-
Créditos ECTS
Créditos ECTS: 6Horas ECTS Criterios/Memorias
Horas de Titorías: 3
Clase Expositiva: 24
Clase Interactiva: 24
Total: 51Linguas de uso
Castelán, GalegoTipo:
Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021Departamentos:
Ciencias da ComunicaciónÁreas:
Comunicación Audiovisual e PublicidadeCentro
Facultade de Ciencias da ComunicaciónConvocatoria:
Segundo semestreDocencia:
Con docenciaMatrícula:
Matriculable -
1. Análise de contidos de toda índole que teñen acomodo no medio tradicional televisivo.
2. Análise de contidos en plataformas e medios dixitais (VOD, streaming).
3. Análise de contidos para redes sociais.
4. Estudio e aplicación dunha sistemática de análise baseada na detección dos niveis ou rexistros integrantes
do texto audiovisual, detección da intertextualidade e relación do contido co seu referente.CONTIDOS TEÓRICOS
Tema 1. O concepto produtivo dos contidos audiovisuais: a imposición dun novo paradigma
1.1. Sociedade de consumo vs sociedade líquida
Tema 2. A ineficacia das teorías da comunicación ante o espectáculo mediático hipermoderno
2.1. Descadencia do paradigma comunicativo ante a imposición do espectáculo audiovisual
Tema 3. A perda da condición de espectador e a aparición do prosumidor
3.1. Fragmentación hipertrófica e pastiche
Tema 4. A asunción da lóxica da hipervisibilidade a través de novos dispositivos electrónicos
4.1. Mirar e ser mirado, a ambivalencia do espectador
Tema 5. Produción audiovisual multiplataforma: dilución de fronteiras e hibridación
5.1. Plaxio lícito e parodia
Tema 6. Os formatos televisivos da denuncia, a escenificación da intimidade, da vida cotiá e da morte
6.1. A imposición da vontade de velo todo
Tema 7. Contidos audiovisuais para redes sociais: enfoque crítico, do texto ao hipercontratexto
7.1. A expansión da realidade socio-reticular
CONTIDOS PRÁCTICOS
Realizaranse 2 exercicios de análise individuais conforme á seguinte estructura:
1. Idenficación de operadores textuais e funcións.
2. Identificación da estructura na que se insiren os operadores textuais.
3. Detección da contribución teórica máis axeitada á análise.
4. A interpelación ó espectador.BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
González-Requena, J. (14 de maio de 2024). Análisis de las imágenes audiovisuales,
https://gonzalezrequena.com/textos-en-linea-0-2/libros-en-linea/el-ser-…
López-Gómez, A. (2013). La escritura del deseo en la publicidad televisiva. Escritura e Imagen. 51-82.
Wacjman, G. (2011). El ojo absoluto. Manantial.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
Garayalde, N. (2019): Del texto al contra-texto. Anales de Filología Francesa. 28. https://doi.org/10.6018/analesff.399261
Mañas, L. & De Vicente, A. M. (2019). Contenidos audiovisuales, narrativas y alfabetización mediática. McGraw-Hill Interamericana de España.
Cortés, O. & Meneses, C. (2021): Nuevos hábitos de consumo de contenidos audiovisuales. Interempresas
https://www.interempresas.net/Licencias/Articulos/350281-Nuevos-habitos…
Didi-Huberman, G. (2016). Arde la imagen. Ediciones Ve.
Wajcman, G. (2018). Les séries, le monde, la crise, les femmes. Verdier.CON.3 - Coñecer a transformación e evolución histórica das linguaxes e medios audiovisuais.
CON.7 - Coñecer as distintas metodoloxías de análise de calquera producto radiofónico, cinematográfico, televisivo ou multimedia.
HAB.5 - Analizar, mediante diversas metodoloxías, calquera producto radiofónico, cinematográfico, televisivo ou multimedia.
COM.4 - Aplicar diversas metodoloxías á análise, á crítica e á historiografía de calquera obra audiovisual ou multimedia.
COM.7 - Aplicar os coñecementos e as habilidades adquiridas dunha forma profesional e ética no ámbito da Comunicación, tendo como referente os principios e valores democráticos e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.Método: Definición
Clase maxistral: sesión expositiva impartida pola docente
Resolución de problemas: realización de actividades dirixidas, xeralmente dirixidas a
obter un resultado concreto (solución ou análise)
Presentación na aula: exposición basada no estudio dun caso, problema ou situación
contextualizada1. Probas de coñecementos: 50%
2. Exercicios prácticos: 50%
• O sistema de avaliación contempla que é imprescindible ter aprobada a parte teórica e a parte práctica para superar a materia.
• Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións.
• De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”.
Réxime para o alumnado con exención de docencia:
Nesta materia non se pode eximir a asistencia ás interactivas porque require exercicios individuais e/ou en grupo que implican a utilización de material técnico da facultade e a colaboración entre varios alumnos, así como a presenza na aula do profesor para comprobar a súa evolución. Ademais, é necesaria a utilización dos espazos específicos da facultade onde se imparten os laboratorios.• Docencia teórica: 24 horas
• Docencia interactiva: 24 horas
• Titorización en grupo reducido: 3 horas
• Probas de avaliación: 3 horas
• Traballo persoal do alumnado: 96 horas_
_
-
Antia Maria Lopez Gomez
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Teléfono
- 881816527
- Correo electrónico
- antiamaria.lopez@usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
-
2º semestre - Do 27 de xaneiro ao 02 de febreiro Xoves 11:00-12:00 Expositivo 1 Galego Aula 7 Venres 11:00-12:00 Expositivo 1 Galego Aula 7 Exames 27.05.2025 10:00-14:00 Expositivo 1 Aula 5 27.05.2025 10:00-14:00 Expositivo 1 Aula 6 04.07.2025 10:00-14:00 Expositivo 1 Aula 2