Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica da Expresión Corporal
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Os obxectivos que nos propoñemos lograr atenden tanto á adquisición de coñecementos básicos sobre a disciplina, como á práctica de destrezas relacionadas cos devanditos coñecementos e adquisición de certas disposicións valorativas. Consideramos prioritario que o alumnado chegue a:
1.1. OBXECTIVOS XERAIS.
1. Comprender a complexidade do concepto da motricidade na Educación Infantil e as diferentes perspectivas dende as que pode abordarse o seu estudo.
2. Coñecer e analizar os elementos e contidos básicos da motricidade infantil que lle permitan argumentar e tomar decisións axustadas para a súa aprendizaxe.
3. Identificar, dende unha perspectiva globalizada, os contidos relativos á motricidade presentes no currículo da Educación Infantil.
4. Saber planificar e poñer en práctica simuladora os contidos da motricidade infantil e analizar, reflexionar, interpretar e sacar conclusións das observacións das prácticas realizadas.
5. Saber manexar cunha actitude crítica e reflexiva as fontes documentais propias da materia, utilizando con rigor académico a información extraída das diferentes fontes de información.
6. Valorar a importancia do mestre como investigador e colaborador, para mellorar a súa propia práctica, analizándoa e mantendo unha actitude de formación e innovación permanente.
1.2. OBXECTIVOS ESPECÍFICOS.
1. Deseñar programas de intervención psicomotriz a través dunha metodoloxía global e lúdica.
2. Desenvolver tarefas que poñan en práctica os contidos básicos da motricidade infantil.
3. Manexar de forma axeitada todos os recursos dispoñibles para mellorar o proceso didáctico da motricidade infantil.
4. Valorar o xogo como fin e como medio no desenvolvemento da motricidade infantil.
5. Valorar a expresión corporal como disciplina orientada ao desenvolvemento integral do alumnado nos seus primeiros anos de vida.
TEMA 1. A importancia da motricidade na etapa da Educación Infantil
- Análise da motricidade nas áreas curriculares do Decreto 150/2022
- Os obxectivos da motricidade nesta etapa
- Os contidos da motricidade nesta etapa
- As orientacións metodolóxicas
- Os criterios de avaliación
TEMA 2. Bases do desenvolvemento motor
- O desenvolvemento físico
- A evolución das adquisicións motrices de 0 a 6 anos
TEMA 3. Os contidos para o desenvolvemento da educación da motricidade infantil
- O esquema corporal.
- As habilidades perceptivas.
- As habilidades motrices básicas.
- A expresión corporal.
- O xogo.
TEMA 4. Didáctica para a educación da motricidade infantil
- A planificación didáctica
- A metodoloxía no proceso de ensino-aprendizaxe
- O xogo como recurso metodolóxico
- As actividades
- A avaliación do proceso de ensino-aprendizaxe
TEMA 5. Propostas curriculares
- Planificación de exemplificacións didácticas.
TEMA 6. Sesións prácticas
- Prácticas de ensinanza
3.1. BIBLIOGRAFÍA BÁSICA.
- Barcala-Furelos, R., Abelairas-Gómez, C., & Gil-Madrona, P. (2016). Didáctica de la Educación Física en Educación Infantil. Síntesis.
- Gil, P. (2004). Metodología de la Educación Física Infantil. Wanceulen.
- Mendiara, J., & Gil, P. (2011). Psicomotricidad: evolución, corrientes y tendencias actuales. Wanceulen.
3.2. BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA.
- Aznar, P, Morte, J.L., Serrano, R., & Torralba, J. (1998). La Educación Física en la Educación Infantil de 3 a 6 años. Inde.
- Baqués, M. (2006). 600 Juegos para Educación Infantil. CEAC.
- Berruezo, P. & Lázaro, A. (2009). Jugar por jugar. El juego en el desarrollo psicomotor y en el aprendizaje infantil. Eduforma.
- Bonastre, M. & Fuste, S. (2007). Psicomotricidad y vida cotidiana (0-3 años). Graó.
- Comellas, M.J. & Perpinyà, A. (2005). Psicomotricidad en Educación Infantil. CEAC.
- Conde, J.L. & Viciana, V. (1997). Fundamentos para el desarrollo de la motricidad en edades tempranas. Aljibe.
- Desrosiers, P. & Tousignant, M. (2005). Psicomoticidad en el aula. Inde.
- Ferland, F. (2005). ¿Jugamos? El Juego con niños y niñas de 0-6 años. Nancea.
- Gil, P. (2003). Desarrollo Psicomotor en Educación Infantil (0-6 años). Wanceulen.
- Jiménez, J. & Jiménez, I. (2008). Psicomotricidad teoría y programación. Wolters Kluwer.
- Justo, E. (2000). Desarrollo Psicomotor en Educación Infantil. Bases para la intervención en psicomotricidad. Universidad de Almería.
- Le Boulch, J. (1995). El desarrollo Psicomotor desde el nacimiento hasta los seis años. Paidós.
- Pastor, J.L. (2007). Motricidad. Perspectiva psicomotricista de la intervención. Wanceulen.
- Pastor, J.L. (2007). Motricidad, ámbitos y técnicas de intervención. Universidad de Alcalá.
- Ponce, A. (2009). La Educación motriz para niños de o a seis años. Biblioteca Nueva.
- Rigal , R (2006). Educación motriz en preescolar y primaria. Inde.
- Ruiz, F., García, A., Gutiérrez, F., Marqués, J.L., Román, R., & Samper, M. (2003). Los juegos en la motricidad infantil de los 3 a los 6 años. Inde.
- Vaca, M. & Varela, S. (2008). Motricidad y aprendizaje. Tratamiento pedagógico del ámbito corporal (3-6 años). Graó.
3.3. ARTIGOS.
- Arufe-Giráldez, V. (2020). ¿Cómo debe ser el trabajo de Educación Física en Educación Infantil?. Retos, 37, 588-596.
- Arufe-Giráldez, V., Abelairas-Gómez, C., Barcala-Furelos, R., & Teixeira-Costa, H.J. (2015). The influence of a structured physical education plan on preschool children’s psychomotor development profiles. Australian Journal of Early Childhood, 40(2), 68-77.
- Berruezo, P.P. (2008). El contenido de la psicomotricidad. Reflexiones para la delimitación de su ámbito teórico y práctico. Revista Interuniversitaria de Formación del Profesorado, 62, 19-34.
- Camps, C. (2008). La observación de la intervención del psicomotricista: actitudes y manifestaciones de la transferencia. Revista Interuniversitaria de Formación del Profesorado, 62, 123-154.
- Gil, P., Contreras, O.R., & Gómez, I. (2008). Habilidades motrices en la infancia y su desarrollo desde una Educación Física animada. Revista Iberoamericana de Educación, 47, 71-96.
- Gil, P., Contreras, O.R., Gómez, I., & Gómez, S. (2008). Justificación de la Educación Física en la Educación Infantil. Revista Educación y Educadores, 2(11), 159-177.
- Gil, P., Contreras, O.R., Roblizo, M.J., & Gómez, I. (2014). Potencial pedagógico de la Educación Física en la Educación Infantil: atributos y convicciones. Revista Infancia y Aprendizaje, 31(2), 165-178.
- Gutiérrez, L., Fontenla, E., Cons, M., Rodríguez, J.E., & Pazos, J.M. (2017). Mejora de la autoestima e inteligencia emocional a través de la psicomotricidad y de talleres de habilidades sociales. Sportis Scientific Technical Journal, 3(1), 187-205
- Lasaga, M.J., Campos-Mesa, M.C., & Ríes, F. (2013). Tratamiento de la psicomotricidad en segundo ciclo de Educación Infantil. Revista Trances, 5(5), 379-390.
- López-Pastor, V.M. (2008). La importancia del trabajo colaborativo para el tratamiento de la motricidad infantil. Una propuesta integral a partir del aprendizaje inducido. Revista Española de Pedagogía, 66(239), 137-150.
- Lugrís-Castro, M.I., Míguez-Gallego, D., Novo-Mariño, C., & Pallas-Bazarra, A. (2012). Trabajar las habilidades motrices básicas en educación infantil de manera divertida y lúdica. IV Congreso Internacional de Ciencias del Deporte y la Educación Física (VIII Seminario Nacional de Nutrición, Medicina y Rendimiento Deportivo). Pontevedra: Universidad de Vigo & Sportis Formación Deportiva.
- Moreno, J.A., López, B., Gutiérrez, E., Cascada, M., & Fernández, R. (2004). Situación actual de la motricidad en la etapa de 0 a 6 años según el profesorado de Educación Infantil. Revista Iberoamericana de Psicomotricidad y Técnicas Corporales, 16, 17-30.
- Pons, R., & Arufe, V. (2016). Análisis descriptivo de las sesiones e instalaciones de psicomotricidad en el aula de Educación Infantil. Sportis Scientific Technical Journal, 2(1), 125-146.
- Torre, I. (2013). Definición y evolución histórica de la psicomotricidad. Situación actual en el ámbito educativo. Revista Internacional de audición y lenguaje, logopedia, apoyo a la integración y multiculturalidad, 2(3), 21-28.
- Viciana, V., Cano, L., Chacón, R., Padial, R., & Martínez, A. (2017). Importancia de la motricidad para el desarrollo integral del niño en la etapa de Educación Infantil. Revista Digital de Educación Física EmásF, 8(47), 89-105.
3.4. OUTROS RECURSOS.
- Asociación Española de Psicomotricistas. (2015). Recuperado de http://asociacionespanoladepsicomotricistas.blogspot.com.es/2015_04_01_…
- Cotán Cid, J. A. (2009). Juegos para desarrollar la psicomotricidad. Recuperado de http://es.slideshare.net/azuetacas/fichero-de-juegos-de-psicomotricidad
- Federación de Asociaciones de Psicomotricistas del Estado Español. (s.f.). FAPEE. Recuperado de http://www.fapee.net/
- Lara Olmedo, J. L. (2016). Educación Física en Infantil y Primaria. Psicomotricidad. Recuperado de http://www.educacionfisicaenprimaria.es/ed-infantil.html
- Mateu, L. (2016). Juegos psicomotores. Recuperado de http://luciamateu.blogspot.com.es/p/psicomotores.html
- Medina, V. (2016). La psicomotricidad infantil. Recuperado de http://www.guiainfantil.com/servicios/psicomotricidad/index.htm
- Psicomotricidad Infantil (2016). Psicomotricidad Infantil. Recuperado de http://www.psicomotricidadinfantil.com/index.html
4.1. COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 – Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 – Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 – Que os estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
G1 - Comprender os procesos educativos e de aprendizaxe no período de 0-6, no contexto familiar, social e escolar.
G2 - Promover e facilitar as aprendizaxes na primeira infancia, dende unha perspectiva globalizadora e integradora das diferentes dimensións cognitiva, emocional, psicomotora e volitiva.
G4 - Fomentar a convivencia na aula e fóra dela e abordar a resolución pacífica de conflitos. Saber observar sistematicamente contextos de aprendizaxe e convivencia e saber reflexionar sobre eles.
G11 - Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar a labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovela entre o alumnado.
4.2. COMPETENCIAS TRANSVERSAIS.
T2 - Coñecemento instrumental da lingua galega.
T3 - Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
4.3. COMPETENCIAS ESPECÍFICAS.
E.53. - Coñecer os fundamentos musicais, plásticos e de expresión corporal do currículo desta etapa así como as teorías sobre a adquisición e desenvolvemento das aprendizaxes correspondentes.
E.54. - Coñecer e empregar cancións para promover a educación auditiva, rítmica e vocal.
E.55. - Saber empregar o xogo como recurso didáctico, así como deseñar actividades de aprendizaxe baseadas nos principios lúdicos.
E.56. - Elaborar propostas didácticas que fomenten a percepción e expresión musicais, as habilidades motrices, o debuxo e a creatividade.
5.1. SESIÓNS EXPOSITIVAS.
A proposta metodolóxica a empregar pretende conxugar o formato de clase expositiva coas metodoloxías activas e participativas, así como o traballo autónomo e a autoaprendizaxe. As actividades presenciais terán como obxectivo introducir e explicar o sentido dos temas, clarificar os conceptos importantes, dar unha visión global dos contidos e relacionar coñecementos para facilitar a significatividade das aprendizaxes, polo que a exposición se acompañará, cando sexa pertinente, de organizadores previos, definicións, cadros sinópticos, esquemas, etc. O apoio de material visual e recursos en rede empregaranse para clarexar os contidos tratados e servir de referencia e punto de partida para os traballos e actividades de carácter grupal. O alumnado poderá consultar, na aula virtual da materia, todo o material empregado para o desenvolvemento das sesións.
5.2. SESIÓNS INTERACTIVAS.
Co traballo interactivo en laboratorio, ademais de afondar máis pormenorizadamente nos contidos específicos, preténdese dotar ao alumnado das ferramentas necesarias para a realización dun traballo autónomo (indagación e manexo de diferentes fontes de información, comparacións a nivel teórico-explicativo, establecemento de relacións conceptuais…), propiciar a transferencia da teoría á práctica, que o alumnado aprenda a elaborar e presentar informes, confronte diferentes puntos de vista e sexa capaz de construír significados compartidos axudado da labor mediadora do docente. A concreción das tarefas requiridas e os materiais necesarios serán presentados polo alumnado nas correspondentes sesións de clase.
Nas sesións interactivas realizaranse diferentes actividades de carácter práctico que se especificarán na Guía Docente de cada un dos temas. Os resultados do traballo, habitualmente realizado en grupo, deberán ser defendidos, nalgúns casos, oralmente e mediante a práctica ante os compañeiros e, posteriormente, debatidos en gran grupo.
Para cada un dos temas proporcionarase información detallada nas exposicións, ademais do material bibliográfico especificado na Guía Docente da materia, ao que se lle poderá engadir materiais de estudio especificamente para cada tema tratado (lecturas obrigatorias ...). A totalidade do material das clases expositivas e interactivas será obxecto de estudio básico para o exame da materia e estará a disposición do alumnado no campus virtual da USC.
5.3. TITORÍAS.
As titorías individuais e/ou de grupo, a demanda do alumnado, servirán para aclarar ou comentar aspectos do traballo realizado nas clases expositivas e interactivas. Faranse nos horarios sinalados, preferentemente no despacho do profesor da materia ou, tamén, por videoconferencia (Microsoft Teams).
5.4. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS.
Cando as condicións e requisitos da materia, a valoración e coordinación co alumnado ou os orzamentos do centro o permitan, poderanse desenvolver saídas didácticas, experiencias de Aprendizaxe-Servizo (ApS) ou mesmo desenvolver sesións fóra das instalacións da facultade, podendo empregar espazos naturais ou mesmo instalacións deportivas municipais.
Seguindo o fío de formación centrada na aprendizaxe do alumnado, a avaliación recollerá todos os aspectos do proceso de ensino-aprendizaxe. Para realizar esta avaliación, o docente empregará aqueles instrumentos que axuden a recoller datos de todo o proceso desenrolado polo alumnado, tanto nas clases expositivas como nas interactivas, a través de escalas de observación, o diario, formularios de autoavaliación, cuestionarios e probas de coñecemento teórico, entre outros. A cualificación global do estudante na materia procederá de:
- Un 40% da cualificación dos resultados dunha proba (exame) sobre os contidos dos temas tratados nas clases expositivas, nas interactivas e nas lecturas obrigatorias. É preceptivo ter acadado un 50% neste exame para sumar o resto de cualificacións que contribúen á nota final da materia.
- Un 40% da cualificación do traballo realizado nas sesións interactivas. Neste apartado valorarase a presentación dun traballo práctico (tipo programación) e a aplicación práctica dunha sesión ante o grupo/clase, na que o alumnado poda mostrar as habilidades mostradas nesa unidade de programación e a defensa da mesma. Neste apartado valorarase a calidade dos contidos, o grao de axuste ás directrices dadas, a competencia expositiva, a orixinalidade, as achegas críticas e a evidencia de traballo en grupo (non a suma de respostas individuais). É preceptivo ter aprobadas ambas partes (traballo teórico e exposición de clase) para sumar á cualificación obtida na proba escrita (exame).
- Un 10% da participación activa, tanto nas clases expositivas como interactivas, valorando a actitude, predisposición á aprendizaxe, propostas de mellora e achegas que contribúan á consecución dos obxectivos marcados para as sesións deseñadas.
- Un 10% de propostas de traballo colectivo, en pequeno ou gran grupo, nas que se faga fincapé nos contidos desenvolvidos na materia.
OBSERVACIÓNS:
- Para poder ser avaliado na materia, o estudante deberá ter participado, realizado e presentado, aló menos, nun 80% das actividades requiridas tanto nas sesións expositivas como nas interactivas (Consello de Goberno de 25 marzo de 2010). Os que non superen ese 80% non poderán aprobar a materia na convocatoria de xaneiro. En sucesivas convocatorias poderán facelo realizando, ademais dunha proba teórico-conceptual, outra de corte práctico-aplicado que avaliará as competencias procedimentais.
- O alumnado que non supere o exame pero teña aprobadas as actividades realizadas nas sesións interactivas poderá presentarse ao exame oficial do mes de xullo sen necesidade de facer traballos ou probas adicionais. O alumnado que non teña superada algunha das actividades realizadas nas sesións interactivas pero si o exame, no mes de xullo poderá avaliarse unicamente daquelas actividades-procedementos non superados.
- Nos casos que se contemplan na normativa da facultade, o alumnado que teña solicitada e concedida a exención de docencia, deberá presentar ao profesor a devandita certificación ao principio de curso para concretar o plan de traballo alternativo para esta parte da materia.
