Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica da Expresión Plástica
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Con esta materia preténdese traballar cun modelo de formación de profesorado fundamentado en actitudes crítico-reflexivas e en proxectos-proceso de aprendizaxe. Este deseño terá na súa base a vinculación coa Arte Contemporánea. Trátase de proporcionar ao alumnado os recursos necesarios para que no seu futuro labor docente enfoque o desenvolvemento da expresión plástica dende un punto de vista práctico-reflexivo.
Os elementos e técnicas da linguaxe visual e plástica que se traballaron na materia Educación Visual e Plástica: Contextos e Procesos concretaranse en proxectos artísticos que ofrezan unha visión interdisciplinar da Educación Artística.
-O artista como docente: metodoloxías artísticas.
-Educación e Arte contemporánea: arte pública, arte colaborativa, arte-natureza, activismo artístico, fotografía, vídeo dixital...
-Deseño de proxectos: Principios de deseño, modos de actuación, estrutura e recursos.
-Metodoloxía de proxectos en Educación Artística: o modelo de proxectos-proceso entronca directamente co proceso de creación artística. Ao establecer unha analoxía entre arte e educación resáltase o papel da relación dialéctica teoría-práctica como unha posibilidade de perfeccionamento e de innovación en Educación Artística.
Básica:
Acaso López-Bosch, M. & Megías, C. (2017). Art Thinking. Cómo el arte puede transformar la educación. Paidós Educación.
Blanco, V. & Cidrás, S. (2021). Debuxar o mundo. Xogar, crear, compartir. Galaxia.
Blanco, V. & Cidrás, S. (2019). Educar a través da arte. Cara unha escola imaxinada. Kalandraka.
Eisner, E. (2004). El arte y la creación de la mente: el papel de las artes visuales en la transformación de la conciencia. Paidós.
Eisner, E. (1995). Educar la visión artística. Paidós.
Complementaria:
Acaso López-Bosch, M. (2012). La educación artística no son manualidades. Catarata.
Acaso López-Bosch, M. (2012). Pedagogías invisibles. El espacio del aula como discurso. Catarata.
Acaso López-Bosch, M. (2011). Didáctica de las artes y la cultura visual. Akal.
Blanco, V. & Cidrás, S. (2021). Debuxar o mundo. Xogar, crear, compartir. Editorial Galaxia.
Berrocal, M. (coord.) (2005). Menús de educación visual y plástica : siete propuestas para desarrollar en el aula. Graó.
Cherry, C. (1999), Creative art for the developing child: a teacher's handbook for early childhood education, Fearon Teacher Aids.
Efland, A. D., Freedman, K. & Stuhr, P. (2003). La educación en el arte posmoderno.Paidós.
Fontal, O., Gómez, C. & Pérez, S. (2015). Didáctica de las artes visuales en la infancia. Paraninfo.
Gardner, H. (1993). Arte, mente y cerebro. Paidós.
Gardner, H. (1994). Educación artística y desarrollo humano. Paidós.
Dewey, J. (2008/1934). El arte como experiencia. Paidós.
Hargreaves, D.J. (1991). Infancia y educación artística. Morata.
Marín, R. (2005). Investigación en educación artística: temas, métodos y técnicas de indagación sobre el aprendizaje. Universidad de Granada.
Mattews, J. (2002). El arte de la infancia y la adolescencia. Paidós.
Mesías Lema, J. M.(2019). Educación Artística Sensible. Cartografía contemporánea para arteducadores. Graó.
Vela, P. & Herrán, M. (2019). Piezas sueltas. El juego infinito de crear. Litera libros.
Outros:
Escola Imaxinada (escolaimaxinada.com)
INSEA. International Society for Education Through Art (insea.org)
Planea. Red de arte y escuela. (redplanea.org)
Arte, Individuo y Sociedad (arteindividuoysociedad.es)
Revista EARI: Educación Investigación artística: (https://ojs.uv.es/index.php/eari)
Básicas e xerais:
G1 - Comprender os procesos educativos e de aprendizaxe no período de 0-6, no contexto familiar, social e escolar.
G2 - Promover e facilitar as aprendizaxes na primeira infancia, desde unha perspectiva globalizadora e integradora das diferentes dimensións cognitiva, emocional, psicomotora e volitiva.
G4 - Fomentar a convivencia na aula e fóra dela e abordar a resolución pacífica de conflitos. Saber observar sistematicamente contextos de aprendizaxe e convivencia e saber reflexionar sobre eles.
G5 - Reflexionar en grupo sobre a aceptación de normas e o respecto aos demais. Promover a autonomía e a singularidade de cada estudante como factores de educación das emocións, os sentimentos e os valores na primeira infancia.
G11 - Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellora o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para o aprendizaxe autónomo e cooperativo e promovelo nos estudantes.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro do seu área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro do seu área de estudo para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética)
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Transversais:
T3 - Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
Específicas:
E.53 - Coñecer os fundamentos musicais, plásticos e de expresión corporal do currículo desta etapa así como as teorías sobre a adquisición e desenvolvemento das aprendizaxes correspondentes.
E.56 - Elaborar propostas didácticas que fomenten a percepción e expresión musicais, as habilidades motrices, o debuxo e a creatividade.
E.57 - Analizar as linguaxes audiovisuais e as súas implicacións educativas.
E.58 - Promover a sensibilidade relativa á expresión plástica e á creación artística.
Outras competencias específicas:
-Propoñer como referencia esencial da educación artística o coñecemento da arte contemporánea.
-Atopar e utilizar métodos e estratexias coherentes coa práctica artística contemporánea.
A materia consta de 4,5 créditos ECTS, nos que a teoría e a práctica están totalmente interrelacionadas por entender a docencia como un proceso artístico.
-Partirase do coñecemento e bagaxe do alumno ou alumna e da aprendizaxe por descubrimento.
-Propostas baseada en proxectos-procesos de aprendizaxe artística que integran teoría e práctica.
-As actividades formativas están pensadas para expor, desenvolver e comentar diferentes metodoloxías e para crear situacións de aprendizaxe que incidan nos aspectos máis básicos e relevantes dos proxectos.
-Sempre que sexa posible, utilizarase a exposición e as presentacións de proxectos como detonante para que o alumnado se implique cun papel activo nas distintas facetas dos proxectos propostos.
-Utilizarase a aula virtual da USC e/ou outros medios virtuais como canle/s de traballo obrigatoria/s e complementaria/s á docencia presencial.
A avaliación será continua, formativa e cualitativa a través do deseño e posta en práctica dos proxectos realizados (Bloques 1,2 e 3). Ademais entregarase unha valoración reflexiva e crítica de cada un deles.
Terase en conta:
A. 10% Observación da participación na aula (presencial e virtual). Avaliarase positivamente a asistencia asidua, a actitude e boa disposición para aprender e a participación con interese nas actividades propostas. A asistencia ao 80% (como mínimo) das sesións teóricas e prácticas é obrigatoria. A asistencia nas xornadas de presentación de traballos é fundamental.
B. 90% Proxectos (Bloques 1, 2 e 3). A nota final deste apartado extráese da media de tódolos proxectos realizados. A lo menos un dos proxectos realizados será individual.
En cada proxecto valóranse aspectos como o rigor na busca teórica, o grao de experimentación e busca de solucións diferentes, a calidade e coidado da resolución formal, o compromiso e a boa planificación, o cumprimento e a entrega en prazo.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
-Alumnado repetidor: Deberá poñerse en contacto co profesorado da materia nos 15 primeiros días do semestre correspondente para concretar o plan de traballo e o sistema de avaliación.
-Convocatoria de xullo: O alumnado que non supere a materia na convocatoria ordinaria, terá que presentar novamente tódolos traballos realizados durante o curso, tendo en conta as observacións para a súa mellora, ampliación, repetición ou adaptación. Para fixar os pormenores de entrega, será imprescindible contactar co/a docente nos 5 días seguintes á publicación definitiva de notas.
-A dispensa de asistencia e exención de docencia non se contempla para esta materia por ter grupos interactivos de laboratorio (CLIL) e unha metodoloxía na que a teoría e a práctica están totalmente interrelacionadas.
“Na materia prevese o desenvolvemento de, cando menos, unha práctica de campo compartida con outras
do curso (visita, encontros con profesionais, celebración de conmemoracións …) na perspectiva
dunha actividade interdisciplinar que será abordada e valorada desde cada unha das materias
participantes”.
Está previsto que o alumnado dedique un total de 112,5 horas, das que 36 corresponden ao traballo presencial na aula, 74,25 ao traballo autónomo e 2,25 a titorías.
-Actitude aberta para aprender novos contidos e incorporalos á formación como futuro docente.
-Lectura de textos previa ás diferentes sesións cando sexa necesario
-Asistencia continuada e participación activa en clases e titorías.
-Iniciativa na actividade autónoma (informes, traballos...)
-Os proxectos teñen que reflectir o grao de implicación no proceso creativo.
-Cumprir co ritmo de traballo programado e acorde coa avaliación continua.
Para a recuperación da materia presentaranse de novo os proxectos non superados, tendo en conta as observacións para a súa mellora, ampliación ou repetición realizadas no transcurso das entrevistas e reflexións compartidas sobre os mesmos.
- Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
- Responsabilidade medioambiental. Se o docente da materia solicita a entrega en papel, debe cumprir os seguintes requisitos: o Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios. o Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación. o Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”. 4 o Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes. o Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
- Perspectiva de xénero: o Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
- Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
- Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
- Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Olalla Cortizas Varela
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Plástica
- Correo electrónico
- olalla.cortizas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Xoves | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 + Dobre Grao 4º | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 05 - PLÁSTICA |
10:30-11:30 | Grupo /CLIL_01 + Dobre Grao 4º | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 05 - PLÁSTICA |
11:30-12:30 | Grupo /CLIL_02 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 05 - PLÁSTICA |
06.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 + Dobre Grao 4º | (CAMPUS NORTE) - AULA 12 |
09.07.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 + Dobre Grao 4º | (CAMPUS NORTE) - AULA 13 |