Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 21 Clase Interactiva: 30 Total: 54
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización, Electrónica e Computación
Áreas: Comercialización e Investigación de Mercados, Linguaxes e Sistemas Informáticos
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Ao completar a materia o alumnado será capaz de:
- Coñecer os fundamentos do comercio electrónico
- Deseñar e construír unha tenda de comercio online
- Coñecer a importancia do comercio electrónico e as súas modalidades
- Comprender e diferenciar os distintos medios de pago
- Coñecer distintos tipos de software de comercio electrónico
- Comercio electrónico: marco conceptual
- Modalidades de comercio electrónico
- Estratexia E-commerce
- Medios de pago
- Tipos de intermediarios
- Software de comercio electrónico
- Proxecto de comercio electrónico
Bibliografía básica:
- Cisneros E. (2017): E-comerce. Comercio electrónico, 1º ed. Marcombo
- Somalo, I. (2017): O comercio electrónico. Unha guía completa para xestionar a venda online. ESIC
Bibliografía complementaria:
- Rodríguez-Ardura, I. (2020): Mercadotecnia dixital e comercio electrónico, 2ª ed. Pirámide
- Zheng Q., Yhan Ch., Shundong, L., Fengxiang, L. (2014): E-Commerce Strategy. Springer
- Maciá, F (2013): Mercadotecnia Online 2.0: Como atraer e fidelizar clientes en Internet. Anaya Multimedia.
BÁSICAS E XENERAIS
CG2 - Identificar, reunir, analizar e interpretar datos relevantes sobre cuestións relacionadas co ámbito empresarial e
tecnolóxico
CG3 - Aprender a planificar e implantar as novas tecnoloxías para contribuír á mellora da competitividade das empresas
CG7 - Coñecer e empregar correctamente as ferramentas informáticas e as novas tecnoloxías relacionadas coa xestión
empresarial
CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da
educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén
algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as
competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da
súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo)
para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non
especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores
cun alto grao de autonomía
TRANSVERSAIS
CT1 - Pensar de forma integrada e crítica, e abordar os problemas desde diferentes perspectivas
CT2 - Buscar, procesar, analizar e sintetizar información procedente de distintas fontes
CT6 - Traballar en equipo, compartindo os coñecementos e sabéndoos comunicar ao resto do equipo e a organización
CT10 - Habilidade no manexo de ferramentas de cálculo e tecnoloxías da información e da comunicación (TIC)
CT11 - Desenvolver a creatividade, a iniciativa e o espírito emprendedor
ESPECÍFICAS
CE16 - Entender os sistemas de información empresarial, tomando en consideración as súas tres dimensións específicas
(informacional, tecnolóxica e organizativa) e tomar decisións relacionadas coa súa especificación, deseño e implantación
CE17 - Propor e codirigir a integración dos sistemas de información avanzados e coñecer as súas aplicacións nos distintos
ámbitos da xestión da empresa, atendendo a requisitos de calidade, seguridade e protección da información, facendo uso da
criptografía, intelixencia artificial e big data
CE1 - Entender os aspectos fundamentais da contorna social e económica a nivel macro e micro, con especial atención ao
comportamento do consumidor e a evolución dos sectores produtivos, no marco global da nova economía e a sociedade
da información
CE6 - Desenvolver a análise estratéxica da empresa e a súa contorna para tomar decisións estratéxicas e tácticas nas distintas
áreas funcionais, e ser capaz de formular unha estratexia tecnolóxica que de soporte a un negocio
CE7 - Deseñar e xestionar a estratexia comercial e coñecer novas formas de comercialización nun contexto socioeconómico
dixital e globalizado
As clases expositivas terán como obxectivo principal introducir ao alumnado nos contidos teóricos dos temas que conforman o programa.
As clases interactivas terán como finalidade que o alumnado aprenda a aplicar os conceptos teóricos na práctica. Fomentarase a participación activa dos estudantes e realizaranse casos prácticos e traballos individuais e en grupo.
As sesións de titorías servirán para resolver as dúbidas do alumnado en canto aos obxectivos da materia, contidos teóricos e actividades prácticas propostas.
A avaliación terá en conta todas as actividades prácticas desenvolvidas polo alumnado. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na normativa de avaliación do rendemento académico do estudiantado e de revisión de cualificacións.
Para superar a materia hai dúas oportunidades. O alumnado que non supere a materia na primeira oportunidade terá dereito a unha segunda, que será a que figure no seu expediente académico no caso de que a cualificación conseguida fose superior.
O sistema de avaliación destas dúas oportunidades será o seguinte:
PRIMEIRA OPORTUNIDADE ORDINARIA
Contémplase a avaliación continua, combinada cunha proba final.
1. Avaliación continua:
Participación do estudiante nas sesións teórico-practicas: 10%
Realización de exercicios, actividades prácticas e exposicións orais individuais ou en grupo: 15%
Traballo final (proxecto de comercio electrónico): 25%
Peso na cualificación final: 50%.
Nesta parte avaliaranse as seguintes competencias: CB1, CB5, CT1, CT2, CT6, CT10, CT11, CE1, CE7, CE16, CE17, CG3, CG7.
2. Exame final de contidos: proba de carácter obrigatorio e presencial na que se valorarán os resultados da aprendizaxe do alumnado.
Peso na cualificación final: 50%.
Nesta parte avaliaranse as seguintes competencias: CB2, CB3, CB4, CG2, CT6, CE6, CE7
Para superar a materia o alumnado terá que obter unha cualificación superior a 4 sobre 10 (2 sobre 5) tanto no exame como na avaliación continua. A nota agregada deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10 para superar a materia.
A aplicación da evaluación continua está condicionada á asistencia, mínima do 80%, do estudiante ás sesións.
SEGUNDA OPORTUNIDADE
Na segunda oportunidade aplicarase o mesmo sistema de avaliación que na primeira oportunidade. É dicir, farase un novo exame final de contidos coa ponderación establecida para a primeira oportunidade, que se sumará coa puntuación alcanzada na avaliación continua durante o curso.
De acordo coa Normativa de Permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia e/ou participación en calquera das actividades suxeitas a avaliación suporá que a nota final do estudante sexa distinta de "non presentado".
En actas constará a nota agregada da avaliación continua e o exame final, coas seguintes excepcións:
- Se o alumno/a non alcanza un 4 sobre 10 nas actividades prácticas, a nota que figurará en actas será a alcanzada nas actividades e non se agregará a nota do exame.
- Se o alumno/a non alcanza un 4 sobre 10 no exame, a nota que figurará en actas será a alcanzada nesta proba e non se agregará a avaliación continua.
- Se o alumno/a non se presenta ao exame final a nota en actas será igual a cero, non se agregará a avaliación continua.
O alumnado ao que se lle concedeu dispensa de asistencia seguindo a Instrución nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias, será avaliado cun exame final específico que suporá o 100% da nota.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
A materia ten fixada unha carga de traballo de 6 ECTS. Este dato conduce a unha carga de traballo para a materia situada ao redor das 150 horas.
É recomendable que o alumnado asista regularmente ás sesións expositivas e interactivas, participe activamente en todas as actividades propostas polo profesorado e consulte a bibliografía e o material recomendado.
Aconséllase a asistencia a titorías.
O campus virtual e o correo institucional son os medios de información e comunicación principais. Utilízanse para pór a disposición do alumnado o material teórico e práctico da materia e para facilitar a participación e a entrega de actividades e traballos.
Alvaro Vazquez Alvarez
- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Linguaxes e Sistemas Informáticos
- Correo electrónico
- alvaro.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Javier Turienzo Riveiro
Coordinador/a- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Comercialización e Investigación de Mercados
- Correo electrónico
- javier.turienzo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
11:15-12:35 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 7 |
Martes | |||
09:00-11:10 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Aula Informática 1 |
12:45-14:55 | Grupo /CLIL_02 | Castelán | Aula Informática 1 |
23.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Informática 1 |
23.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Informática 2 |
30.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Informática 1 |
30.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Informática 2 |