Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade
Áreas: Economía Financeira e Contabilidade
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | (Si)
Despois do estudo desta materia o alumno debería ser capaz de coñecer e comprender:
A contorna do Investimento Financeiro. Fundamentos do Investimento Financeiro. Determinación de Carteiras Eficientes. Técnicas para o Cálculo da Fronteira Eficiente. Estrutura de Correlación do Rendemento dos Activos: Modelo de Índice Único e Modelos Multi-Índice. A Análise de Utilidade no Investimento Financeiro. Modelos de equilibrio e eficiencia no mercado de capitais Modelo de Valoración de Activos Financeiros: O Capital Asset Pricing Model ( C.A. P.M.). A Teoría da Arbitraxe na Fixación de Prezos: Arbitrage Pricing Theory (A. P. T.). A Eficiencia nos Mercados de Capitais. A Asignación de Activos Financeiros. Medida e Avaliación da Performance. O Investimento Financeiro Internacional.
PARTE I. ANÁLISE E SELECCIÓN DE CARTEIRAS
Contorna e fundamentos do Investimento Financeiro
Determinación de carteiras eficientes
Técnicas para o cálculo da Fronteira Eficiente
Estrutura de correlación do rendemento dos activos
PARTE II. MODELOS DE EQUILIBRIO E EFICIENCIA NO MERCADO DE CAPITAIS
Eficiencia nos mercados de capitais
Modelos de valoración de activos financeiros: Capital Asset Pricing Model ( C.A. P.M.) e Arbitrage Pricing Theory (A. P. T.)
Teoría de valoración de opcións
PARTE III. ASIGNACIÓN DE ACTIVOS E AVALIACIÓN DO PROCESO DE INVESTIMENTO
Asignación de activos e valoración da performance
Investimento financeiro internacional
Aplicacións prácticas: Deseño de carteiras de investimento axustadas ao tipo de investidor. Particularidades da Xestión de Carteiras na Empresa Familiar.
BÁSICA:
ELTON, E. J., GRUBER, M. J., BROWN, S.J. y GOETZMANN, W.N. (2014): Modern Portfolio Theory and Investment Analysis, ed. Wiley Custom, Inc., 9ª Edición, New York.
BODIE, Z., KANE, A. y MARCUS, A. J. (2004): Principios de Inversiones, McGraw-Hill, 5ª Edición, Madrid.
TEORÍA:
CUTHBERTSON, K. y NITZSCHE, D. (2008): Investments, 2ª edición, Wiley, Chichester.
ELTON, E. et.al. 2007 The investment portfolio user's manual, John Wiley & Sons Limited
FABOZZI, F. J., MARKOWITZ, H. M. y KOSTOVESTSKY, L. (2011): The Theory and Practice of Investment Management Workbook, 2ª edición, Wiley Finance, New Yersey.
FAMA, E.F. (2021) The Fama Portfolio, University of Chicago Press
GITMAN, L. J. y JOEHNK, M. D. (2009): Fundamentos de Inversiones, 10ª edición, México.
GÓMEZ-BEZARES, F., MADARIAGA, J.A. y SANTIBAÑEZ, J. (2016): Gestión de Carteras. Eficiencia, Teoría de Cartera, CAPM, APT. Editorial Desclée de Brouwer, Bilbao.
JONES, C. (2007): Investments, 10ª edición, Wiley, Hoboken.
GARCÍA PARAMÉS, F. (2016) Invirtiendo a largo plazo. Mi experiencia como inversor. 4ª edición. Deusto. Grupo Planeta.
ROWLAND, C.; LAWSON, J.M. y RICO, A.R. (2020): La cartera permanente. Colección Baelo.
SHARPE, W.F. (2007): Investors and Markets, Princeton University Press, Princeton and Oxford, New Jersey.
VILLALBA, D. (2016): Teoría y práctica de la gestión de carteras, Colección Estudios e investigación, BME Bolsas y Mercados Españoles, Madrid.
PRÁCTICA:
LÓPEZ PENABAD, M.C., REDONDO LÓPEZ, J.A. y RODRÍGUEZ SANDIÁS, A. (2009): La Práctica de las Inversiones Financieras, Andavira editora, Santiago de Compostela.
Consulta disponibilidad en el catálogo BUSC: http://iacobus.usc.es/search~S1*gag?/rInvestimentos+Financeiros/rinvest…
Básicas e Xenerais
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
CG1 - Posuír e comprender os coñecementos que definen á Administración e Dirección de Empresas como disciplina científica, incluíndo as súas teorías, historia, métodos, técnicas e áreas de aplicación, a un nivel que se apoia nas publicacións máis avanzadas e inclúe algúns dos aspectos máis relevantes que están na vangarda do coñecemento neste campo.
CG5 - Posuír os coñecementos xerais e as habilidades de aprendizaxe necesarias para continuar estudando e para emprender estudos especializados nos diversos ámbitos da empresa e noutras áreas relacionadas, cun alto grao de autonomía.
Transversais
CT1 - -Análise e síntese
CT6 - -Resolución de problemas.
CT7 - -Toma de decisións.
CT9 - -Autonomía na aprendizaxe
Específicas
B4 - Selección de proxectos de investimento, modelos de carteira, estrutura de financiamento en canto a medios e políticas, custo do capital e combinación risco-rendibilidade.
D9 - Usar habitualmente a tecnoloxía da información e as comunicacións en todo a súa desempeño profesional.
D10 - Aplicar á análise dos problemas criterios profesionais baseados no manexo de instrumentos técnicos.
Materia optativa de 4,5 ECTS, distribuídos en 18 horas de clases expositivas e 18 de clases interactivas.
As sesións de aula dedicadas a clases expositivas teñen como obxectivo a introdución e explicación dos aspectos básicos de cada tema proporcionando ao alumno a información adicional necesaria que permita un adecuado desenvolvemento do proceso de aprendizaxe.
As prácticas están encamiñadas a resolver casos nos que o alumno se ten que enfrontar á toma de decisións de investimento. As prácticas adoptan diversas modalidades e na súa maior parte requiren o manexo da folla de cálculo, realizándose na aula de informática.
A aula virtual da USC será o punto de referencia para o desenvolvemento da docencia e seguimento da materia, a través da páxina do curso na que se ofrece a programación periódica das clases e o material de apoio correspondente.
O sistema de avaliación será continuo e estará formado por dous elementos. Un exame teórico-práctico que supoñerá o 50% da nota final, e o 50% restante, corresponderase con actividades programadas, realización de traballos e casos propostos durante o curso. Requirirase no exame un mínimo de 2 puntos (sobre os 5 que supón na nota final) para poder superar a materia e sumar coa nota da avaliación continua. O sistema de avaliación será igual en todas as convocatorias e alumnos repetidores.
Os alumnos exentos de asistencia por dispensa realizarán o exame na data oficial optando ao 100% da nota.
A relación das diferentes actividades avaliables ao longo do curso, a súa ponderación, e como se vai a facer o seu seguimento indicarase na guía docente da materia que estará publicada na aula virtual ao comezo do curso.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Avaliación de competencias
Avaliación continua: CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CT1, CT6, CT7, CT9, D9, D10
Exame final: CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CG1·, CG5, CT6, CT9, B4
Total horas traballo presencial na aula 45
Total horas traballo persoal do alumno 67.5
Ada Maria Perez Pico
Coordinador/a- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Correo electrónico
- adamaria.perez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU