Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Grao en Mestre de Educación Infantil

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias Sociais e Xurídicas
Ámbito de coñecemento
Ciencias de la educación.
Centro(s)
Facultade de Ciencias da Educación
Rúa Prof. Vicente Fráiz Andón, s/n, 15782
Santiago de Compostela
881813717 (Conserxaría)
881813879 (Decanato)
educacion.decanato@usc.gal
Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte)
Avda. Xoan XXIII, 15782
Santiago de Compostela
881812016
Campus
Santiago de Compostela
facultade de ciencias da educación

O título de Grao en Mestre ou Mestra de Educación Infantil capacita para exercer a profesión regulada de Mestre/a de Educación Infantil. Para este período determinante da vida, de 0 a 6 anos, é necesario dispor de profesionais docentes solidamente formados, capaces de dar resposta aos retos educativos da etapa. Este Grao impártese na Facultade de Ciencias da Educación. Avda de Xoán XXIII, s/n. Campus Norte.

  • Duración: 4 anos académicos
    Código RUCT: 2502228
    Número prazas: 61

    Decano/a ou director/a do centro:
    MARIA DEL MAR LORENZO MOLEDO

    Coordinador-a do título:
    Cristina Varela Portela

    Linguas de uso:
    Castelán, Galego

    Nivel MECES: 2

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    Decreto 150/2010 do 16 de setembro (DOG 23/09/10). Correc._erros: DECRETO 245/2011 (DOG 3/1/2012)

    Data de publicación no BOE:
    23 de marzo de 2015 (Mod 19/12/2016)

    Data da última acreditación:
    18/01/2023

    Habilitación profesional:
    Este título habilita en España para o exercicio da profesión regulada de Mestre en Educación Infantil.

    O título de Grao en Mestre/a en Educación Infantil capacita para exercer a profesión regulada de Mestre/a de Educación Infantil. Trátase dunha profesión coa que se atenden evidentes necesidades sociais e cuxa importancia é indiscutible, sobre todo dende o momento en que se asume a importancia educativa da etapa de 0 a 6 anos, mais alá da mera custodia. Trátase dun tramo con un elevadísimo potencial educativo dada a transcendencia dos primeiros anos de vida no desenvolvemento integral da persoa. Para este período determinante é necesario dispor de profesionais docentes solidamente formados, capaces de dar resposta aos retos educativos da etapa.

  • Para matricularse na materia Practicum I será requisito tener superados al menos 48 créditos del segundo curso.

    Para matricularse na materia Practicum II será requisito tener superados al menos 48 créditos del tercer curso, entre los que se incluyen necesariamente los del Practicum I.

  • Na segunda edición do grao ofértase unha mención en Linguaxes Artísticas (ver plan de estudos ordenado por módulos). Para obter o grao con Mención en Linguaxes Artísticas, o alumno deberá cursar as materias optativas do módulo correspondente.

    Ademais, ao longo do Practicum II, deberá realizar un proxecto de traballo vinculado á mención, ao que se outorga un valor de 6 créditos do total de 24 que comprende este Practicum.

    O plan de estudos inclúe varias materias obrigatorias vinculadas á mención.

    Os alumnos poden obter o grao sen mención

  • O centro conta 9 aulas de uso xeral, con capacidade entre 90 e 230 postos, e 8 aulas dotadas de recursos específicos para impartir determinadas materias, como música ou novas tecnoloxías. Tamén conta con unha aula de seminario, dous laboratorios e un pavillón deportivo.

    Existen ademais diversos espazos con equipamento adecuado para que o alumnado poida realizar traballo en grupo.

    A Biblioteca da Facultade de Ciencias de Educación no campus norte conta con máis de 80 postos de lectura.

  • O obxectivo principal do Grao é formar mestres/as atendendo aos principios da Lei Orgánica 2/2006 de Educación, do 3 de maio (BOE do 04/05/2006).
    Esta titulación de grao capacita para educar de xeito integral a nenos en etapa de educación primaria como profesor xeneralista en centros públicos e privados de Educación Infantil, servizos de apoio para a escola e centros de ocio. Pode desenvolver as súas actividades tanto na Administración e Organismos Públicos coma en empresas privadas, así coma na docencia.

  • Mobilidade

    A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):

    Portal Internacional

    Prácticas

    2ª edición

    As Prácticas distribúense en dous períodos coa intención de aproveitar o seu potencial ao longo da formación dos estudantes. Os períodos de Practicum propostos desenvólvense progresivamente conforme a seguinte secuencia:

    a. PRACTICUM I (18 créditos. 3º curso, 5º cuadrimestre): O sentido xeral deste Practicum é centrarse na observación en torno á vida da aula e ás tarefas do profesorado, o proceso da aprendizaxe da tarefa docente, os proxectos e prácticas desenvoltos no centro escolar e no seu contexto, así como no proceso de aprendizaxe na ensinanza.

    b. PRACTICUM II (24 créditos. 4º Curso 8º cuadrimestre): o sentido xeral deste Practicum é centrarse nos proxectos e prácticas desenvoltos no centro escolar e no seu contexto, e no proceso de aprendizaxe da ensinanza e nos procesos de mellora de aula e centro. Ao longo do Prácticum II o alumno deberá realizar un Proxecto de traballo vinculado á mención, ao que se lle outorga un valor de 6 créditos do total de 24 que comprende este Prácticum.

    1ª edición

    As Prácticas distribúense en tres períodos coa intención de aproveitar o seu potencial ao longo da formación dos estudantes. Os períodos de Practicum propostos desenvólvense progresivamente conforme a seguinte secuencia:

    a. PRACTICUM I. Vida de aula e tarefas do profesorado. (12 créditos. 2º curso, 3ºcuadrimestre): O sentido deste Practicum é centrarse nas tarefas que o docente realiza en relación ao contexto inmediato do aula, así como en analizar e reflexionar sobre o que alí acontece. Será requisito ter superados polo menos 48 créditos do primeiro curso.

    b. PRACTICUM II. O centro escolar e o seu contexto: proxectos e prácticas. (18 créditos. 3º Curso 6º cuadrimestre): contextualizando as prácticas do docente nun centro e unha localidade, trátase de deseñar, desenvolver e avaliar proxectos de centro e de aula e de comprender que os límites da función do profesor non están delimitados polo espazo físico inmediato no que traballa habitualmente cos alumnos e que forma parte dun equipo docente, polo que debe estar atento ao conxunto da Comunidade Educativa, sempre desde unha actitude crítica e reflexiva. Procurarase, na medida do posible, que o alumnado realice, un destes dous períodos de prácticas no ciclo 0-3. Será requisito ter superados polo menos 48 créditos do segundo curso, entre os que se inclúen necesariamente os do Practicum I.

    c. PRACTICUM III. Procesos de mellora de aula e centro. (12 créditos. 4º curso, 7º cuadrimestre): Neste último practicum trátase de salientar o perfil de mestre innovador, reflexivo e investigador, engadindo ao traballo nos períodos anteriores elementos de mellora de proxectos de centro e aula en procesos de investigación-acción. Será requisito ter superados polo menos 48 créditos do terceiro curso, entre os que se inclúen necesariamente os do Practicum II.

  • O Traballo de Fin de Grao articúlase como unha materia anual no último curso cunha distribución en 3 créditos no 7º cuadrimestre e 6 no 8º. A súa programación anual permitirá, por unha banda diferencialo do Prácticum, e por outra facilitar ao alumno o tempo necesario para planificar, desenvolver e integrar as competencias adquiridas ao longo da formación do grao.
    Para ser admitido no Traballo Fin de Grao, será requisito ter superados polo menos 150 créditos dos tres primeiros cursos do Grao.

  • Quenes estean en posesión do título de Mestre ou Mestra que habilite para impartir docencia en Educación Infantil poderán obter o Grao en Mestre/a de Educación Infantil previa superación dun curso complementario que constará de:

    1. Proxecto de fin de grao (9 créditos)
    2. Prácticum III (12 créditos)
    3. Psicoloxía do desenvolvemento (0-3 anos)
    4. Proxectos e innovación na aula (6 créditos).
    5. Observación e análise: suxeitos e procesos (6 créditos).
    6. Observación e análise: escola e contexto (6 créditos).
    7. Dúas materias optativas non adaptadas.
Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.07.2023.