Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Grao en Mestre en Educación Primaria

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias Sociais e Xurídicas
Ámbito de coñecemento
Ciencias de la educación.
Centro(s)
Facultade de Formación do Profesorado
Avda. de Ramón Ferreiro, s/n, 27002
Lugo
982821005 (Conserxaría)
982821009 (Decanato)
formacionprofesorado.decanato@usc.gal
Campus
Lugo
prácticas

O Grao en Mestre/a de Educación Primaria conduce ao exercicio da profesión regulada de Mestre/a de Educación Primaria. A titulación ten por obxecto formar profesionais que coñezan as áreas curriculares da Educación Primaria, capaces de deseñar, planificar e avaliar procesos de ensino e aprendizaxe.

  • Duración: 4 anos académicos
    Código RUCT: 2502229
    Número prazas: 82

    Decano/a ou director/a do centro:
    CARMEN SARCEDA GORGOSO

    Coordinador-a do título:
    María Campos Magdaleno

    Linguas de uso:
    Castelán, Galego

    Nivel MECES: 2

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    Decreto 150/2010 do 16 de setembro (DOG 23/09/10). Corr_err: DECRETO 245/2011 (DOG 3/1/2012)

    Data de publicación no BOE:
    23 de marzo 2015 (Mod 19/12/2016)

    Data da última acreditación:
    18/01/2023

    Habilitación profesional:
    Este título habilita en España para o exercicio da profesión regulada de Mestre en Educación Primaria.

    O título de Grao en Mestre ou Mestra de Educación Primaria conduce ao exercicio dunha profesión regulada, a de Mestre/a de Educación Primaria. A titulación ten por obxecto formar profesionais que coñezan as áreas curriculares da Educación Primaria e a relación interdisciplinar entre elas, capaces de deseñar, planificar e avaliar procesos de ensino e aprendizaxe, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais, abordar con eficacia situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multiculturais e plurilingües.

    No Campus de Lugo ofértanse catro mencións cualificadoras: Educación Física, Dirección e Xestión de Centros, Lingua Estranxeira: Inglés, e Audición e Linguaxe.

    No ámbito docente e formativo, onde se concentra a súa actividade profesional, os mestres e mestras poden traballar en centros de ensino públicos e privados, academias, centros de educación permanente, servizos educativos en centros sanitarios, centros socioculturais, centros de acollida, etc.

  • Para poder matricularse na materia Practicum I será requisito ter superados polo menos 48 créditos do segundo curso

    Para poder matricularse na materia Practicum II será requisito ter superados polo menos 48 créditos do terceiro curso, entre os que se inclúen necesariamente os do Practicum I

  • A segunda edición do grao contempla seis mencións cualificadoras no campus de Lugo:

    - Mención en Educación Física
    - Mención en Audición e Linguaxe
    - Mención en Dirección e xestión de centros
    - Mención en Lingua estranxeira: inglés
    - Mención en Lingua estranxeira: francés
    - Mención en Lingua estranxeira: alemán (non implantada)

    Para obter o Grao cunha das mencións, o alumno deberá cursar as materias optativas do módulo correspondente. Ademais, ao longo do Practicum II, deberá realizar un proxecto de traballo vinculado á mención, ao que se outorga un valor de 6 créditos do total de 24 que comprende este Prácticum.

    O plan de estudos inclúe varias materias obligatorias vinculadas á mención. Os alumnos que opten por unha mención en lingua estranxeira, deberán cursar a materia “Ensino e aprendizaxe de competencias comunicativas” na lingua da mención elixida.

    O alumnado poderá escoller as materias optativas que formen ou non mencións cualificadoras, de modo que tamén poderá obter o grao sen mención.

  • O centro conta con 13 aulas de uso xeral, con diversa capacidade, e 6 aulas dotadas de recursos específicos para impartir determinadas materias, como novas tecnoloxías, ou idiomas. Tamén conta cunha aula de informática para o alumnado, 2 laboratorios, pavillón deportivo, salón de actos, sala de xuntas e salón de graos.

    Existen ademais diversos espazos con equipamento adecuado para que o alumnado poida realizar traballo en grupo.

    Tamén hai que destacar que desde calquera punto da Facultade é posible a conexión sen fíos a Internet.

    A Facultade conta cunha Biblioteca propia provista dunha sala de lectura con 78 postos con libre acceso á colección, unha sala de investigación co fondo antigo e revistas de investigación con capacidade para 15 persoas e unha sala de traballo en grupo para 10 persoas, ademais dun depósito para as coleccións pechadas e fondo obsoleto.

    Ademais, o Campus conta cunha Biblioteca Intercentros con máis de 1600 postos de consulta repartidos en 9 salas, incluíndo unha sala de traballo en grupo.

  • O obxectivo principal do Grao é formar mestres atendendo aos principios da Lei Orgánica 2/2006 de Educación, do 3 de maio (BOE do 04/05/2006).
    Esta titulación de grao capacita en España para educar de xeito integral a nenos en etapa de educación primaria como profesor xeneralista en centros públicos e privados de Educación Primaria, servizos de apoio para a escola e centros de ocio. Pode desenvolver as súas actividades tanto na Administración e Organismos Públicos coma en empresas privadas, así coma na docencia.

  • Mobilidade

    A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):

    Portal Internacional

    Prácticas

    2ª edición

    As Prácticas distribúense en dous períodos coa intención de aproveitar o seu potencial ao longo da formación dos estudantes. Os períodos de Practicum propostos desenvólvense progresivamente conforme a seguinte secuencia:

    - PRACTICUM I (18 créditos. 3º curso, 5º cuadrimestre): O sentido xeral deste Practicum é centrarse na observación en torno á vida da aula e ás tarefas do profesorado, o proceso da aprendizaxe da tarefa docente, os proxextos e prácticas desenvoltos no centro escolar e no seu contexto, así como no proceso de aprendizaxe na ensinanza.

    - PRACTICUM II (24 créditos. 4º Curso 8º cuadrimestre): o sentido xeral deste Practicum é centrarse nos proxectos e prácticas desenvoltos no centro escolar e no seu contexto, e no proceso de aprendizaxe da ensinanza e nos procesos de mellora de aula e centro. Ao longo do Prácticum II o alumno deberá realizar un Proxecto de traballo vinculado á mención, ao que se lle outorga un valor de 6 créditos do total de 24 que comprende este Prácticum.

    1ª edición

    As Prácticas distribúense en tres períodos coa intención de aproveitar o seu potencial ao longo da formación dos estudantes. Os períodos de Practicum propostos desenvólvense progresivamente conforme a seguinte secuencia:

    - PRACTICUM I. Vida de aula e tarefas do profesorado. (12 créditos. 2º curso, 3ºcuadrimestre): O sentido deste Practicum é centrarse nas tarefas que o docente realiza en relación co contexto inmediato da aula, así como en analizar e reflexionar sobre o que alí acontece. Será requisito ter superados polo menos 48 créditos do primeiro curso.

    - PRACTICUM II. O centro escolar e o seu contexto: proxectos e prácticas. (18 créditos. 3º Curso 6º cuadrimestre): contextualizando as prácticas do docente nun centro e unha localidade, trátase de deseñar, desenvolver e avaliar proxectos de centro e de aula e de comprender que os límites da función do profesor non están delimitados polo espazo físico inmediato no que traballa habitualmente cos alumnos e que forma parte dun equipo docente, polo que debe estar atento ao conxunto da Comunidade Educativa, sempre desde unha actitude crítica e reflexiva. Procurarase, na medida do posible, que o alumnado realice, un destes dous períodos de prácticas no ciclo 0-3. Será requisito ter superados polo menos 48 créditos do segundo curso, entre os que se inclúen necesariamente os do Practicum I.

    - PRACTICUM III. Procesos de mellora de aula e centro. (12 créditos. 4º curso, 7º cuadrimestre): Neste último practicum trátase de salientar o perfil de mestre innovador, reflexivo e investigador, engadindo ao traballo nos períodos anteriores elementos de mellora de proxectos de centro e aula en procesos de investigación-acción. Será requisito ter superados polo menos 48 créditos do terceiro curso, entre os que se inclúen necesariamente os do Practicum II.

  • O Traballo Fin de Grao articúlase como unha materia anual no último curso cunha distribución en 3 créditos no 7º cuadrimestre e 6 no 8º. A súa programación anual permitirá, por unha banda diferencialo do Prácticum, e por outra facilitarlle ao alumno o tempo necesario para planificar, desenvolver e integrar as competencias adquiridas ao longo da formación do grao.
    Para ser admitido no Traballo Fin de Grao, será requisito ter superados polo menos 150 créditos dos tres primeiros cursos do Grao.

  • A partires do curso 2022/2023 xa non se ofertará o curso ponte para alumnado de novo ingreso

Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.05.2025.