Créditos ECTS Créditos ECTS: 9
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 148.5 Horas de Titorías: 4.5 Clase Expositiva: 36 Clase Interactiva: 36 Total: 225
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Fundamentos da Análise Económica
Áreas: Fundamentos de Análise Económica
Centro Facultade de Relacións Laborais
Convocatoria: Anual
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Os obxectivos xerais desta materia son que o/a estudante:
1. Comprenda e domine as ferramentas da análise económica que lle permitan aproximarse ao funcionamento do mercado de traballo.
2. Saiba recoñecer os aspectos económicos das relacións laborais e saber analizalos desde unha perspectiva de teoría económica.
3. Saiba integrar os resultados da análise e as recomendacións de política económica, sabendo localizar os efectos que determinadas medidas laborais teñen ou poden ter sobre a economía no seu conxunto e o propio mercado de traballo.
1. INTRODUCIÓN
1.1. A economía laboral como disciplina.
1.2. Perspectiva económica.
1.3. Visión panorámica.
1.4. O mercado de traballo nas diferentes escolas do pensamento económico.
2. A POBOACIÓN E AS TAXAS DE ACTIVIDADE
2.1. A base demográfica.
2.2. As taxas de actividade.
2.3. Tendencia cíclica e secular das taxas de actividade.
3. A OFERTA DE TRABALLO.
3.1. Concepto.
3.2. O modelo básico de elección individual entre traballo e lecer.
3.3. Aplicación e ampliación do modelo.
3.4. A curva de oferta de traballo individual e de mercado. A súa elasticidade.
4. O INVESTIMENTO EN CAPITAL HUMANO
4.1. Concepto.
4.2. O modelo de capital humano.
4.3. O investimento en capital humano e a distribución das ganancias.
4.4. A formación no traballo. Os seus custos.
4.5. Críticas ás teorías de capital humano.
5. A DEMANDA DE TRABALLO
5.1. Concepto.
5.2. O traballo como demanda derivada.
5.3. A demanda de traballo a curto prazo en mercados competitivos.
5.4. A demanda de traballo a curto prazo en mercados de competencia imperfecta.
5.5. A demanda de traballo do mercado.
5.6. A demanda de traballo a longo prazo.
5.7. A elasticidade e a demanda de traballo.
5.8. A interdependencia dos salarios e a produtividade.
5.9. O traballo como un factor case-fixo.
6.- O MERCADO DE TRABALLO: A DETERMINACIÓN DOS SALARIOS E A ASIGNACIÓN DO TRABALLO
6.1. A teoría dun mercado de traballo perfectamente competitivo.
6.2. O monopsonio.
6.3. O retraso na resposta da oferta. O modelo da telaraña.
7.- A BÚSQUEA DE EMPREGOS: EXTERNA E INTERNA
7.1. A búsquea externa de emprego.
7.2. Os mercados internos de traballo, duais e segmentados.
8. OS SINDICATOS
8.1. Os sindicatos. Feitos e cifras.
8.2. Que maximizan os sindicatos?
8.3. Modelo do sindicato monopolista.
8.4. Modelos de contratos eficientes.
8.5. Modelos de negociación.
8.6. As folgas e o proceso de negociación.
8.7. Os efectos económicos dos sindicatos.
8.8. A actividade sindical e o ciclo económico.
8.9. Os sindicatos e a estrutura do mercado de produtos.
8.10. Os sindicatos e a asignación dos recursos.
9.- A DISCRIMINACIÓN NO MERCADO DE TRABALLO
9.1. A discriminación e as súas dimensións.
9.2. O modelo do gusto por a discriminación.
9.3. O monopsonio discriminador.
9.4. Teoría da discriminación estatística.
9.5. O modelo da concentración: a segregación ocupacional.
9.6. Medidas para loitar contra a discriminación
10.- OS SISTEMAS DE REMUNERACIÓN E A EFICIENCIA DO TRABALLO
10.1. Análise económico das compensacións extrasalariais.
10.2. Teoría das compensacións extrasalariais óptimas.
10.3. O problema do principal e o axente.
10.4. A remuneración segundo rendemento.
10.5. Os salarios de eficiencia
10.6. Reconsideración sobre a eficiencia no mercado de traballo.
11.- A ESTRUTURA SALARIAL
11.1. A competencia perfecta: traballadores e postos de traballo homoxéneos.
11.2. Diferenzas salariais debidas á heteroxeneidade dos postos de traballo.
11.3. Diferenzas salariais debidas á heteroxeneidade dos traballadores.
11.4. A teoría hedonista dos salarios.
11.5. Diferenzas salariais como resultado de imperfeccións do mercado.
12.- EMPREGO E PARO
12.1. Determinación macroeconómica do emprego e do paro.
12.2. O paro friccional.
12.3. O paro estrutural.
12.4. O paro causado por un nivel insuficiente da demanda.
12.5. A relación desemprego-vacantes.
Tema práctico
EVOLUCIÓN RECENTE E SITUACIÓN ACTUAL DOS MERCADOS DE TRABALLO ESPAÑOL E GALEGO
Fontes estatísticas básicas sobre o mercado de traballo en España e Galicia.
Trazos básicos do mercado de traballo en España.
Trazos básicos do mercado de traballo en Galicia.
Bibliografía básica recomendada:
Manual:
- C. R. McConnell C., S. L. Brue. e D.A. Macpherson, Economía laboral, McGraw-Hill, 7ª Edición 2007 .
Bibliografía complementaria
• Becker, G. El capital humano, Alianza Editorial, Madrid, 1983.
• Bentolila, S. (2001): “Las migraciones interiores en España”, en J.A. Herce e J.F. Jimeno (coord.), Mercado de trabajo, inmigración y estado del bienestar: aspectos económicos y debate político, Fedea e CEA.
• Cantó, O. (1997), “Desempleo y pobreza en la España de los 90”, Papeles de Economía Española, 72, 88-105.
• De la Rica e Ugidos. “¿Son las diferencias en capital humano determinantes de las diferencias salariales observadas entre hombres y mujeres?”. Investigaciones Económicas. 1995
• Estudios de Economía del Trabajo en España, Vols. I, II, III. Ministerio de Trabajo y Seg. Social.
• Garcia, G. (1999): “Mercado de trabajo: el problema del paro”, en J.L. García Delgado (dir.), España, Economía: Ante el Siglo XXI, Editorial Espasa Calpe, Madrid.
• Garcia, G. e E. Sanromà (2001): “Mercado de trabajo”, en J.L. García Delgado (dir.), Lecciones de Economía Española, 5ª edición, Editorial Civitas, Madrid.:
• García-Serrano, C. e Malo, M.A. (2001): “Mercado de trabajo, pobreza y exclusión”, capítulo de G. Rodríguez Cabrero y D. Sotelsek (eds.), Apuntes de Bienestar Social, Servicio de Publicaciones de la Universidad de Alcalá, páxs. 317-344.
• García Mainar, I. e Toharia, L. (1998), “Paro, pobreza y desigualdad en España: análisis transversal y longitudinal”, Ekonomiaz, 40 (1), 135-165.
• Hicks, J.R. (1976) Teoría de los salarios, Editorial Labor, Madrid, 2a edición
• Layard, R., S. Nickell y R. Jackman (1991), Unemployment. Macroeconomic performance and the labour market, Oxford University Press.
• Martín Rodríguez, M. (1999): “Disparidades regionales: perspectiva histórica y europea” en García Delgado, J.L. (dir.) España, Economía: Ante el Siglo XXI, Editorial Espasa Calpe, Madrid.
• McCormick,J. Los salarios, Alianza Editorial, Madrid, 1984
• Palacio, J.I. y Álvarez, C. (2004) El mercado de trabajo: Análisis y Políticas, Akal.
• Pérez e Vega (2000). “Los salarios en España”. Colección economía española. Editado pola Fundación Argentaria.
. Ruesga, S. M. (2014) Economía del trabajo y política laboral. Pirámide.
• Sánchez, M. (1993): “La segregación de las mujeres en el mercado de trabajo español: evidencia para el período 1964-1988”, Hacienda Pública Española, 124(1), págs. 123-131.
• Segura, J. (2001): “La Reforma del Mercado de Trabajo español: un panorama”, Revista de Economía Aplicada, núm. 25, páxs. 157 a 190.
• Solow, R. (1990) The labour market as a social institution, Easil Blackwell.
Xenerais:
- Aprender autonomamente.
- Localizar, analizar, sintetizar e xestionar diferentes tipos e fontes de información.
- Aplicar o razoamento crítico no estudo e análise dun determinado asunto ou tema.
- Expor adecuadamente, de forma oral e/ou escrita un asunto ou tema de carácter xeral ou relacionado coa súa especialidade.
- Traballar individualmente ou en equipo.
Específicas:
- Recoñecer e relacionar os procesos de cambio social, desde unha perspectiva histórica, económica e sociolóxica, coas innovacións en materia de organización do traballo e a evolución dos sistemas de relacións laborais.
- Comprender, relacionar e traballar con datos e normativa diversa necesarios para apoiar, asesorar e realizar o seguimento da posta en práctica de estratexias territoriais de promoción socioeconómica e inserción laboral
-Localizar, interpretar, sintetizar e representar datos e indicadores laborais e socioeconómicos.
Competencias específicas da materia
-Identificar os trazos específicos do mercado de traballo
-Entender as variacións da oferta e a demanda de traballo
-Explicar as diferenzas salariais na sociedade
-Comprender o papel dos sindicatos no proceso de negociación colectiva
-Capacidade para valorar a influencia das decisións do Estado, particularmente a través dos impostos
-Identificar a existencia dalgún tipo de discriminación (por sexo, idade...)
-Capacidade para explicar a evolución das taxas de paro.
A metodoloxía docente incluirá:
-Docencia expositiva, onde se presentarán polo profesor os coñecementos que os/as alumnos/as deben adquirir.
-Docencia interactiva, onde se intentará que os/as alumnos/as conecten os conceptos básicos previamente explicados nas clases coa realidade do mercado de traballo, para o que utilizarán as noticias aparecidas nos distintos medios de comunicación, traballarán coas bases de datos, e, no seu caso, farán exposicións sobre temas relacionados cos contidos da materia e realizarán exercicios ou comentarios de texto relacionados coa mesma.
Respecto das titorías, o alumnado poderá contactar permanentemente co profesor a través do correo electrónico e, previa cita, concertar unha reunión (preferentemente individual) presencialmente no despacho do profesor ou en Teams.
A avaliación da materia terá en conta todas as actividades que se deben realizar ao longo do curso, considerando distintos aspectos da adquisición das competencias ás que contribúe esta materia así como outros aspectos tales como a claridade e capacidade expositiva, o dominio da terminoloxía propia da materia ou a participación activa.
Estrutúrase da seguinte forma:
- 1º apartado: EXAME (7 puntos)
Ao final do 1º semestre realizarase un exame parcial sobre a materia impartida nese período. Unha vez finalizado o segundo período lectivo, nas datas oficiais de exame:
- Os alumnos que aprobasen o exame parcial (3,5 puntos) deberán examinarse da materia impartida no 2º semestre. A nota deste apartado será a media aritmética das obtidas nos dous exames realizados. De non superar a materia nesta 1ª oportunidade repetirán o mesmo proceso na 2ª oportunidade.
- Os alumnos que non aprobasen o exame parcial deberán examinarse de toda a materia. A nota deste apartado será a do último exame.
- 2º apartado: AVALIACIÓN CONTINUA (3 puntos)
A cualificación ata 3 puntos corresponderá ás probas propostas polo profesor na Aula Virtual para a realización nas clases interactivas. As probas terán que ser realizadas obrigatoriamente na clase para que puntúen.
A puntuación obtida neste apartado manterase, de non superarse a materia na 1ª oportunidade, para a 2ª oportunidade.
Para aprobar o curso o alumnado deberá conseguir, tanto na primeira como na segunda oportunidade, un mínimo de 5 puntos na suma das cualificacións dos dous apartados anteriores e unha nota mínima no EXAME de 2,5 puntos sobre 7.
A cualificación dunha convocatoria en que o alumno non se presenta ou non supera os obxectivos establecidos será de suspenso, salvo que o estudante non realice ningunha actividade académica avaliable conforme ao establecido na programación ou guía docente, caso en que constará como non presentado/a.
No caso de dispensa de asistencia a clase os estudantes serán avaliados exclusivamente a través dos exames correspondentes.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas serán de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Dado que se trata dunha materia de 9 créditos o esforzo do/a alumno/a para superar con éxito a materia debería alcanzar as 225 horas de traballo, das que 45 corresponderían ás clases de docencia expositiva e 27 ás clases de docencia interactiva, repartindo o/a estudante as 153 horas restantes entre a asistencia a titorías, realización dos traballos e exercicios, preparación dos exames e realización dos mesmos.
É importante que o/a estudante teña superada a materia Economía do segundo curso deste Grao, xa que no desenvolvemento teórico-práctico do programa de Economía Laboral presuponse que o/a alumno/a coñece as nocións básicas de economía. Para avanzar adecuadamente na aprendizaxe da materia é esencial que os/as estudantes adquiran un ritmo de traballo constante e que combinen o estudo da teoría coa solución de exercicios prácticos.
Xa que esta materia trata de estudar de forma pormenorizada o mercado de traballo desde un punto de vista económico, esta disciplina precisa ter adquiridas as competencias que se proporcionan en segundo curso do Grao na asignatura de Economía. O coñecemento do mercado de traballo desde esta perspectiva complementa e completa o que adquire o estudantado desde outras ámbitos científicos, en especial desde o xurídico.
Juan Jose Ares Fernandez
Coordinador/a- Departamento
- Fundamentos da Análise Económica
- Área
- Fundamentos de Análise Económica
- Teléfono
- 881815139
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Escola Universitaria
Pedro Maria Rey Suarez
- Departamento
- Fundamentos da Análise Económica
- Área
- Fundamentos de Análise Económica
- Teléfono
- 881815173
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Laboral asimilado a TEU
Martes | |||
---|---|---|---|
12:00-13:30 | Grupo A - horario de mañá (M-Z) | Castelán | Aula 6 |
18:30-20:00 | Grupo B - horario de tarde (A-L) | Castelán | Aula 6 |
Mércores | |||
15:00-16:30 | Grupo B - horario de tarde (A-L) | Castelán | Aula 6 |
02.06.2025 09:30-12:30 | Grupo A - horario de mañá (M-Z) | Aula 3 |
02.06.2025 09:30-12:30 | Grupo A - horario de mañá (M-Z) | Aula 5 |
02.06.2025 09:30-12:30 | Grupo A - horario de mañá (M-Z) | Aula 6 |
01.07.2025 09:30-12:30 | Grupo A - horario de mañá (M-Z) | Aula 3 |
01.07.2025 09:30-12:30 | Grupo A - horario de mañá (M-Z) | Aula 5 |
01.07.2025 09:30-12:30 | Grupo A - horario de mañá (M-Z) | Aula 6 |