Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 17 Clase Interactiva: 22 Total: 41
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Electrónica e Computación
Áreas: Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Ao rematar a materia o/a alumno/a será capaz de:
- Coñecer as principais tecnoloxías empregadas nas industrias intelixentes.
- Coñecer as aplicacións das novas ferramentas de automatización de procesos en industrias intelixentes.
- Utilizar ferramentas de software para modelar e optimizar procesos orientados a industrias intelixentes.
- Coñecer e aplicar as diferentes técnicas de dixitalización.
PARTE PRIMEIRA:
INTRODUCIÓN Á INDUSTRIA INTELIXENTE
- Que é a industria intelixente. Principais obxectivos e exemplos de aplicación.
PARTE SEGUNDA: AS TECNOLOXÍAS HABILITADORAS DA INDUSTRIA INTELIXENTE
- Impresión 3D
- Realidade virtual, aumentada e mixta
- Computación na nube
- Tecnoloxías sen fíos
- Internet das cousas
- Robótica industrial
- Minaría de procesos
- Intelixencia artificial
- Xemelgos dixitais
PARTE TERCEIRA: DIXITALIZACIÓN
- Chaves para entender o cambio
- As dimensións da dixitalización
- Execución e liderado
Bibliografía Básica:
- Industria 4.0: Conceptos, tecnologías habilitadoras y retos. Enrique Rodal Montero.
- INDUSTRIA 4.0: Tecnologías y Gestión en la Transformación Digital de la Industria. Mario Fernández.
Bibliografía Complementaria:
- Digitalízate o desaparece: Claves para transformarse y competir en la nueva era. Adolfo Ramírez Morales.
- Nuevas tecnologías y derecho : retos y oportunidades planteados por la inteligencia artificial y la robótica. Mª Yolanda Sánchez-Urán Azaña, Mª Amparo Grau Ruiz, Bruno César Lorencini, José Carlos Francisco
- Internet de las cosas. Moisés Barrio Andrés
CB1 – Que o alumnado demostre posesión e comprensión de coñecementos nunha área de estudo baseada na educación secundaria xeral, e que adoita atoparse nun nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos desde a vangarda o seu campo de estudo.
CB2 - Que os/as estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse mediante a elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os/as estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre cuestións relevantes de carácter social, científico ou ético.
CB4 - Que o alumnado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os/as estudantes desenvolveran aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
* Habilidades xerais:
CG3 - Aprender a planificar e implantar novas tecnoloxías que axuden a mellorar a competitividade das empresas.
CG7 - Coñecer e utilizar correctamente as ferramentas informáticas e as novas tecnoloxías
relacionadas coa xestión empresarial.
* Habilidades específicas:
CE19 - Coñecer tecnoloxías e servizos web, móbiles, distribuídos e na nube, e ser capaz de valorar as súas capacidades e idoneidade para crear novos servizos ou modelos de negocio ou industriais.
CE5 - Coñecer o papel integrador da tecnoloxía e coñecer os principais produtos tecnolóxicos e tendencias tecnolóxicas asociadas ás distintas áreas da xestión empresarial.
CE6 - Desenvolver a análise estratéxica da empresa e do seu contorno para tomar decisións estratéxicas e tácticas nas diferentes áreas funcionais, e ser capaz de formular unha estratexia tecnolóxica que sustente un negocio.
CE10 - Deseñar e xestionar a estratexia operativa e loxística integrando as ferramentas tecnolóxicas máis adecuadas.
* Competencias transversais:
CT1 - Pensar de forma integrada e crítica, e abordar os problemas desde diferentes perspectivas.
CT5 - Capacidade para resolver problemas e tomar decisións aplicando os coñecementos teóricos á práctica.
CT6 - Traballar en equipo, compartindo coñecementos e sabendo comunicalo ao resto do equipo e á organización.
CT9 - Capacidade de aprendizaxe autónoma e de auto avaliación.
CT10 - Capacidade para utilizar ferramentas de cálculo e tecnoloxías da información e da comunicación (TIC).
A docencia impartirase de forma semipresencial utilizando como apoio as plataformas corporativas da USC: Moodle (Campus Virtual) e MS Teams. O estudo e aprendizaxe desta materia apoiarase nas seguintes actividades:
(a) Estudo autónomo por parte do alumnado dos materiais didácticos correspondentes a cada unidade temática, que o profesorado porá ao dispor dos estudantes no Campus Virtual.
(b) Realización por parte do alumnado de actividades prácticas preferentemente de carácter individual. Neste sentido, proporanse varios casos prácticos a desenvolver ao longo da materia e que deberán ser entregados nas datas correspondentes de acordo co cronograma establecido. A información e entrega destas actividades articularase a través do Campus Virtual.
(c) Participación activa dos/as estudantes en actividades colaborativas (por exemplo, foros de debate). Eses foros de debate permitirán aos/ás estudantes manifestar os seus puntos de vista e opinións, buscando a interacción e o debate compartido.
(d) Sesións presenciais: Estas sesións, que se desenvolverán de acordo cos horarios establecidos pola Facultade, impartiranse na aula correspondente e serán retransmitidas de forma síncrona en streaming. En consecuencia, o alumnado poderá asistir a elas ben de forma física ou ben conectándose a través de MS Teams. Nestas sesións levarase a cabo unha revisión breve dos contidos xerais de cada unidade temática e desenvolveranse outras actividades complementarias ás realizadas de forma individual polo alumnado e orientadas a fomentar a participación e posta en común de todo o grupo.
O traballo autónomo do alumnado será guiado polo profesorado nas horas destinadas a titorías. Estas titorías desenvolveranse preferentemente a través da plataforma MSTeams.
As tarefas desta materia poderían estar vinculadas a proxectos ApS.
A parte práctica da materia avaliarase mediante un proceso de AVALIACIÓN CONTINUA:
- Participación activa na aula virtual (foros e debates, e outras ferramentas virtuais): 10%
- Actividades (traballos, exercicios e exposicións): 40%
A materia tamén terá un exame final que representará o 50% da nota final da materia.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións (www.xunta.gal/dog/Publicados/2011/20110721/AnuncioG2018-190711-4180_gl…).
No caso de estudantes con dispensa de asistencia homologada pola Facultade, a súa cualificación será a derivada do exame final. Para tal fin, deberán comunicalo ao profesorado dentro da semana seguinte á resolución oficial.
Traballo presencial na aula:
Sesións : 9 horas
Titorías (grupos reducidos): 4 horas
Horas non presenciais
Horas de avaliación: ata 3 (exames oficiais)
Aprendizaxe virtual, estudo persoal e resolución de casos prácticos/traballos: 58 horas
Preparación de traballos: 15 horas
Preparación de exames: 26.5 horas
Sonia Maria Valladares Rodriguez
- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial
- Correo electrónico
- sonia.valladares [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Ignacio Raño Noal
- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial
- Correo electrónico
- ignacio.rano [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Venres | |||
---|---|---|---|
19:00-21:00 | Grupo /CLIS_01 | - | Aula Informática 5 |
19.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula Informática 5 |
04.07.2025 09:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula Informática 5 |