Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 17 Clase Interactiva: 22 Total: 41
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
Áreas: Organización de Empresas
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Ao completar a materia, o estudante poderá:
- Comprender como a área de operacións contribúe á competitividade da empresa.
- Coñecer cales son as decisións da área de operacións.
- Comprender as diferenzas entre a produción de bens e a prestación de servizos e a súa influencia nas decisións na área de operacións.
- Tomar decisións na área de operacións de xeito informado, considerando as súas implicacións competitivas e comprendendo as relacións entre elas.
- Coñecer as principais tecnoloxías empregadas na área de operacións.
- Organización da produción e xestión de operacións.
- A contribución competitiva das operacións.
- Decisións de operacións.
- Tecnoloxías de produción.
- Planificación da produción.
Básica
HEIZER, J. y RENDER, B. (2015): Dirección de la producción y de operaciones. Decisiones estratégicas (11ª ed.). Prentice Hall.
HEIZER, J. y RENDER, B. (2015): Dirección de la producción y de operaciones. Decisiones tácticas (11ª ed.). Prentice Hall.
Complementaria
DOMÍNGUEZ MACHUCA, J.A. y OTROS (1995): Dirección de operaciones. Aspectos estratégicos en la producción y los servicios. McGraw-Hill.
DOMÍNGUEZ MACHUCA, J.A. y OTROS (1995): Dirección de operaciones. Aspectos tácticos y operativos en la producción y los servicios. McGraw-Hill.
FERNÁNDEZ SÁNCHEZ, E. y otros (2006): Estrategia de Producción. Mc. Graw Hill
Xerais e básicas
CG1 - Adquirir un conxunto de coñecementos teóricos e prácticos en relación co proceso de creación e administración de empresas na era dixital
CG7 - Coñecer e utilizar correctamente ferramentas informáticas e novas tecnoloxías relacionadas coa xestión empresarial
CB1 - Que os estudantes demostraran posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e normalmente atópase nun nivel que, aínda que está apoiado por libros de texto avanzados, tamén inclúe algúns aspectos relacionados co coñecemento de a vangarda do teu campo de estudo
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación de xeito profesional e posúan as competencias que normalmente se demostran a través do desenvolvemento e defensa de argumentos e resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre cuestións relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a públicos especializados e non especializados
CB5 - Que os estudantes desenvolvan as habilidades de aprendizaxe necesarias para realizar estudos posteriores cun alto grao de autonomía
Transversais
CT4 - Organizar e planificar o traballo en función dos obxectivos e dos recursos dispoñibles
CT5 - Capacidade para resolver problemas e tomar decisións aplicando coñecementos teóricos á práctica
CT10 - Capacidade para utilizar ferramentas de cálculo e tecnoloxías da información e comunicación (TIC)
Específicas
CE2 - Coñecer e comprender os elementos básicos da xestión empresarial e as súas principais áreas funcionais no marco da ética e a responsabilidade social
CE3 - Analizar, diagnosticar e tomar decisións nas distintas áreas funcionais da xestión empresarial seleccionando e aplicando as ferramentas tecnolóxicas máis axeitadas
CE5 - Comprender o papel integrador da tecnoloxía e coñecer os principais produtos tecnolóxicos e as tendencias tecnolóxicas asociadas ás distintas áreas da xestión empresarial
CE6 - Desenvolver a análise estratéxica da empresa e da súa contorna para tomar decisións estratéxicas e tácticas nas distintas áreas funcionais e ser capaz de formular unha estratexia tecnolóxica que apoie un negocio
CE10 - Deseñar e xestionar as estratexias de operacións e loxística integrando as ferramentas tecnolóxicas máis axeitadas
CE13 - Identificar fontes de información fiable, preparar e interpretar a devandita información usando técnicas de análise e ferramentas matemáticas, estatísticas e tecnolóxicas axeitadas para apoiar a toma de decisións.
A docencia impartirase de forma semipresencial utilizando como apoio as plataformas corporativas da USC: Moodle (Campus Virtual) e MS Teams. O estudo e aprendizaxe desta materia apoiarase nas seguintes actividades:
(a) Estudo autónomo por parte do alumnado dos materiais didácticos correspondentes a cada unidade temática, que o profesorado porá a disposición dos estudantes no Campus Virtual.
(b) Realización por parte do alumnado de actividades prácticas preferentemente de carácter individual. Neste sentido, proporanse varios casos prácticos a desenvolver ao longo da materia e que deberán ser entregados nas datas correspondentes de acordo co cronograma establecido. A información e entrega destas actividades articularase a través do Campus Virtual.
(c) Participación activa dos estudantes en actividades colaborativas (por exemplo, foros de debate). Eses foros de debate permitirán aos estudantes manifestar os seus puntos de vista e opinións, buscando a interacción e o debate compartido.
(d) Sesións presenciais: Estas sesións, que se desenvolverán de acordo cos horarios establecidos pola Facultade, impartiranse na aula correspondente e serán retransmitidas de forma síncrona en streaming. En consecuencia, o alumnado poderá asistir a elas ben de forma física ou ben conectándose a través de MS Teams. Nestas sesións levará a cabo unha revisión breve dos contidos xerais de cada unidade temática e desenvolveranse outras actividades complementarias ás realizadas de forma individual polos alumnos e orientadas a fomentar a participación e posta en común de todo o grupo.
O traballo autónomo do alumnado será guiado polo profesorado nas horas destinadas a titorías. Estas titorías desenvolveranse preferentemente a través da plataforma MS Teams.
A avaliación da materia realizarase do seguinte xeito:
- Avaliación continua: análise de casos, entrega de exercicios, tarefas, probas de avaliación continua, participación activa no Aula Virtual etc. Peso na nota final: 50%.
- Exame final. Peso na nota final: 50%.
Estas dúas partes que compoñen a cualificación dos/as estudantes aplicaranse en ambas as dúas oportunidades, de tal xeito que a puntuación obtida na avaliación continua (50%) manterase para a oportunidade de xullo.
Para aprobar o curso, o/a alumno/a debe obter unha nota superior ou igual a cinco (sobre dez) no exame e unha calificación superior ou igual a cinco (sobre dez) na avaliación continua. En caso de non superar algún ou ambos de estos mínimos, a nota final só terá en conta a maior calificación de ambas.
A lista de competencias que se avaliarán nesta materia detállase a continuación:
- Avaliación continua: CB2; CB3; CB4; CB5; CG7; CT4; CT5; CT10; CE3; CE5; CE6; CE10; CE13
- Exame final: CG1; CB1; CT5; CE2; CE3
Na avaliación, ademais da adquisición de coñecementos, teranse en conta aspectos como o uso axeitado das técnicas e ferramentas da materia, claridade e capacidade expositiva, dominio da terminoloxía da materia ou participación activa.
De acordo co “Regulamento para o desenvolvemento da docencia semipresencial na Facultade de Administración e Dirección de Empresas” aprobado pola Xunta de Facultade de Administración e Dirección de Empresas o 13/09/2021, será obrigatoria a asistencia polo menos ao 75% das sesións presenciais. No caso de que o/a alumno/a non cumpra este mínimo establecido perderá o dereito á avaliación continua, que lle será cualificada cun cero con independencia da nota alcanzada. O alumnado que teña concedida a dispensa de asistencia a través da Instrución no 1/2017, da Secretaría Xeral, sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias, será avaliado cun exame final específico que suporá o 100 % da nota final.
En caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase o disposto no Regulamento para a avaliación do rendemento académico dos estudantes e a revisión de cualificacións.
Para os alumnos repetidores o sistema de avaliación será o mesmo, existindo a posibilidade, a xuízo do profesorado, de conservar a avaliación positiva de actividades do curso anterior.
A materia é de 4,5 créditos. As 112,5 horas de traballo totais distribúense do seguinte modo:
a) Sesións presenciais para presentación de contidos básicos, actividades prácticas, etc: 9 horas
b) Titorías en grupos reducidos (asistencia física ou por MS Teams): 4 horas
c) Exame presencial: 3 horas
d) Traballo autónomo do alumno: 96,5 horas.
Para maximiza-la aprendizaxe é recomendable que o alumnado antes de cada sesión presencial, revise os materiais didácticos do tema correspondente dacordo co cronograma da materia.
Por outra banda, é importante que participe activamente en todas as actividades propostas polo profesorado e consulte a bibliografía e outro material recomendado.
As titorías son un recurso útil que o alumnado debería utilizar as veces que fose necesario. O acceso frecuente ao campus virtual e ao correo institucional para informarse de diferentes cuestións que xurdan ao longo do curso.
Alejo Becerra Diaz
Coordinador/a- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Organización de Empresas
- Teléfono
- 982824460
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución S. Esp. e outros
Xoves | |||
---|---|---|---|
19:00-21:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Seminario 1 |
28.05.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Seminario 1 |
02.07.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Seminario 1 |