--Exención de docencia. Só aplicado ás clases expositivas, sendo obrigatoria a participación nas clases interactivas de igual xeito que o resto de compañeiras/os (incluída a parte do traballo de exposición e defensa). A parte porcentual da avaliación por asistencia e participación nas clases expositivas será compensada con traballos individuais de natureza similar aos realizados nas clases expositivas.
- Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. Para efectos avaliativos un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, salvo que se programasen de forma coordinada.
- Nº total sesións teóricas: 24h.
- Nº total seminarios: 24h.
- Titorías concertadas 4h.
- Total horas presenciais. 52h.
- Traballo persoal do alumno: 100h.
- É importante que o alumnado se implique activamente dende o inicio na dinámica e funcionamento da materia para lograr superala con éxito. Recoméndase unha abordaxe comprensiva e significativa dos contidos teóricos e prácticos da materia.
9.1. DATOS DO PROFESOR.
• NOME: José Eugenio Rodríguez Fernández (Departamento de Didácticas Aplicadas)
• DESPACHO: D001. Planta Baixa. Educación Física, Facultade de Ciencias da Educación
• CORREO ELECTRÓNICO: geno.rodriguez [at] usc.es (geno[dot]rodriguez[at]usc[dot]es)
• TELÉFONO: 881812014
9.2. HORARIO DE TITORÍAS.
Consultar páxina web da usc, no apartado de profesorado.
Tamén se pode facer uso do sistema de titorías virtuais a través do correo electrónico ou por videoconferencia, a través da ferramenta Microsoft Teams.
9.3. HORARIOS DA MATERIA.
Os horarios específicos aprobados pola Xunta de Facultade están dispoñíbeis na páxina web ou no taboleiro correspondente da Facultade.
9.4. ENTREGA DE TRABALLOS.
Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
9.5. RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL.
Se o docente da materia solicita a entrega dos traballos en papel, debe cumprir cos seguintes requisitos:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encadernación.
- Imprimir a dúas caras en calidade de aforro de tinta.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
9.6. PERSPECTIVA DE XÉNERO.
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
9.7. OBRIGATORIEDADE DE:
- Emprego da conta de correo RAI para o desenvolvemento e seguimento da materia, así como para a comunicación co docente da materia.
- Emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola Facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
- Non se poderá empregar o teléfono móbil nas clases, salvo cando se use como instrumento de traballo, seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
- Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases/titorías) é un proceso privado, entendéndose privado o proceso de comunicación e intercambio entre a/o docente e o estudantado matriculado na materia.
- Cumprir a normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Silvia Basanta Camiño
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Corporal
- Correo electrónico
- s.basanta [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
José Eugenio Rodríguez Fernández
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Corporal
- Teléfono
- 881812014
- Correo electrónico
- geno.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLE_01 (A - Z) + Dobre Grao 3º | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
10:30-12:00 | Grupo /CLIL_01 - Dobre Grao 3º | Galego | (CAMPUS NORTE) - XIMNASIO |
12:00-13:30 | Grupo /CLIL_04 (González M - P) | Galego | (CAMPUS NORTE) - XIMNASIO |
Martes | |||
09:00-10:30 | Grupo /CLIL_05 (Q - Z) | Galego | (CAMPUS NORTE) - XIMNASIO |
10:30-12:00 | Grupo /CLIL_02 (A - Ca) | Galego | (CAMPUS NORTE) - XIMNASIO |
Mércores | |||
10:30-12:00 | Grupo /CLIL_03 (Ce - González L) | Galego | (CAMPUS NORTE) - XIMNASIO |
12:00-13:30 | Grupo /CLIL_01 - Dobre Grao 3º | Galego | (CAMPUS NORTE) - XIMNASIO |
Xoves | |||
09:00-10:30 | Grupo /CLIL_02 (A - Ca) | Galego | (CAMPUS NORTE) - XIMNASIO |
12:00-13:30 | Grupo /CLE_01 (A - Z) + Dobre Grao 3º | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
Venres | |||
09:00-10:30 | Grupo /CLIL_05 (Q - Z) | Galego | (CAMPUS NORTE) - XIMNASIO |
10:30-12:00 | Grupo /CLIL_04 (González M - P) | Galego | (CAMPUS NORTE) - XIMNASIO |
12:00-13:30 | Grupo /CLIL_03 (Ce - González L) | Galego | (CAMPUS NORTE) - XIMNASIO |
22.01.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) + Dobre Grao 3º | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
22.01.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) + Dobre Grao 3º | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
26.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) + Dobre Grao 3º | (CAMPUS NORTE) - AULA 13 |