Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
Áreas: Filoloxía Inglesa
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Xerais
Proporcionar coñecementos e recursos, e desenvolver destrezas que contribúan á capacitación do alumnado para levar a cabo a súa actividade profesional no eido do ensino e aprendizaxe de linguas estranxeiras. A devandita capacitación implica a combinación do adestramento específico na lingua estranxeira obxecto de especialización coa adquisición de coñecementos teóricos e adestramento práctico nas técnicas e recursos didácticos máis axeitados para o seu ensino.
2. Específicos
Os objetivos específicos de la asignatura comprenden o desenvolvemento das competencias específicas mencionadas no apartado de competencias. Nesta asignatura vanse traballar dous tipos de contidos: lingüísticos e didácticos. Con respecto aos primeiros, o alumnado consolidará e actualizará os seus coñecementos do idioma estranxeiro por medio do estudo da gramática, a adquisición de vocabulario e a práctica das catro destrezas comunicativas (listening, speaking, reading e writing), consolidando o nivel de competencia intermedio (nivel europeo B1, ou Cambridge PET) e encamiñándose cara ao nivel intermedio superior (B2 ou Cambridge FCE). En canto aos contidos didácticos, procurarase que o alumnado adquira coñecementos e destrezas básicas sobre aspectos relativos ao ensino da lingua inglesa na educación primaria (ver apartado seguinte).
1. Contidos relativos á lingua inglesa (conceptuais, procedimentais, actitudinais):
Procurarase o desenvolvemento integral da competencia comunicativa do alumnado. En canto a contidos conceptuais, prestarase atención á introdución, revisión e consolidación de estruturas e nocións gramaticais básicas (tempos verbais, adverbios de frecuencia, cláusulas de relativo, preguntas, voz pasiva, estilo indirecto, condicionais, etc.) co fin de capacitar ao alumnado para facer cousas coa lingua dentro do nivel requerido (describir e narrar, pedir e transmitir información, expresar opinións e preferencias, etc.). Asimesmo, procurarase incrementar o vocabulario introducindo variados campos semánticos (turismo e tiempo libre, traballo e educación, relacións humanas, etc.). Traballarase tamén a adquisición de fórmulas para a interacción cotiá e de estratexias para favorecer a comunicación verbal e non verbal, e o alumnado aprenderá a construír e conectar o seu discurso oral e escrito de xeito coherente e organizado. Con respecto aos contidos procedimentais ou destrezas, o alumnado desenvolverá tanto as destrezas productivas (escribir e falar) como receptivas (ler e escoitar) dun xeito integrado, co fin de acadar o nivel previsto de competencia comunicativa. Para rematar, en canto aos contidos actitudinais, o alumnado desenvolverá a capacidade para apreciar a diversidade lingüística de xeito tolerante e respetuoso, confiar nas súas posibilidades de autoaprendizaxe, e aprender dos seus erros.
2. Contidos relativos á didáctica da lingua inglesa:
Procurarase a adquisición de coñecementos, métodos e recursos básicos para o ensino da lingua inglesa na aula de primaria, tratando, por exemplo, cuestións como o ensino das catro destrezas, a dinámica e o manexo da aula, a planificación e a avaliación, ou o emprego de recursos e materiais didácticos.
O alumnado disporá dos temarios específicos dos dous módulos como parte do material de traballo para a asignatura.
Bibliografía básica (1, 2)
1. Bloque lingüístico
Eastwood, J. 2008. Oxford Practice Grammar (Intermediate) with Kee and CD Rom. Oxford: O.U.P.
Murphy, R. 2012. English Grammar in Use . A Self-Study Reference and Practice Book for Intermediate Students of English - With Answers. Cambridge: C.U.P.
Swan, M. e C. Walter. 1997. How English Works. A Grammar Practice Book with Answers. Oxford: O.U.P.
Redman, S. 2011. English Vocabulary in Use (Pre-intermediate and Intermediate). With Answers and Cd-Rom. Cambridge: C.U.P.
Collie, J. e S. Slater. 1994. Cambridge Skills for Fluency. Speaking 2, inc. cassette. Cambridge: C.U.P.
