Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
-Adquisición de coñecementos lingüísticos, sociolingüísticos, socioculturais, literarios, artísticos sobre a sociedade francesa e o mundo francófono.
- Saber expresarse en francés sobre os aspectos culturais que traten da diversidade e das identidades múltiples do mundo francófono.
- Saber empregar recursos informáticos e novas tecnoloxías que traten documentos auténticos onde se reflexe a diversidade cultural.
- Coñecer os sitios web que traten das situacións multiculturais e da interculturalidade.
1. Panorama sociocultural das comunidades lingüísticas obxecto de estudio
2. Instrumentos de transmisión da diversidade cultural (literatura, cine, prensa, ...).
Chaves, R.M., Favier, L., Pélissier, S. (2012). L'intercuturel en classe. PUG.
Conseil de l’Europe. (2001). Cadre Européen de Référence pour les Langues : apprendre, enseigner, évaluer. https://rm.coe.int/16802fc3a8
Conseil de l’Europe. (2018).Cadre Européen de Référence pour les Langues : apprendre, enseigner, évaluer. Volume complémentaire avec de nouveaux descripteurs.https://rm.coe.int/cecr-volume-complementaire-avec-de-nouveaux-descript…
Coste, D., Moore, D. y Zarate, G. (2009). Compétence plurilingue et pluriculturelle. Conseil de l’Europe.
Doyé, H. (2005). L’intercompréhension. Conseil de l’Europe.
Eco, U. (1993).La ricerca della lingua perfetta nella cultura europea. Laterza.
COMPETENCIAS XERAIS
G.1.Capacidade para amosar coñecementos sobre as áreas curriculares da Educación Primaria, as súas relacións, criterios de avaliación, e didáctica do seu ensino e aprendizaxe.
G.3. Capacidade para abordar situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multiculturais e plurilingües, e capacidade para afrontar a lectura e o comentario crítico de textos.
G.4. Capacidade para deseñar e manexar espazos de aprendizaxe baixo os principios de igualdade e respecto á diversidade.
G.11. Capacidade para coñecer, seleccionar e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e da comunicación.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
E1. Capacidade para comprender os procesos de aprendizaxe relativos ao periodo que abrangue entre os 6 e os 12 anos no seu contexto familiar, social e escolar.
E2. Capacidade para coñecer as características do alumnado desa etapa e dos seus contextos motivacionais e sociais.
E52. Capacidade para expresarse, oralmente e por escrito, nunha lingua estranxeira.
E53. Capacidade para desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos axeitados e para promover as competencias correspondentes nos estudantes.
COMPETENCIAS BÁSICAS
B.1. Capacidade para amosar a adquisición e comprensión de coñecementos,especialmente relativos a área de estudo.
B.2. Capacidade para a aplicación dos coñecementos adquiridos ao ámbito profesional, co fin de elaborar argumentos e resolver problemas.
B.4. Capacidade para transmitir información en ámbitos especializados e non especializados.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
T.1. Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras
As sesións expositivas en grandes grupos orientaranse á presentación de novos contidos por parte do profesor, realización de práctica controlada e debates por parte do alumnado. A lectura de documentos e consulta de outras fontes de información xunto co debate, tanto en grupo grande como en mediano, axudará ao desenvolvemento das competencias relacionadas coa lectura e o comentario crítico de textos. As actividades en grupo mediano e pequeño, especialmente as referidas á realización e presentación de proxectos, fomentarán o desenvolvemento das competencias referidas ao traballo autónomo e cooperativo. Empregarase exclusivamente a lingua estranxeira na realización dos distintos tipos de actividades tanto en grandes grupos como en pequenos grupos o nas titorías (grupos reducidos o individualizadas). Con isto, pretendese desenvolver a competencia específica “Expresarse oralmente e por escrito nunha lingua estranxeira” así como a competencia transversal referida ao dominio dunha lingua estranxeira. As titorías plantexaranse como sesións de orientación para a resolución de problemas e a supervisión e asesoramento do alumnado para a potenciación do traballo autónomo.
PRIMEIRA CONVOCATORIA:
1-Alumnos con asistencia obligatoria
A evaluación realizarase a partir do esquema siguinte:
-Control continuo (participación e entrega de traballos): 50%
- Examen final: 50%
Os estudantes deberán obter como mínimo un 5 en cada parte. A asistencia como mínimo ao 80% das clases é obligatoria.
2-Alumnos con dispensa oficial de asistencia
Estos alumnos deberán realizar e entregar nas fechas sinaladas os traballos e probas solicitados ao longo do curso, que suporá ata un 40% da nota. O 60% restante corresponderá á proba final. É necesario obter un mínimo de 5 sobre 10 tanto nas probas como nas tareas continuas para poder superar a materia.
3-Alumnos repetidores
O sistema de evaluación será o mesmo que no punto 1.
SEGUNDA CONVOCATORIA:
Aplicarase o mesmo sistema que para a primeira convocatoria. Calquera parte superada na primeira convocatoria de ese ano, respetarase nesta convocatoria.
Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25
Horas de Titorías: 2.25
Clase Expositiva: 18
Clase Interactiva: 18
Total: 112.5
Recomendase posuír un nivel inicial de competencia comunicativa equivalente ao nivel B1 do Marco Común Europeo de Referencia. Recomendase tamén ter aprobada a materia obligatoria ‘ENSINO E APRENDIZAXE DE COMPETENCIAS COMUNICATIVAS: FRANCÉS’.
Clases impartidas en francés.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Maria Isabel Gonzalez Rey
- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Francesa
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade