Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Aspectos técnicos e teóricos da función do programador/a en radio e televisión, con profundización e fixación de conceptos, revisión de estruturas e sistemas, interpretación e análise de grellas, así como da súa contextualización en función das cadeas e das estacións, de tipoloxías de mercados, de periodos programáticos, de definición de públicos obxectivos e potenciais, e de sistemas de deseño na aportación de contidos para a súa emisión. Análise de audiencias en prensa, radio, televisión e Internet.
Os obxectivos da materia pasan por fixar no alumnado unha práctica de análise profesional dos distintos elementos que concorren no proceso de traslación aos públicos de produtos audiovisuais presentados na coherencia dunha oferta conxunta; así como os contextos de política de organización de contidos e os seus efectos na conformación dunha cultura radiotelevisiva. Polo tanto, é obxectivo desta materia o estudo das políticas e técnicas de programación, e dos diversos tipos de audiencias, así como a análise dos fenómenos comunicativos desde o punto de vista da recepción, concepto de público e investigación de audiencias. Enténdense, pois, obxectivos de cara ao alumnado:
a) Coñecemento das técnicas e os modelos de programación
b) Coñecemento das tendencias e a evolución dos contidos (oferta de formatos)
c) Coñecemento dos públicos obxectivos e potenciais, así como dos deseños na oferta dos contidos
d) Coñecemento das teorías de recepción
e) Coñecemento das técnicas de análise e investigación das audiencias
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia desde o curso 2023-2024 por estar extinguida a asignatura. Só teñen dereito a exame de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2022-2023.
CONTIDOS TEÓRICOS
TEMA 1. CONTEXTUALIZACIÓN DO INTERESE INFORMATIVO NA OFERTA MEDIÁTICA
1.1 Análise do peso estratéxico da información no conxunto da oferta
1.2 Análise de audiencias de produtos informativos audiovisuais
1.3 Debates sobre a calidade informativa e os datos de audiencia
TEMA 2. A AUDIENCIA. PUNTO DE PARTIDA E DE RETORNO NA TOMA DE DECISIÓNS EN PROGRAMACIÓN
2.1 Definición e evolución dos públicos
2.1 Públicos conectados
2.3 Tendencias actuais do comportamento dos públicos e do consumo de contidos
TEMA 3. INVESTIGACIÓN DE AUDIENCIAS. VALORES CUANTITATIVOS E CUALITATIVOS
3.1 Principais estudos de audiencias nos distintos soportes
3.2 Tendencias na análise dos públicos máis aló das cifras
TEMA 4. NOCIÓNS BÁSICAS SOBRE A PROGRAMACIÓN
4.1 Equipo de programación e toma de decisións
4.2 A acción de programar, a programación como discurso e a súa lóxica
4.3 A grella de programación
4.4 O programa como unidade de programación e a súa catalogación
TEMA 5. CICLOS NA PROGRAMACIÓN
5.1 Os ciclos temporais na programación
5.2 Adaptación aos novos escenarios de consumo
5.3 Test de viabilidade dos formatos
TEMA 6. CONSTRUCIÓN DA OFERTA PROGRAMÁTICA
6.1 Modelos de programación
6.2 As leis da programación
6.3 Técnicas e estratexias de programación
6.4 O xogo das órbitas
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Arana, E. (2011). Estategias de programación televisiva. Madrid: Síntesis
Contreras, J.M. & Palacio, M. (2001). La programación de televisión. Madrid: Síntesis
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Aguilera-Moyano, M.; Meere, M. (coord.) (2009). Una tele en el bolsillo. La televisión en el teléfono móvil: contenidos, formatos, audiencias. Málaga: Círculo de Estudios Visuales Ad Hoc
Albújar-Villarrubia, M. (2016). Las plataformas OTT para la distribución de contenidos audiovisuales: ¿una amenaza para el duopolio de la televisión en abierto en España?. Quaderns del CAC, vol. XIX, 42, 21-28.
Álvarez-Monzoncillo, J.M (2011). La televisión etiquetada: nuevas audiencias, nuevos negocios. Barcelona: Ariel
Berrocal-Gonzalo, S., Redondo-García, M. & Campos-Domínguez, E. (2014). La presencia del infoentretenimiento en los canales generalistas de la TDT española. Revista Latina de Comunicación Social, 69, pp. 85-103.
Bruun, H. (2019). Re-scheduling Television in the Digital Era. Routledge.
Bustamante, E. (coord.) (2002). Comunicación y cultura en la era digital. Industrias, mercados y diversidad en España. Barcelona: Gedisa
Callejo, J. (2001). Investigar las audiencias. Un análisis cualitativo. Barcelona: Paidós
Cebrián-Herreros, M. (2004). Modelos de televisión: Generalista, temática y convergente con Internet. Barcelona: Paidós
Cebrián-Herreros, M. (2001). Información radiofónica. Mediación técnica, tratamiento y programación. Madrid: Síntesis
Cubells, M. (2006). ¿Quién cocina la televisión que comemos? La dieta televisiva y sus cocineros. Barcelona: Ed. Carroggio
Elías-Pérez, C (2004). Telebasura y periodismo. Madrid: Ediciones Libertarias
Gallardo-Camacho, J. & Sierra Sánchez, J. (2017). La importancia de la audiencia en diferido en el reparto del poder entre las cadenas generalistas y temáticas en España. Prisma Social, 18, 172-191.
García-García, A.; Vinader-Segura, R. & Galiano-Sansegundo, R. (2009). Televisión personal: propuesta metodológica para una medición de audiencias adaptada a los nuevos formatos. En Trípodos Extra, nº 9, 497-505
Gómez-Escalonilla, G. (2003). Programación en televisión. Análisis de los primeros cuarenta años de programación televisiva en España. Madrid: Dykinson
Hartley, J. (2000). Los usos de la televisión. Barcelona: Paidós
Huertas, A. (2015). Yo soy audiencia. Ciudadanía, Público y Mercado. Barcelona: UOC.
Igartua, J.J. & Badillo, A. (Eds.) (2003). Audiencias y medios de comunicación. Salamanca: Ediciones Universidad de Salamanca
Izquierdo Castillo, J. (2016). Teoría de programación de radio y televisión. Castellón: Publicacións de la Universitat Jaume I.
Matellanes-Lazo, M. (2014). Nuevos formatos televisivos para no perder audiencias. Mhcj-Miguel Hernández Communication Journal, nº 5, 293-325.
Martí-Martí, J. M. (1990). Modelos de programación radiofónica. Barcelona: Feed-back Ediciones
Medina, M. (coord.) (2015). La audiencia en la era digital. Madrid: Fragua
Medina, M. & Portilla, I. (2016): Televisión multipantalla y la medición de su audiencia: el caso de las televisiones autonómicas, Icono 14, volumen 14 (2), pp. 377-403.
Moreno Delgado, A.; Repiso, R. & Montero-Díaz, J. (2020). Análisis de redes sociales de la producción científica sobre programación televisiva. Icono 14, 18(1).
Pérez de Silva, J. (2000). La televisión ha muerto. La nueva producción audiovisual en la era de Internet: la tercera revolución industrial. Barcelona: Gedisa
BÁSICAS E XERAIS
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
CX1 - Competencia contextual básica de orde transdisciplinar.
CX2 - Competencia contextual para situar o xornalismo no campo da comunicación.
CX3 - Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico.
TRANSVERSAIS
CT1 - Capacidade de organización e planificación.
CT2 - Capacidade de xestión da información.
CT3 - Traballo en equipo.
CT4 - Aprendizaxe autónoma.
CT5 - Creatividade.
CT6 - Iniciativa e espírito emprendedor.
CT7 - Coñecementos básicos da profesión.
ESPECÍFICAS
CE19 - Comprender os modelos de comunicación existentes para a súa aplicación na actualidade.
CE20 - Capacitar para poder desenvolver investigacións científicas dentro da área de ciencias sociais, especialmente no ámbito da comunicación.
CE21 - Capacitar para a xestión da programación dun medio de comunicación audiovisual.
CE22 - Capacitar para a redacción, organización e xestión de información nos cibermedios.
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia desde o curso 2023-2024 por estar extinguida a asignatura. Só teñen dereito a exame de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2022-2023.
Establecerase un plan de titorización co alumnado matriculado para a resolución de dúbidas e a preparación da proba de avaliación. As titorías poderan ser presenciais ou en liña a través de MS Teams.
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia desde o curso 2023-2024 por estar extinguida a asignatura. Só teñen dereito a exame de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2022-2023.
A cualificación do exame corresponderase co 100% da nota final da materia.
No caso de plaxio ou uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
Maria Cruz Negreira Rey
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- cruz.negreira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
21.05.2025 10:00-14:00 | Grupo de exame | Aula 8 |
03.07.2025 10:00-14:00 | Grupo de exame | Aula 3 |