Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
Áreas: Organización de Empresas
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | (Si)
- Establecer unha base de coñecementos sólida que propicie a comprensión da calidade como principio básico da xestión e do desenvolvemento das actividades empresariais.
- Analizar a problemática relativa aos procesos de certificación e acreditación da calidade.
Tema 1: A función da calidade
Tema 2: Calidade: Enfoques
Tema 3: Xestión da Calidade Total
Tema 4: Calidade e ingresos
Tema 5: Custes da calidade
Tema 6: Técnicas para a xestión da calidade
Tema 7: Administración da calidade
Tema 8: Certificación e Acreditación
CAMISÓN, CRUZ y GONZÁLEZ (2011): Gestión de la Calidad: Conceptos, enfoques, modelos y sistemas. Pearson Educación, Madrid
CLAVER, MOLINA, TARÍ (2011): Gestión de la Calidad y gestión medioambiental. Fundamentos, herramientas, Normas ISO y relaciones. Pirámide, Madrid
CORMA (2006): Aplicaciones prácticas del modelo EFQM de excelencia en PYMES. Diez de Santos, Madrid
CROSBY (1987): La calidad no cuesta. CECSA, México
CROSBY (1990): Hablemos de calidad. McGraw-Hill Interamericana, México
CUATRESACAS (2017): Gestión integral de la Calidad: implantación, control y certificación. Ediciones Gestión 2000, Barcelona.
DEMING (1989): Calidad, productividad y competitividad. La salida de la crisis. Díaz de Santos, Madrid
HEIZER, J. y RENDER, B. (2015): Dirección de la producción y de operaciones. Decisiones estratégicas (11ª ed.). Prentice Hall.
HEIZER, J. y RENDER, B. (2015): Dirección de la producción y de operaciones. Decisiones tácticas (11ª ed.). Prentice Hall.
ISHIKAWA, KAROU (1994): Introducción al Control de la Calidad. Díaz de Santos
RECURSOS ELECTRÓNICOS:
Heredia Álvaro, José Antonio (2013): Sistema de indicadores para la mejora y el control integrado de la calidad de los procesos ISBN/ISSN 9788415443230 (Prelo.Intercambio)
González Gaya, Cristina (2013): Técnicas de mejora de la calidad ISBN/ISSN 9788436266412 (Prelo Intercambio)
Franco Uría, Amaya (2015): Xestión e control de calidade. ISBN/ISSN 9788416183364 (Prelo Intercambio)
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS:
CB2 - Que os/as estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os/as estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os/as estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os/as estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
CG4 - Saber comunicar información, ideas, problemas e propostas de solución a cuestións de índole empresarial tanto a un público especializado como non especializado, facendo uso tanto da linguaxe verbal e escrita como dos medios e técnicas de representación de relacións e presentación de datos que se empregan na disciplina
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT1 - Análise e síntese
CT2 - Organización e planificación
CT3 - Comunicación oral e escrita
CT4 - Xestión da información.
CT5 - Coñecementos de tecnoloxía da información relativos ao ámbito de estudo.
CT6 - Resolución de problemas.
CT7 - Toma de decisións.
CT8 - Razoamento crítico
CT9 - Autonomía na aprendizaxe
CT10 - Traballo en equipo
CT16 - Sensibilidade cara a problemas sociais e ambientais
CT17 - Negociación e tratamento de conflitos
CT18 - Iniciativa e espírito emprendedor
CT19 - Creatividade e capacidade innovadora
CT22 - Desenvolvemento da calidade
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS:
D8 - Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais
D10 - Aplicar á análise dos problemas criterios profesionais baseados no manexo de instrumentos técnicos
As clases expositivas serán empregadas para a presentación dos contidos teóricos da materia. As clases interactivas estarán enfocadas á resolución de problemas, comentarios de textos e análises de casos.
Empregarase o soporte virtual para a docencia. En caso de ser posible, levarase a cabo algunha sesión práctica en forma de conferencia ou visita a empresa.
A avaliación da materia se leva a cabo seguindo un proceso de avaliación continua no que se teñen en conta todas as actividades que se deben realizar ao longo do cuadrimestre, complementado cun exame final.
Na devandita avaliación continua teranse en conta aspectos tales como o uso adecuado das técnicas e ferramentas propias da materia, a claridade e capacidade expositiva, o dominio da terminoloxía propia da materia ou a participación activa, cun peso na avaliación final dun 30%.
O exame final constará de preguntas teóricas que poderán ser de distintos tipos, e/ou exercicios/casos prácticos, cun peso na avaliación final dun 70%.
Para poder suma-la nota de avaliación continua é necesario que os estudantes obteñan unha nota superior ou igual a cinco (sobre dez) no exame. Para aprobar o curso é necesario que a nota total do exame mais as das actividades sexa igual ou superior a cinco (sobre dez).
No caso de realizar de forma fraudulenta casos, exercicios ou probas, aplicarase o disposto no “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
A asistencia tanto a clases expositivas como a clases interactivas é obrigatoria, a menos que se conceda ao alumno unha dispensa de asistencia seguindo a Instrución N. 1/2017, da Secretaría Xeral, sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias. Os alumnos aos que se lles conceda a dispensa serán avaliados cun exame final específico que representará o 100% da nota final.
Para os alumnos repetidores o sistema de avaliación será o mesmo, existindo a posibilidade, a xuízo do profesorado, de conservar a avaliación positiva de actividades do curso anterior.
Horas presenciais: 45 h.
Horas non presenciais: 3 h. semanais
Preparación do exame final: 20 h.
Horas de avaliación: 5 h.
Total volume de traballo: 112,5 horas
Coñecementos básicos de Organización de Empresas, Organización da Produción, Estatística e Informática de Xestión.
Asistencia a clases e participación activa na aula. Realización das lecturas recomendadas así como da análise e resolución de casos prácticos e problemas.
Alejo Becerra Diaz
Coordinador/a- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Organización de Empresas
- Teléfono
- 982824460
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución S. Esp. e outros