Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 30 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
Áreas: Organización de Empresas
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo principal desta materia é proporcionar ao alumnado os coñecementos necesarios para comprender como se dirixe unha empresa ouorganización, tendo en conta os distintos limitantes do administrador con especial énfasis nas características da contorna actual.
Tema 1. Concepto de empresa
Tema 2. O enfoque de sistemas: os subsistemas empresariais
Tema 3. Limitantes da actividade empresarial: A contorna da empresa
Tema 4. Limitantes da actividade empresarial: Ética e responsabilidade social
Tema 5. Subsistema de dirección: planificación, organización, xestión e control
BÁSICA
-Castillo Claver, Ana Mª (2018). “Dirección de empresas”. Ed Pirámide. 1ªedic.
- Gareth R.J.; George, J. (2019). “Administración contemporánea”.Ed. McGrawHill. 10ªedic
-González Domínguez, F.J.; Ganaza Vargas, J.D. (2017). “Fundamentos de economía de la empresa”. 2ªedic.
-Iborra, M; Dasí, A.; Dolz, C.; Ferrer, C. (2014) 2ª edic. Fundamentos de Dirección de Empresas. Conceptos y habilidades directivas. Ed. Paraninfo
- Robbins, S.; Coulter, M.; DeCenzo, D. (2017). "Fundamentos de Administración". Ed. Pearson
- Robbins, S.; Coulter, M. (2018). “Administración”. Ed. Pearson educación.
COMPLEMENTARIA
-Ávila Cano, A.; Mochón Morcillo,, F. (2015). “Economía digital. El nuevo entorno de la empresa”. Ed. García Maroto
editores.
-Koontz, H.; Weihrich, H.; Cannice, M. (2016). “Administración una perspectiva global”. Ed. McGrawHill. 15ªedic
-Olcese, A.; Alfaro, J. (2014). “La responsabilidad social, motor del cambio empresarial”. Ed. McGrawHill1ªedic..
C1. Aplicar habilidades de comunicación efectiva na contorna empresarial e tecnolóxica, tanto en linguas propias como en inglés
C2. Identificar conceptos fundamentais de economía dixital e o seu impacto na organización de empresas.
C5. Identificar as áreas funcionais da empresa e o seu funcionamento
HD2. Xestionar información procedente de distintas fontes que permitan adquirir novos coñecementos e aplicalos para responder a retos, resolverproblemas e tomar decisións.
HD3. Planificar o traballo en función dos obxectivos e recursos dispoñibles.
HD4. Traballar en equipo, compartindo e poñendo en común os coñecementos, integrando distintas formulacións, mostrando habilidades de negociación,resolución de conflitos e intelixencia emocional.
CP10. Actuar con responsabilidade ética e con respecto polos dereitos e deberes fundamentais, a diversidade e os valores democráticos.
CP9. Abordar os problemas e retos desde diferentes perspectivas con capacidade para adaptarse a situacións e realidades novas.
As sesións dedicadas ás clases expositivas terán como obxectivo introducir ao alumnado nos contidos dos temas que conforman o programa, destacandoos aspectos máis relevantes e as relacións entre estes e a contorna actual.
As sesións interactivas basearanse na aplicación práctica dos contidos teóricos expostos nas sesións expositivas. Estas sesións estarán encamiñadas áparticipación activa do alumnado mediante a análise e debate de casos. Así mesmo tamén se farán presentacións na aula (proxectos, exercicios, etc).
Algunhas das sesións poderán abordarse mediante conferencias de distintos profesionais.
As sesións expositivas e interactivas desenvolveranse no horario oficial publicado polo centro.
O profesorado fará un seguimento da asistencia do alumnado e a súa participación nas sesións.
As titorías desenvolveranse no horario habitual publicado oficialmente polo profesorado atendendo á demanda do alumnado.
O desenvolvemento da materia realizarase con apoio da aula virtual docente creada para ese efecto na plataforma Moodle.
A avaliación terá en conta todas as actividades desenvolvidas polo alumnado (realización e participación activa na análise de casos, debate e comentario de lecturas artigos ou noticias de prensa, visualización e comentario de vídeos, realización e exposición de traballos, realización de cuestionarios sobrecontidos teóricos ou prácticos etc.)/ etc.).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito no Normativa de avaliación do rendemento académico do estudantado e de revisión de cualificacións.
Para superar a materia hai dúas oportunidades. O alumnado que non supere a materia na primeira oportunidade terá dereito a unha segunda, que será a que figure no seu expediente académico no caso de que a cualificación conseguida fose superior.
O sistema de avaliación destas dúas oportunidades será o seguinte:
Primeira oportunidade ordinaria. Contémplase a avaliación continua, combinada cunha proba final.
1. Avaliación continua:
- Estudo de casos (seguimento na aula, entregas etc.)/ etc.): 10%
- Presentación oral (casos, traballos etc.)/ etc.): 25%
- Outros traballos (conferencias, outros): 5%
Peso total na cualificación final: 40%.
As actividades avaliables estarán recollidas na aula virtual así como a súa ponderación
Nesta parte avaliaranse os seguintes resultados de aprendizaxe: C1, C2, C5, HD2, HD3, HD4, CP10, CP9
2. Exame final de contidos: proba de carácter obrigatorio na que se valorarán os resultados da aprendizaxe. Incluirá preguntas obxectivas (test) e preguntas de desenvolvemento.
Peso na cualificación final: 60%.
Nesta parte avaliaranse os seguintes resultados de aprendizaxe: C2, C5.
A proba final terá carácter presencial.
En actas constase a nota agregada da avaliación continua e o exame final, coas seguintes excepcións. Se o alumno/a non alcanza a porcentaxe mínima de actividades a entregar (75% das expostas), a nota que figurará en actas será a alcanzada nas actividades, non se agregará a nota do exame. Se oalumno/a non alcanza a nota mínima no exame (3 sobre 6), a nota que figurará en actas será a alcanzada nesta proba, non se agregará a avaliación continua. Se o alumno non se presenta ao exame final a nota en actas será igual a cero, non se agregará a avaliación continua.
Segunda oportunidade extraordinaria de recuperación
Na segunda oportunidade extraordinaria de recuperación aplicarase o mesmo sistema de avaliación que na primeira oportunidade. É dicir, farase un novo exame final de contidos coa ponderación establecida para a primeira oportunidade, que se sumará coa puntuación alcanzada na avaliación continua.
O alumnado ao que se lle concedeu dispensa de asistencia seguindo a Instrución nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias, será avaliado cun exame final específico que suporá o 100% da nota.
A asignatura é de 6 créditos.
As horas de traballo totais distribúense do seguinte modo:
Horas de clase expositiva e interactiva, tutorías e avaliación na modalidade que se determine: 54.
Traballo persoal do alumnado: 96.
Para maximizar a aprendizaxe é recomendable que o alumnado asista regularmente ás sesións expositivas e interactivas, participe activamente en todasas actividades propostas polo profesorado e consulte a bibliografía e outro material recomendado.
As tutorías son un recurso útil que o alumnado debería utilizar as veces que fose necesario. O acceso ao campus virtual e ao correo institucional para informarse de diferentes cuestións que xurdan ao longo do curso e poder dispoñer e revisar antes das clases o material complementario, facilita a participación do alumnado e a súa capacidade de adquirir coñecementos.
Begoña Barreiro Fernandez
Coordinador/a- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Organización de Empresas
- Teléfono
- 982824421
- Correo electrónico
- begona.barreiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
11:30-12:50 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 6 |
19.05.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 |
26.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 |