Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Abordaxe da xestión do sector audiovisual nos Estados membros da UE e no Reino Unido.
2. Análise da xestión do sector en España, particularmente, desde a posta en marcha da radiotelevisión pública ata a actualidade, incluíndo a abordaxe da política audiovisual galega desde os seus inicios.
CONTIDOS TEÓRICOS
TEMA 1. As orixes do sector audiovisual
- Primeiras aproximacións á xestión política do audiovisual
- Solucións ao fallo de mercado da radiotelevisión
- O papel da Unión Europea na xestión do audiovisual: Protocolo de Amsterdam, DSA, DMA, EMFA...
- Policy makers e grupos de interese nos modelos de xestión do audiovisual: organos lexisladores, autoridades audiovisuais e lobbies
TEMA 2. Principais modelos de xestión política do audiovisual
- O modelo francés
- O modelo británico
- O modelo alemán
- O modelo nórdico
- O modelo estadounidense
TEMA 3. O servizo audiovisual público en Europa
- Evolución da radiotelevisión pública en Europa: orixes, evolución, transición dixital e aproximacións ideolóxicas
- Modelos de financiamento do servizo audiovisual público
- Modelos de gobernanza do servizo audiovisual público
- Modelos de regulación e rendición de contas do servizo audiovisual público (mandatos-marco e contratos programa)
- Valor público: dimensións e xestión dentro da radiotelevisión pública
TEMA 4. O servizo audiovisual público en España
- Nacemento e evolución da radiotelevisión pública española: ditadura, transición e configuración actual
- RTVE: regulación, gobernanza e financiamento
- O servizo audiovisual público autonómico
TEMA 5. O servizo audiovisual público en Galicia
- Creación e desenvolvemento da radiotelevisión pública de Galicia
- A CRTVG: regulación, gobernanza e financiamento
TEMA 6. A promoción de valores transversais no audiovisual
- Fomento da diversidade e da igualdade de xénero
- Fomento da diversidade lingüística
- Promoción dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible
CONTIDOS PRÁCTICOS
Ao longo da materia prevese a realización de varias prácticas en grupo que teñen como obxectivo consolidar e ampliar os contidos abordados nas sesións teóricas. Para cada unha destas prácticas dedicaranse varias sesións de seminario, e o resultado final será presentado na aula.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Azurmendi, A. (2007). La Reforma de la television pública española. Tirant lo Blanch.
Bustamante, E. (2013). Historia de la Radio y la Televisión en España. Una asignatura pendiente de la democracia. Gedisa.
Cabrera Blázquez F.J., Cappello M., Talavera Milla J., Valais S., Governance and independence of public service media, IRIS Plus, European Audiovisual Observatory, Strasbourg, February 2022. https://rm.coe.int/iris-plus-2022en1-governance-and-independence-of-pub…
Cañedo, A., Rodríguez-Castro, M., & López-Cepeda, A. M. (2022). Distilling the value of public service media: Towards a tenable conceptualisation in the European framework. European Journal of Communication, 37(6), 586-605. https://doi.org/10.1177/02673231221090777
Lopez-Cepeda, A.-M., Soengas-Pérez, X., & Campos-Freire, F. (2020). Gobernanza de las radiotelevisiones públicas europeas: poder estructural centralizado y politizado. Profesional De La información, 28(6). https://doi.org/10.3145/epi.2019.nov.18
Manfredi, J. L. M. S. (2008). La televisión pública en Europa. Fundación Autor.
Mazzucato, M., Conway, R., Mazzoli, E. M., Knoll, E., & Albala, S. (2020). Creating and measuring dynamic public value at the BBC. A scoping report. December.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Cascajosa Virino, C. & Zahedi, F. (2016). Historia de la televisión. Tirant Humanidades.
Cendán Fraga, A. (1998). A Televisión en Galicia. Lea.
D’Arma, A. (2018). How Do Public Service Broadcasters Make a Case for Themselves? An Analysis of BBC’s “Charter Manifestos.” Journal of Information Policy, 8(2018), 199–226. https://doi.org/10.5325/jinfopoli.8.2018.0199
Moragas Spà, M. de, Garitaonaindia, C., López, B. L. L., & Arvidson, P. (1999). Televisión de proximidad en Europa : experiencias de descentralización en la era digital. Universitat Autònoma de Barcelona, Servei de Publicacions.
Goyanes, M., Vaz-Álvarez, M., & Demeter, M. (2020). Political Pressures in TVE: Cascade Effects, Morphology of Manipulations and Professional and Personal Reprisals. Journalism Practice, 0(0), 1–17. https://doi.org/10.1080/17512786.2020.1772098
Guimerà Orts, J. À., & Bonet, M. (2020). A Fractured and Weaker Public Service Media: Territorial Organisation, Public Media Policy and Economic Crisis in Spain. Javnost, 27(3), 308–324. https://doi.org/10.1080/13183222.2020.1794417
López García, X., Soengas Pérez, X., & Rodríguez Vázquez, A. I. (2016). La televisión de proximidad como eje de la oferta audiovisual cercana: el papel de TVG en Galicia. AdComunica, 11, 61-. https://doi.org/10.6035/2174-0992.2016.11.5
Palacio, M. (2001). Historia de la televisión en España. Gedisa.
Sørensen, I. E., & Noonan, C. (2022). Production, policy and power: the screen industry’s response to the environmental crisis. Media, Culture and Society, 44(1), 172–184. https://doi.org/10.1177/01634437211065697
Túñez, M., Campos Freire, F., & Rodríguez Castro, M. (2021). The values of public service media in the internet society. Palgrave Macmillan.
CON.1 – Analizar a imbricación da comunicación audiovisual no contexto das industrias culturais
CON.2 – Coñecer o marco político, normativo e económico no que se desenvolve a industria audiovisual
CON. 4 – Coñecer as políticas audiovisuais europeas e a súa incidencia na cadea de valor audiovisual
HAB.4 – Manexar os fundamentos xurídicos, económicos, políticos e as técnicas e rutinas audiovisuais aplicadas a obras de ficción e non ficción
HAB.6 – Manexar os fundamentos, técnicas, tecnoloxías e rutinas da animación, a gamificación e a realidade virtual.
COM.1 – Deseñar e poñer en marcha estratexias de comunicación audiovisual efectiva en distintos medios, soportes e contextos.
Com.7 – Aplicar os coñecementos e as habilidades adquiridas dunha forma profesional e ética no desenvolvemento da Comunicación, tendo como referente os principios e valores democráticos e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible
- Clase maxistral: proporcionaranse as bases teóricas necesarias para poder analizar de forma crítica as políticas de comunicación.
- Estudos de caso: ofreceranse alternativas para realizar estudos de caso conforme a instrucións previamente pautadas.
- Debate: organizaranse debates na aula sobre temas previamente asignados para poder preparar a confrontación de distintas perspectivas.
- Presentación na aula
A avaliación levarase a cabo a través dun exame final obrigatorio (50%) e das prácticas realizadas en grupo (50%). O sistema de avaliación contempla que é imprescindible ter aprobada a parte teórica e a parte práctica para superar a materia.
No caso de plaxio ou uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”.
O alumnado con exención de docencia recoñecida poderá superar a materia se completa un plan de traballo alternativo. Este consistirá nunha adaptación das prácticas contempladas na materia para adecualas á realización individual e a distancia (50% da avaliación) e da realización do exame para a avaliación dos contidos teóricos (50%).
O sistema de avaliación na 2ª oportunidade será o mesmo que na primeira.
Docencia teórica: 24 horas
Docencia interactiva seminario: 24 horas
Titorización en grupo reducido: 3 horas
Probas de avaliación: 3 horas
Traballo persoal do alumnado: 96 horas
Recomendase manterse ao día das novidades na regulación do sector da comunciación. Para iso, son útiles recursos como a newsletter IRIS Merlin, do Observatorio Europeo do Audiovisual, ou o Directorio de Publicacións do Sector Audiovisual de España Hub Audiovisual de Europa.
Antia Maria Lopez Gomez
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Teléfono
- 881816527
- Correo electrónico
- antiamaria.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Marta Rodriguez Castro
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Teléfono
- 881816551
- Correo electrónico
- m.rodriguez.castro [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
13:00-14:30 | Expositivo 1 | Galego | Aula 8 |
Xoves | |||
09:00-10:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 8 |
16.05.2025 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 3 |
27.06.2025 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 3 |