporte dixital)
Os manuais que compoñen esta bibliografía están dispoñibles a través da plataforma de préstamo de libros electrónicos da USC.
Brioso, A. (2005). Psicología del desarrollo y de la educación. Vol. I. Psicología del desarrollo. UNED.
García, J. A. (2019). Psicología del desarrollo I. UNED.
Gutiérrez, F. & Vila, J.O. (2015). Psicología del desarrollo II. UNED.
Muñoz, V. (2014). Manual de psicología del desarrollo aplicada a la educación. Pirámide.
Palacios, J., Marchesi, A. & Carretero, M. (2004). Desarrollo psicológico y educación. Vol. I. Psicología evolutiva. Alianza.
COMPLEMENTARIA:
Barajas, C., Morena De la, M.L., Fuentes, M.J. & González, A.M. (2007). Perspectivas sobre el desarrollo psicológico: teoría y prácticas. Madrid: Pirámide.
Berk, L.E. (2004). Desarrollo del niño y del adolescente. Madrid: Prentice-Hall.
Córdoba, A.I., Descals, A. & Gil, M. D. (2007). Psicología Del desarrollo en la edad escolar. Madrid: Psicología Pirámide.
Craig, G.J. y Baucum, D. (2009). Desarrollo psicológico. Méjico: Prentice-Hall.
Palacios, J.; Marchesi, A. & Carretero, M. (2004). Psicología evolutiva (vol. I, II). Madrid: Alianza.
Santrock,J.W. (2007). Desarrollo infantil. Madrid: McGraw Hill.
Xerais
a)Fomentar a convivencia na aula e fora dela, resolver problemas de disciplina e contribuír á resolución pacífica dos conflitos. Estimular e valorar o esforzo, a constancia e a disciplina persoal no estudantado.
b)Manter unha relación crítica e autónoma respeto dos saberes, valores e as institucions sociais, públicas e privadas.
c)Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar a tarefa docente, adquirindo hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e a súa posterior promoción entre o alumnado.
d)Coñecer e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e da comunicación, discernindo selectivamente a información audiovisual que contribúa aos aprendizaxes, á formación cívica e á riqueza cultural.
Específicas
a)Coñecer e comprender o desenvolvemento da psicoloxía evolutiva na etapa da educación primaria, atendendo ás características do alumnado e as dos seus contextos motivacionais e sociais.
b)Dominar os coñecementos necesarios para comprender o desenvolvemento da personalidade do alumnado.
Básicas
a)Que os estudantes sexan capaces de aplicar os coñecementos adquiridos ao seu traballo dun xeito profesional, elaborando e defendendo argumentos e resolvendo problemas.
b)Que os estudantes saiban reunir e interpretar datos relevantes da súa área de estudo, emitir xuicios e reflexionar sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
c)Que os estudantes desenvolvan a capacidade de transmitir información, ideas, problemas e solucións de forma eficiente, a especialistas e non especialistas.
d)Que os estudantes desenvolvan habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Transversais
a)Coñecemento instrumental dunha lingua extranxeira.
b)Coñecemento instrumental da lingua galega.
c)Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
A proposta metodolóxica a empregar conxugará o formato de clase expositiva coas metodoloxías activas e participativas, así como o traballo autónomo e de autoaprendizaxe. As actividades presenciais no grupo de clase expositiva terán como obxectivo introducir e explicar o sentido dos temas, clarificar conceptos importantes, orientar e guiar a realización de traballos, dar unha visión global dos contidos dos diferentes bloques e relacionar coñecemenos para facilitar a significatividade das aprendizaxes, polo que a exposición se acompañará, cando sexa pertinente, de organizadores previos, definicións, cadros sinópticos, esquemas… O apoio material visutal e os recursos en rede utilizaranse para aclarar os contidos tratados e servir de referencia e punto de partida para os traballos e actividades de carácter grupal.
