Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Estudo e análise da utilización dos recursos estéticos e técnicos dos que dispón o director cinematográfico.
2. Análise e valoración razoada da posta en escena dun filme.
3. Aproximación ao mundo da interpretación audiovisual e da dirección de actores, e a súa posta en escena.
4. Estudo e análise da relación entre a cámara e o intérprete, e entre este e os diversos axentes que interveñen no proceso de creación dunha obra audiovisual.
CONTIDOS TEÓRICOS
TEMA 1. A POSTA EN ESCENA CINEMATOGRÁFICA
1.1 A figura e o labor do director
1.2 O punto de vista
1.3 O guión dende a perspectiva do director
1.4 A proposta estética
1.5 A posta en escena e a posta en cámara
1.6 A acción dramática e a súa coreografía espacial
1.7 Composición interna do plano: función expresiva e narrativa
1.8 Planos fixos, coreografía dentro do cadro e movementos de cámara
1.9 A articulación do tempo e a atmosfera dramática
1.10 Fragmentación espacial e plano secuencia
TEMA 2. A CONSTRUCIÓN DO PERSONAXE
2.1 Inspiración e nacemento do personaxe
2.2 O personaxe por fóra: caracterización psíquica, física e sociolóxica
2.3 O personaxe por dentro: emoción e conflito
2.4 Evolución e desenvolvemento do personaxe: que quere e que necesita
2.5 O universo do personaxe
2.6 As relacións do personaxe
2.7 O arco do personaxe
TEMA 3. A ENCARNACIÓN DOS PERSONAXES
3.1 A selección do elenco
3.2 Actor fronte a personaxe
3.3 Punto de vista do director, do personaxe e do actor
3.4 Dirección de actores: conflito, estado emocional e cambios de rexistro
3.5 Ensaios: repetición, modulación, improvisación
3.6 Accións físicas, texto, memoria dos sentidos e memoria emotiva
3.7 Afinar e harmonizar o guión
3.8 O actor e a cámara
TEMA 4. A MATERIALIZACIÓN DAS IMAXES
4.1 Planificación e pre-produción
4.2 Roles e funcións do equipo de rodaxe
4.3 Relación e colaboración co equipo técnico e artístico
4.4 A localización: factor decisivo
4.5 A rodaxe: técnicas, estratexias e dinámicas
CONTIDOS PRÁCTICOS
Práctica 1 (individual): Valor pictórico, expresivo e emocional do encadre. Realización dunha peza audiovisual de curta duración a partir de cinco planos
Práctica 2 (individual): Coreografía espacial e planificación estética. Realización dunha peza audiovisual de curta duración nun único plano secuencia
Práctica 3 (individual): Trazos autorais. Realización dunha peza audiovisual de curta duración inspirada no estilo de posta en escena dun autor ou autora singular
Práctica 4 (en grupo): Posta en escena dunha secuencia xa escrita. Realización dunha peza audiovisual de curta duración a partir dun guión xa existente
Práctica 5 (en grupo): Realización dunha peza audiovisual de curta duración a partir dunha idea orixinal
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Bresson, R. (1993). Notas sobre o cinematógrafo. Edicións Positivas.
Katz, S. (2000). Plano a plano: De la idea a la pantalla. Plot Ediciones.
Lumet, S. (1999). Así se hacen las películas. Rialp.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Binimelis, M. (2016). Perspectivas teóricas en torno a la representación de las mujeres en el cine: una breve aproximación histórica / Theoretical Perspectives on Women’s Cinema Representations: A Brief Historical Approximation. Secuencias, (42). https://doi.org/10.15366/secuencias2016.42.001
Cruz, C. (2014). Imágenes Narradas: Cómo hacer visible lo invisible en un guión de cine. Laertes.
Dardenne, L. (2006). Detrás de nuestras imágenes (1991-2005). Plot Ediciones.
Tarkovski, A. (2017). Atrapad la vida: Lecciones de cine para escultores del tiempo. Errata Naturae.
Tirard, L. (2010). Lecciones de cine: Clases magistrales de grandes directores. Ediciones Paidós.
Truffaut, F. (2010). El cine según Hitchcock. Alianza.
Weston, J. (2004). La dirección de actores. Fluir Ediciones.
CON.3 - Coñecer a transformación e evolución histórica das linguaxes e medios audiovisuais.
CON.5 - Coñecer as técnicas e tecnoloxías da documentación, ideación e creación propias da linguaxe audiovisual.
CON.7 - Coñecer as distintas metodoloxías de análises de calquera produto radiofónico, cinematográfico, televisivo ou multimedia.
HAB.1 - Transmitir de maneira idónea contidos audiovisuais destinados a públicos especializados e non especializados.
HAB.4 - Manexar os fundamentos xurídicos, económicos, políticos e as técnicas e rutinas audiovisuais aplicadas a obras de ficción e non ficción.
HAB.5 - Analizar, mediante diversas metodoloxías, calquera produto radiofónico, cinematográfico, televisivo ou multimedia.
COM.1 - Deseñar e implementar estratexias de comunicación audiovisual efectiva en distintos medios, soportes e contextos.
COM.3 - Recoñecer, exercitar e contextualizar as rutinas da produción, realización, dirección, edición e posprodución audiovisuais.
COM.4 - Aplicar diversas metodoloxías á análise, á crítica e á historiografía de calquera obra audiovisual ou multimedia.
COM.6 - Exercitar a coordinación e xestión de equipos profesionais na cocreación de produtos audiovisuais.
COM.7 - Aplicar os coñecementos e as habilidades adquiridas dunha forma profesional e ética no ámbito da Comunicación, tendo como referente os principios e valores democráticos e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
- Clase maxistral: clases teóricas para a adquisición dos conceptos fundamentais e da terminoloxía específica, nas que terán un peso relevante o debate público e o intercambio de ideas.
- Debate: visionado colectivo e análise en común de secuencias cinematográficas que estimulen a capacidade crítica e o ímpeto creativo dos nosos estudantes.
- Prácticas Laboratorio 1: elaboración de proxectos e pezas audiovisuais en grupo a fin de que o alumnado aplique os coñecementos teóricos adquiridos e se adestre de maneira crítica e creativa.
- Prácticas Laboratorio 2: elaboración de pezas audiovisuais individuais que poña a proba todos os niveis de aprendizaxe e creatividade do alumno.
- Prácticas Laboratorio 3: levaranse a cabo prácticas de dirección de actores no Plató de Cine da facultade.
- Foros de discusión - traballo en grupo: fomentaremos o uso do Campus Virtual, onde realizaremos actividades en remoto, entregaremos e avaliaremos as tarefas de laboratorio e poderemos partillar de xeito bidireccional (docente – estudante) materiais que axuden a complementar a docencia presencial.
Probas de coñecementos: 50 %
Prácticas experimentais: 50 %
Levaranse a cabo exercicios prácticos de carácter obrigatorio, tanto individuais como en grupo. Sen estas prácticas a materia non se considerará superada.
· O sistema de avaliación contempla que é imprescindible ter aprobada a parte teórica e a parte práctica para superar a materia.
· No caso de plaxio ou uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
· De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”.
· Réxime para o alumnado con exención de docencia:
Nesta materia non se pode eximir a asistencia ás aulas interactivas porque require exercicios individuais e/ou en grupo que implican a utilización de material técnico da facultade e a colaboración entre varios alumnos, así como a presenza na aula do profesor para comprobar a súa evolución. Ademais, é necesaria a utilización dos espazos específicos da facultade onde se imparten os laboratorios.
Docencia teórica: 24 horas
Docencia interactiva laboratorio: 24 horas
Titorización en grupo reducido: 3 horas
Probas de avaliación: 3 horas
Traballo persoal do alumnado: 96 horas
Participación activa no “Club de Cine Facom”, organizado polos alumnos e alumnas no Auditorio da propia facultade, fomentando así o debate, a análise e o intercambio de ideas entre os nosos e nosas estudantes.
Asistencia a espectáculos audiovisuais de interese artístico, especialmente os celebrados na cidade: Cineuropa, Curtocircuíto, Cineclube Compostela, Numax, MICE, Amal, Escenas do Cambio, USCénica, WOS, etc.
Visionado analítico de filmes dispoñibles na biblioteca da facultade.
Realización dos exercicios en grupo propostos na aula adoptando de cada vez un rol técnico e artístico diferente, co gallo de adquirir un maior coñecemento das especificidades de cada membro de equipo.
Maria Soliña Barreiro Gonzalez
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- mariasolina.barreiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Eloy Dominguez Seren
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- eloy.dominguez.seren [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Martes | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 7 |
Mércores | |||
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 7 |
Xoves | |||
12:00-13:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 7 |
26.05.2025 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 5 |
26.05.2025 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 6 |
30.06.2025 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |