Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia
Áreas: Historia Contemporánea
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1) Que o alumnado sexa quen de identificar, analizar e explicar as etapas básicas da Historia de Galiza en relación cos elementos patrimoniais fundamentais de cada unha delas.
2) Que o alumnado identifique, valore e asuma como de seu o patrimonio cultural material e inmaterial de Galiza.
3) Que o alumnado identifique, analice e valore o patrimonio educativo galego.
4) Que o alumnado coñeza e manexe ferramentas didácticas para a posta en valor, dun punto de vista social e educativo, do patrimonio de Galiza.
5) Que o alumnado desenvolva sentimentos de aprecio cara ao patrimonio e asuma a obriga do seu ensino e transmisión no ámbito escolar.
1) Patrimonio: teoría e uso. Aspectos xerais.
2) O patrimonio material e inmaterial: empregos sociais e educativos.
3) As grandes etapas da Historia de Galiza e os seus referentes patrimoniais: contextos e producións culturais.
4) Patrimonio educativo e escolar: espazos e memorias.
5) Currículo e patrimonio na Educación Primaria.
Básica:
- Cambril, M.E e Tudela, A. (coords.) (2017): Educación y patrimonio. Fundamentos, contextos y estrategias didácticas. Madrid, Pirámide
- Fontal, O. (ed.) (2013): La educación patrimonial. Del patrimonio a las personas. Gijón, Trea
- Fontal, O., García Ceballos, S. e Ibáñez, A. (coords.) (2015): Educación y patrimonio: visiones caleidoscópicas. Gijón, Trea
- Villares, R. (2016): Historia de Galicia. Vigo: Galaxia
- AA.VV. (1995): Le patrimoine culturel et sa pédagogie. Strasbourg, Éditions du Conseil de l'Europe
- Ayán, X. e Gago, M. (2012): Herdeiros pola forza. Patrimonio cultural, poder e sociedade na Galicia do século XXI. Ames, 2.0 Editora
- Ballart, J. (2007): El patrimonio histórico y arqueológico. Valor y uso. Barcelona: Ariel
- Ballesteros, E. (et al.) (2003): El patrimonio y la didáctica de las CC.SS. Cuenca, Asociación Universitaria de profesores de didáctica de las CC.SS.
- Costa Rico, A. (2004): Historia da educación e da cultura en Galicia. Vigo, Xerais
- Domínguez Almansa, A. e López Facal, R. (2015): “Patrimonio, entorno y procesos de identificación en la educación primaria”. CLIO. History and History Teaching, 41
- Dubert, I. (coord.) (2012): Historia de la Galicia moderna. Siglos XVI-XIX. Santiago de Compostela, Universidade
- Estepa, J. (ed.) (2013): La educación patrimonial en la escuela y el museo. Huelva, Universidad
- Fernández de la Rota, J.A. e Irimia, M.P. (2000): Betanzos frente a su historia, sociedad y patrimonio. A Coruña, Fundación Caixa Galicia
- Fontal, O. (2003): La educación patrimonial. Teoría y práctica para el aula, el museo e internet. Gijón, Trea
- García Canclini, N. (1993): “Los usos sociales del patrimonio cultural”. En E. Florescano (comp.) El patrimonio cultural en México. México, Fondo de Cultura Económica
- González Cambeiro, S. e Querol, M.A. (2014): El patrimonio inmaterial. Madrid, Universidad Complutense-Los libros de la catarata
- González Monfort, N. (s/d): “El valor educativo y el uso didáctico del patrimonio cultural”, Universitat Autónoma de Barcelona
- Herrero , N. (2003): "Antropoloxía, patrimonio cultural e educación. Observando procesos de patrimonialización en Galicia", Adaxe, 19, pp. 23-45
- IDEGA (2006): Os montes veciñais en man común. O patrimonio silente: natureza, economia, identidade e democracia. Vigo, Xerais
- Juana, J. de e Prada, J. (coords.) (2005): Historia contemporánea de Galicia. Barcelona, Ariel
- López Carreira, A. (2013): Historia de Galicia. Vigo, Xerais
- Pedrouzo Fariña, A. e Castro-Fernández, B. (2021): “Del Pazo de Meirás a la Matanza de Oseira: intervención educativa sobre memoria, patrimonio y conflicto”. Revista Interuniversitaria de Formación del Profesorado, 96 (35-3), 11-28
- Peña Saavedra, V. (2012): Luces de alén mar. As escolas de americanos en Galicia. Santiago de Compostela, Consello da Cultura Galega
- Peña Saavedra, V. (2006): "MUPEGA: espazos museográficos e discurso expositivo", en IX Coloquio Galego de Museos. Santiago de Compostela, Dirección Xeral de Patrimonio, pp. 77-92
- Peña Saavedra, V. (2010): "La conservación del patrimonio, una responsabilidad pedagógica", en E. Collelldemont (et al.) (coords.): Memoria, ciudadanía y museos de educación. Vic, Universitat, pp. 29-55
- Pereira, D. (2000): O patrimonio marítimo de Galiza. S.l., Federación Galega pola Cultura Marítima
- Pose, H.M. (2009): "Cinco apontamentos sobre educación patrimonial e labor municipal", Revista Galega de Educación, 44, pp. 76-9
- Proxect
Xerais:
G2. Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensinanza e aprendizaxe, tanto individualmente como en colaboración con outros profesionais do centro.
G5. Fomentar a convivencia na aula e fóra dela, resolver problemas de disciplina e contribuír á resolución pacífica de conflitos. Estimular e valorar o esforzo, a constancia e a disciplina persoal dos estudantes.
G7. Colaborar cos distintos sectores da comunidade educativa e da contorna social. Asumir a dimensión educadora da función docente e fomentar a educación democrática para unha cidadanía activa.
G8. Manter unha relación crítica e autónoma respecto dos saberes, os valores e as institucións sociais públicas e privadas.
G9. Valorar a responsabilidade individual e colectiva na xestión dun futuro sustentábel.
G12. Comprender a función, as posibilidades e os límites da educación na sociedade actual e as competencias fundamentais que afectan aos colexios de educación primaria e aos seus profesionais. Coñecer modelos de mellora da calidade con aplicación aos centros educativos.
Básicas:
B1. Que os estudantes teñan demostrado posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parta da base da educación secundaria xeral, e se soe atopar a un nivel que, se ben apóiase en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que supoñen coñecementos procedentes da avangarda do seu eido de estudo.
B2. Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B3. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
Específicas:
EC 29. Coñecer os grandes trazos do desenvolvemento histórico do territorio de Galiza, en especial nos aspectos sociais, culturais e educativos.
EC 30. Identificar e analizar os aspectos destacados do patrimonio material e inmaterial de Galiza, así como seus empregos sociais e educativos.
EC 31. Analizar os fitos fundamentais do desenvolvemento do sistema escolar e da educación en Galiza en relación co contexto social
EC 32. Coñecer e empregar o patrimonio cultural e educativo de Galiza como recurso didáctico.
EC 33. Desenvolver actitudes de aprecio e conservación do patrimonio histórico, cultural e educativo de Galiza.
Transversais:
T2. Coñecemento instrumental da lingua galega.
T3. Coñecemento instrumental das TIC.
As actividades presenciais en grupo expositivo están concibidas para desenvolver, aclarar e comentar os contidos que ofrecen unha maior dificultade de comprensión, con especial incidencia nos aspectos básicos e máis relevantes, ao tempo que se resolven os problemas de aprendizaxe iniciais que poden presentar os/as estudantes.
De xeito análogo procederase nas actividades en grupo interactivo con respecto á discusión, debate, comentario de documentos e exposición de traballos.
Os alumnos/as serán atendidos en sesións de titoría coa fin de orientar o seu traballo e aprendizaxe.
A materia empregará as posibilidades do Campus Virtual da USC.
