Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Fundamentos da Análise Económica
Áreas: Fundamentos de Análise Económica
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo da materia é levar a cabo un estudo detallado dos principais modelos de análise macroeconómica, tanto en economías pechadas como en economías abertas, analizando os seus puntos de acordo e explicando as súas discordancias, buscando con isto que os estudantes entren en estreito contacto cos acontecementos macroeconómicos actuais e obteñan unha visión ampla e integrada da macroeconomía.
As competencias específicas obxectivo da materia son coñecer e comprender:
– os conceptos e indicadores básicos que se utilizan na análise macroeconómica.
– os elementos principais que conforman a determinación da renda a curto e medio prazo, e os seus compoñentes, nunha economía nacional.
– os modelos básicos que se utilizan para a comprensión dos ciclos económicos.
– os elementos fundamentais de determinación da renda a curto prazo nunha economía aberta.
– os conceptos básicos da política macroeconómica e a súa repercusión sobre o emprego e a inflación.
– cómo aplícanse os modelos teóricos á interpretación dos datos macroeconómicos.
A medición dos agregados macroeconómicos: produción, emprego e inflación. Os mercados de bens, de traballo e financeiros. O modelo IS-LM. Os ciclos económicos e a súa medición. Análise dos ciclos: o modelo keynesiano e o modelo clásico. Economías abertas: o modelo Mundell-Fleming. Oferta agregada e mercado de traballo. Políticas macroeconómicas de demanda e oferta. A curva de Phillips e a taxa natural de paro.
Bibliografía básica:
Blanchard, O. (2017). Macroeconomía 7ª ed. Pearson.
Bande, R. (2016). Macroeconomía. Createspace Independent Pub.
Bibliografía complementaria:
Blanchard, O.; Amighini, A. e F. Giavazzi (2012). Macroeconomía 5ª ed. Pearson.
Belzunegui et al. (2013). Macroeconomía. Problemas y ejercicios resueltos 3ª ed. Pearson.
Mankiw, N. G. (2020). Macroeconomía 10ª ed. Antoni Bosch.
Bajo, O. e C. Díaz (2011). Teoría y Política Macroeconómica. Antoni Bosch.
Krugman, P. e R. Wells (2016). Macroeconomía 3ª ed. Reverté.
As competencias xerais (CG) e específicas (CA) da titulación ás que contribúe a materia e as destrezas (D) que se adquiren son as seguintes:
CG1. Posuír e comprender os coñecementos que definen a Administración e Dirección de Empresas como disciplina científica, a un nivel que se apoia nos libros de texto avanzados e inclúe algúns dos aspectos máis relevantes que están na vangarda do coñecemento neste campo.
CG5. Posuír os coñecementos xerais de economía e as habilidades de aprendizaxe necesarias para continuar estudando e para emprender estudos especializados nos diversos ámbitos da empresa e noutras áreas relacionadas, cun alto grao de autonomía.
CA2. Coñecer o funcionamento do modelo de determinación da renda nunha economía aberta, o papel do diñeiro, as explicacións da inflación, o paro e o crecemento, e o papel dos instrumentos de política económica.
D6. Identificar as fontes de información económica relevante e o seu contido.
D7. Entender as institucións económicas como resultado e aplicación de representacións teóricas ou formais acerca de cómo funciona a economía.
As competencias transversais que se adquiren son: T1. análise e síntese; T8. razoamento crítico; T16. sensibilidade cara a problemas sociais; T23. estimulación intelectual.
Como establece o RD 1393/2007 e se recolle na memoria da titulación, tódolos títulos de grao deben garantir a adquisición das competencias básicas CB1-CB5.
A metodoloxía da ensinanza consistirá en exposicións teóricas combinadas con clases interactivas para a resolución de exercicios e a análise de problemas económicos reais. Os alumnos disporán dunha Guía Docente con información detallada que indicará o contido específico dos temas, as referencias bibliográficas complementarias e outra información relevante que sirva de orientación para o seu traballo persoal. A Guía Docente e todos os materiais do curso figurarán na Aula Virtual da USC.
O alumno deberá reafirmar os coñecementos adquiridos a través da lectura das referencias indicadas e a resolución de exercicios. Os exames e o resto das actividades de avaliación continua forman parte do proceso de aprendizaxe (ademáis de avaliar as competencias que o alumno adquire durante o curso).
A avaliación da materia ten en conta todas as actividades que se deben realizar ao longo do cuadrimestre. A cualificación final está composta nun 30% pola avaliación continua e nun 70% polo exame final, ambos establecidos a través de probas escritas.
As probas que se realizarán para a avaliación do alumno se describirán con detalle na Guía Docente da materia que estará publicada na Aula Virtual ao comezo do curso. Todas as competencias (CG1, CG5, CA2, D6, D7, T1, T8, T16 y T23) serán avaliadas tanto na avaliación continua como no exame final.
En canto a cualificación da avaliación continua, terase en conta únicamente para o curso académico correspondente (é dicir, para a primeira oportunidade de xaneiro e a segunda oportunidade de xuño) e non se manterá para cursos posteriores.
Cando o alumno non realice ningunha actividade académica avaliable conforme ao establecido na Guía Docente, constará como “non presentado” (ver Normativa sobre permanencia e asistencia en titulacións adaptadas ao EEES).
O alumnado con dispensa de asistencia a clase realizará únicamente o exame final (100% da cualificación).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Ademais das 48 horas de traballo presencial, o alumno deberá adicar 102 horas ao traballo persoal, que inclúe o estudo autónomo (individual ou en grupo) e a realización de lecturas e exercicios, así como a preparación dos exames.
Para superar a materia con éxito é recomendable que o alumno:
(a) se esforce e estude continuadamente ao longo do curso,
(b) resolva e discuta os exercicios prácticos propostos,
(c) lea as referencias recomendadas,
(d) acuda ás titorias planificadas para resolver as dúbidas relacionadas coa materia.
O estudante debe ser consciente de que o curso é un todo integrado e de que todos os temas están interrelacionados. Non se deben ver os temas como independentes e pensar que se pode entender un con independencia dos demais. O obxectivo é comprender o funcionamento global da economía e para iso hai que ter moi presente como interrelacionan todas as súas partes.
Manuel Fernandez Grela
- Departamento
- Fundamentos da Análise Económica
- Área
- Fundamentos de Análise Económica
- Teléfono
- 881811534
- Correo electrónico
- mf.grela [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
María Del Pilar Díaz Vázquez
Coordinador/a- Departamento
- Fundamentos da Análise Económica
- Área
- Fundamentos de Análise Económica
- Teléfono
- 881811553
- Correo electrónico
- p.diaz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Melchor Fernandez Fernandez
- Departamento
- Fundamentos da Análise Económica
- Área
- Fundamentos de Análise Económica
- Teléfono
- 881811551
- Correo electrónico
- melchor.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jose Manuel Amoedo Meijide
- Departamento
- Fundamentos da Análise Económica
- Área
- Fundamentos de Análise Económica
- Teléfono
- 881811715
- Correo electrónico
- jm.amoedo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución S. Esp. e outros
Uvenny Quirama Estrada
- Departamento
- Fundamentos da Análise Económica
- Área
- Fundamentos de Análise Económica
- Correo electrónico
- uvenny.quirama.estrada [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral USC
Luns | |||
---|---|---|---|
09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 07 |
11:30-13:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 22 |
Mércores | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLE_03 | Galego, Castelán | Aula 07 |
Xoves | |||
17:00-18:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán, Galego | Aula 07 |
Venres | |||
09:30-11:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 22 |
12:00-13:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 07 |
16.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A |
16.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula A |
16.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_1 | Aula A |
16.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_2 | Aula A |
16.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_3 | Aula A |
16.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_4 | Aula A |
16.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_03 | Aula A |
16.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_5 | Aula A |
16.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_6 | Aula A |
16.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_03 | Aula B |
16.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_5 | Aula B |
16.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_6 | Aula B |
16.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula B |
16.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula B |
16.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_1 | Aula B |
16.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_2 | Aula B |
16.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_3 | Aula B |
16.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_4 | Aula B |
18.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula A |
18.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_1 | Aula A |
18.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_2 | Aula A |
18.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_3 | Aula A |
18.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_4 | Aula A |
18.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_03 | Aula A |
18.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_5 | Aula A |
18.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_6 | Aula A |
18.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A |