Co traballo en seminarios (clases interactivas) preténdese profundizar en aspectos concretos das clases teóricas; as actividades a realizar poden incluír a lectura e o comentario de documentos, respostas a preguntas, análise de situación prácticas, visionado de vídeos, estudio de casos, debates e realización de traballos. Con elas preténdese que o alumnado aprenda a manexar diferentes fontes de información, propicie a transferencia da teoría á práctica, aprenda a elaborar e presentar informes, confronte diferentes puntos de vista e sexa capaz de construir significados compartidos axudado do labor mediador da docente. A concreción das tarefas requeridas e os materiais necesarios serán presentados ao alumnado nas correspondentes sesións de clase.
Na atención titorial atenderanse as necesidades específicas de cada alumno/a e realizaranse as orientacións pertinentes para guiar o seu proceso de ensinanza-aprendizaxe. As titorías poderán realizarse presencial ou telemáticamente, a petición do/a alumno/a.
Esta materia e o seu corpo docente participan no proxecto CompetenteS impulsado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade, co perfil de galego. Por iso o profesorado desenvolverá en lingua galega a docencia da materia (expositiva, interactiva e titorial) e todas as actividades ligadas a ela, a marxe de que parte dos textos escritos que o alumando deberá ler puidesen ofrecerse noutra lingua. O alumnado, pola súa banda, tamén interactuará co profesorado normalmente na lingua do perfil da materia, tanto a nivel oral como escrito, tanto nas clases como en titorías, tanto en actividades presenciais como telemáticas non presenciais, tanto se son síncronas como asíncronas.
En canto á avaliación, valorarase o rendemento e as aprendizaxes adquiridas a través dunha combinación entre actividade de avaliación formativa (continua) e de avaliación sumativa (final). Desta maneira, proponse valorar tanto os resultados da aprendizaxe como o esforzo e o progreso durante o desenvolvemento do mesmo, incentivando a reflexión crítica e unha adicación constante á materia ao longo do cuatrimestre. En consonancia cunha visión constructiva do proceso de ensinanza-aprendizaxe, preténdese que o alumno demostre un dominio non só declarativo senón tamén procedimental e actitudinal dos contidos, mediante a análise de exemplos e a articulación de relacións entre conceptos.
Os traballos individuais dos estudantes deberán ser orixinais. A entrega dun traballo copiado suporá o suspenso na materia e a avaliación do alumno/a na seguinte convocatoria. A efectos avaliativos, un mesmo traballo non poderá ser empregado para varias materias, salvo nas actividades programadas de forma coordinada.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de calificacións.
En virtude da participación desta materia no proxecto CompetenteS impulsado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade (co perfil galego), e coa intención de que o profesorado poida polo tanto avaliar o dominio por parte do alumnado da competencia T2 da USC (coñecemento instrumental da lingua galega, tanto a nivel oral como escrito), as e os estudantes normalmente presentarán en galego, tanto as súas exposicións orais como os traballos escritos e outras producións da materia.
A avaliación da materia inclúe as seguintes modalidades:
1) PROBAS ESPECÍFICAS (40%-50% da calificación): Un exame -proba obxectiva- (test e/ou preguntas curtas) que avalía os coñecementos fundamentais da materia, tanto teóricos como prácticos. Os contidos do exame son os relativos aos aspectos desenvolvidos pola profesora nas clases teóricas así como as lecturas recomendadas. O alumnado deberá obter unha culificación mínima que se corresponda co 50% da puntuación máxima deste apartado para que se poida sumar o resto de cualificacións (informes escritos e/ou outras produccións).
2) INFORMES ESCRITOS E/OU OUTRAS PRODUCIÓNS (50%-60% da calificación): Avaliación de informes, análise de casos, comentarios de texto ou outras produccións escritas resultantes, fundamentalmente, do traballo nos seminarios. Poden incluír exposicións orais en formato individual e/ou grupal, onde se terá en conta a presentación, claridade expositiva, capacidade de síntese, coherencia e organización discursiva, interrelación dos temas traballados, profundidade dos argumentos, entre outros aspectos. Unha parte desta calificación pode asignarse á asistencia e participación activa en clase. O alumando deberá obter unha cualificación mínima que se corresponda co 50% da puntuación máxima deste apartado para que se poida sumar o resto de cualificacións (probas específicas -exame-)
Aclaracións sobre a avaliación:
1. CONDICIÓNS PARA SUPERAR A MATERIA: Para obter a calificación de aprobado, o alumnado deberá conseguir unha puntuación mínima de 5 puntos de calificación final. Dita puntuación debe derivarse da obtención da metade ou máis da cualificación máxima de cada apartado do sistema de avaliación. So cando ambas partes estean superadas sumaranse ambas calificacións.
