Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá, Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Filoloxía Inglesa, Lingüística Xeral
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
DESCRICIÓN DA MATERIA
Aprendizaxe de Linguas en Contextos Multilingües é unha materia obrigatoria de segundo curso, e de segundo semestre do programa de Grao en Mestre de Educación Infantil, do programa de Grao en Mestre Educación Primaria, e do programa de dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e Mestre de Educación Primaria. Como o seu nome indica, esta materia axudará ao alumnado para prepararse para contextos de aulas multilingües no campo do ensino da lingua inglesa en Educación Infantil (0-6 anos).
OBXECTIVOS
Un dos principais obxectivos deste curso é proporcionar formación aos futuros docentes sobre como se adquiren as linguas en contextos multilingües, e de acordo cos estándares establecidos polo Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL). Outro obxectivo principal é contribuír a mellorar o proceso de aprendizaxe da lingua inglesa do alumnado para que alcance un nivel adecuado de coñecemento e experiencia nas destrezas comunicativas desta lingua (nivel B1), para que, posteriormente, como docente, poida aplicar estes coñecementos dentro da aula de educación infantil.
A. SECCIÓN BÁSICA:
Aprendizaxe de idiomas en contextos multilingües. O ensino de linguas desde unha perspectiva plurilingüe: criterios para a organización do plurilingüismo escolar e modelos de ensino plurilingüe.
Tratamento integrado das linguas. Fontes e instrumentos: O MCERL e o Portfolio europeo das lingas.
Capacitarase ao alumnado para que comprenda a natureza das situacións multilingües, os seus conceptos clave e peculiaridades, así como os principais problemas e solucións que expón este tipo de aprendizaxe, así como, as destrezas necesarias para poder analizar situacións multilingües.
Contidos relacionados coa valoración de situacións plurilingües, coa importancia do respecto dos diferentes idiomas e a súa utilidade, e coa idea do multilingüismo como un importante patrimonio cultural, histórico e comunicativo que mellora as habilidades mentais, etc.
B. SECCIÓN ESPECÍFICA DA LINGUA INGLESA
Habilidades comunicativas orais e escritas nunha lingua estranxeira para alcanzar B1.2 segundo o MCER.
Introdución e / ou revisión e consolidación de estruturas, conceptos gramaticais básicos (tempos verbais, adverbios de frecuencia, oracións relativas, formas de preguntas, voz pasiva, fala indirecta, condicionais, etc.)
Introdución de campos semánticos para a súa interiorización (especialmente os relacionados coa educación infantil). Adquisición de fórmulas sociais para a interacción diaria e estratexias (é dicir, estratexias de negociación, reparación, etc.) para favorecer a comunicación verbal e non verbal. A organización do discurso oral e escrito de forma cohesiva e coherente.
O alumnado desenvolverá as destrezas interactivas (escoitar, ler, escribir, falar e mediar) dun modo integrado, co fin de conseguir o nivel esperado de competencia comunicativa. Esta materia permitirá ao alumnado entrar en contacto con e interiorizar vocabulario relevante para o seu uso na educación infantil.
O alumnado, así mesmo, mellorará as destrezas interactivas mediante a escoita e lectura de textos breves, de documentos auténticos, e interactuará oralmente e por escrito reproducindo diálogos breves sacados da vida real.
O alumnado desenvolverá a capacidade para apreciar a diversidade lingüística de forma tolerante e respectuosa, confiando nas súas posibilidades de auto-aprendizaxe e aprendendo dos seus erros.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
Oxenden, C., Latham-Koenig, C. J. Lambert, (2019). English File. A2/B1. 4th. ed . Student’s Book and workbook. Oxford:OUP.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
- Amengual, Mª; Juan, Mª e Salazar, J. (eds). (2006). Adquisición y aprendizaje de lenguas en contextos plurilingües, ensayos y propuestas aplicadas. Universitat de les Illes Baleares (Actas AESLA).
- Baker, C. & Prys Jones, S. (Eds.) (1998): Encyclopedia of bilingualism and bilingual education. Clevedon: Multilingual Matters.
- Bentley, K. (2009). Primary Curriculum Box: CLIL Lessons and Activities for Young Learners. Cambridge: University Press.
- Cassany, D. (2006). El Portfolio Europeo de las Lenguas y sus aplicaciones en el aula. Madrid: MEC.
- Council of Europe (1992). European Charter for Regional or Minority Languages. Strasbourg. ETS nº 148. Tradución: Carta europea das linguas rexionais ou minoritarias. Consello de Europa: Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias. http:// www.galego.org/lexislacion/europea/carta.html
- Council of Europe (2000). European Language Portfolio (PEL): Principles and Guidelines. Strasbourg: Council of Europe. (Document DGIV/EDU/LANG (2000) 33).
- Council of Europe (2001). Common European Framework for Languages: Learning, Teaching, Assessment / Un cadre européen commun de référence pour les langues: apprendre, enseigner, évaluer. Tradución: Xunta de Galicia (2005). Marco europeo común de referencia para as linguas: aprendizaxe, ensino, avaliación. http://www.usc.es/snl/forma/marco.pdf http://www.coe.int/t/dg4/linguistic/Source/Framework_EN.pdf
- Council of Europe (2001b). A Common European Framwork of Reference for Languages: Learning, Teaching, Assessment – A General Guide for Users. Strasbourg: Council of Europe. (Document DGIV-EDULANG (2001) 1).
- Crystal, D. (1987). Enciclopedia del lenguaje de la universidad de Cambridge. Madrid: Taurus, 1994.
- Garrote Salazar, M. (2019). Didáctica de segundas lenguas y lenguas extranjeras en Educación Infantil y Primaria. Madrid: Ediciones Paraninfo.
- Lorenzo, F.; Trujillo, F. & Vez, J. M. (2011) Educación bilingüe. Integración de contenidos y segundas lenguas. Madrid: Síntesis.
- Lorenzo, F. (2005). “Políticas lingüísticas europeas: claves de la planificación y aprendizaje de lenguas en la UE”. En Cultura y Educación, 17 (3), pp. 253-263.
- McKay, P. (2006). Assessing Young Learners. Cambridge: University Press.
- Mendoza Fillola, A. (coord.) (1998). Conceptos clave en Didáctica de la Lengua y la Literatura, SEDLL-ICE Universitat Barcelona-Horsori.
- Palacios Martínez, I. M. (dir.) (2007). Diccionario de enseñanza y aprendizaje de lenguas. Madrid: enclave-ELE.
- Phillips, S. (2008). Incredible English Kit. Oxford: University Press.
- Reilly, V. (2003). Very Young Learners. Oxford: University Press.
- Retter, C. (1995). 77 Language Games for Young Learners. Essex: Longman.
- Richards, Jack C., John Platt e Heidi Platt (1992). Diccionario de lingüística aplicada y enseñanza de lenguas. Barcelona: Ariel, 1997.
- Silva Valdivia, B. (2008). “Lingua e escola en Galicia. Balance e propostas de futuro”. Grial nº 179, pp. 48-59.
- Vez, J. M. (ed.) (2002). Didáctica de la lengua extranjera en educación infantil y primaria. Madrid: Síntesis.
- Xunta de Galicia (2010). Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia. DOG nº 97 de 25 de maio de 2010, páxina 9.242.
Tal e como se indica na Memoria oficial do plan de estudos do Grao en Mestre de Educación Infantil, o alumnado debe desenvolver a súa habilidade en catro áreas diferentes: competencias básicas, xerais, transversais e específicas. Son os seguintes:
COMPETENCIAS XERAIS
G3 Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade que atendan ás singulares necesidades educativas do alumando, á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos.
G6 Abordar con eficacia situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multiculturais e multilingües. Expresarse oralmente e por escrito e dominar o uso de diferentes técnicas de expresión.
G11 Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovelo no alumnado.
COMPETENCIAS BÁSICAS
B2 Que o alumnado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e que posúa as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas da súa área de estudo.
B4 Que o alumnado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
B5 Que o alumnado teña desenvoltas aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
T1 Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras.
T3 Coñecemento instrumental das TIC
T4 Competencia informacional.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
E44 Coñecer e dominar técnicas de expresión oral e escrita.
E48 Afrontar situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multilingües.
E52 Ser capaz de fomentar unha primeira aproximación a unha lingua estranxeira.
METODOLOXÍA PARA O BLOQUE XERAL:
As sesións expositivas dedicaranse fundamentalmente ao desenvolvemento das competencias xerais e específicas relacionadas coa aprendizaxe de linguas en contextos multilingües.
As clases interactivas basearanse no comentario e debate de textos orais e escritos e na resolución grupal de problemas prácticos. Así mesmo, analizaranse a aprendizaxe de linguas en contextos multilingües e a ensino / aprendizaxe de idiomas desde unha perspectiva plurilingüe con especial referencia ao MERC e ao Portfolio Europeo das linguas. Procurarase o desenvolvemento da competencia comunicativa do alumnado.
As titorías docentes programadas realizaranse nos correspondentes despachos do profesorado encargado en pequenos grupos de alumnado. En canto a contidos, destinaranse sobre todo á análise da aprendizaxe de linguas en contextos multilingües, ao estudo da aprendizaxe de linguas e ao desenvolvemento da competencia comunicativa do alumnado e ás destrezas de comprensión e expresión oral. As titorías planearanse como sesións de orientación dirixidas á resolución de problemas e á supervisión e asesoramento do alumnado para a potenciación do traballo autónomo.
Finalmente, as actividades non presenciais orientaranse ao desenvolvemento, tanto da análise da aprendizaxe de idiomas en contextos multilingües, como das destrezas comunicativas. Nestas actividades, o alumnado aplicará e consolidará os coñecementos adquiridos nas sesións presenciais e exercitará a aprendizaxe autónoma.
Na avaliación atenderase fundamentalmente ao grao de consecución das competencias traballadas nas sesións expositivas, nas interactivas e nas titoriais.
METODOLOXÍA PARA O BLOQUE DE LINGUA ESTRANXEIRA (INGLÉS).
Todas as clases impartiranse en inglés.
As clases expositivas dedicaranse principalmente ao desenvolvemento das habilidades necesarias no proceso de adquisición e aprendizaxe dunha lingua estranxeira. Así, a competencia comunicativa e pragmática do alumnado desenvolverase con certos contidos léxicos, morfosintácticos e fonolóxicos que se propoñerán para a súa interiorización. Para iso realizaranse exercicios escritos e orais, tales como probas curtas, redaccións, test de opción múltiple, exercicios de verdadeiro-falso, actividades de reescritura, enchido de ocos, repetición, e produción oral.
As clases interactivas (en grupos máis pequenos) tamén, teñen como finalidade a potenciación das destrezas comunicativas do alumnado, especialmente as súas habilidades orais (escoitar e falar), mediante exercicios que poden incluír expresión oral, xogos de roles, diálogos e narración de historias. Tamén se empregarán recursos de TIC e algunhas actividades escritas. Nalgúns casos, estas tarefas realizaranse fora da aula, e para iso, utilizaranse as plataformas virtuais do libro de texto e da USC para a súa entrega.
Aproveitaranse as titorías (individuais ou en pequenos grupos) para guiar e orientar ao alumnado na adquisición de coñecementos lingüísticos e para resolver os problemas que puidesen xurdir neste proceso de ensino / aprendizaxe de linguas estranxeiras.
Durante a avaliación, o profesorado encargado considerará se o alumnado participou activamente nas sesións anteriores, e, doutra banda, supervisará non só a adquisición adecuada de contidos lingüísticos e metodolóxicos, senón tamén, ata que nivel ao alumnado logrou afianzar as súas habilidades comunicativas.
A avaliación basearase, en parte, na avaliación continua do alumnado ao longo do semestre, e de acordo cos períodos oficiais de exames.
A cualificación de cada sección basearase nos criterios similares que se enumeran a continuación.
AVALIACIÓN DE PRIMEIRA OPCIÓN**:
GRUPO 1: O alumnado que asiste regularmente a clases:
(A.1)- Preparación e participación activa na aula: 15%
(Avaliarase de modo positivo ao alumnado que traballe ben, asista a clases con regularidade, mostre unha actitude positiva cara á aprendizaxe e participe activamente nas actividades propostas.)
(A.2)- Avaliación continua de actividades asignadas: 20%
(B.1)- Proxecto final: 30%
(C.1)- Exames finais oral e escrito: 35%
(Os exames escritos realizaranse nas datas fixadas oficialmente pola Facultade.)
GRUPO 2: O alumnado que está legalmente exento de asistir a clases*
(A.1 e A.2)- Participación activa na aula virtual e realización actividades asignadas: 35%
(Avaliarase de modo positivo ao alumnado que traballe ben, faga un uso adecuado da aula virtual, mostre unha actitude positiva cara á aprendizaxe e participe activamente nas actividades propostas.)
(B.1)- Proxecto final: 30%
(C.1)- Exames finais oral e escrito: 35%
(Os exames escritos realizaranse nas datas fixadas oficialmente pola Facultade.)
O ALUMNADO QUE ESTEA LEGALMENTE OU PARCIALMENTE EXENTO DE ASISTIR ÁS SESIÓNS DE CLASE debe poñerse en contacto co profesorado encargado desta materia durante as dúas primeiras semanas de clase do segundo cuadrimestre.
Como se observa na lista anterior, para ambos os grupos 1 e 2, a preparación das actividades asignadas e a participación activa na aula (A.1), así como a nota de avaliación continua (A.2) constitúen unha porcentaxe significativa da nota final desta materia. Non se poderá refacer nin A.1, nin A.2 se non se aproba durante o período de clases.
O alumnado aprobará esta materia se o fai simultaneamente nas outras áreas representadas (B.1 e C.1); en caso de aprobar só una delas, terán dereito a manter esta nota para o exame de segunda opción (xullo); por tanto, volverán presentarse á área previamente cualificada como non aprobado.
AVALIACIÓN DE SEGUNDA OPCIÓN:
O alumnado que superase unha área do exame de primeira opción poderá retelo para o exame de segunda opción, en todo caso, o sistema de avaliación é o mesmo que para a primeira opción.
O ALUMNADO QUE NECESITE FACER ESTA MATERIA DE NOVO:
O alumnado que necesite facer esta materia de novo, e que superase a parte de avaliación continua desta materia para o traballo realizado ao longo do curso académico, poderá manter esta parte da súa nota en consecuencia. Con todo, se non superou a parte de avaliación continua do curso, deberá volver facer a materia.
OLLO**:
** En calquera caso, para todas as opcións de exame final, o alumnado debe aprobar todas as áreas enumeradas anteriormente para recibir unha cualificación final de aprobado nesta materia.
** O alumnado recibirá unha cualificación para a SECCIÓN BÁSICA e unha cualificación para a SECCIÓN ESPECÍFICA DE LINGUA INGLESA desta materia. A SECCIÓN BÁSICA constituirá o 35% da CUALIFICACIÓN FINAL DA MATERIA e a SECCIÓN ESPECÍFICA DE LINGUA INGLESA constituirá o 65% da CUALIFICACIÓN FINAL DA MATERIA. O alumnado debe aprobar ambas as seccións para obter unha cualificación final de aprobado nesta materia.
** Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes o e de revisión de cualificacións".
Como consta na Memoria da titulación, nesta materia de seis créditos ECTS, está previsto que o alumnado dedique un total de 150 horas, das que 51 corresponden a traballo presencial na aula (24 horas expositivas, 24 horas interactivas e 3 horas de titorías) e 99 a traballo autónomo e preparatorio. Respecto ao traballo do alumnado, a parte das orientacións que o profesorado encargado vaia dando a coñecer, véxase o apartado sobre RECOMENDACIÓNS (abaixo).
O traballo realizado para esta materia debe levarse a cabo de acordo coas especificacións establecidas polo profesorado. Dado que este curso forma parte da preparación cara ao seu futuro profesional, todas as tarefas asignadas deben completarse segundo as instrucións e entregarse a tempo.
Todas as actividades entregadas deberán incorporar as fontes documentais e bibliográficas consultadas, seguindo algún dos canons académicos de citación bibliográfica e dixital*. Véxase a ADVERTENCIA IMPORTANTE a continuación.
ADVERTENCIA IMPORTANTE.- Na normativa de rendemento académico da USC (DOG 21 de xullo de 2011, art. 16) penalízase a realización fraudulenta dalgunha proba avaliativa cun suspenso na convocatoria correspondente, alén do proceso disciplinario que se lle poida abrir a maiores ao alumnado infractor. Polo tanto, a detección de plaxio en calquera dos traballos presentados nesta materia será penalizada cun suspenso na materia independentemente da cualificación que o alumnado obtiver polos demais conceptos. Entendemos plaxio como a copia total ou parcial, fora literal ou non, de contidos ou ideas publicadas noutros traballos académicos ou en calquer tipo de obras (en papel ou internet), sen que o alumnado cite a fonte de onde foron extraídas esas ideas ou textos. O alumnado suspenso por plaxio non poderá presentarse á segunda oportunidade.
--Nivel inicial de competencia comunicativa na lingua estranxeira (inglés), equivalente polo menos ao nivel A2 do MERC.
--Dominio instrumental e gramatical avanzado da L1 / L2.
--A asistencia asidua a clase e a participación activa en clase axudarán ao alumnado para mellorar a súa actuación tanto en inglés escrito como oral. Despois de completar unha área de estudo, espérase que o alumnado continúe co estudo do vocabulario e a preparación das tarefas asignadas mediante o uso dos materiais do libro de texto tanto físicos como virtuais, así como os recursos dispoñibles na aula virtual da USC. Durante o curso académico pódese asignarase traballo escrito para permitir a práctica desta destreza. Para que esta práctica sexa avaliada, todo o traballo escrito debe estar mecanografado, a dobre espazo e entregado en prazo.
--Recoméndase ter a man algún dicionario bilingüe (inglés-español), monolingüe (inglés-inglés) e unha gramática básica (inglés), así como outras fontes para consultar e aprender conceptos (especialmente algún dicionario ou léxico de lingüística e ensino de linguas).
--Cumprir un ritmo de traballo programado e acorde coa avaliación continua. Non confiar a preparación da materia para o final de curso.
--Esforzarse por mellorar a competencia lingüística oral e escrita. Prestar atención á produción lingüística e discurso e expresarse con propiedade e de forma clara.
OLLO: Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións". Véxase “ADVERTENCIA IMPORTANTE” arriba na sección de “TEMPO DE ESTUDOS E DE TRABALLO PERSOAL”.
Jodee Anderson Mcguire
- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Teléfono
- 982824713
- Correo electrónico
- jo.anderson [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Iván Enríquez Martínez
Coordinador/a- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Lingüística Xeral
- Teléfono
- 982821026
- Correo electrónico
- ivan.enriquez.martinez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Veronika Prokopova
- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Correo electrónico
- veronika.prokopova [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Lector/a
Mércores | |||
---|---|---|---|
12:00-13:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Inglés | Aula 22 |
16:00-17:30 | Grupo /CLIS_03 | Castelán, Inglés | Aula 23 |
Xoves | |||
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_02 | Inglés, Castelán | Aula 26 |
13:30-15:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán, Inglés | Aula 26 |
29.05.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 29 |
23.06.2025 09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 29 |