Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Estudo e análise da promoción da comercialización e venda, segundo tipo de obra e produto.
2. Estudo e análise da difusión, distribución e exhibición da obra audiovisual: circuitos de promoción na comercialización e no recoñecemento público.
3. Deseño dun proxecto de promoción dunha obra ou un evento audiovisual. Aplicación de técnicas de promoción directas e indirectas.
4. Estudo e análise de modelos e tipos de festivais audiovisuais: clasificación dos organismos do subsector.
5. Factores de consolidación dos festivais. Organización, planificación e programación. Técnicas de dinamización e encontros co sector e os públicos. Loxística, publicitación e posicionamento.
CONTIDOS TEÓRICOS
TEMA 1. Introdución. O marco da promoción e difusión
1.1 O ciclo de produción e explotación audiovisual
1.2 Axentes da obra audiovisual
1.3 Conceptos clave: ventás de distribución
TEMA 2. A distribución audiovisual en presente
2.1. O impacto do dixital no modelo tradicional de explotación
2.2. Distribución nos servizos baixo demanda
2.3. Distribución en salas
2.4. Novas tendencias e estratexias
TEMA 3. Entidades públicas na distribución
3.1. A intervención estatal na explotación audiovisual. Marco histórico
3.2. ICAA, Agadic, Programa MEDIA. Efectos na distribución audiovisual
TEMA 4. Circuítos e mercados
4.1. O mercado cinematográfico
4.2. Distribución internacional e local. A hexemonía de Hollywood
4.3. Circuítos, xéneros e modelos
4.4. Distribución independente e alternativa
TEMA 5. Promoción e marketing
5.1. O equipo e o plan de promoción
5.2. Estratexias creativas para a promoción. Comunicación, prensa e redes
5.3. A obra como produto. Marketing cinematográfico
5.4. Segmentación e selección de públicos
CONTIDOS PRÁCTICOS
A parte práctica da materia dedicarase principalmente á organización, por parte do conxunto do alumnado, do Facom Fest, un festival de contidos audiovisuais realizados por estudantado a formarse en audiovisual. Deste xeito, as sesións de seminario dedicaranse tanto á formación arredor dos eventos audiovisuais (equipos, características, clasificación, evolución histórica…) como á toma de decisións conxuntas e ao desenvolvemento da labor de cada un dos equipos do festival do alumnado: produción, programación, actividades e públicos, comunicación e equipo técnico.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Clarés Gavilán, J.; Merino Álvarez, C. & Neira, E. (2019). La revolución over the top: del vídeo bajo demanda (VOD) a la televisión por internet. Universitat Oberta de Catalunya.
Lugilde Rodríguez, M. I. (2017). Administración y promoción de audiovisuales y espectáculos. Altaria.
Matamoros, D. (coord.) (2009). Distribución y marketing cinematográfico. Universitat de Barcelona.
Neira, E.; Herbera, J. & Linares, R. (2015). Marketing cinematográfico: cómo promocionar una película en el entorno digital. Universitat Oberta de Catalunya.
Neira, E. (2020). Streaming Wars: la nueva televisión. Libros Cúpula.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Calvo Herrera, C. (2009). Distribución y lanzamiento de una película. Editorial Zumaque.
Clarés Gavilán, J.; Ripoll Vaquer, J. & Tognazzi Drake, A. (2014). Distribución audiovisual en internet. VOD y nuevos modelos de negocio. Universitat Oberta de Catalunya.
Elsaesser, T. (2015). Cine transnacional, el sistema de festivales y la transformación digital. En Fonseca, Journal of Communication, 11(11). (pp.175-196).
Hjort, M. & Petrie, D. (2007). The cinema of small nations. Edinburgh University Press.
Izquierdo Castillo, J. (2007). Distribución y exhibición cinematográficas en España. Tese doutoral, Universitat Jaume I.
Linares, R. (2009). La promoción cinematográfica: estrategias de comunicación y distribución de películas. Fragua.
Neira, E. (2014). El espectador social: las redes sociales en la promoción cinematográfica. Universitat Oberta de Catalunya.
Neira, E. (2015). La otra pantalla: redes sociales, móviles y la nueva televisión. Universitat Oberta de Catalunya.
Simone, P. (2021). The circulation of European films in non-national markets. European Audiovisual Observatory.
Squire, J. (2006). El juego de Hollywood. The Movie Business Book. T&B.
CON.1 - Analizar a imbricación da comunicación audiovisual no contexto das industrias culturais
CON.2 - Coñecer o marco político, normativo e económico no que se desenvolve a industria audiovisual.
CON.5 - Coñecer as técnicas e tecnoloxías da documentación, ideación e creación propias da linguaxe audiovisual.
HAB.1 - Transmitir de maneira idónea contidos audiovisuais destinados a públicos especializados e non especializados.
HAB.4 - Manexar os fundamentos xurídicos, económicos, políticos e as técnicas e rutinas audiovisuais aplicadas a obras de ficción e non ficción.
COM.1 - Deseñar e implementar estratexias de comunicación audiovisual efectiva en distintos medios, soportes e contextos.
COM.5 - Seleccionar e utilizar as técnicas e tecnoloxías máis creativas, innovadoras e adecuadas a cada reto comunicativo.
COM.6 - Exercitar a coordinación e xestión de equipos profesionais na cocreación de produtos audiovisuais.
COM.7 - Aplicar os coñecementos e as habilidades adquiridas dun xeito profesional e ético no ámbito da Comunicación, tendo como referente os principios e valores democráticos e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
As metodoloxías docentes da materia contemplan a clase maxistral, o estudo de casos, a aprendizaxe orientada a proxectos e o traballo tutelado. Nese senso, o estudo de casos busca achegar ao alumnado ao contexto da distribución e promoción audiovisual conectando coa súa propia experiencia como audiencia de diferentes obras, e será a guía de boa parte das clases teóricas (complementándose coa lección maxistral para o desenvolvemento de conceptos chave). A intención é que os diferentes casos escollidos permitan identificar as tendencias vixentes nun contexto tan cambiante como o da explotación comercial das obras audiovisuais, e que axuden a comprender as diferentes estratexias e ventás presentes no sector na actualidade.
No que se refire á parte práctica da materia, a maioría das sesións encaixarán na aprendizaxe orientada a proxectos e o traballo tutelado: o festival organizado polo alumnado terá a aula como centro de reunión e toma de decisións (de xeito horizontal), mentres o profesorado servirá de titor e coordinador. Para a realización do festival empregaranse diferentes espazos técnicos e espazos de proxección da facultade, coa posibilidade tamén de utilizar outros espazos da USC. De cara ao traballo técnico e de comunicación, contémplase a utilización de equipos de gravación de audio e vídeo, equipamento de iluminación, equipamento de son ou cámaras fotográficas.
O Campus Virtual utilizarase tanto para compartir os materiais empregados nas clases como para fomentar o debate a través do foro e como espazo de toma de decisións en liña para o proxecto do festival.
Contémplase tamén a posibilidade de realizar prácticas de campo, debates e asistencia a conferencias ou outros eventos.
A avaliación farase a través de tres elementos:
- Probas de coñecementos: 30%
- Actividades de avaliación continua: 20%
- Exercicios prácticos: 50%
A parte teórica avaliarase a través dunha proba final e dunha serie de actividades de avaliación continua que tentarán achegar ao alumnado ao traballo de promoción e distribución no sector audiovisual.
A parte práctica avaliarase a través de exercicios prácticos (50% da nota final), contemplados como o total de tarefas que dan pé á realización do proxecto colectivo do festival. A nota sairá da combinación dun sistema de autoavaliación do alumnado (a tres niveis: o común da clase, o departamento de traballo e o rol individual) e as valoracións do profesorado.
Poderán propoñerse actividades complementarias para mellorar a nota.
SEGUNDA OPORTUNIDADE
O alumnado que non supere a materia deberá presentarse de novo nas partes suspensas.
No caso da parte teórica, se se realizaron as actividades de avaliación continua a nota das mesmas gardarase para a segunda convocatoria. Se non foi o caso, deberá realizar o exame, que contará o 50% da nota final.
Respecto á parte práctica, no caso de non tela superado, o traballo grupal será substituído pola elaboración dun plan de promoción e distribución para unha obra audiovisual inédita.
O sistema de avaliación contempla que é imprescindible ter aprobada a parte teórica e a parte práctica para superar a materia.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”.
EXENCIÓN DE DOCENCIA
Nesta materia non se pode eximir a asistencia ás aulas interactivas porque require exercicios individuais e/ou en grupo que implican a utilización de material técnico da facultade e a colaboración entre varios alumnos, así como a presenza na aula do profesor para comprobar a súa evolución. Ademais, é necesaria a utilización dos espazos específicos da facultade onde se imparten os laboratorios.
Docencia teórica: 24 horas
Docencia interactiva laboratorio: 24 horas
Titorización en grupo reducido: 3 horas
Probas de avaliación: 3 horas
Traballo persoal do alumnado: 96 horas
De cara a comprender o contexto inmediato da promoción e distribución audiovisual, recoméndase a asistencia aos diferentes festivais de cinema de Galicia, en particular aqueles realizados en Santiago de Compostela (Curtocircuíto, Cineuropa, Mostra de Cinema Etnográfico, Amal…) e aos espazos de exhibición convencionais (salas de cinema) e alternativos (cineclubes, asociacións). Ao mesmo tempo, proponse o seguimento das tendencias cambiantes do negocio do audiovisual a través de bases de datos e medios como Taquilla España, Audiovisual 451, IndieWire, Hollywood Reporter ou Variety.
As clases impartiranse en galego.
Cibran Tenreiro Uzal
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- cibran.tenreiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
13:00-14:30 | Expositivo 1 | Galego | Aula 8 |
Mércores | |||
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 8 |
Xoves | |||
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 8 |
08.01.2025 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 5 |
08.01.2025 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 6 |
17.06.2025 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |