Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Socioloxía
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A materia “Identidade de Xénero e Educación” ten como obxectivo fundamental contribuír á formación de mestres e mestras de Educación Infantil e Primaria capacitándolles para promover actitudes e implementar proxectos e prácticas coeducativas de cara á igualdade entre xéneros. Nesta materia as e os futuros mestras e mestres serán introducidas/os nun tema de primeira orde, isto é, as relacións de xénero e os procesos de construción das identidades de xénero. Profundarase nos aspectos básicos dos procesos e mecanismos que interveñen na construción das identidades feminina e masculina e no seu significado para a socialización e educación humana.
Obxectivos específicos:
Conceptuais (saber):
-Coñecer, analizar e valorar os aspectos básicos dos procesos e mecanismos que interveñen na constitución da identidade feminina e masculina
- Coñecer, analizar e valorar, desde unha perspectiva pedagóxico-crítica con respecto aos procesos primarios e secundarios da socialización e educación humana, as diferenzas en función do xénero
Procedimentales (saber facer):
-Poder desenvolver e emprender no campo educativo-escolar accións de cara á transformación das condicións sociais e socializadoras existentes desde unha perspectiva crítica do xénero e das mulleres
-Crear activamente condicións educativo-socializadoras igualitarias en función do xénero.
Actitudinais (saber ser):
-Adquirir sensibilidade e compromiso como futuros/as mestres/as coa igualdade de xénero
1. Introdución á xenealoxía dos feminismos: debate sexo-xénero.
1.1. Definir os feminismos desde múltiples voces.
1.2. Breve historia dos movementos feministas: lugares e ecos.
1.3. Análise das realidades socio-educativas dende o marco interpretativo feminista: categorías para a análise.
2. Abordaxe da diversidade afectivo-sexual dende o eido educativo.
2.1. Conceptos clave sobre a diversidade afectivo-sexual.
2.2. Intervención socio-educativa ante a diversidade: acompañamento das realidades trans nas aulas.
2.3. Recursos, materiais e servizos de apoio.
3. Instancias e procesos diversos de socialización en función do xénero.
3.1. Roles de xénero e socialización en función do xénero.
3.2. A construción e transmisión de estereotipos de xénero.
3.3. Educación e coeducación.
4.- Violencia contra as nenas e mulleres: abordaxe socio-educativa.
4.1. Das desigualdades de xénero a violencia contra as nenas e mulleres
4.2. Formas de violencia contra as nenas en función do xénero.
4.3. Aspectos clave para a intervención dende os centros educativos: o rol do profesorado e recursos de apoio para a detección e a coeducación.
Bibliografía básica
Radl ,R. e Gómez, Mª B. (Eds.) (2019). Formas extremas de violencia contra las mujeres: Escenarios de protitución, violencia y explotación sexual. Universidade de Santiago de Compostela, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
García, J. e Gómez, Mª B. (Eds.) (2013). Diálogos en la cultura de la paridad. Reflexiones sobre feminismo, socialización y poder. Universidade de Santiago de Compostela, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico.
Gómez, Mª B. y Mosteiro, Mª J. (Eds.) (2017). Identidades de género, trabajo, conocimiento y educación: desafíos y retos en el contexto transnacional. Universidade de Santiago de Compostela, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico.
Bibliografía complementaria
Arnot, M. (2009). Coeducando para una ciudadanía en igualdad. Morata.
Beauvoir, S. (2005). El segundo sexo. Cátedra. (Original publicado en 1949)
Castaño, C. (2008). La segunda brecha digital. Cátedra.
Castells, M. e Subirats, M. (2007). Mujeres y hombres ¿un amor imposible?. Alianza Ed.
Davis, B. (1994). Sapos y culebras y cuentos feministas. Los niños de preescolar y el género. Cátedra/Universitat de Valéncia/Instituto de la Mujer. (Original publicado en 1989)
Durán, Mª Á. (2000). Si Aristóteles levantara la cabeza. Cátedra.
Friedan, B. (2009). La mística de la feminidad. Cátedra. (Original publicado en 1963)
García Marín, J. (2018). Novas masculinidades: o feminismo a (de)construir o homem. través editora.
Irigaray, L. (1992). Yo, Tú, Nosotras.Cátedra.
Manier, B. (2007). Cuando las mujeres hayan desaparecido: la eliminación de las niñas en India y Asia. Ediciones Cátedra.
Moreno, E. (Coord.) (2013). La urdimbre sexista: violencia de género en la escuela primaria. Ediciones Aljibe.
Radl Philipp,R. (2001). Cuestiones Actuales de Sociología del Género. CIS-Univ. Santiago.
Schiebinger, L. (2004). ¿Tiene sexo la mente?. Cátedra.
Subirats, M. y Tomé, A. (2007). Balones fuera. Reconstruir los espacios desde la coeducación. Octaedro.
Tubert, S. (Coord.) (2011). Del sexo al género. Cátedra.
Webgrafía.
CIS. Centro de Investigaciones Sociológicas: https://www.cis.es/cis/opencms/ES/index.html
Mujeres en Red. El Periódico Feminista: http://www.mujeresenred.net/
Pensamiento crítico (Mujeres, feminismo):
http://www.pensamientocritico.org/0mujeresfem.htm
Instituto de las mujeres: http://www.inmujer.es/
CIFEX. Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero(USC): http://www.usc.es/gl/institutos/cifex/
OIX. Oficina de Igualde de Xénero
https://www.usc.es/gl/servizos/oix/persoal.html
Competencias e resultados de aprendizaxe que o/a estudante debe adquirir:
Xerais:
G4. Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos que conformen os valores da formación cidadá.
G5. Fomentar a convivencia na aula e fóra dela, resolver problemas de disciplina e contribuír á resolución pacífica de conflitos. Estimular e valorar o esforzo, a constancia e a disciplina persoal nos estudantes.
G8. Manter unha relación crítica e autónoma respecto dos saberes, os valores e as institucións sociais públicas e privadas.
Básicas:
B.1.- Que o estudiantado demostrase posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo;
B.3.- Que o estudiantado teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética;
B.4.- Que o estudiantado poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado;
Transversais:
T.3.- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
Proponse unha metodoloxía activa que fomente a participación do alumnado na construción do seu propio coñecemento acerca dos temas propostos. Para iso, a docente realizará a presentación dos temas achegando as explicacións que considere convenientes para orientar ao alumnado cara aos centros de interese que conveña profundar desde o punto de vista documental, bibliográfico ou titorial.O alumnado terá á súa disposición na Aula Virtual da Materia (Campus Virtual) toda a documentación (presentacións, textos, material audiovisual, etc.) correspondentes a cada clase (expositivas e interactivas).
ACTIVIDADES PRESENCIAIS
Actividades en gran grupo. As actividades formativas en gran grupo incidirán sobre todo na parte teórica da materia e estarán dirixidas á adquisición de coñecementos básicos seguindo dinámicas participativas para vincular a través destas os contidos teóricos.
Actividades en grupo mediano. Nas actividades de grupo medio será o propio alumnado, con axuda da docente, quen realizará diferentes actividades de aplicación dos contidos teóricos. Trátase de actividades que favorecen a docencia interactiva, cun peso a miúdo importante do traballo en equipo, favorecendo a cooperación e o intercambio de experiencias. As actividades presenciais que se desenvolvan nesta modalidade de agrupamento requirirán, como é lóxico, unha elevada porcentaxe de horas de traballo autónomo por parte do alumnado, tanto individual como no seo do equipo de traballo no que se integre.
Actividades en pequeno grupo ou individuais
As actividades en pequeno grupo e as titorías estarán dirixidas a orientar ao alumnado de forma máis personalizada, realizar o seguimento do proceso de traballo autónomo, tanto individual como de grupo de traballo, e resolver dúbidas tanto das aprendizaxes relacionadas coa materia como relativas a procedementos de traballo e técnicas máis relacionadas coas competencias básicas e transversais.
ACTIVIDADES DE TRABALLO AUTÓNOMO
As actividades de traballo autónomo por parte do alumnado estarán dirixidas ao estudo e asimilación dos contidos o que suporá a realización das lecturas obrigatorias e recomendadas pola profesora así como a realización das actividades prácticas que se deseñen (proxectos, exercicios, análises de contido, etc.) e que implicarán a elaboración de informes, presentacións visuais, exposicións orais, etc.
En calquera caso, farase especial fincapé en que o alumnado, utilizando distintos procedementos, chegue a realizar de forma autónoma unha elaboración e síntese da información que lle permita ir construíndo un coñecemento sólido e ben argumentado.
Valorarase o rendemento e as aprendizaxes adquiridas a través dunha combinación equilibrada entre actividades de avaliación continua formativa e de avaliación final. A primeira debe valorar o esforzo e o progreso na aprendizaxe e incentivar unha dedicación continuada á materia ao longo do cuadrimestre. A segunda permitirá valorar globalmente os resultados da aprendizaxe.A asistencia a clase é requisito para superar a materia (e non puntúa).
Criterios de avaliación:
1ª OPORTUNIDADE:
Probas específicas: 40%
- Realizarase unha proba obxectiva (exame) que terá un peso do 40% na nota final.
Informes escritos, presentacións orais e outras producións: 60%
-A proposta de actividades na materia (prácticas a realizar nas aulas interactivas) terá en conta as necesidades e o ritmo de desenvolvemento dentro da materia.
Para obter unha avaliación positiva na materia será preciso ter realizadas en tempo e forma todas as actividades de avaliación especificadas así como aprobar cada unha delas.
2ª OPORTUNIDADE: A avaliación efectuarase exclusivamente a partir de probas escritas nas convocatorias previstas.
-A efectos de avaliación, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, excepto nas actividades programadas de forma coordinada.
-Os traballos individuais ou en grupo deberán ser orixinais. A entrega dun traballo copiado suporá o suspenso da materia e a avaliación do alumno ou alumna na seguinte convocatoria.
PLAXIO (TANTO PARA ENSINO PRESENCIAL COMO NON PRESENCIAL)
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”, aprobada no Consello de Goberno do 15 de xuño de 2011.
Avaliación de alumnos e alumnas aos que, por diversas circunstancias, se dispense da asistencia á clase (Instrucción núm. 1/2017, do 27 de abril de 2017, da Secretaría Xeral da USC sobre a dispensa de asistencia á clase).O alumnado que teña exención de docencia ou dispensa de asistencia deberá informar da súa situación á/ao docente nos 10 días seguintes á concesión e será convocado a unha titoría na que se lle facilitará un "Programa de Actividades“ específico, que suporá un traballo similar ás prácticas de aula e ao traballo monográfico, para poder superar a materia.
Criterios:
Probas específicas: 40%
-Realizar o exame na data oficial ao igual que o resto do alumnado.
Informes escritos, presentacións orais e outras producións: 60%
O seguinte cadro reflicte a distribución do 4,5 ECTS desta materia segundo as instrucións recibidas do Reitorado e a Facultade:
Horas expositivas: 18
Horas interactivas: 18
Horas de titoría: 2.5
Total horas presenciais: 38.5
Estímase que o alumnado deberá dedicar unhas 74 horas de traballo autónomo para poder superar a materia.
Total horas dedicación á materia: 112.5
- Desenvolver unha actitude crítica e reflexiva ao redor da materia.
- Utilizar as titorías para clarificar as dúbidas
-Asistencia a clase
O Consello de Goberno do 25 de marzo de 2010 aprobou o Regulamento de asistencia a clases nos cursos adaptados ao EEES
(http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…).
Nel expóñense os beneficios da asistencia a clase, entre eles que facilita unha mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupo e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa co resto do alumnado ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-alumno máis participativa. Cómpre lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que é obrigatoria a asistencia a un mínimo do 80% das sesións lectivas. Nos supostos contemplados na normativa da Facultade, o alumnado poderá solicitar a exención oficial da docencia.
- Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
-Responsabilidade medioambiental. Se a/o docente da materia solicita a entrega en papel, debe cumprir os seguintes requisitos:
o Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
o Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
o Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
o Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
o Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
-Perspectiva de xénero:
o Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace:
-Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
-Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
-Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado
do mesmo.
-Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
-Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Begoña Gomez Vazquez
Coordinador/a- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Socioloxía
- Teléfono
- 881813782
- Correo electrónico
- begona.gomez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Lorena Añon Loureiro
- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Socioloxía
- Correo electrónico
- lorena.anon [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 Primaria + Infantil + Dobre Grao 4º | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 52 |
17:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 Primaria + Dobre Grao | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 52 |
18:00-19:00 | Grupo /CLIS_02 Infantil | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 52 |
20.01.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 Primaria + Infantil + Dobre Grao 4º | (CAMPUS NORTE) - AULA 12 |
18.06.2025 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 Primaria + Infantil + Dobre Grao 4º | (CAMPUS NORTE) - AULA 13 |