Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 30 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade
Áreas: Economía Financeira e Contabilidade
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Ao completar a materia o alumnado será capaz de:
- Coñecer e comprender a contabilidade como sistema de información.
- Coñecer e comprender os conceptos económicos básicos utilizados na xestión empresarial (patrimonio, resultado, ingresos, gastos, activo, pasivo, etc.).
- Identificar os feitos contables, así como aprender a rexistralos seguindo o método contable.
- Comprender o ciclo contable da empresa e as bases de presentación da información de síntese básica: balance e conta de perdas e ganancias.
- Fundamentar o uso das contas anuais como instrumentos dos que se serve a contabilidade para resumir e comunicar información ao conxunto de usuarios da información.
Introdución á contabilidade.
A estrutura patrimonial da empresa.
O método contable. O ciclo contable. Valoración e rexistro contable das transaccións.
A determinación do resultado e a elaboración dos estados financeiros.
OMEÑACA GARCÍA, J. (2021). Contabilidad general. Ediciones Deusto.
SANSALVADOR SELLÉS, M. E. (2022). Contabilidad financiera básica. Ediciones Universidad Miguel Hernández. (Biblioteca On line)
SANSALVADOR SELLÉS, M. E. (2019.) Supuestos de Contabilidad financiera. Ediciones Universidad Miguel Hernández. (Biblioteca On line)
MONTESINOS JULVE, V. (COORD.)(2021). Fundamentos de contabilidad financiera. Ed. Pirámide
ALCARRIA JAIME, J.J. (2012). Introducción a la contabilidad. Publicaciones de la Universitat Jaume I. Disponible en http://dx.doi.org/10.6035/Sapientia66
ARQUERO MONTAÑO, J. L. (2023). Introducción a la contabilidad financiera. Ed. Pirámide.
LEGISLACIÓN:
- REAL DECRETO 1514/2007, de 16 de Noviembre, por el que se aprueba el Plan General de Contabilidad. Texto Consolidado
C5. Identificar as áreas funcionais da empresa e o seu funcionamento.
C7. Seleccionar fontes estadísticas para a toma de decisións empresariais.
C11. Identificar a información financeira e contable para a toma de decisións empresariais.
HD2. Xestionar información procedente de distintas fontes que permitan adquirir novos coñecementos e aplicalos para
responder a retos, resolver problemas e tomar decisións.
HD5. Manexar a comunicación oral e escrita de forma precisa e clara para transmitir coñecementos, metodoloxías, información,
resultados, problemas e solucións.
HD8. Usar ferramentas de cálculo e análise, de distintos tipos de linguaxes e de tecnoloxías da información e da comunicación
(TIC).
CP2. Interpretar a información relevante utilizando as técnicas de análises e ferramentas dispoñibles para dar apoio á toma de
decisións empresariais.
CP11. Actuar no ámbito da economía e a empresa valorando o impacto social, económico e medioambiental das decisións
empresariais e tecnolóxicas.
As sesións na aula dedicadas ás clases expositivas terán como obxectivo principal introducir ao estudante nos contidos dos temas que conforman o programa, destacando a motivación do tema, os obxectivos que teñen que alcanzar e as relacións de cada unidade co resto do programa e coa realidade empresarial. A métodoloxía docente que se empregará nas clases teóricas será a clase maxistral, o que permite dirixir de forma organizada os grupos grandes de alumnos, aínda que se fomentará a participación do alumnado e a interacción profesor-estudante.
Nas sesións interactivas empregarase as metodoloxías docentes Resolución de problemas e Prácticas Aula Informática. Tentarase que os estudantes apliquen os conceptos teóricos. a través da realización de casos prácticos, comentarios e debates de lecturas propostas, procura de información relevante ou realización doutras actividades (cuestionarios de autoavaliación, prácticas complementarias, elaboración de informes, etc). Estas sesións están encamiñadas a fomentar a participación activa do alumnado e o seu achegamento aos aspectos prácticos da contabilidade empresarial.
As sesións expositivas e interactivas desenvolveranse no horario oficial publicado polo centro e terán carácter presencial. O material de apoio a docencia estará dispoñible na aula virtual da materia.
O traballo autónomo do alumnado será guiado polo profesorado nas horas destinadas a titorías. Estas sesións utilizaranse para resolver dúbidas, proporcionar información, revisar casos prácticos ou clarificar os obxectivos de cada unha das actividades propostas.
Nesta materia usaranse os seguintes sistemas de avaliación:
- Exame de preguntas obxectivas (test)
- Resolución de problemas/exercicios
- Exame de desenvolvemento
Para superar a materia hai dúas oportunidades. O alumnado que non supere a materia na primeira oportunidade terá dereito a unha segunda, que será a que figure no seu expediente académico no caso de que a cualificación alcanzada sexa superior.
O sistema de avaliación destas dúas oportunidades, tanto para o alumnado de primeira matrícula como para o alumnado repetidor, recóllese a continuación:
Primeira oportunidade ordinaria. Contémplase a avaliación continua, combinada cun exame final.
A. Avaliación continua: realización de actividades diversas, individuais ou en grupo (probas na aula, entrega de exercicios, procura e análise de información, …). Peso na cualificación final: 40%.
A relación das diferentes actividades avaliables ao longo do curso, a súa ponderación e seguimento indicarase na guía docente da materia que estará publicada na aula virtual ao comezo do curso.
Nesta parte avaliaranse os seguintes resultados da aprendizaxe: C7, C11, HD8, CP2, CP11
B. Exame final teórico-práctico: proba de carácter obrigatorio na que se valorarán os resultados da aprendizaxe, principalmente o dominio dos conceptos teóricos adquiridos, así como a súa aplicación a casos prácticos. Peso na cualificación final: 60%.
Nesta parte avaliaranse os seguintes resultados da aprendizaxe: C5, C11, HD2, HD5, HD8, CP2, CP11.
Para poder sumar B e A é necesario que se obteña como mínimo un 2,4 sobre 6 no exame final teórico-práctico. De non alcanzarse o mínimo esixido, a nota final total será a nota obtida na avaliación continua. A nota agregada deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10 para superar a materia.
O alumnado que non obteña ningunha puntuación vinculada ás actividades realizadas nas sesións expositivas e interactivas só poderá obter un máximo de 6 puntos nesta convocatoria.
Segunda oportunidade extraordinaria de recuperación:
Aplicarase o mesmo sistema de avaliación que na primeira oportunidade, é dicir, realizarase un novo exame final teórico-práctico, coa ponderación establecida para a primeira oportunidade, que se sumará coa puntuación alcanzada na avaliación continua.
De acordo coa Normativa de Permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia e/ou participación en calquera das actividades suxeitas a avaliación supoñerá que a nota final do estudante sexa distinta de NON PRESENTADO.
O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia seguindo a Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias, avaliarase cun exame final específico que supoñerá o 100% da nota.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A materia é de 6 créditos.
As horas de traballo total distribúense do seguinte xeito:
- Horas de clase expositiva e interactiva, titorías e avaliación: 55 horas
- Traballo persoal do alumnado: 96 horas.
Para maximizar a aprendizaxe é recomendable que os estudantes asistan regularmente ás sesións expositivas e interactivas, participen activamente nas actividades propostas polo profesorado, consulten a bibliografía e todo o material recomendado.
As titorías son un recurso moi útil que o alumnado debe utilizar as veces que sexan necesarias. Para facilitar a participación do alumnado e a súa capacidade de adquirir coñecementos, é necesario o acceso ao Campus Virtual e ao correo institucional de maneira que poida estar informado das distintas cuestións que xurdan ao longo do curso e poida dispoñer e revisar todo o material necesario e complementario para o desenvolvemento das clases.
Luis Ignacio Rodriguez Gil
Coordinador/a- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Teléfono
- 982824472
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
11:30-12:50 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 6 |
09.01.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 |
09.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 |