Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo fundamental desta materia é dotar aos futuros mestres e mestras de coñecementos, recursos e habilidades para desempeñar o seu labor profesional tendo en conta as Necesidades Educativas Especiais e a atención á diversidade educativa no marco dunha Escola Inclusiva e de respecto aos dereitos humanos.
Trátase de que o alumnado tome conciencia da necesidade de que a súa futura práctica educativa ha de contribuír ao desenvolvemento efectivo dos nenos e nenas en idade infantil, atendendo á súa diversidade desde unha concepción do currículo como escenario de resposta ás necesidades educativas especiais.
Obxectivos referidos ao "saber":
- Adquirir os coñecementos básicos sobre conceptos, fundamentos e concepcións que constitúen a Educación Inclusiva.
- Coñecer os fundamentos da inclusión e da escola inclusiva, Identificando os feitos máis significativos do movemento cara á inclusión e as principais características e actuacións a partir dun modelo organizativo de escola inclusiva.
- Identificar e definir dificultades de aprendizaxe, disfuncións cognitivas e as relacionadas coa atención.
- Coñecer os diferentes instrumentos de identificación de necesidades educativas especiais, así como as estratexias didácticas máis pertinentes en cada caso para dar resposta a esas necesidades.
Obxectivos referidos ao "saber facer":
- Observar sistematicamente os contextos de aprendizaxe e convivencia reflexionando sobre as súas implicacións na etapa infantil.
- Desenvolver estratexias que faciliten a colaboración e a cooperación dentro da escola inclusiva.
- Analizar e avaliar experiencias innovadoras no ámbito da educación inclusiva.
- Deseñar e aplicar ferramentas de avaliación e pautas de intervención educativa para a optimización dos procesos de aprendizaxe e desenvolvemento na etapa da educación infantil no marco dunha escola inclusiva e atendendo ás necesidades educativas. especiais.
- Analizar criticamente literatura de investigación e experiencias sobre o tratamento da diversidade no marco dunha escola inclusiva.
- Detectar e analizar barreiras á participación e á aprendizaxe na escola infantil.
- Empregar a metodoloxía de traballo en equipo a través da participación, a colaboración cos compañeiros/as e a exposición correcta das propias ideas e formulacións.
Obxectivos referidos ao "saber ser":
- Desenvolver capacidades críticas e valores que impliquen aceptar as diferenzas como diversidade e comprender os retos que a inclusión expón a nivel escolar, familiar e social.
- Considerar e valorar a diversidade do alumnado e outros membros da comunidade educativa entendendo devandita diversidade como factor de enriquecemento persoal, social, cultural e de aprendizaxe.
- Desenvolver a capacidade de toma de decisións relacionadas co axuste da resposta educativa ás necesidades e recursos do alumnado desde a reflexión crítica ante os distintos enfoques e modelos didácticos utilizados.
- Valorar a importancia da aceptación de normas e o respecto aos demais, atendendo á individualidade no proceso de ensino e aprendizaxe, á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos.
BLOQUE I: EDUCACIÓN INCLUSIVA: A RESPOSTA Á DIVERSIDADE NO ÁMBITO EDUCATIVO
- Da Educación Especial á Escola Inclusiva.
- Alumnado con NEE no contexto educativo: referentes conceptuais, actitudinais e lexislativos.
- Escolarización do alumnado con N.E.E. en contextos de Inclusión. Modalidades de escolarización.
- Medidas organizativas e curriculares para a atención á diversidade: recursos persoais e profesionais de apoio; flexibilización do currículum.
- N.E.E. asociadas a enfermidades crónicas e a situacións de hospitalización: características, repercusión na súa escolarización, estratexias de intervención e resposta educativa.
BLOQUE II: DETECCIÓN, AVALIACIÓN E INTERVENCIÓN EDUCATIVA NA ESCOLA INCLUSIVA
- N.E.E. asociadas á discapacidade sensorial. Características e resposta educativa.
- N.E.E. asociadas á discapacidade cognitivo-intelectual. Características e resposta educativa.
- N.E.E. asociadas á discapacidade motórica. Características e resposta educativa.
- N.E.E. asociadas a trastornos do espectro autista. Características e resposta educativa.
- N.E.E. asociadas a TDA-H. Características e resposta educativa.
- N.E.E. asociadas a altas capacidades. Características e resposta educativa.
Bibliografía básica
Booth, T. y Ainscow, M. (2015). Guía para la Educación Inclusiva. Desarrollando el aprendizaje y la participación en los centros escolares. (Adaptación de la 3a edición revisada del Index for Inclusion). Organización de Estados Iberoamericanos (EOI).
https://www.oei.es/historico/publicaciones/guia_ed_inclusiva_2015.pdf
Fernández Batanero, J. M. (Coord.) (2015). Atención a la diversidad en el aula de educación infantil. Paraninfo Universidad.
Marín Suelves,D. y Fajardo Bravo, I. (2018) (Coord.). Intervención psicoeducativa en alumnado con necesidades específicas de apoyo educativo. Tirant Humanidades.
Bibliografía complementaria
Kyriazopoulou, M. (ed.) (2009). Desarrollo de indicadores sobre educación inclusiva en Europa. Agencia Europea para el desarrollo de la educación del alumnado con necesidades educativas especiales.
Cardona Moltó, MªC. (2005). Diversidad y educación inclusiva: enfoques metodológicos y estrategias para una enseñanza colaborativa. Persons Alambra.
Casanova, M.A. (2016). Educación inclusiva: un modelo de futuro. Wolters Kluwer.
Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, de 3 de maio, de educación. DOG (Diario Oficial de Galicia), 247, de 21de decembro de 2011, 37487-37515.
Echeita, G. (2022). Evolución, desafíos y barreras frente al desarrollo de una educación más inclusiva. Revista Española de Discapacidad, 10(1), 207-218.
Echeita, G. (2019). Educación Inclusiva. El sueño de una noche de verano. Octaedro.
Echeita, G. (2017). Educación inclusiva. Sonrisas y lágrimas. Aula Abierta, 46,17-24. https://doi.org/10.17811/rifie.46.2017.17-24.
Fernández Blázquez, M. L. y Echeita Sarrionandia, G. (2023). Hacia una educación más inclusiva: la transformación de un centro educativo. Teoría de la Educación. Revista Interuniversitaria, 35(1), 185-206. https://doi.org/10.14201/teri.276991.
García Barrera, A., (2021). Controversias inclusivas de la LOMLOE: Avanzando hacia un modelo de normalización educativa plena. Revista de Educación Inclusiva, 14(2), 254-266.
Muntaner, J.J.; Guasp, M.R. y Rosello, R. y de la Iglesia Mayol, B. (2016). Buenas Prácticas en Educación inclusiva. Educatio Siglo XXI, 34(1), 31-50.
Opertti, (2019). Convergencia de perspectivas sobre políticas en educación inclusiva. Publicaciones, 49(3), 267–282. doi:10.30827/publicaciones.v49i3.114.
Pérez, M.A. (2017). Aulas inclusivas: experiencias prácticas. Altamira.
Pujolás, P. (2008). 9 ideas clave. El aprendizaje cooperativo. Grao.
Solla, C. (2013). Guía de Buenas Prácticas en Educación Inclusiva. Save the Children.
Revistas
Revista de Educación Inclusiva
http://www.revistaeducacioninclusiva.es/index.php/REI
Revista de Educación
http://www.mecd.gob.es/revista-de-educacion/
Revista Aula de Innovación Educativa
https://www.grao.com/es/aula-de-innovacion-educativa
Revista Galega de Educación
http://www.nova-escola-galega.org/WebDefault.aspx?MenuInd=7&MenuId=134&…
Páxinas web de interese:
https://www.edu.xunta.gal/portal/es/diversidadeorientacion
https://www.mecd.gob.es/educacion-mecd/
https://procomun.educalab.es/es
Cada tema/bloque de contido terá asociada unha documentación específica que será indicada durante o proceso de ensino-aprendizaxe por parte da profesora.
Competencias xerais
G3 - Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade que atendan ás singulares necesidades educativas dos estudantes, á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos.
G4 - Fomentar a convivencia no aula e fóra dela e abordar a resolución pacífica de conflitos. Saber observar sistematicamente contextos de aprendizaxe e convivencia e saber reflexionar sobre eles.
G5 - Reflexionar en grupo sobre a aceptación de normas e o respecto aos demais. Promover a autonomía e a singularidade de cada estudante como factores de educación das emocións, os sentimentos e os valores na primeira infancia.
G8 - Coñecer fundamentos de dietética e higiene infantiles. Coñecer fundamentos de atención temperá e as bases e desenvolvementos que permiten comprender os procesos psicolóxicos, da aprendizaxe e da construcción da personalidade na primeira infancia.
G11 - Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellora o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativo e promovelo nos estudantes.
Competencias básicas
CB1 - Que os estudantes demostren posúir e comprender coñecementos nunhq área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e se sole atopar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuizos que incluan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
Competencias transversais:
T1 - Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras.
T2 - Coñecemento instrumental da lingua galega.
T3 - Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
Competencias especificas:
E7 - Identificar dificultades de aprendizaxe, disfuncións cognitivas e as relacionadas coa atención.
E8 - Saber informar a outros profesionais especialistas para abordar a colaboración do centro e do mestre na atención ás necesidades educativas especiais que se susciten.
E9. - Adquirir recursos para favorecer a integración educativa de estudantes con dificultades.
A fin de cumprir cos obxectivos propostos, a proposta céntrase no emprego de metodoloxías activas na aula, as cales facilitan a participación e colaboración entre o alumnado, posibilitando así a aprendizaxe significativa e facilitando o traballo igualitario, onde de forma activa e participativa cada alumno/a sexa o protagonista da súa propia aprendizaxe.
As distintas actividades formativas repartiranse entre un horario presencial obrigatorio, que corresponde ás clases expositivas e interactivas, e un horario non presencial que implica o traballo autónomo por parte do alumnado.
Ademais, tamén se propón a posibilidade de realizar algunha saída didáctica como experiencia educativa, que conecta a aula co medio e expande o contexto de aprendizaxe.
As sesións expositivas en gran grupo inclúen clases de natureza explicativa, dirixidas a introducir e explicar os aspectos xerais dos contidos, así como clarificar os conceptos máis significativos e achegar unha visión global dos contidos dos distintos bloques, todo iso coa finalidade de achegar as bases teóricas necesarias para outro tipo de traballos posteriores da materia, tanto teóricos como prácticos. Empregaranse recursos de apoio didáctico para facilitar o seguimento e comprensión do contido por parte do alumnado (presentacións multimedia, material audiovisual, recursos en rede, etc...). Ditos recursos, na medida do posible, quedarán a dispor do alumnado na aula virtual.
As sesións en grupo mediano tratan de profundar nos aspectos concretos das sesión expositivas, mediante a lectura e comentario de documentos, o establecemento de relacións conceptuais, propiciar a transferencia da teoría á práctica, a elaboración e presentación de informes, a elaboración de mapas conceptuais, a formulación de dúbidas, o estudo de casos, os vídeos, a planificación de traballos e actividades prácticas, os debates e a exposición de traballos individuais ou de grupo.
Todas estas actividades estarán encamiñadas a desenvolver o traballo independente e de carácter crítico, as actividades de carácter grupal e a toma de decisións, a procura e o manexo da información.
Nas sesións de grupo pequeno (grupo de titorías) trátase de dar resposta á resolución de problemas, conflitos e dúbidas que poidan xurdir en relación coa elaboración dos distintos traballos e prácticas que se propoñan. Xa que logo, estas sesións estarán especialmente encamiñadas á supervisión dos traballos de grupo. As sesións de titoría ordinarias dedicaranse, fundamentalmente, a atender as necesidades individuais de cada alumno/a.
Cada tema/bloque de contido terá asociada unha documentación específica que será indicada, durante o proceso de ensino-aprendizaxe, ao alumnado. Dita documentación estará a dispor na aula virtual.
Por outra parte, na materia prevense o desenvolvemento dalgunha práctica de campo, xa ben sexa co alumnado da materia, ou compartida con outras do curso (visita, encontros con profesionais, celebración de conmemoracións …) na perspectiva dunha actividade interdisciplinar que será abordada e valorada desde cada unha das materias participantes se fora o caso.
A realización das prácticas, e por tanto a avaliación, de ser o caso, poderá implicar a outras materias e a participación en proxectos de innovación educativa.
O sistema de avaliación tomará en consideración os seguintes elementos:
A. PARTICIPACIÓN E ACTITUDE NA AULA
Peso na cualificación: 5%
Instrumentos de avaliación: Control de asistencia, rexistro de participación, observación das profesoras e actitudes cara a realización das actividades de clase e os/as compañeiros/as.
Indicadores/orientacións para a avaliación: A puntuación total deste apartado será acadada por aqueles alumnos que asistan asiduamente a clase e que participen de xeito activo, e coa actitude adecuada nas dinámicas que se propoñan nas sesión de clase.
B. PROBAS ESPECIFICAS
Peso na cualificación: 50%
Instrumentos de avaliación: Exame final.
Indicadores/orientacións para a avaliación: Realizarase un exame final na data estipulada para tal fin, no que se avaliarán os coñecementos adquiridos polo alumnado ó longo do curso a través dunha combinación de preguntas curtas e/ou tipo test.
Neste apartado da avaliación, establécese como condición indispensable para obter a cualificación de aprobado, que o alumno/a deberá acadar a puntuación mínima de 5 puntos totais en dita proba.
C. INFORMES ESCRITOS E OUTRAS PRODUCIÓNS
Peso na cualificación: 35%
Instrumentos de avaliación: Portafolios de actividades.
Indicadores/orientacións para a avaliación: Os indicadores e orientacións para a realización destas actividades específicas serán explicados polo docente ao inicio das sesións da materia.
A realización das actividades, de ser o caso, poderá implicar a outras materias e a participación en proxectos de innovación educativa.
D. PRESENTACIÓNS ORAIS
Peso na cualificación: 10%
Instrumentos de avaliación: Exposicións de lecturas e/ou actividades realizadas.
Indicadores/orientacións para a avaliación: Neste punto serán valoradas as exposicións que se soliciten ao alumnado, así como a calidade das diferentes exposicións realizadas nas dinámicas de aula que se propoñan ó longo das sesións.
(Cando en un dos apartados especificados non haxa a posibilidade de ser avaliado, a porcentaxe de dita puntuación acumularase no apartado C).
ALUMNADO CON EXENCIÓN OU DISPENSA DE DOCENCIA:
Estará suxeita ás normas ditadas na instrución núm. 1/2017, da Secretaría Xeneral da USC. No caso de ter formalizada e/ou concedida solicitude, deberá informarse ao profesorado no inicio da materia (nas duas primeiras semanas preferiblemente). Igualmente de calquera outra circunstancia relacionada coa asistencia ás clases (alumando repetidor, etc).a fin de concretar o seu plan de traballo e a avaliación da materia. En dito plan contémplase a realización das mesmas actividades que o alumnado asistente e a súa entrega no mesmo prazo, así coma o exame final. Dado que a participación e exposición en aula non será posible avalíala, contémplase a realización de outro tipo de actividades que poida sustituir ambos apartados na puntuación final, previo contacto co profesorado da materia.
Con carácter xeral, para superar a materia será preciso cumprir os seguintes requisitos:
1. CUALIFICACIÓN MÍNIMA: Para obter a cualificación de aprobado, o alumno/a deberá acadar a puntuación mínima de 5 puntos totais no exame. Para sumar as puntuacións de todos os apartados, é imprescindible acadar a puntuación mínima neste apartado, é dicir, deberá aprobar a proba específica (con un 2,5 sobre 5) para poder sumar as demais puntuacións.
2. ASISTENCIA: Controlarase a asistencia nas sesións presenciais. O alumnado con 4 ou máis faltas de asistencia non xustificadas (é dicir, o 20% do total das sesións presenciais), non será calificado no apartado A (participación na aula). Para recibir cualificación neste apartado, alén de asistir a un mínimo do 80% das horas, o/a estudante debe implicarse activamente nas actividades que se soliciten a nivel individual así como ás que se realicen nas sesións presenciais. Estas actividades, non son recuperables.
3. ALUMNADO NON ASISTENTE: O alumnado que, polas razóns que sexa, non acode a un mínimo do 50% das sesións presenciais, non poderá presentar traballos nin participar nas presentacións orais. Os alumnos e alumnas que se atopen nesta situación deberán acudir ao exame final da materia, sendo este de unha maior amplitude que asegure o coñecemento de todos os contidos traballados ao longo do semestre.
4. POSIBILIDADES DE RECUPERACIÓN: O alumnado que non supera a materia no período ordinario, pode atoparse en unha das seguintes circunstancias na convocatoria extraordinaria de xullo:
A. Se no período ordinario asistiu ao 80% das sesión presenciais e ten cualificación nos catro apartados da avaliación, debe presentarse unicamente ó exame final en xullo. Neste caso, mantéñenselle as cualificacións do período ordinario e a súa proporcionalidade.
B. Se no período ordinario, non obtivo cualificación nalgún dos catro apartados, participará da mesma proba final de xullo que o alumnado que se sitúa no caso anterior, pero a súa cualificación será, como máximo de 7 puntos, e deberá obter un mínimo de 5 puntos para aprobar a materia. Neste caso, non se terán en conta as cualificacións de traballos que o alumno/a puidera ter realizado durante o curso, nin se admitirán outro tipo de traballos.
NOTA ACLARATORIA:
- As prácticas ou traballos realizados, tanto en grupo como individualmente, farase a súa entrega a través do campus virtual na aula correspondente a materia. Dita entrega será en tempo e forma, e non se admitirán entregas despois do prazo establecido.
- "Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
O seguinte listado reflexa a distribución dos 6 ECTS desta materia:
Horas expositivas: 24 h.
Horas interactivas: 24 h.
Horas de titoría: 3 h.
Total horas presenciais: 51 h.
Horas de traballo autónomo do alumnado: 99 h.
TOTAL HORAS: 150 h.
Recomendacións para o estudo da materia
Os contidos desta materia están estruturados de tal forma que é preciso un traballo diario e constante para que o alumnado vaia acadando progresivamente o seu dominio, isto permitiralle resolver os traballos que conforman a práctica, conseguindo os obxectivos propostos e as competencias da materia.
Recomendase ademais:
- A asistencia continuada ás sesións presenciais, a entrega en tempo e forma dos traballos e actividades que se propoñan.
- É recomendable posuír ordenador e conexión a internet e coñecementos de informática básicos.
- Proporse un estudo comprensivo e non memorístico da materia.
- Amosar, tanto nas intervencións en clase como nos escritos, unha actitude ética e de compromiso coa infancia. Non se debe esquecer que vivir a educación é moito máis ca saber empregar unhas ferramentas técnicas e didácticas.
- Revisar con asiduidade a aula virtual da materia a fin de consultar e comprobar nova documentación que desenvolva os contidos, ou que os complemente.
A USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os alumnos/as poderán solicitar exención oficial da docencia.
- Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
- Responsabilidade medioambiental. Se o docente da materia solicita a entrega en papel, debe cumprir os seguintes requisitos:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
- Perspectiva de xénero:
- Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
- Pode obterse información ao respecto no enlace:
https://www.usc.gal/es/servicios/area/igualdad/cultura-institucional
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Yesica Teijeiro Boo
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 818813907
- Correo electrónico
- yesica.teijeiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Maria Carmen Santos Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 982821026
- Correo electrónico
- mcarmen.santos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Xoves | |||
---|---|---|---|
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_03 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 32 |
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_01 + Dobre Grao 3º | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 32 |
Venres | |||
09:00-10:30 | Grupo /CLIS_02 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 32 |
26.05.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 + Dobre Grao 3º | (CAMPUS NORTE) - AULA 12 |
09.07.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 + Dobre Grao 3º | (CAMPUS NORTE) - AULA 13 |