Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 21 Clase Interactiva: 30 Total: 54
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade
Áreas: Economía Financeira e Contabilidade
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Ao completar esta materia o/o alumno/a será capaz de:
• Comprender os principais elementos que conforman o sistema financeiro (activos, institucións, mercados) e os cambios derivados da integración das novas tecnoloxías.
• Interpretar a empresa como un conxunto de relacións contractuais que afectan as decisións financeiras e que esixen actuar de modo ético e responsable para contribuír á creación de valor.
• Manexar as relacións e conceptos matemáticos aplicados convencionalmente na análise das operacións financeiras considerando o valor do diñeiro no tempo.
• Comprender a relación entre rendibilidade, risco e valor e valorar distintos tipos de activos financeiros (bonos, accións, derivados).
• Utilizar programas de folla de cálculo para resolver problemas financeiros e fontes de información na web para a obtención de datos fiables.
1º Finanzas e sistema financeiro. Dixitalización do sector financeiro.
2º Activos, intermediarios e mercados financeiros. Tipos de interese.
3º Papel e obxectivo da dirección financeira. Goberno Corporativo, ética e responsabilidade social. Principios básicos das finanzas.
4º Fundamentos de matemática financeira.
5º Rendibilidade, risco e valor. Valoración de activos financeiros.
ARIZA, A. Y RUIZ, I., Finanzas para todos, ESIC, 1999
ANALISTAS FINANCIEROS INTERNACIONALES, El Sistema Financiero Español, AFI, 2008.
BAQUERO, M.J., MAESTRO, M.L. (2003): Problemas resueltos de matemática de las operaciones financieras, Thomson.
BREALEY, MYERS y MARCUS (2007): Fundamentos de Finanzas Corporativas, 5ª edición, Mc-Graw Hill-Interamericana de España. Libro básico para los contenidos teóricos de la materia.
BREALEY, MYERS y ALLEN (2015): Principios de Finanzas Corporativas, 11ª edición, Mc-Graw Hill-Interamericana de España.
BROWN, R.L., KOPP, S., ZIMA, P. (2011): Mathematics of Finance, 7th Edición, McGraw-Hill.
FABOZZI, F, MODIGLIANI, F. e FERRI, M., Mercados e Instituciones Financieras, Ed. Prentice Hall, 1996.
MARTIN MARIN, José Luis; TRUJILLO PONCE, Antonio (2004): Manual de Mercados Financieros. Thomson, Madrid.
PALOMO ZURDO, R. e MATEU GORDON, J., Productos, instrumentos y operaciones de inversión, ISTPB, 2004.
PINDADO, J. (Coord.) (2011): Dirección Financiera, Paraninfo, Madrid
RODRÍGUEZ, L.; PAREJO, J. A.; CUERVO, A. e CALVO, A., Manual del sistema financiero español, 20ª edic., Ariel, Barcelona, 2007.
SUÁREZ SUÁREZ, S.: Decisiones óptimas de inversión financiación en la empresa (15º edición); Ed. Pirámide.
GONZÁLEZ VELASCO, Mª del Carmen (2001): Análisis de las operaciones financieras: 150 supuestos resueltos, Civitas.
NAVARRO ARRIBAS, E. (2019): Matemáticas de las operaciones financieras. Pirámide.
VILLALOBOS, J.L. (2001): Matemáticas financieras, 2ª edición, Prentice Hall.
XIMÉNEZ RODRÍGUEZ, S.; FERNÁNDEZ LÓPEZ, S. y otros (2000): Análisis y cálculo de las operaciones financieras, Tórculo, Santiago.
Básicas e xerais
CB1. Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2. Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5. Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
CG2. Identificar, reunir, analizar e interpretar datos relevantes sobre cuestións relacionadas co ámbito empresarial e tecnolóxico.
CG4. Desenvolver un pensamento e razoamento crítico, incluíndo reflexións éticas sobre temas fundamentais de carácter empresarial e económico na era dixital, e comunicalos de maneira efectiva, tanto nas linguas propias como en inglés
CG5. Capacidade de análise do comportamento dos axentes económicos e do funcionamento dos mercados e o seu papel nos procesos de transformación dixital.
Transversais
CT2. Buscar, procesar, analizar e sintetizar información procedente de distintas fontes.
CT3. Utilizar e comunicar información en lingua estranxeira.
CT5. Capacidade de resolver problemas e tomar decisións aplicando os coñecementos teóricos á práctica.
CT8. Manter un compromiso ético e mostrar sensibilidade cara a temas sociais ou ambientais.
CT10. Habilidade no manexo de ferramentas de cálculo e tecnoloxías da información e da comunicación (TIC).
Específicas
CE2. Coñecer e comprender os elementos básicos da dirección de empresas e das súas principais áreas funcionais baixo o marco da ética e a responsabilidade social.
CE8. Deseñar e xestionar a estratexia financeira e coñecer novas formas de financiamento nun contexto socioeconómico dixital e globalizado.
CE13. Identificar fontes de información fiable, elaborar e interpretar dita información utilizando as técnicas de análises e as ferramentas matemáticas, estatísticas e tecnolóxicas apropiadas para dar apoio á toma de decisións.
Ao tratarse da primeira materia de finanzas que introduce ao alumnado por vez primeira no manexo teórico-práctico de conceptos financeiros é especialmente importante que perciba a aplicabilidade dos seus contidos. En particular, no curto e medio prazo a materia ha de dotar aos alumnos dos coñecementos necesarios para cursar materias relacionadas co ámbito financeiro en cursos posteriores, e , no longo prazo, debe dotar aos futuros profesionais das ferramentas e coñecementos necesarios para a toma de decisións financeiras básicas, tanto para as empresas como para outras institucións e, mesmo, para as economías domésticas.
Por iso, as sesións de aula dedicadas ás clases expositivas teñen como obxecto a introdución e explicación dos aspectos básicos de cada tema contido no programa proporcionándolle a información adicional necesaria que permita un adecuado desenvolvemento do proceso de aprendizaxe autónoma.
As prácticas son fundamentais para alcanzar os obxectivos a medio e longo prazo establecidos para a materia. Estas consistirán na resolución de exercicios e casos na aula e nas horas de traballo autónomo do alumno e están encamiñadas a enfrontar ao alumno á toma de decisións.
As sesións dedicadas a clases expositivas desenvolveranse na aula asignada e as sesións prácticas poden ser tanto na aula habitual como nas salas de informática mediante o manexo da folla de cálculo. As titorías serán prioritariamente presenciais.
A aula virtual da USC será o punto de referencia para o desenvolvemento da docencia e seguimento da materia. A través da páxina do curso ofrecerase a programación periódica das clases e o material de apoio correspondente.
1. Exame final: Ponderación: 60% da cualificación final. Proba OBRIGATORIA de carácter teórico-práctico, podendo consistir nun test ou outras modalidades de cuestións. Calificarase sobre 6 puntos, e se requerirá un mínimo de 2,5 puntos para sumar a nota de avaliación continua.
2. Avaliación continua. Ponderación: 40% da cualificación final. Proporanse a realización de varias actividades prácticas de diferentes tipos: resolución de caso práctico, análisis de texto/video e comentario, conferencia temática e resolución dun test de coñecementos relacionados con dita actividade, etc. A non realización destas actividades non se poderán xustificar por ninguna razón e, polo tanto, non se poderán recuperar nin sustituir por outras actividades alternativas.
A NOTA FINAL calcularase da seguinte maneira:
a) No caso de obter unha calificación de 2,5 o superior no exame, sumarase a nota da avaliación continua.
b) No caso de obter unha nota inferior a 2,5 no exame, a nota final será a da avaliación continua.
Estes criterios serán aplicables a todos os alumnos matriculados na materia, tanto na primeira como na segunda oportunidade do exame, e en primeira o sucesivas matrículas.
Calquera alumno poderá presentarse ao exame final haxa realizado ou non as actividades propostas na avaliación continua. En caso de non realizar as anteriores tarefas a súa cualificación provirá exclusivamente do exame final optando ao 60% da nota.
Alumnado repetidor: Os alumnos/as que cursaron a materia e dispongan dunha calificación de A.C. en calquera dos 2 cursos anteriores ao actual, poden manter dita nota. No campus virtual habilitarase un formulario para comunicarlo, dentro do plazo indicado á coordinadora da materia.
Alumnado con dispensa: Os alumnos/as que, por causas recollidas na Instrucción nº1/2017, da Secretaría Xeral da USC, sobre dispensa de asistencia á clase en determinadas circunstancias, soliciten e obteñan a dispensa de asistencia a clase, evaluaranse a través dunha proba única, que se celebrará na data oficial establecida e cuxa nota suporá o 100% da calificación final desta materia.
Plaxio e uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: En caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendimento académico dos estudantes e de revisión de calificacións.
Traballo presencial na aula: 54h das cales:
Docencia expositiva: 18h
Docencia interactiva/ de seminario/ laboratorio (informática, talleres, proxectos, etc.): 30h
Titorías en grupos reducidos: 3h
Exame e revisión: 3h
Traballo persoal do alumnado: 96h das cales:
Estudo en grupo ou individual: 24h
Resolución de casos prácticos/ exercicios, lecturas ou outros traballos: 47h
Preparación traballos: 3h
Preparación exames: 22h
Os alumnos que se dispoñen a estudar esta materia deberían ter coñecementos básicos de matemáticas, tales como despexar sistemas de ecuacións con dúas incógnitas e traballar con logaritmos, límites e sucesións. Así mesmo, o manexo de follas de cálculo permitiría ao alumno resolver rapidamente moitos dos exercicios que se traballan na aula.
Ada Maria Perez Pico
Coordinador/a- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Correo electrónico
- adamaria.perez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Vanessa Miramontes Viña
- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Correo electrónico
- vanessa.miramontes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Luns | |||
---|---|---|---|
18:15-19:35 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 6 |
Xoves | |||
15:30-17:40 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | Aula Informática 1 |
18:00-20:10 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula Informática 1 |
26.05.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |
30.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |