Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 21 Clase Interactiva: 30 Total: 54
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Nesta materia preséntanse os fundamentos básicos da programación estruturada co obxectivo de que o alumnado partindo dun problema sinxelo sexa capaz de analizalo e descompoñelo en subproblemas máis simples e atopar as estruturas e algoritmos que permitan resolvelo de maneira eficiente. Esta é unha materia eminentemente práctica que focalizará os seus exemplos nunha linguaxe de programación amplamente empregada na actualidade como é Python pero, con todo, a comprensión das bases e os fundamentos da programación, comúns ás diferentes linguaxes de programación, permitirá ao alumnado enfrontarse con soltura e solvencia a novos problemas, independentemente do ámbito e da linguaxe empregada.
Durante o desenvolvemento da materia o alumno traballará cunha ampla variedade de exemplos que lle permitirán alcanzar as competencias transversais e específicas da materia.
En particular perséguese que o alumno, ao finalizar a materia, sexa capaz de:
- Comprender os diferentes sistemas de representación da información existentes nos computadores.
- Dominar os principios da programación procedural.
- Resolver problemas de programación básica aplicando adecuadamente os tipos de datos elementais, os tipos de datos estruturados e as estruturas de control.
- Asimilar o concepto programación modular e saber aplicalo na resolución de problemas.
- Comprender o concepto de ficheiro, Bases de Datos e saber utilizalos.
- Ser capaz de utilizar ferramentas de programación para editar, compilar, executar e verificar un programa. Capacidade para aplicar estratexias de depuración, proba e corrección de programas.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
Representación e codificación da información. Introdución á Programación procedural: tipos de datos elementais, estruturas de control, programación modular, recursividade básica, tipos de datos estruturados. Entrada/Saída. Ficheiros. Bases de Datos. Ferramentas básicas de programación.
Estes contidos serán desenvolvidos de acordo co seguinte temario:
1. Introdución
* Codificación da información
* Programas e Linguaxes de programación
2. Linguaxe de programación Python
* Variables, expresións, asignación
* Tipos de datos.
* Funcións predefinidas.
* Módulos e importación de funcións e variables.
* Entrada/saída.
* Prácticas: Realización de algoritmos e programas básicos
3. Estruturas de control
* Sentenzas condicionais.
* Sentenzas iterativas.
* Captura e tratamento de excepcións.
* Prácticas: Realización de algoritmos e programas con estruturas de control
4. Funcións
* Definición e uso de funcións.
* Documentación do código.
* Prácticas: Realización de algoritmos e programas modulares
5. Tipos estruturados en Python
* Cadeas e Listas.
* Tuplas e Dicionarios
* Matrices
* Prácticas: Realización de algoritmos e programas con estruturas de datos
6. Introducion a xestión de datos en Python
* Introdución a Pandas
* Acceso a ficheiros e Bases de Datos desde Python
* Exemplos de programas para a xestión de datos desde Python
O programa de prácticas desenvolverase de forma intercalada xunto co programa teórico, tal e como se mostra na estrutura anterior. Aproximadamente, as horas presenciais (HP) e non presenciais (HNP) dedicadas a cada módulo distribúense da seguinte maneira:
- Tema 1: 2 HP e 4 HNP dedicados a introdución ás linguaxes de programación
- Tema 2: 3 HP e 8 HNP para a teoría e 5 HP e 10 HNP para as prácticas de introdución aos fundamentos de Python (variables, asignación, entrada/saída, etc. )
- Tema 3: reservaranse polo menos 4 HP e 10 HNP para que o alumnado profunde nos bucles e estruturas de control. Dedicaranse tamén 10 HP e 14 HNP ao seu desenvolvemento práctico.
- Tema 4: 3 HP e 10 HNP dedicaranse á definición e uso de funcións, así como 5 HP e 10 HNP para o seu desenvolvemento práctico.
- Tema 5: os tipos estruturados de Python, debido á súa importancia, teñen unha carga relevante que, aproximadamente, distribúese en 4 HP e 10 HNP para clases expositivas e 10 HP e 13 HNP para interactivas.
- Tema 6: o módulo para a xestión de datos será fundamentalmente teórico e introdutorio e, aproximadamente, dedicaranse 2 HP e 4 HNP para o seu desenvolvemento. Durante as clases expositivas mostraranse exemplos de uso.
Bibliografía Básica:
[1] Andrés Marzal Varó, Isabel Gracia Luengo, Pedro García Sevilla. - Introducción a la programación con Python 3. Universitat Jaume I (Creative Commons)
[2] Hunt, John. “A Beginners Guide to Python 3 Programming.”, Editorial Springer, 2019
[3] McKinney, Wes. “Python for data analysis: Data wrangling with Pandas, NumPy, and Ipython.”, Editorial O'Reilly Media, Inc., Segunda edición, 2017
Bibliografía Complementaria:
[4] Baltasar Garcia Perez-Schofield. - Introducción a la programación con Python (Creative Commons)
[5] Raúl González Duque. - Python para todos (Creative Commons)
[6] Guido Van Rossum. - El tutorial de Python. http://tutorial.python.org.ar/
[7] Eugenia Bahit. - Curso: Python para Principiantes. (Creative Commons)
[8] Franck EBEL - Sébastien ROHAUT. - Algoritmia - Técnicas fundamentales de programación (Ediciones ENI)
[9] Sébastien CHAZALLET. - Python 3: Los fundamentos del lenguaje (Ediciones ENI)
[10] De Miguel, Pedro. "Fundamentos de los computadores." Editorial Thomson Learning Paraninfo, 2004.)
[11] Ramalho, Luciano. "Fluent Python." Editorial O'Reilly, 2015.
Competencias
Básicas e Xerais:
CB1. Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2. Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5. Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
CG3. Aprender a planificar e implantar as novas tecnoloxías para contribuír á mellora da competitividade das empresas
CG7. Coñecer e empregar correctamente as ferramentas informáticas e as novas tecnoloxías relacionadas coa xestión empresarial.
Competencias transversais
CT5 Capacidade de resolver problemas e tomar decisións aplicando os coñecementos teóricos á práctica
CT6 Traballar en equipo, compartindo os coñecementos e sabéndoos comunicar ao resto do equipo e a organización
CT10 Habilidade no manexo de ferramentas de cálculo e tecnoloxías da información e da comunicación (TIC)
Competencias específicas
CE18 - Coñecer o uso e programación de sistemas informáticos, bases de datos, criptografía e cadeas de bloques para a súa aplicación á xestión e análise da información empresarial e ao deseño e desenvolvemento de produtos, procesos e novos modelos
Esta materia non ten asignada docencia por tratarse dun plan de estudos a extinguir.
O alumnado deberá preparar a materia de forma autónoma, sendo guiado polo profesorado nas horas destinadas a titorías, que servirán para resolver dúbidas e solucionar problemas aos que se enfronte o alumnado no proceso de ensino-aprendizaxe.
O sistema de avaliación consistirá nunha proba final de contidos na que se valorarán os resultados da aprendizaxe. Representará o 100% da nota.
A materia ten fixada unha carga de traballo de 6 ECTS.
Dado que se emprega unha metodoloxía sustentada na avaliación continua, é necesario un traballo continuado cos contidos da materia. Isto é especialmente importante coas prácticas, xa que uns contidos vanse asentando sobre os anteriores, o que fai moi conveniente ter asimilados os temas anteriores antes de tentar comprender os novos. É a única forma de poder ir superando as distintas actividades de avaliación que se propoñen.
Idioma principal: a materia impartirase en castelán
Beatriz Blanco Besteiro
- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Linguaxes e Sistemas Informáticos
- Correo electrónico
- beatriz.blanco [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Contratado/a Interino/a por Vacante - T3
26.05.2025 09:00-13:00 | Grupo de exame | Aula Informática 1 |
26.05.2025 09:00-13:00 | Grupo de exame | Aula Informática 2 |
02.07.2025 09:00-13:00 | Grupo de exame | Aula Informática 1 |
02.07.2025 09:00-13:00 | Grupo de exame | Aula Informática 2 |