Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Economía Aplicada
Centro Facultade de Relacións Laborais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A materia ten como obxetivo principal ofrecer ó alumnado a posibilidade de coñecer en profundidade o sistema de financiación autonómica, e os ingresos locais, ó mesmo tempo que se estuda a dinámica do gasto público autonómico e local, dende a perspectiva da sustentabilidade (social, económica e enerxético-ambiental).
A pretensión é que o estudantado adquira os coñecementos necesarios para a organización e administración de recursos do Sector Público e comprenda o funcionamento xeral das súas finanzas. Realizarase unha aproximación práctica á facenda autonómica, fixándonos no caso concreto de Galicia. De igual xeito, estúdarase a financiación das entidades locais, atendendo á liquidación dos seus tributos máis importantes.
O estudo desta materia está directa e indirectamente relacionado con outras materias do Grao, dun xeito especial con Facenda Pública: Réxime Fiscal da Empresa e Dereito Tributario, cuxo estudo se complementa.
PARTE 1. INTRODUCIÓN Á ECONOMÍA PÚBLICA E Ó FEDERALISMO FISCAL.
Explicación dos recursos do Sector Público, da súa estrutura, do orzamento público, e dos principais fundamentos de funcionamento das contas públicas. Asemade, tamén se describirá de forma comparativa o federalismo fiscal, e as características mais destacadas.
PARTE 2. A FACENDA AUTONÓMICA.
Explicación dos recursos da facenda autonómica, da tipoloxía, do proceso de atribución de competencias ás comunidades autónomas en España. Abordarse en particular o caso de Galicia, a partires da información da ATRIGA, con explicación comparada con outras comunidades autónomas e abordaranse casos prácticos.
PARTE 3. A FACENDA LOCAL
Explicación dos recursos da facenda local, da tipoloxía, e por niveis. Abordarase en particular o caso de Galicia, e trataránse casos prácticos.
Bibliografía básica
Albi, E.González - Páramo, j.M.,Urbanos R.M. e Zubiri I. (2017). Economía Pública I(4ª edición). Barcelona: Ariel.
Albi, E.González - Páramo, j.M.,Urbanos R.M. e Zubiri I. (2017). Economía Pública II(4ª edición). Barcelona: Ariel.
Caramés, L. (2004): Economía Pública Local . Ed Civitas.
Monasterio Escudero, C. e Suárez Pandiello, J. (1996): Manual de Hacienda Autonómica y Local, Ariel (Capítulo 1)
Boadway, R. e Shah, A. (2009): Fiscal Federalism, Cambridge University Press.
Moreno B., Pons M. (coord.)(2021). Práctica tributaria, presupuestaria y financiera en las entidades locales. Casos prácticos sobre tributos, presupuestos y endeudamiento de las entidades locales. Madrid: Wolters Kluwer & Regulatory España.
Bibliografía complementaria
Lago Peñas, S. E Martínez Vázquez, J. (2010): “La descentralización tributaria en las CCAA de régimen común: un proceso inacabado”, Hacienda Pública española, 192-(1-2010).formato electrónico
Fernández Leiceaga, X. (2012): Autogoberno e financiamento, Ed. Galaxia (parte segunda)
De la Fuente, A. (2012): “Algunas propuestas para la reforma del sistema de financiación de las Comunidades Autónomas”
Bosch, N. (2012): “Algunas reflexiones en torno al gasto autonómico”, formato electrónico.
Fernández Leiceaga, X. (2013): “La nueva normativa de estabilidad presupuestaria y sostenibilidad financiera y las comunidades autónomas”,
Gago,A. et al (2019): Impuestos Energético-ambientales, Cambio Climático y Federalismo Fiscal en España. WP02. Economics for Energy. Dispoñible online: https://labandeira.eu/publicacions/wp0219.pdf
Cordero Ferrera, J.M. e outros (2012): “Finanzas locales, crisis y ajuste: análisis y propuestas”, formato electrónico.
Fernández Leiceaga, X. (2012): “O financiamento municipal: unha avaliación”, formato electrónico
As competencias da aprendizaxe proporcionarán ao alumnado os coñecementos básicos relacionados coa organización e funcionamento do sector público descentralizado, así como os instrumentos cos que conta para exercer a súa actividade económica. Tamén, examinando os problemas e efectos que plantexa o deseño e a utilización de ditos instrumentos, e as relacións financieiras entre os diferentes niveis de goberno -descentralización e harmonización-.
Espérase que o estudantado poida facer unha análise crítica das medidas fiscais adoptadas en relación cos tributos estudados, tanto a nivel autonómico como local.
DOCENCIA PRESENCIAL.
O traballo nas aulas parte da explicación de cada tema do programa por parte do profesorado. Irá precedida dunha presentación-esquema do mesmo e dos obxectivos a conseguir. O alumnado poderá dispoñer previamente dun esquema detallado dos contidos de cada tema. Plantéxanse, en calquer caso, como clases participativas, adicando as clases interactivas á análise e debate dos resultados das actividades propostas para cada tema que o alumnado debe ter realizado previa e persoalmente.O tipo de actividade proposta variará en función dos contidos de cada tema: preguntas de avaliación da aprendizaxe de contidos, casos prácticos construidos a partires de exemplos reais, comentarios críticos de textos, análise de datos, etc....As titorías serán prioritariamente presenciais (persoais e de aula). Toda a información da asignatura, incluida a guía docente da materia, estará a disposición do alumnado na aula virtual da materia.
Nesta materia con avaliación continua valorarase o esforzo continuado do alumnado ao longo do curso, basicamente, e a título indicativo:
- a participación na aula: preguntas, respostas ás preguntas do profesorado, etc.
- Grado de cumplimento e calidade das actividades realizadas das propostas en cada tema
Se expoñen a continuación os tres escenarios a contemplar. Non obstante, en caso de aplicarse os escenarios 2 e 3, se publicará na guía docente desta asignatura, o sistema de avaliación revisado e axustado á realidade dese momento.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
DOCENCIA PRESENCIAL
Haberá tres opcións de avaliación:
Opción 1: avaliación contínua: aplicarase ao alumnado que asista regularmente á clase (mínimo esixido 80% das clases tanto expositivas como interactivas). Neste caso téñense en conta todas as actividades que se deben realizar ao longo do curso (valorando aspectos tales como o cumprimento das actividades que se propoñan, a claridade e capacidade expositiva, o dominio de conceptos propios da materia, a participación activa e colaborativa e, no seu caso, probas de curta duración). O desglose será:
- Traballo de curso sobre a facenda autonómica: 40%
-Traballo de curso sobre a facenda local: 40
- comentarios de texto/análise de artigos-videos: 15%
- Participación activa no desenvolvemento da docencia: 5%
Pasarase control de asistencia ás clases
Opción 2: avaliación mixta: aplicarase ao alumnado que non asista regularmente a clase (con independencia das razóns que motiven a súa falta de asistencia). Neste caso combínase a avaliación de traballos sobre os contidos da materia coa avaliación mediante exame, coas porcentaxes que se indican a continuación:
- Avaliación de traballos (comentarios de textos, traballos de curso, etc.): 40%
- Exame final: 60%. Será un examen final presencial sendo preciso obter cando menos unha nota de 3,5 puntos sobre 10 para que faga media.
Pasarase control de asistenica ás clases
Opción 3: avaliación mediante exame final presencial: aplicarase ao alumnado que teñan concedida a dispensa de asistencia a clase. Neste caso a avaliación farase por medio dun exame final da materia sobre os contidos que se inclúan na bibliografía básica que se indica neste programa.
Para a segunda oportunidade, para cada opción de avaliación manterase o mesmo sistema de avaliación.
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA_______________________________________Horas
Clases expositivas _______________________________________22,50
Clases interactivas _____________________________________ 8.50
Clases con ordenador/laboratorio en grupo reducido________________________ 5
Tutorias, outra sesións co profesor e avaliacións __________________________9
Total horas traballo presencial na aula_________________________________ 45
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO______________________________________Horas
Estudo autónomo individual ou en grupo_________________________________50
Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos_____________________7.5
Programación/experimentación ou outros traballos en ordenador/laboratorio__ 5
Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou similar________________ 5
Total horas traballo persoal do alumno _ ______________________________67.5
Ademáis da asistencia a clase, recoméndase, con carácter indicativo, que o alumnadp adique sobre 70 horas de traballo non presencial ao estudo da asignatura, que deberían estar uniformemente repartidas ó longo do cuatrimestre, e non concentradas nos días anteriores ó exame.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións da USC
Mércores | |||
---|---|---|---|
19:00-20:30 | Grupo /CLE_01-Grupo expositivo único-tarde | - | Aula 6 |
Xoves | |||
19:00-20:30 | Grupo /CLE_01-Grupo expositivo único-tarde | - | Aula 6 |
21.05.2025 12:30-15:30 | Grupo /CLE_01-Grupo expositivo único-tarde | Aula 3 |
21.05.2025 12:30-15:30 | Grupo /CLE_01-Grupo expositivo único-tarde | Aula 5 |
21.05.2025 12:30-15:30 | Grupo /CLE_01-Grupo expositivo único-tarde | Aula 6 |
03.07.2025 16:30-19:30 | Grupo /CLE_01-Grupo expositivo único-tarde | Aula 3 |
03.07.2025 16:30-19:30 | Grupo /CLE_01-Grupo expositivo único-tarde | Aula 5 |
03.07.2025 16:30-19:30 | Grupo /CLE_01-Grupo expositivo único-tarde | Aula 6 |