Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Adquirir o coñecemento básico sobre os medios audiovisuais e informáticos e as posibilidades das TIC na educación.
2. Coñecer as posibilidades de integración das TIC na escola e recoñecer as posibles implicacións, consecuencias e efectos.
3. Coñecer modelos de elaboración, análise e avaliación de medios para a súa utilización e mellora
4. Formular innovacións e resolver problemas da integración dos medios na práctica.
5. Adquirir actitudes favorables cara ao traballo en colaboración con outros.
BLOQUE I. AS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E A COMUNICACIÓN: MARCO CONCEPTUAL.
Impacto social e educativo das TIC. A Tecnoloxía Educativa: armazón conceptual.
Competencia dixital e audiovisual na educación infantil.
BLOQUE II. A EDUCACIÓN E AS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E A COMUNICACIÓN.
Os medios e os seus linguaxes e posibilidades educativas. Funcións e uso das TIC na educación. As TIC na etapa de educación infantil. O plan TIC de centro. A organización dos medios e espazos de aula: o recanto do ordenador. Identidade dixital. Asesoramento educativo TIC.
BLOQUE III. O DESEÑO DE MEDIOS DE ENSINANZA.
Criterios de calidade e proceso de deseño de medios educativos. Software educativo para a educación infantil. Busca e selección de recursos dixitais educativos para a educación infantil.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
Raposo-Rivas, M. y Cebrián de la Serna, M. (2020). Tecnologías para la formación de educadores en la sociedad del conocimiento. Pirámide.
Ortega, J. y Ortiz Colón, A. (2018). Tecnología en entornos educativos. Paraninfo.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
Area, M. (2019). Guía para la producción y uso de materiales didácticos digitales: recomendaciones de buenas prácticas para productores, profesorado y familias. Recuperado de http://riull.ull.es/xmlui/handle/915/16086
Area, M. (2022). Tecnología Educativa: La enseñanza y el aprendizaje con TIC. En Moreno, L. (coord): Nuevas tendencias educativas impulsadas por la tecnología. Servicio de Publicaciones de la Universidad de La Laguna.
Bates, A. W. (2022). Teaching in a digital age: Guidelines for designing teaching and learning (3rd ed.). Tony Bates Associates Ltd.
https://pressbooks.bccampus.ca/teachinginadigitalagev3m/
Cadavieco, J. F., Sevillano, M. A. P. y Vázquez-Cano, E. (2020). M-learning en niveles iniciales, rasgos didácticos de las APPS educativas. Campus Virtuales, 9(1), 17-27.
González-González, C. S. (2019). Estrategias para la enseñanza del pensamiento computacional y uso efectivo de tecnologías en educación infantil: una propuesta inclusiva. RIITE. Revista Interuniversitaria de Investigación en Tecnología Educativa, (7), 85-97. https://doi.org/10.6018/riite.405171
Gutiérrez-Martín, A. y Tyner, K. (2012). Educación para los medios, alfabetización mediática y competencia digital. Comunicar: Revista Científica de Comunicación y Educación, 19(38), 31-39.
Muñoz-Carril, P. C., Dans, I., Fuentes, E. y Platas, M. L. (2022). Parents’ perceptions of their children’s smartphone use (Percepciones de las familias sobre el uso infantil del móvil). Culture & Education. 34:4, 974-1001. https://doi.org/10.1080/11356405.2022.2102295
Prendes, M.P, Solano, I., Sánchez-Vera, M. (2021). Tecnologías y pedagogía para la enseñanza STEM. Pirámide.
Román-Graván, P., Barragán-Sánchez, R., Gutiérrez-Castillo, J.J., y Palacios-Rodríguez, A. (2022). Dibujando espacios de futuro inclusivos con TIC en Educación Infantil. Grupo de Investigación Didáctica.
Romero Tena, R. (2006). Nuevas Tecnologías en Educación Infantil. Editorial Mad.
Sánchez-Vera, M. del M., & González-Martínez, J. (2019). Pensamiento computacional, Robótica y Programación en educación. RIITE Revista Interuniversitaria de Investigación en Tecnología Educativa, (7). https://doi.org/10.6018/riite.407731
Siraj-Blatchford, J., Romero Tena, R. (2017). De la aplicación a la participación activa de las TIC en Educación Infantil. Pixel-Bit. Revista de Medios y Educación, (51), 165-181.
Vázquez Cano, E. (2021). Medios, recursos didácticos y tecnología educativa. UNED
BÁSICAS E XERAIS
G2. Promover e facilitar as aprendizaxes na primeira infancia, desde unha perspectiva globalizadora e integradora das diferentes dimensións cognitiva, emocional, psicomotora e volitiva.
G7. Coñecer as implicacións educativas das tecnoloxías da información e a comunicación e, en particular da televisión na primeira infancia.
G9. Coñecer a organización das escolas de educación infantil e a diversidade de accións que comprende o seu funcionamento. Asumir que o exercicio da función docente ha de ir perfeccionándose e adaptándose aos cambios científicos, pedagóxicos e sociais ao longo da vida.
G11. Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellora o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovelo nos estudantes.
G12. Comprender a función, as posibilidades e os límites da educación na sociedade actual e as competencias
fundamentais que afectan os colexios en educación infantil e aos seus profesionais. Coñecer modelos de mellora da calidade con aplicación aos centros educativos
CB2. Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5. Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
TRANSVERSAIS
T3 - Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
ESPECÍFICAS
E.28. - Coñecer experiencias internacionais e exemplos de prácticas innovadoras en educación infantil.
E.29. - Valorar a importancia do traballo en equipo.
E.13. - Analizar e incorporar de forma crítica as cuestións máis relevantes da sociedade actual que afectan á educación familiar e escolar: impacto social e educativo das linguaxes audiovisuais e das pantallas; cambios nas relacións de xénero e interxeracionais; multiculturalidad e interculturalista; discriminación e inclusión social e desenvolvemento sustentable.
A metodoloxía está deseñada con dous niveis ben diferenciados, pero interrelacionados estreitamente:
1. SESIÓNS EXPOSITIVAS: se desenvolverán na aula co gran grupo e estarán orientadas á presentación, explicación de temas e a análise da documentación básica incluída no dossier materia. Os procedementos utilizados para traballar os bloques dentro destas sesións serán os seguintes:
- Exposición dos contidos nunha dinámica que permita a relación entre as propostas conceptuais, os avances das investigacións, os problemas da práctica e a reconstrución da experiencia persoal dos alumnos.
- Dossiers bibliográficos: son unha selección de documentos representativos do contido preparados pola profesora e entregados progresivamente que son de obligada lectura. Serven de complemento e profundización aos contidos expostos nas clases, é dicir, permiten a lectura e estudo individualizado sobre un tema.
- Resolución de casos, análises de experiencias e exemplos de boas prácticas a través de material audiovisual, en rede e multimedia.
2. SESIÓNS INTERACTIVAS (PRÁCTICAS DE LABORATORIO): se desenvolverán en laboratorios especializados (Aula de Informática nº 31) e estarán orientadas á execución de actividades prácticas con medios especializados: análise de medios de comunicación, aplicación de servizos e ferramentas TIC, busca, selección e creación de materiais e escenarios educativos dixitais. Nestas sesións requírese a participación de forma activa e continuada.
Utilizarase un entorno formativo en rede (Campus virtual) no cal atópanse los materiais de traballo das prácticas, materiais dixitais complementarios e as produccións dos alumnos. Para iso, é necesario que todos os alumnos teñan activo o seu correo electrónico da USC (imprescindible ao comezo da materia).
Realizarase unha avaliación continua do proceso de aprendizaxe que combinará tres tipos de compoñentes, cada un cun peso específico na cualificación global da materia: Calidade das producións derivadas das prácticas obrigatorias (60%) e proba final (40%).
Para obter unha valoración positiva na materia, será preciso ter realizadas e entregadas en prazo todas as actividades de avaliación especificadas (Informes de prácticas obrigatorias e proba final), así como superar cada un dos apartados.
Compoñentes de avaliación:
- Prácticas obrigatorias da materia (6 puntos)
- Proba final (4 puntos)
Rexistrarase a asistencia e esixirase un mínimo de presencia segundo as normas da USC. Nesta materia non se aplica exención de docencia nas clases interactivas. A efectos de avaliación, nestes casos faise constar que o sistema de avaliación na materia será o mesmo para alumnado con exención de docencia das sesións expositivas e o alumnado asistente.
Os traballos individuais ou grupais dos estudantes deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia e a avaliación do alumno ou alumna na convocatoria correspondente. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o que se recolle na Normativa de avaliación de rendemento dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A efectos de avaliación, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, excepto nas actividades programadas de forma coordinada.
A realización das prácticas, de ser o caso, poderá implicar a outras materias e a participación en proxectos de innovación educativa.
Total de créditos da asignatura: 6 (3 teóricos e 3 prácticos)
-Horas presenciais teóricas: 24 h.
-Horas presenciais prácticas: 24 h.
-Horas necesarias para a realización dos traballos da asignatura: 25 h.
-Preparación do exame: 30 h.
-Titorías (individuais e grupais): 6 h.
-Asistencia ao exame: 3 h.
- Constancia no traballo ao longo do semestre.
- Asistencia regular ás sesións de clase que aseguran a orientación no seu estudo e a guía necesaria para abordar os bloques de contido. Tamén constitúe un espazo importante para a negociación das actividades en grupo.
- Seguimento e dedicación en todas as sesións interactivas. Velar pola calidade dos informes finais que se entregan.
- Colaboración e participación equilibrada no equipo de traballo. Planificación axeitada das tarefas de grupo (distribución de tempos, esforzos e diálogo constante coas profesoras).
- Uso axeitado das titorías ao longo do semestre (revisión e seguimento de prácticas, apoio ao estudo individual).
As entregas faranse exclusivamente no campus, evitando así impresións innecesarias.
Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista.
Os medios de comunicación serán as ferramentas tecnolóxicas institucionais: campus Virtual, Teams e o correo electrónico.
Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
O ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado (comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia).
Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos.
Os traballos e actividades encomendadas deberán ser orixinais: calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. Un mesmo traballo non pode ser empregado en varias materias, salvo que fosen programados de forma conxunta e coordinada. “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Na realización das prácticas e traballos seguiranse as normas APA-Publication Manual of the American Psychological Association (APA). 7ª ed. Washington: APA, 2019-que se poden consultar no enlace: http://www.apastyle.org
Maria Isabel Dans Alvarez De Sotomayor
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 881813829
- Correo electrónico
- isabel.dans [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLIL_03 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 31 - AULA DE INFORMATICA |
10:30-12:00 | Grupo /CLIL_04 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 31 - AULA DE INFORMATICA |
12:00-13:30 | Grupo /CLIL_01 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 31 - AULA DE INFORMATICA |
Venres | |||
09:00-10:30 | Grupo /CLIL_02 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 31 - AULA DE INFORMATICA |
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 24 |
19.05.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 12 |
30.06.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 13 |