Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Cuantitativa
Áreas: Economía Cuantitativa (propia da USC)
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Proporcionar ao alumno/a o coñecemento e manexo das técnicas estatísticas necesarias para o análise descritivo de datos económicos e empresariais así como a metodoloxía das principais estatísticas das que dispoñemos.
TEMA 1.- INTRODUCIÓN
1.1.- A Ciencia Estatística. Definición e contido
1.2.- Conceptos xerais de Estatística
1.3.- Fontes de datos estatísticos
1.4.- A mostraxe
TEMA 2.- ANÁLISE DESCRITIVA DUNHA VARIABLE
2.1.- Distribucións de frecuencias
2.2.- Representacións gráficas
2.3.- Medidas posición, dispersión e forma
2.4.- Medidas de concentración
2.5.- Momentos. Extensións a máis dunha variable.
TEMA 3.- ANÁLISE DESCRITIVA DE DÚAS VARIABLES
3.1.- Distribucións bidimensionais. Tabulación e representacións gráficas
3.2.- Distribucións marxinais e condicionadas
3.3.- Dependencia e independencia estatística. Covarianza
3.4.- Momentos. Xeneralización ás características n-dimensionais
TEMA 4.- AS TÉCNICAS DE REGRESIÓN E CORRELACIÓN
4.1.- Regresión lineal
4.2.- Correlación
4.3.- Predición
4.4.- Elasticidade
4.5.- Formas non lineais
TEMA 5.- NÚMEROS ÍNDICES
5.1.- Taxas de variación.
5.2.- Definición e clasificación dos números índices
5.3.- Índices de prezos, cantidades e valor
5.4.- Aplicación dos números índices: Cambio de base. Deflactación. Participación e repercusión.
TEMA 6: ESTATÍSTICAS SOCIO-ECONÓMICAS
6.1.- Índices de Prezos ao Consumo
6.2.- Índice de Producción
6.3.- Estatísticas do mercado de traballo: Enquisa de Poboación Activa. Paro rexistrado.
6.4.- Estatísticas financeiras, tributarias e de seguros.
6.5.- Estatísticas do mercado bursátil.
6.6.- Outros indicadores económicos.
TEMA 7.- SERIES TEMPORAIS
7.1.- Análise clásica das series temporais.
7.2.- Compoñentes.
7.3.- Desestacionalización
Básica:
ESTEBAN GARCÍA, J. y otros (2005): Estadística descriptiva y nociones de probabilidad. Thomson, Madrid.
MARTÍN PLIEGO, F.J. (2004): Introducción a la Estadística Económica y Empresarial: Teoría y práctica. Thompson Paraninfo S. A., Madrid.
RUIZ MUÑOZ, D. (2004): Manual de Estadística editado por eumed.net.
ISBN: 84-688-6153-7
https://www.eumed.net/cursecon/libreria/drm/drm-estad.pdf
TOMEO, V. ; UÑA, ISAÍAS (2009): Estadística descriptiva. Garceta, Madrid
Complementaria:
CASAS SÁNCHEZ, J. M., SANTOS PEÑA, J. (1995): Introducción a la Estadística para Economía y Administración de Empresas, vol 1. Centro de Estudios Ramón Areces, S.A., Madrid.
ESCUDER VALLÉS, R. (1997): Métodos estadísticos aplicados a la Economía. Ariel, Barcelona.
FERNÁNDEZ, C., FUENTES, F. (1995): Curso de Estadística Descriptiva: Teoría y Práctica. Ariel Economía, Barcelona.
GARCÍA BARBANCHO, A. (1991): Estadística elemental moderna. Ariel Economía, Barcelona.
LLORENTE GALERA, F., MARTÍN FERIA, S. Y TORRA PORRAS, S. (2000): Principios de estadística descriptiva aplicada a la empresa. Centro de Estudios Ramón Areces, D.L. Madrid.
MARTÍN PLIEGO, F.J. (2004): Introducción a la Estadística Económica y Empresarial: Teoría y práctica. Thompson Paraninfo S. A., Madrid.
MONTIEL, A.M., RIUS, F., BARÓN, F.J. (1997): Elementos básicos de Estadística Económica y Empresarial. Prentice-Hall, Madrid.
PÉREZ SUÁREZ, R. e outros (1993): Análisis de datos económicos 1. Métodos Descriptivos. Pirámide, Madrid.
RIOBÓO, J.M., TATO, M. (1992): Estadística Económica y Empresarial I: evolución histórica, concepto y método de la estadística económica y empresarial. GIC Ediciones, Santiago.
RIOBÓO, J.M.; DEL ORO, C.P. (2000): Representaciones gráficas de datos estadísticos. AC, Madrid.
URIEL, E., MUÑÍZ, M. (1988). Estadística Económica y Empresarial. Teoría y ejercicios. AC, Madrid.
Exercicios e problemas:
PÉREZ, C. (2002): Estadística aplicada a través de Excel. Pearson Educación, Madrid.
SANZ, J. A., BEDATE, A., RIVAS, A., GONZÁLEZ, J. (1996): Problemas de estadística descriptiva empresarial. Ariel, Barcelona.
BÁSICAS E XERAIS
CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e se adoita atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
CG2 - Saber elaborar e defender argumentos sobre cuestións económicas a un nivel xeral, así como resolver problemas sobre estas cuestións, facendo uso dos seus coñecementos sobre a realidade empresarial, as teorías, os modelos e os métodos científicos propios.
CG3 - Saber identificar, reunir e interpretar datos relevantes sobre cuestións relacionadas co ámbito empresarial, incorporando na elaboración de xuízos e propostas as consideracións pertinentes sobre a súa dimensión social, científica ou ética
TRANSVERSAIS
CT1 - Análise e síntese.
CT3 - Comunicación oral e escrita.
CT4 - Xestión da información.
CT5 - Coñecementos de tecnoloxía da información relativos ao ámbito de estudo.
CT6 - Resolución de problemas.
CT7 - Toma de decisións.
CT8 - Razoamento crítico.
CT23 - Estimulación intelectual
ESPECÍFICAS
C2 - Elementos básicos de estatística descriptiva, probabilidade e inferencia estatística
D6 - Identificar as fontes de información económica relevante e o seu contido.
D8 - Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais
D10 - Aplicar á análise dos problemas criterios profesionais baseados no manexo de instrumentos técnicos
Clases de pizarra en grupo grande: Utilizarase para actividades presenciais de tipo expositivo que non requiran unha participación activa dos/as estudantes, e nas que, por tanto, o número de estudantes por grupo non é un factor crítico para o seu desenvolvemento: clases expositivas, presentación de materiais audiovisuais, conferencias,…
Clases en grupo reducido: Nel organizaranse actividades presenciais que buscan ou requiren unha participación activa dos e as estudantes: prácticas con computador, seminarios, discusión de casos prácticos, resolución de problemas, traballo con textos ou datos, exposición de traballos, etc.
Aula Virtual con material de apoio dispoñible.
As titorías serán prioritariamente presenciais.
Idioma no que se imparte a materia: Castelán.
O sistema de avaliación terá en conta todas as actividades desenvolvidas polo alumnado: participación activa na análise de casos, debate e comentario de lecturas, artigos ou noticias de prensa, presentación e exposición de traballos, realización do exame de contidos, etc.
O alumnado con dispensa de asistencia a clase concedida (instrución nº 1/2017 da Secretaría Xeral) pode obter o 100% da nota no exame oficial.
A avaliación da materia será da seguinte forma:
- O 70% da nota é avaliación mediante exame escrito no que se avaliarán as seguintes competencias: CG2, CT1, CT3, CT4, CT5, CT6, CT7, CT8, C2, D6, D8, D10
- O 30% restante é avaliación continua en base ás actividades realizadas durante o curso (controis, intervencións, resolución de exercicios en clase, ...), que requiren da participación regular en todas elas. Nesta parte avaliaranse as seguintes competencias: CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CG3, CT23.
As alumnas ou alumnos que non participen en ningunha das actividades da avaliación continua poderán optar ao 100% da nota na realización do exame final.
Para aprobar, por calquera das opcións, hai que obter unha nota de 5 puntos ou máis nunha escala de 10.
A 2ª etapa de avaliación, a extraordinaria de xullo, será como a anterior podéndose renunciar á avaliación continua durante a realización do exame que se puntuará, neste caso, sobre 10.
De acordo coa Normativa de Permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia e/ou participación en calquera das actividades suxeitas a avaliación suporá que a nota final do estudante sexa distinta de NON PRESENTADO.
As probas realizaranse na data e horario establecidos pola Facultade.
Para as probas é obrigatorio presentar un documento de identificación oficial: carné de identidade, cartón universitario, pasaporte, etc.
NOTA IMPORTANTE: Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións" da USC.
Outros matices sobre estes criterios básicos facilitaranse ao longo do curso.
Seguindo a memoria do Grao: 60 horas de traballo presencial na aula e 90 horas de traballo persoal do alumno.
A linguaxe matemática é necesaria para o desenvolvemento da materia xa que esta lingua é na que se expresa a Estatística. Neste sentido o/a alumno/a ten que facer un esforzo ao comezo do curso cara o emprego dunha linguaxe precisa.
O/A alumno/a ten que adquirir as ferramentas necesarias para a interpretación precisa dos resultados estatísticos obtidos ou recollidos noutras fontes. O debate na aula sobre os contidos é unha ferramenta útil para a comprensión da materia.
Maria Jesus Mosquera Criado
- Departamento
- Economía Cuantitativa
- Área
- Economía Cuantitativa (propia da USC)
- Teléfono
- 982824410
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Escola Universitaria
Martes | |||
---|---|---|---|
11:00-12:45 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 1 |
02.06.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Magna |
07.07.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Magna |