Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Cuantitativa
Áreas: Economía Cuantitativa (propia da USC)
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A partir dos coñecementos básicos que o alumnado recibiu ao cursar a materia de Econometría I no primeiro cuadrimestre do terceiro curso, neste afóndase nos métodos econométricos fundamentais para o que, en primeiro lugar, enlázase cos coñecementos adquiridos no curso anterior a través dos problemas que xorden a raíz do incumprimento dalgunha das hipóteses de partida. A partir desta visión global, abórdase o estudo de problemáticas particulares relacionadas coa análise da realidade empresarial, o que permite ao alumnado adquirir unha visión máis ampla das posibilidades da materia, para poder así interpretar traballos econométricos de dificultade media, e adquirir os coñecementos necesarios para afrontar temas econométricos máis avanzados.
TEMA 1. Incumprimento das hipóteses do Modelo de Regresión Linear Clásico.
TEMA 2. O Modelo de Regresión Linear Xeneralizado: hipóteses, propiedades dos estimadores, inferencia e predición.
TEMA 3. Modelos dinámicos uniecuacionais. Modelos de series de tempo. Cointegración, causalidade e interdependencia: Introdución.
TEMA 4. Microeconometría e decisión.
TEMA 5. Emprego de aplicacións informáticas (de carácter transversal).
BÁSICA:
Greene, W. (2001): Análisis Econométrico. Madrid: Pearson Education.
Johnston, J. (1989): Métodos de Econometría. Barcelona: Vicens-Vives.
Koop, G. (2006): Analysis of financial data. Chichester: John Wiley & Sons.
(http://www.netlibrary.com/urlapi.asp?action=summary&v=1&bookid=151609)
Wooldridge, J.M. (2010): Introducción a la Econometría: Un enfoque moderno. Madrid:Paraninfo Thomson Learning.
COMPLEMENTARIA:
Alonso, A.; Fernández; J.; Gallástegui, I (2005): Econometría. Madrid: Pearson E
Cabrer, B; Sancho, A; Serrano, G. (2001): Microeconometría y decisión. Madrid: Pirámide.
Guisán, M.C. (1197): Econometría. Madrid: McGraw-Hill.
Gujarati, D. (1997): Econometría. Bogotá: McGraw-Hill.
Hill, R. C.; Griffiths, W. E.; Lim, G. C. (2008): Principles of Econometrics. Hoboken: Wiley & Sons Inc.
Novales, A. (1993): Econometría. Madrid: McGraw-Hill.
Otero, J. M. (1993): Econometría. Series temporales y predicción. Madrid: AC.
Pulido, A; Pérez; J. (2001): Modelos Econométricos. Madrid: Pirámide.
Stock, J.H; Watson, M.M.(2012): Introducción a la Econometría. Madrid: Pearson E.
Studenmund, A.H. (2006): Using Econometrics: A Practical Guide. Pearson E.
Uriel, E. e Peiró, A. (2000): Introducción al análisis de series temporales. Madrid: AC.
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS
CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudio que parte da base da educación secundaria xeral, e sólese encontrar a un nivel que, si ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudio.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que solen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudio.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudio) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes podan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudios posteriores cun alto grao de autonomía.
CG2 - Saber elaborar e defender argumentos sobre cuestións económicas a un nivel xeral, así como resolver problemas sobre estas cuestións, facendo uso dos seus coñecementos sobre a realidade empresarial, as teorías, os modelos e os métodos científicos propios.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
C4 - Elementos básicos de modelos econométricos e predición.
D6 - Identificar as fontes de información económica relevante e o seu contido.
D7 - Entender as institucións económicas como resultado e aplicación de representacións teóricas ou formais acerca de como funciona a economía.
D8 - Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT5 - Coñecementos da tecnoloxía da información relativos ao ámbito de estudio.
CT9 - Autonomía na aprendizaxe.
CT10 - Traballo en equipo.
Na aula virtual desta materia no Campus Virtual da USC, se indicará a principio de curso unha guía docente.
Ao tratarse dunha materia eminentemente aplicada á problemática económica, préstase especial atención ao traballo continuado do alumnado.
As sesións expositivas teñen como obxecto a introdución e explicación dos aspectos fundamentais de cada tema, proporcionándolle ao alumnado os recursos adicionais necesarios que lle permitan un adecuado desenvolvemento do proceso de aprendizaxe autónoma.
As clases interactivas impártense na aula de informática. Estas clases prácticas, nas que se utiliza o ordenador, están encamiñadas a que o alumnado consiga unha mellor comprensión dos contidos básicos e se familiarice coas novas ferramentas informáticas e coa resolución de problemas concretos no ámbito da empresa.
Estas actividades teórico-prácticas poderán complementarse con traballos concretos que o alumnado deberá realizar autonomamente. Con estes traballos tamén se pretende contribuír á adquisición de habilidades para elaborar e presentar estudos referentes á realidade económica máis actual.
Na guía docente mencionada no apartado anterior, se recollerá este sistema (que será aplicable igualmente na primeira como na segunda oportunidade de avaliación).
O sistema principal de avaliación é o de avaliación continua, que será incompatible coa avaliación mediante un exame final sobre o 100% da cualificación máxima posible (sobre 10).
- O alumnado obterá unha parte da cualificación final en base ao traballo realizado ao longo do cuadrimestre: participación en clase, resultados das distintas probas, traballos realizados... A valoración detallada destas actividades así como o peso que terá na puntuación final (en todo caso entre un 30% e un 40%) establecerase na correspondente guía docente da materia do curso 2023-2024.
- A puntuación restante ata completar o 100% obterase mediante un exame final. O contido deste exame final debe ter en conta e valorar de forma complementaria o traballo continuado realizado polo alumnado.
O alumnado que xa fixera a avaliación continua en cursos anteriores, poderá optar por facer un exame final específico que se valorará na escala da máxima cualificación posible (sobre 10). Esta elección deberá ser comunicada ao profesorado responsable da docencia, antes da data do exame final e nos prazos establecidos ao comezo do curso.
Para o alumnado con dispensa de asistencia a clase, a avaliación se realizará mediante un exame final específico que se valorará na escala da máxima cualificación posible (sobre 10). As condicións para obter a dispensa de asistencia a clase poden consultarse en: http://www.usc.es/gl/goberno/secxeral/instrucions.html (Instrución 1/2017).
AVALIACIÓN DE COMPETENCIAS:
Avaliación continua: CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CG2, CT5, CT9, CT10, D6, D8.
Exame final: CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CG2, C4, D7.
NOTAS IMPORTANTES:
1) A Normativa sobre Permanencia da USC sinala no artigo 5 que "A cualificación dunha convocatoria na que o alumno non se presenta, ou non supera os obxectivos establecidos será de "suspenso", salvo que o estudante non realice ningunha actividade académica avaliable conforme ao establecido na programación ou guía docente, en cuxo caso constará como "non presentado"".
(https://minerva.usc.es/xmlui/handle/10347/12611)
2) Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións" da USC.
Como a carga total de cada crédito se estima en 25 horas totais para o alumnado, o tempo de estudo e traballo persoal que se estima para superar esta materia é de 150 horas.
O alumnado debería ter superada a materia Econometría I desta titulación, e adquirida axilidade no uso de aplicacións informáticas específicas.
A materia impártese en galego.
Empregarase o aplicativo informático GRETL.
Juan Carlos Estevez Nuñez
- Departamento
- Economía Cuantitativa
- Área
- Economía Cuantitativa (propia da USC)
- Correo electrónico
- ecadrian.estevez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
11:00-12:45 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 3 |
02.06.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Magna |
07.07.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Magna |