2. ASISTENCIA: Controlarase a asistencia nas sesións presenciais. O número de faltas de asistencia sen xustificar pode ser unha consideración importante para poder superar a materia, de forma que a porcentaxe de faltas sen xustificar pode implicar a perda do dereito a ser avaliado a través do sistema convencional, podendo optar por unha alternativa que será informada pola docente.
3. ALUMNADO CON EXENCIÓN DE DOCENCIA: Deberá poñerse en contacto coa profesora nas dúas primeras semanas de clase para concretar un plan alternativo de avaliación. Este implicará condicións similares ao alumnado asistente (asistencia a exame, entrega de actividades...) tanto en primeira como en segunda convocatoria.
4. ALUMNADO QUE NON SUPERE A MATERIA NA PRIMERA OPORTUNIDADE (PERÍODO ORDINARIO): Neste caso respetaranse as puntuacións das partes superadas durante o periodo ordinario.
5. ALUMNADO REPETIDOR: a docente poderá respectar as puntuacións das partes superadas o curso inmediatamente anterior, baixo unhas determinadas condicións que serán detalladas a principio de curso.
6. ALUMNADO CON DIVERSIDADE FUNCIONAL. O alumnado que presente algún tipo de diversidade funcional ou dificultade para un seguimiento diario normal da materia, sexa esa dificultade permanente ou temporal, deberá xustificar a súa situación a través dun documento expedido polo servizo acreditado pola USC a estos efectos e informar do seu caso á docente desta materia dentro das dúas primeras semanas do semestre afectado, a fin de que se poida acordar á maior brevidade un plan de traballo adaptado para poder atender cada situación particular.
Actividades en gran grupo: 24 horas presenciais e 35 de traballo autónomo.
Actividades en grupo mediano: 24 horas presenciais e 45 de traballo autónomo.
Actividades en pequeno grupo: 3 horas presenciais e 19 de traball autónomo.
Total de horas presenciais: 51.
Total de horas de traballo autónomo: 99
TOTAL HORAS: 150.
Recoméndase comprobar a comprensión dos contidos ao finalizar cada tema (mediante a autoavaliación ou a análise da mesma), plantexando as posibles dúbidas na aula ou nas titorías, planificar a elaboración dos traballos e advertir á profesora coa anticipación suficiente dos avatares que poidan xurdir.
Posto que a USC é unha Universidade Presencial, é obrigatoria a asistencia a un mínimo do 80% das sesions de clase, a marxe do alumnado con exención de ensino.
O alumnado con dispensa de ensino deberá respetar as datas de entrega de traballos establecidas pola profesora, sendo tamén recomendable e necesario que manteñan contacto coa mesma a través das titorías, plataformas virtuais, correo, etc, para garantir o óptimo desenvolvemento da materia, e a superación da mesma.
María Campos Magdaleno
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 982821012
- Correo electrónico
- maria.campos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Anastasiia Ogneva
- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 982821060
- Correo electrónico
- anastasiia.ogneva [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
17:30-19:00 | Grupo /CLE_02 | Galego, Castelán | Aula 29 |
19:00-20:30 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 29 |
Mércores | |||
09:00-10:30 | Grupo /CLIS_02 | Galego, Castelán | Aula 30 |
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_03 | Galego, Castelán | Aula 21 |
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_04 | Castelán, Galego | Aula 21 |
13:30-15:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán, Galego | Aula 21 |
27.05.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 29 |
27.05.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 29 |
10.07.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 29 |
10.07.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 29 |