Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
Áreas: Medicina Preventiva e Saúde Pública
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Comprender o concepto de saúde e coñecer os seus determinantes sendo capaces de valorar a repercusión sobre a saúde humana.
2. Coñecer e saber evitar os principais factores de risco que afectan á saúde.
3.- Coñecer as medidas máis axeitadas para a promoción da saúde no ámbito escolar.
4. Valorar o papel da educación para a saúde na escola e a súa repercusión na promoción de estilos de vida saudables.
5. Coñecer e valorar materiais de educación para a saúde na escola.
6. Coñecer os principais problemas de saúde na indfancia: alimentación, sexualidade, dependencias, accidentes, maltrato, acoso escolar...
7. Adquirir coñecementos , actitudes e habilidades para a adetección dos problemas analizados.
PROGRAMA DAS CLASES EXPOSITIVAS : Temas por bloques de materias.
Bloque I: CONCEPTOS
1. A saúde e os seus determinantes.
Bloque II: A EDUCACIÓN PARA A SAÚDE: HÁBITOS E ESTILOS DE VIDA SAUDABLES.
2. Promoción e Educación para a saúde
3. Alimentación e nutrición e saúde
4. Limpeza e hixiene persoal
5. Crecemento e desenvolvemento. Actividade e descanso
Bloque III: OUTROS HÁBITOS E ESTILOS DE VIDA SAUDÁBEIS NA INFANCIA
6. Adquisición de outros hábitos de vida saudábeis e prevención de drogadiccións.
7. Seguridade infantil: Seguridade física e psíquica
Bloque IV: PROBLEMAS DE SAÚDE NA ESCOLA
8. Principais problemas de saúde físicos na idade infantil
9. Principais problemas de saúde psíquicos na idade infantil
PROGRAMA DAS CLASES INTERACTIVAS
1. Desigualdades en saúde e modificación de conductas
2. Composición dos alimentos. Función dos alimentos. Necesidades enerxéticas e modo de satisfacelas
3. Análise da publicidade dos alimentos e etiquetado
4. Hixiene, estructura e función da pel.
5. O núcleo escolar. Condicións da aula.
6. O espertar da sexualidade
7. Prevención da drogadicción
8. Seguridade escolar
9. Soporte Vital Básico
10. Actuación frente a problemas físicos
11. Saúde oral
12. Saúde mental
Básica:
• Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad. (2012) Las conductas relacionadas con la salud y el desarrollo de los adolescentes españoles. Resumen del estudio Heath Behavior in School Aged Children (HBSC2010). Madrid. Recuperado de:
https://idus.us.es/bitstream/handle/11441/34137/Las%20conductas%20relac…
• Ministerio de educación y Ministerio de sanidad y política social. (2009). Ganar salud en la escuela. Guía para conseguirlo. Madrid. Recuperado de
https://www.libreria.educacion.gob.es/libro/ganar-salud-en-la-escuela-g…
• Piédrola, G. (2015). Medicina Preventiva y Salud Pública. 12ª ed. Barcelona: Masson.
• Salleras, L. (1985). Educación Sanitaria. Principios, métodos, aplicaciones. Madrid: Ediciones Díaz de Santos S.A
Complementaria:
Tema 3. Alimentación e nutrición.
• Aranceta, J., Rodrigo, C., Serr, M., Iraeta, I., Bellido López-Para, A., Barinagarementeria Balentziaga, A. y
Fernández Escobedo, A. (2007). Alimentación saludable. Guía para el profesorado. Programa Perseo. Madrid: Colaboración entre el Ministerio de Educación y Ciencia y el Ministerio de Sanidad y Consumo. Recuperado de
https://www.libreria.educacion.gob.es/libro/alimentacion-saludable-guia…
• Mataix Verdú, J. y Carazo Marín, E. (2005). Nutrición para educadores. Madrid: Ediciones Díaz de Santos.
Tema 4: Limpeza e hixiene persoal
• Diéguez Valencia, E., Pascual, Fco. J., Lozano Molina, M., Escalera, C.; Lozano Navarrete, M.; Sanjuan, P., Garcia Sádaba, I., Cebrian, T.; Bello, F.; Ayuso, C., Gálvez, J., de la Guerra, S., López Pérez, P., Varón, T., Barrero, M.L.; Fernández-Regatillo, L.M. y Moreno, A. (2002). Educación Dental Infantil. Guía para Profesionales de Educación y de Salud. Sevilla: Consejería de Salud. Junta de Andalucía. Recuperado de
: https://www.juntadeandalucia.es/educacion/portals/delegate/content/ecdd…
Tema 5. Crecemento e desenvolvemento . Actividade e descanso
• Aznar Laín, S. y Webster, T. (2006). Actividad física y salud en la infancia y la adolescencia. Guía para todas las personas que participan en su educación. Madrid: Colaboración del Ministerio de Educación y Ciencia y Ministerio de Sanidad y Consumo.
Recuperado de: https://redined.educacion.gob.es/xmlui/bitstream/handle/11162/62274/008…
• Gil Verona, JA. (1992). Problemas médicos en la escuela y su entorno. Madrid: Editorial Panamericana.
Tema 6. Adquisición de otros hábitos de vida saludables.
• Ferreiro, L., Díaz Anca, Ch., Docampo, G., Louzao, MJ. (2008). Coeducación afectivo-emocional e sexual. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, Servizo Galego de Igualdade.
Recuperado de: http://igualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/coeduca…
• Hernández Morales, G., Jaramillo C. (2003). La educación sexual de la primera infancia. Guía para madres, padres y profesorado de Educación Infantil. Madrid: Secretaría Gral. de Educación y Formación Profesional.
Recuperado de: https://redined.educacion.gob.es/xmlui/bitstream/handle/11162/62282/008…
COMPETENCIAS XERAIS
Para citar estas competencias seguimos a enumeración correspondente á ficha da materia:
G.1.- Coñecer os obxectivos, contidos curriculares e criterios de avaliación da Educación Infantil
G.2.- Promover e facilitar as aprendizaxes na primeira infancia, desde unha perspectiva globalizadora e integradora das diferentes dimensións cognitiva, emocional, psicomotora e volitiva.
G.8.- Coñecer fundamentos de dietética e hixiene infantís. Coñecer fundamentos de atención temperá e as bases e desenvolvementos que permiten comprender os procesos psicolóxicos, de aprendizaxe e de construción da personalidade na primeira infancia.
G.9.- Coñecer a organización das escolas de educación infantil e a diversidade de accións que comprende o seu funcionamento. Asumir que o exercicio da función docente tense que ir perfeccionando e adaptando aos cambios científicos, pedagóxicos e sociais ao longo da vida.
G.11.- Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellora o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovelo nos estudantes.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
Para citar estas competencias seguimos a enumeración correspondente á ficha da materia:
E.15. Coñecer os principios básicos dun desenvolvemento e comportamento saudables.
E.16. Identificar trastornos no soño, a alimentación, o desenvolvemento psicomotor, a atención e a percepción auditiva e visual.
E.17. Colaborar cos profesionais especializados para solucionar os devanditos trastornos.
E.18. Detectar carencias afectivas, alimenticias e de benestar que perturben o desenvolvemento físico e psíquico adecuado dos estudantes.
COMPETENCIAS BÁSICAS MECES
Para citar as competencias básicas do Marco Español de Cualificaciones para la Educación Superior (MECES) seguimos a enumeración correspondente á ficha da materia:
B.1. Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B.2. Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B.3. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B.4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
Por último cítanse seguindo a enumeración correspondente á ficha da materia as Competencias transversais para todas as titulacións de Grao da USC:
T.1.- Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras.
T.2.- Coñecemento instrumental da lingua galega.
T.3.- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
Clases expositivas: lección maxistral participativa, impartida polo profesor. Contarase con medios de apoio audiovisuais.
Clases interactivas: Clases teórico/prácticas nas que se traballará sobre os diferentes temas abordados nas clases expositivas.
Combinaranse as técnicas de análise (análise de texto, resolución de casos, discusións...), desenvolvemento de habilidades (elaboración de documentos) e expresión (para comunicar as súas experiencias previas, os seus coñecementos e contribucións, partindo das preguntas que se poidan suscitar, durante as sesións expositivas e interactivas).Utilizaranse distintas técnicas de ensino a distancia mediante as ferramentas proporcionadas pola plataforma Moodle do campus virtual (lección, foro de discusión, tarefas, etc.) e de Microsoft Teams. Farase especial uso daquelas que favorecen a discusión e o traballo colaborativo. Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual. Establécese a oabligatoriedade do uso da conta de correo rai.
Realizaranse titorías grupais ou individualizadas, tanto presenciais como telemáticas, en función das necesidades do alumnado.
Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os alumnos poderán solicitar a exención de docencia ou dispensa de asistencia a clase. Nestes casos, deberán contactar co docente nas dúas primeiras semanas do semestre para fixar un plan de traballo específico da materia, que consistirá nunha serie de actividades a entregar durante o curso.