Doff, A. e C. Becket. 1999. Cambridge Skills for Fluency. Listening 2, inc. cassettes. Cambridge: C.U.P.
2. Bloque didáctico
Harmer, J. 2007. How to Teach English. Harlow: Longman.
Phillips, S. 1994. Young Learners. Oxford: OUP.
Vale, D. e A. Feunteun. 1998. Enseñanza de inglés para niños. Guía de formación para profesores. Cambridge: C.U.P.
Slattery, M. e J. Willis. 2001. English for Primary Teachers. A Handbook of Activities and Classroom Language. Oxford: OUP.
Cant, A. e W. Superfine. 1997. Developing Resources for Primary. London: Richmond.
3. Recursos electrónicos
3.1.Bloque lingüístico (última consulta: maio 2022):
https://www.esl-lounge.com/student/ (Gramática, vocabulario e todas as destrezas)
http://www.englishclub.com/ (Gramática, vocabulario e todas as destrezas)
http://www.usingenglish.com (Gramática, vocabulario e todas as destrezas)
http://www.saberingles.com (Gramática, vocabulario e todas as destrezas)
http://www.mansioningles.com (Gramática, vocabulario e todas as destrezas)
http://www.rong-chang.com (Gramática, vocabulario e todas as destrezas)
http://www.esl-lab.com (listening)
http://www.elllo.org (listening)
http://www.learnenglish.de/englishchat.htm (speaking)
http://www.elyrics.net (letras de cancións)
3.2. Bloque didáctico (última consulta: maio 2022):
http://www.teachingenglish.org.uk (actividades e recursos, artigos divulgativos e de investigación, foros)
http://www.bbc.co.uk/worldservice/learningenglish/teach/ (recursos e materiais: fichas, programacións, etc.)
http://www.eslprintables.com (intercambio de materiais: fichas, actividades, etc.)
http://www.onestopenglish.com/ (inglés para fins específicos, AICLE, materiais para nenos e adolescentes, apoio ao profesorado)
http://learnenglishkids.britishcouncil.org (actividades e materiais para nenos)
https://www.coe.int/en/web/common-european-framework-reference-language… (información sobre o MCER)
XERAIS
G.1. Capacidade para amosar coñecementos sobre as áreas curriculares da Educación Primaria, as súas relacións, criterios de avaliación, e didáctica do seu ensino e aprendizaxe.
G.2. Capacidade para deseñar, planificar e avaliar procesos de ensino e aprendizaxe, individualmente ou en equipo.
G.3. Capacidade para abordar situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multiculturais e plurilingües.
G.4. Capacidade para deseñar e manexar espazos de aprendizaxe baixo os principios de igualdade e respecto á diversidade.
G.11. Capacidade para coñecer, seleccionar e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e da comunicación.
ESPECÍFICAS
E.52. Competencia lingüística: capacidade para expresarse, oralmente e por escrito, nunha lingua estranxeira.
E.53. Competencia didáctica: capacidade para desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e fomentar as competencias correspondentes nos estudantes.
BÁSICAS
B.1. Capacidade para amosar adquisición e comprensión de coñecementos, especialmente relativos á área de estudo.
B.2. Capacidade para a aplicación dos coñecementos adquiridos ao eido profesional, cc fin de elaborar argumentos e resolver problemas.
B.3. Capacidade para recoller, interpretar e valorar información, especialmente relativa á área de estudo.
B.4. Capacidade para transmitir información en eidos especializados e non especializados.
B.5. Capacidade para levar a cabo a aprendizaxe autónoma.
TRANSVERSAIS
T.1. Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras.
T.3. Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e a comunicación
As clases impartiranse na lingua estranxeira. Polo que respecta aos agrupamentos para a realización de actividades presenciais, contémplase a realización de actividades en gran grupo, en grupo mediano e en grupo pequeno o individuais. As sesións expositivas (en gran grupo) estarán adicadas, por unha parte, ao desenvolvemento das competencias relacionadas co proceso de adquisición e aprendizaxe da lingua estranxeira na etapa da educación primaria, esencialmente por medio da exposición de contidos por parte do profesor, o comentario e debate de textos escritos ou orais, e a realización de presentacións orais polo alumnado. Por outra banda, procurarase o desenvolvemento da competencia comunicativa do alumnado e a adquisición de contidos de tipo léxico e morfosintáctico: isto levarase a cabo por medio de actividades de distintos formatos (exercicios de repetición ou drills, exercicios de elección múltiple, de verdadeiro-falso, de reescritura, de encher ocos, etc.). As sesións interactivas (en grupo mediano) destinaranse tamén ao desenvolvemento da competencia comunicativa do alumnado, fundamentalmente en canto ás destrezas de comprensión e expresión oral, mediante a realización, por exemplo, de actividades para a explotación de textos orais, debates e role-plays, ou dictados. Asimesmo, levaranse a cabo tarefas prácticas relacionadas coa expresión escrita, corrección de exercicios, e actividades de aprendizaxe cooperativa. Nas actividades de avaliación (tanto grupal como individual) verificaranse tanto a adquisición de coñecementos de tipo lingüístico e didáctico como o grao de desenvolvemento das competencias traballadas durante as sesións. As titorías (en grupo pequeno ou individuais) prantexaranse como sesións de orientación encamiñadas á resolución de problemas e á supervisión e asesoramento do alumnado para a potenciación do traballo autónomo. Para rematar, as actividades non presenciais orientaranse cara ao desenvolvemento tanto das destrezas comunicativas como das didácticas. Nas devanditas actividades o alumnado aplicará e consolidará os coñecementos adquiridos nas sesións presenciais, e exercitará a aprendizaxe autónoma
Especifícase a continuación o proceso de avaliación previsto para a asignatura (sistema, porcentaxe na cualificación, actividades e competencias avaliadas):
1. Participación (10%): listas de control, presentacións na aula. Competencias: G2, G3, E52, B2, B4, T1
2. Probas específicas (45%): redacción, gramática e vocabulario, lectura comprensiva, comprensión oral. Competencias: G1, G2, G3, G4, E52, E53, B1, B2, B4, B5, T1
3. Informes escritos e outras produccións (30%): redaccións, traballos escritos. Competencias: G2, G3, E52, E53, B2, B4, B5, T1, T3
4. Presentacións orais (15%): presentacións na aula. Competencias: G1, G2, G3, G4, G11, E52, E53, B2, B3, B4, T1, T3
Tendo en conta os requisitos xerais das asignaturas nos novos graos e especialmente as características particulares desta asignatura, o sistema de avaliación que se ofrece aos alumnos por defecto é mediante actividades de avaliación continua, o que implica a asistencia obrigatoria a un mínimo do 80% das sesións.
Avaliación continua: 100%
Tarefas de avaliación continua: 10 puntos
Traballos de presentación en grupo sobre un tema do módulo didáctico: 3 puntos (2,5 puntos por exposición oral - 0,5 dos compañeiros - e 0,5 puntos por presentación por escrito). Os traballos puntúan nos apartados 1 (1 punto), 2 (0,5 puntos) e 4 (1,5 puntos)
Dous ensaios (2 puntos) e dous controis de lectura (2 puntos). Puntúan nos apartados 3 (3 puntos) e 2 (1 punto)
Exercicio de escoita (listening): 1 punto. Puntúa no apartado 2 (1 punto)
Exercicio de gramática e vocabulario: 2 puntos. Puntúa no apartado 2 (2 puntos).
Condicións para superar a materia en avaliación continua: nota mínima (5 puntos), ter unha puntuación en 5 probas como mínimo, e superar polo menos 2 probas individuais. Se non se cumpren todas as condicións, pero se puntuou en polo menos 5 probas, haberá unha proba compensatoria final (3,5 puntos) consistente nunha proba de gramática e vocabulario (1,5 puntos), unha proba de comprensión escrita (1 punto) e un ensaio sobre un tema do módulo didáctico (1 punto). Nota mínima: 1.4. Se se chega ou se aproba, a materia apróbase cun 5.
