Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
Áreas: Comercialización e Investigación de Mercados
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | (Si)
O obxectivo xenérico que se pretende con esta materia é proporcionar aos alumnos os coñecementos necesarios sobre o conxunto estratexias comercias das que dispoñen os intermediarios que lles permita actuar sobre os seus mercados obxectivos, e ser o suficientemente competitivas para poder acadar os resultados desexados pola organización.
1.- O comportamento do consumidor no establecemento retallista
2.- Clasificación do sistema comercial
3.- A decisión de localización da empresa retallista
4.- Estratexia de variedade de produtos e marca de distribuidor
5.- Merchandising da empresa retallista
6.- A promoción de vendas nas empresas retallistas
7.- Distribución omnicanal. Internet e comercio electrónico
Bibliografía básica:
- Molinillo S. (coord.) (2012): Distribución comercial aplicada. Ed. ESIC.
- Casares, J.; Aranda, E.; Martín, V.J.; Casares, J. (2022): Distribución comercial, 5ª edición. Ed. Cívitas
Bibliografía complementaria:
- Cruz, I. (2012): Canales de distribución: especial referencia a los productos de alimentación. Ed. Pirámide.
- Díez E. (coord.) (2004): Distribución comercial (3ª edición). Ed. McGraw-Hill.
- Díez E.; Landa, F.J. y Navarro, A. (2006): Merchandising. Teoría y práctica (2ª edición). Ed. Pirámide.
- Maraver, G. (coord.) (2005): Distribución comercial. Ed. UOC.
- Martínez F.; Maraver, G. (editores) (2009): Distribución Comercial. Ed. Delta.
- Palomares, R. (2009): Merchandising: teoría, práctica y estrategia. Ed. ESIC.
- Stern, L.W.; El-Ansary, A.; Coughlan, A.T. y Cruz, I. (1999): Canales de comercialización (5ª edición). Ed. Prentice Hall.
- Vázquez, R; Trespalacios J.A. (coord.) (2006): Estrategias de distribución comercial. Diseño del canal de distribución y relación entre fabricantes y detallistas. Ed. Paraninfo.Aparicio
- G. y Zorrilla, P. (2015): Distribución comercial en la era omnicanal. Ed. Pirámide.
BÁSICAS E XENERALES
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
CG3 - Saber identificar, reunir e interpretar datos relevantes sobre cuestións relacionadas co ámbito empresarial, incorporando na elaboración de xuízos e propostas as consideracións pertinentes sobre a súa dimensión social, científica ou ética
CG5 – Posuír os coñecementos xenerais e as habilidades de aprendizaxe necesarias para continuar estudando e para emprender estudos especializados nos diversos ámbitos da empresa e noutras áreas relacionadas, cun alto grao de autonomía
ESPECÍFICAS
B3 - Decisións de política e estratexia comercial: marketing-mix, políticas de prezos, distribución, promoción e política de produto
D2 – Integrarse en calquera área funcional dunha empresa u organización e desempeñar con soltura calquera labor de xestión nela encomendada
D3 - Valorar a partir dos rexistros relevantes de información a situación e previsible evolución dunha empresa
TRANSVERSAIS
CT1 - Análise e síntese
CT2 - Organización e planificación
CT3 - Comunicación oral e escrita
CT4 - Xestión da información
CT6 - Resolución de problemas
CT7 - Toma de decisións
CT8 - Razoamento crítico
CT9 - Autonomía na aprendizaxe
CT10 - Traballo en equipo
CT12 – Habilidades nas relacións interpersoais
As sesións de aula dedicadas ás clases expositivas terán como obxectivo introducir ao alumnado nos contidos dos temas que conforman o programa, resaltando os aspectos especialmente relevantes e as relacións entre eles. As sesións interactivas en grupos reducidos basearanse na aplicación práctica dos contidos teóricos expostos nas sesións expositivas. Estas sesións estarán encamiñadas a resolución e debate de caos e exercicios prácticos, noticias de prensa e vídeos educativos para mellorar a habilidade do alumnado en recoñecer e definir os problemas aos que se enfrontan as empresas, e poder tomar as decisións máis axeitadas, á vez que se facilita a interacción entre o alumnado.