Para alcanzar a suficiencia nas convocatorias de xuño e xullo o alumno deberá obter unha puntuación mínima de 5 puntos (sumada a avaliación das tarefas propostas e da proba final) dun total de 10 puntos.
- Proba final escrita (ata 5 puntos): O exame final pode incluír preguntas tipo test, verdadeiro ou falso, pegunta curta ou tema. É necesario que a cualificación obtida na proba final supere o 50% (2.5) dos 5 puntos de máximo correspondentes a esta proba, para avaliar as tarefas entregadas durante o curso.
- Tarefas (ata 5 puntos): controis tipo test e outros materiais producidos, principalmente, nas clases interactivas, pero tamén nas expositivas. A avaliación continua poderá incluir algún sistema de coevaluación do propio alumnado.
A asistencia a un mínimo do 70% das clases interactivas será requisito indispensable para poder superar a materia.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Casuísticas na avaliación:
- Segunda oportunidade: o alumnado que non supere a materia na primeira oportunidade e se presente en xullo, manterá as cualificacións das tarefas entregadas. Unicamente terá que realizar a proba específica, é dicir, o exame final. Non se admitirán novos traballos ou actividades para xuño.
- O alumnado repetidor deberá poñerse en contacto co docente para valorar a necesidade dun plan de traballo e avaliación específico. Prioritariamente integrarase nas actividades comúns da materia, seguindo, por tanto, a casuística xeral de avaliación.
- No caso de alumnos con exención de docencia ou dispensa de asistencia: o exame escrito terá un peso do 70% na nota final, mentres que as tarefas realizadas durante o curso terán un peso do 30%.
Materia de 6 créditos ECTS.
Horas presenciais
Clases expositivas:24
Clases interactivas:24
Titorías:3
Total:51
Horas de traballo autónomo:
Clases expositivas:35
Clases interactivas:45
Titorías:19
Total:99
TOTAL:
Clases expositivas:59
Clases interactivas:69
Titorías:22
Total:150
A preparación da materia poderá facerse sobre a base dos guións que o alumno recolla durante as actividades expositivas na aula e sobre a base dos diversos materiais e documentos que o profesor fará chegar ao alumnado, para as clases expositivas e interactivas.
Recoméndase leer os temas antes das clases e participar activamente nelas preguntando todas as dúbidas.
A bibliografía recomendada é primordial, e serve tamén para aclarar as dúbidas que poidan presentarse ás estudantes e aos estudantes nos temas.
A avaliación da materia debe prepararse coa bibliografía aportada no programa da materia e dos documentos e recursos incluidos no campus virtual e non únicamente co material das presentacións audiovisuais das clases expositivas.
Teranse en conta as seguintes consideracións:
-En todo momento fomentarase a responsabilidade ambiental: evitando o uso de materiais plásticos e innecesarios, utilizaranse preferiblemente grampas fronte á encadernación, utilizarase a función de aforro de tinta ao imprimir, non se utilizarán folios en branco como separadores de capítulos e evitaranse anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
-Farase uso dunha linguaxe non sexista, tanto no traballo cotián da aula como nos traballos académicos recomendados.
-A comunicación co alumnado realizarase a través da conta de correo da Universidade de Santiago de Compostela (rai).
-Unicamente utilizaranse as ferramentas dixitais institucionais: como o Campus Virtual e Microsoft Office 365.
-De forma xeral non se permitirá o uso do teléfono móbil, excepto cando se use como instrumento de traballo se así o establece o docente. O alumno responsabilizarase das consecuencias legais e académicas que se poidan derivar do uso inadecuado do mesmo.
-Respetarase a privacidade entre os alumnos e o docente, tanto nas clases como nas titorías.
-Cumprirase a normativa de protección de datos da Universidade de Santiago de Compostela (https://www.usc.gal/es/politica-privacidade- proteccion-datos)
Nos casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Angel Salgado Barreira
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Correo electrónico
- angel.salgado.barreira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Maruxa Zapata Cachafeiro
Coordinador/a- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Correo electrónico
- maruxa.zapata [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Julia Rey Brandariz
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Correo electrónico
- juliarey.brandariz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Mércores | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLIS_03 | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 33 |
Xoves | |||
09:00-10:30 | Grupo /CLE_01 + Dobre Grao 1º | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_01 + Dobre Grao 1º | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 33 |
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 33 |
21.05.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 + Dobre Grao 1º | (CAMPUS NORTE) - AULA 12 |
02.07.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 + Dobre Grao 1º | (CAMPUS NORTE) - AULA 13 |