Avaliación final (estudantes con dispensa ou sen puntuación en cinco probas). Exame: 100%. Puntuación máxima para o alumnado sen dispensa: 7 puntos (este alumnado queda excluído de puntuar no traballo de presentación en grupo). Ensaio sobre tema de didáctica (lectura obrigatoria: 2 puntos), proba de gramática e vocabulario (2 puntos), proba de comprensión escrita (2 puntos), proba de comprensión oral (2 puntos) e proba de expresión oral individual (2 puntos)
Recuperación: os estudantes de avaliación continua poden manter a nota de avaliación continua e repetir a proba compensatoria, ou elixir o exame final. Os alumnos da avaliación final repetirán o exame final. Convocatorias posteriores: exame final por defecto (consideraranse casos particulares).
Advírtese que o comportamento inadecuado na aula poderá ser penalizado coa apertura dun expediente disciplinario e as sancións que del se poidan derivar, de acordo coa Normativa de Convivencia da USC.
En caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase o disposto no Regulamento de avaliación do rendemento académico dos estudantes e revisión das cualificacións.
Como figura na Memoria da titulación, para o correcto desenvolvemento desta asignatura está previsto que o alumnado adique un total de 150 horas, das que 51 corresponden a traballo presencial na aula, e 99 a traballo autónomo e preparatorio. Para máis información sobre o traballo do alumnado, ver os apartados “Avaliación” e "Recomendacións para o estudo da asignatura".
Co fin de aproveitar ao máximo a asignatura, é aconsellable que os alumnos asistan regularmente ás clases e ás titorías grupais e individuais, de xeito que o profesor poida monitorizar o seu traballo e solventar posibles problemas. Tamén se recomenda levar a cabo puntualmente todas as tarefas propostas dentro e fora da aula, planificar o traballo autónomo e distribuír o estudo e as tarefas de xeito continuado ao longo do curso, consultar a bibliografía proporcionada para revisar, consolidar ou ampliar coñecementos, empregar os recursos de aprendizaxe do Centro, e participar activa e razoadamente nas actividades da aula.
Prerrequisitos
Non existen prerrequisitos oficiais para esta asignatura, aínda que é recomendable posuír un nivel inicial de competencia comunicativa na lengua extranxeira próximo ao nivel B1 do MCER (nivel intermedio, ou PET de Cambridge). Asimesmo, é aconsellable ter un dominio instrumental avanzado da L1 (castelán/galego), así como coñecementos avanzados da gramática da L1.
Observacións
O alumnado que, por circunstancias excepcionais, non poida asistir de xeito continuado ás sesións presenciais poderá acollerse ao sistema de avaliación mediante proba final coas características mencionadas no apartado “Avaliación”. Para iso, deberá contactar obrigatoriamente co profesor da asignatura, ben antes de empezar las clases, ou dentro da primeira quincena lectiva para informar da súa situación e, de se-lo caso, establecer un plan de traballo individualizado.Para facilitar o desenvolvemento e a superación da asignatura, recoméndase que o alumnado que se atope nesa situación procure realizar un seguimento continuado da mesma e se manteña en contacto co profesor mediante titorías, plataformas virtuais, correo electrónico, etc.
O alumnado que precise dalgún tipo de adaptación ou apoio específico por características de NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) deberá solicitalo ao profesorado, pero só se terán en conta a estes efectos aqueles casos que sexan valorados e informados polo SEPIU (Servizo de Participación e Integración Universitaria.
Para máis información sobre a asignatura, o alumnado poderá consultar a Guía Docente, que se porá á súa disposición coa suficiente antelación.
Paula Lopez Rua
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Teléfono
- 982821063
- Correo electrónico
- paula.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Veronika Prokopova
- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Correo electrónico
- veronika.prokopova [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Lector/a
Mércores | |||
---|---|---|---|
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Inglés | Aula 24 |
12:00-13:30 | Grupo /CLIL_02 | Inglés | Aula 25 |
13:30-15:00 | Grupo /CLIL_01 | Inglés | Aula 25 |
16:00-17:30 | Grupo /CLIL_03 | Inglés | Aula 27 |
03.06.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 24 |
03.07.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 22 |