Todas estas actividades complementaranse co traballo persoal que o alumnado deberá dedicar a cada unha delas, como busca de material bibliográfico, lectura do devandito material, redacción de conclusións, etc. Este traballo autónomo será guiado polo profesor nas horas destinadas a titorías. Ademais, utilizarase o apio virtual a docencia.
En caso de ser posible, levarase a cabo algunha sesión práctica en forma de conferencia ou visita a empresa.
A avaliación dos coñecementos teóricos realizarase mediante un exame final a realizar na data fixada polo centro no calendario académico do curso.
O exame final representará o 50% da cualificación. Nesta proba é necesario que o alumnado obteña o 50% da cualificación da puntuación total do exame para poder compensar esta puntuación coa obtida na avaliación continua.
A avaliación continua terá en conta a participación nas clases así como tódalas as actividades desenvolvidas polo alumnado. Terase en conta especialmente a participación activa na análise dos casos, debate e comentario de lecturas, e a presentación de traballos. Esta avaliación suporá o 50% da cualificación final. Para ter en conta a nota da avaliación continua (40% da cualificación), requírese un mínimo do 75% de asistencia ás clases (expositivas e interactivas).
A superación da materia implica a obtención de, a lo menos, 5 puntos no conxunto dos elementos avaliados (sobre 10).
Cando o alumnado non alcance a puntuación mínima necesaria para aprobar no exame final, será cualificado coa nota obtida unicamente pola participación nas sesións interactivas.
Estas dúas partes que conforman a cualificación do alumnado, aplicares ás dúas convocatorias ordinarias (xuño e xullo). De tal maneira que a puntuación obtida na avaliación continua (50%) manterase para a convocatoria de xullo.
En ningún caso gardarase a puntuación obtida en calquera das actividades avaliadas para convocatorias posteriores.
O alumnado ao que se lles concedeu dispensa de asistencia a clase segundo a instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral da USC será avaliado mediante unha proba presencial que suporá o 100% da nota a obter polo alumno.
De acordo coa Normativa de Permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Máster (art.º 5.2), a participación en calquera das actividades suxeitas a avaliación supoñerá que a nota final do alumno será distinta de non presentado.
No caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”. Isto é, a verificación polo profesorado da existencia de plaxio nos traballos entregados supoñerá para o alumnado afectado a cualificación de “Suspenso”.
Avaliación das competencias:
Exame final: CB1, CB2, CB5, CG5, B3, D2, D3, CT1, CT3, CT6, CT8, CT9.
Avaliación continua: CB2, CB3, CB4, CB5, CG3, B3, D2, D3, CT1, CT2, CT3, CT4, CT6, CT7, CT8, CT9, CT10, CT12.
O tempo recomendado para a superación da materia é o seguinte:
Horas de traballo presencial na aula (expositivas, interactivas, titorías e exame): 38,5h.
Horas de traballo autónomo (estudo e preparación de actividades): 74h.
Para un óptimo aprendizaxe recoméndase ao alumno:
Antes de cada clase expositiva ler e preparar os temas que serán expostos nela, utilizando os manuais básicos da materia.
Despois das clases expositivas, afondar nos conceptos expostos a través dos materiais de estudo que se propoñen na bibliografía, así como o material complementario que se encontra na aula virtual da materia.
Antes de cada clase interactiva, ler os casos prácticos, lecturas ou exercicios propostos e repasar os contidos teóricos relacionados co contido da clase, utilizando os manuais básicos e complementarios recomendados.
Utilizar ao longo do curso de forma continuada as titorías do profesor
Jose Luis Otero Piñeiro
Coordinador/a- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Comercialización e Investigación de Mercados
- Correo electrónico
- joseluis.otero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU