Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 21 Clase Interactiva: 30 Total: 54
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
O obxectivo principal desta materia é proporcionar ao alumnado os coñecementos necesarios para comprender como se dirixe unha empresa ou organización, tendo en conta os distintos limitantes do administrador con especial énfasis nas características da contorna actual.
Tema 1. Concepto de empresa
Tema 2. O enfoque de sistemas: os subsistemas empresariais
Tema 3. A contorna da empresa
Tema 4. Ética e responsabilidade social
Tema 5. Subsistema de dirección: planificación, organización, xestión e control
Tema 6. Novos modelos de negocio nunha contorna dixital
BÁSICA
- Barroso Castro, Carmen (2012). “Economía de la empresa”. Ed Pirámide. 1ª edic.
- Castillo Claver, Ana Mª (2018). “Dirección de empresas”. Ed Pirámide. 1ªedic.
- González Domínguez, F.J.; Ganaza Vargas, J.D. (2017). “Fundamentos de economía de la empresa”. 2ªedic.
- Iborra, M; Dasí, A.; Dolz, C.; Ferrer, C. (2014) 2ª edic. Fundamentos de Dirección de Empresas. Conceptos y habilidades directivas. Ed. Paraninfo
COMPLEMENTARIA
- Ávila Cano, A.; Mochón Morcillo,, F. (2015). “Economía digital. El nuevo entorno de la empresa”. Ed. García Maroto editores.
- Gareth R.J.; George, J. (2019). “Administración contemporánea”.Ed. McGrawHill. 10ªedic
- Koontz, H.; Weihrich, H.; Cannice, M. (2016). “Administración una perspectiva global”. Ed. McGrawHill. 15ªedic
- Olcese, A.; Alfaro, J. (2014). “La responsabilidad social, motor del cambio empresarial”. Ed. McGrawHill1ªedic..
- Robbins, S.; Coulter, M. (2018). “Administración”. Ed. Pearson educación.
CB1. Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vanguardia do seu campo de estudo.
CB2. Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5. Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grado de autonomía.
CG1. Adquirir un conxunto de coñecementos teóricos e prácticos en relación co proceso de creación e administración de empresas na era dixital.
CG2. Identificar, reunir, analizar e interpretar datos relevantes sobre cuestións relacionadas co ámbito empresarial e tecnolóxico.
CG4. Desenvolver un pensamento e razoamento crítico, incluíndo reflexións éticas sobre temas fundamentais de carácter empresarial e económico na era dixital, e comunicalos de xeito efectivo, tanto nas linguas propias como en inglés.
ESPECÍFICAS
CE2. Coñecer e comprender os elementos básicos da dirección de empresas e das súas principais áreas funcionais baixo o marco da ética e a responsabilidade social.
CE3. Analizar, diagnosticar e tomar decisións nas distintas áreas funcionais da xestión de empresas seleccionando e aplicando as ferramentas tecnolóxicas máis axeitadas.
TRANSVERSAIS
CT1. Pensar de forma integrada e crítica, e abordar os problemas dende diferentes perspectivas.
CT5. Capacidade de resolver problemas e tomar decisións aplicando os coñecementos teóricos á prácticos.
CT6. Traballar en equipo, compartindo os coñecementos e sabéndoos comunicar ao resto do equipo e a organización.
CT7. Comunicación oral e escrita adaptada ás necesidades dos destinatarios.
CT8. Manter un compromiso ético e mostrar sensibilidade cara a temas sociais ou ambientais
Traballo autónomo do alumno
A avaliación será mediante un exame final de contidos: proba de carácter obrigatorio na que se valorarán os resultados da aprendizaxe, e que poderá incluir preguntas de respuesta curta, preguntas tipo test, preguntas de razoamento breve, ou casos (reais ou inventados) aos que o alumnado debe dar unha solución, baseandose nos contidos teóricos da materia e/ou nas habilidades/competencias desenvolvidas ao longo do cuadrimestre. Peso na calificación final: 100%. Nesta parte avaliaranse as siguientes competencias: todas A proba final terá carácter presencial.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Para superar a materia hai dúas oportunidades. O alumnado que non supere a materia na primeira oportunidade terá dereito a una segunda, que será a que figure no seu expediente académico no suposto de que a calificación acadada fose superior.
Na segunda oportunidade aplicarase o mesmo sistema de avaliación que na primeira oportunidade.
De acordo coa Normativa de Permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia e/ou participación en cualquiera das actividades suxeitas a avaliación suporá que a nota final do estudiante sexa distinta do NON PRESENTADO.
As titorías desenvolveranse no horario habitual publicado oficialmente polo profesorado atendendo á demanda do alumnado.
A asignatura é de 6 créditos.
Traballo autónomo do alumno
As tutorías son un recurso útil que o alumnado debería utilizar as veces que fose necesario.
Begoña Barreiro Fernandez
- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Organización de Empresas
- Teléfono
- 982824421
- Correo electrónico
- begona.barreiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
09.01.2025 09:00-12:00 | Grupo de exame | Aula 6 |
09.06.2025 09:00-12:00 | Grupo de exame | Aula 6 |