Contémplase a posibilidade de realizar prácticas de campo.
Esta materia participa do proxecto Competente(S) da CNL da Facultade, co perfil de galego. Por iso, o profesorado desenvolverá a docencia da materia en lingua galega, á marxe de que parte dos textos escritos que o alumnado deberá ler puideran estar redactados noutra lingua. O alumnado deberá realizar, cando menos, un traballo escrito en lingua galega e realizar unha achega oral na mesma lingua.
- Participación na aula: 10% da nota final (para ter nota neste apartado hai que asistir como mínimo ao 80% das sesións)
- Proba específica: 50% da nota final (para superar a materia, con independencia das cualificacións nos outros apartados de avaliación, é imprescindible sacar un mínimo de 3 puntos sobre un total posible de 10 na proba específica. De non acadarse esta puntuación, a nota final máxima da materia será de 4 puntos)
- Informes escritos: 30% da nota final
- Presentacións orais: 10% da nota final
No caso de que a totalidade do alumnado opte pola elaboración dun Informe final tipo portafolio, a avaliación da materia responderá aos seguintes criterios:
- Asistencia, participación, informes escritos e presentacións orais: 50% da nota final. Para ter nota neste apartado é imprescindíbel unha asistencia mínima ao 80% das sesións.
- Informe final: 50% da nota final
2ª oportunidade: o alumnado que deba acudir á segunda oportunidade, deberá realizar unha proba obxectiva que incluirá a totalidade dos contidos impartido perante o curso. Para superar esta proba hai que acadar un mínimo de cinco (5) puntos sobre un máximo de 10.
O alumnado con dispensa de asistencia concedida oficialmente pola Facultade deberá, para superar a materia, realizar unha proba obxectiva que incluirá a totalidade dos contidos desenvolvidos tanto nas aulas expositivas como interactivas. A nota minima esixida para superar a proba é 5 puntos sobre un máximo de 10.
Alumnado repetidor: pode optar por repetir integramente a materia, e nese caso a súa avaliación será idéntica á do resto dos seus compañeiros/as, ou ben repetir unicamente a proba obxectiva, respectándoselle as notas obtidas nos restantes apartados da materia no curso inmediatamente anterior. Alumnado de segunda repetición e sucesivas: para superar a materia, deberá realizar unha proba obxectiva sobre a totalidade dos contidos desenvolvidos. Para superar a proba, a nota mínima sitúase en cinco (5) sobre un máximo de 10.
PROXECTO COMPETENTE(S)
En virtude da participación desta materia no proxecto CompetenteS impulsado pola CNL da Facultade (co perfil de galego), e coa intención de que os profesores poidan, xa que logo, avaliar o dominio por parte do alumnado da competencia T2 da USC (coñecemento instrumental da lingua galega, tanto a nivel oral como escrito), as e os estudantes normalmente presentarán en galego tanto as súas exposicións orais como os traballos escritos da materia. Ao mesmo tempo, seranlles valoradas no apartado de participación e presentación as súas intervencións en galego.
ADVERTENCIA SOBRE PLAXIO E USO INDEBIDO DAS TECNOLOXÍAS NA REALIZACIÓN DE TAREFAS OU PROBAS
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
38.5 horas de traballo en aula e 74 de traballo autónomo do alumnado, das que:
18 horas en grupo grande (con 25 horas de traballo autónomo do alumnado)
18 horas en grupo mediano (con 36 horas de traballo autónomo do alumnado)
2.5 horas en grupo pequeno ou de xeito individual (con 13 horas de traballo autónomo do alumnado)
É imprescindíbel a participación e implicación semanal nas actividades desenvolvidas.
Alba Diaz Geada
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Teléfono
- 982824722
- Correo electrónico
- alba.diaz [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal
Virginia Mosteiro Cagide
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Correo electrónico
- virginia.mosteiro.cagide [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula de Música |
17:30-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula de Música |
22.05.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 21 |
08.07.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 29 |