Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Público Especial e da Empresa
Áreas: Dereito do Traballo e da Seguridade Social
Centro Facultade de Relacións Laborais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Coñecemento do sistema de fontes de Dereito do Traballo e das súas especialidades, tanto en relación coas normas en si, como en relación coa súa aplicación e interpretación.
- Identificación do tipo de traballo incluído no ámbito de aplicación da lexislación laboral.
- Identificación dos traballos constitutivos de relacións laborais comúns ou ordinarias e de relacións laborais de carácter especial.
- Coñecemento das particularidades do sistema de fontes do Dereito do Traballo. En concreto, as singularidades das normas comúns, o significado do convenio colectivo e as técnicas que rexen a selección da norma aplicable e a súa interpretación.
- Coñecemento da dogmática do contrato de traballo: obxecto, causa, partes, capacidade, consentimento, forma, etc.
- Coñecemento dos problemas asociados á celebración do contrato de traballo e á utilización das diversas modalidades deste.
- Coñecemento das pautas que rexen a intermediación entre a oferta e demanda de traballo.
- Coñecemento da protección do traballador nos supostos de interposición no mercado de traballo caracterizados pola presenza dunha descentralización produtiva.
I. CONCEPTO E ÁMBITO DO DEREITO DO TRABALLO
Lección 1ª. O DEREITO DO TRABALLO E O SEU OBXECTO
I. O traballo obxecto do Dereito do Traballo: 1) Traballo necesario e produtivo. 2) Traballo persoal e libre. 3) Traballo por conta allea. 4) Traballo dependente.- II. O traballo noutros contratos: 1) Execucións de obra. 2) Mandatos. 3) Socio industrial. 4) Traballo cooperativo.
Lección 2ª. TRABALLOS EXCLUÍDOS
I. Funcionarios públicos.- II. Transportistas con vehículo propio.-III. O traballo autónomo.-IV.Traballos familiares.- V. Servizos amigables, benévolos ou de boa veciñanza.- VI. Prestacións persoais obrigatorias. Traballos temporais de colaboración social.- VII. Administradores de sociedades. Mediadores mercantís.
Lección 3ª. RELACIÓNS LABORAIS DE CARÁCTER ESPECIAL
I. Representantes de comercio.- II.Persoal de alta dirección.- III. Persoal ao servizo do fogar familiar.- IV. Deportistas.- V.Avogados que prestan servizos en despachos. - VI. Artistas.- VII. Outras relacións laborais de carácter especial.
II. FONTES
Lección 4ª. NORMAS INTERNACIONAIS E INTERNAS.
I.Normas internacionais: 1)Tratados bilaterais e multilaterais. 2) Convenios, Resolucións e Recomendacións da Organización Internacional do Traballo. 3)Actividade normativa doutras organizacións internacionais. II. Normas sociais da Unión Europea.- III. A Constitución.- IV. O papel da lei e do regulamento. V. Normas sectoriais. VI. Normas das Comunidades Autónomas.
Lección 5ª. CONVENIOS COLECTIVOS E OUTRAS FONTES
I. Os convenios colectivos: 1) Concepto; 2) tipos 3)Eficacia. II. Laudos arbitrais. III. Resolucións de extensión de convenios colectivos. IV. Usos e costume laborais. V. Principios xerais do Dereito.- VI. O valor da xurisprudencia.- VII. Dereito supletorio.
Lección 6ª. INTERPRETACIÓN E APLICACIÓN DAS NORMAS LABORAIS
I. A aplicación das normas laborais: 1) Determinación da norma aplicable 2) Principios de aplicación das normas: principio de norma mínima e norma máis favorable. II.Condición máis beneficiosa adquirida. - III. Irrenunciabilidade de dereitos.IV. A interpretación das normas laborais: o principio "in dubio pro operario".
III. O CONTRATO DE TRABALLO
Lección 7ª. CONCEPTO, PARTES E ELEMENTOS DO CONTRATO DE TRABALLO
I. Concepto de contrato de traballo. Natureza e carácteres.- II. Partes do contrato: 1) O empresario e o traballador. 2) Grupos e redes de empresas.- III. Capacidade: 1) Do empresario. 2) Do traballador. Capacidade laboral plena e limitada. IV.Consentimento, obxecto e causa.- V. Forma, documentación e información do contrato.- VI. Tratos preliminares e precontrato de traballo.- VII. Celebración "a proba".- VIII. Ineficacia, nulidade e anulabilidade.
Lección 8ª. MODALIDADES DO CONTRATO DE TRABALLO
I. Contratos por tempo indefinido: 1)Aspectos xerais e presunción legal. 2)Contrato fixo-discontinuo.- II. Modalidades do contrato de traballo de duración determinada: 1) Por circunstancias da produción. 2) Por sustitución da persoa traballadora. 3.Contrato formativo. III. Contrato de traballo a tempo parcial: 1)Orinario. 2) Xubilación parcial e contrato de relevo. IV. Traballo a distiancia e teletraballo. V. Contrato de grupo. O auxiliar asociado.
Lección 9ª. EMPREGO E COLOCACIÓN. MEDIACIÓN NO MERCADO DE TRABALLO
I. Política de emprego.- II. O procedemento de colocación: 1) Sistema Nacional de Emprego: Servizo público de Emprego Estatal e servizos autonómicos de colocación. 2) Axencias de colocación, empresas de recolocación e empresas de traballo temporal.
Lección 10ª. INTERPOSICIÓN NO MERCADO DE TRABALLO E DESCENTRALIZACIÓN PRODUTIVA
I. Contratas e subcontratas de obras e servizos.- II. Empresas de traballo temporal.- III. Cesión ilegal de man de obra.
Para o estudo da materia recomendase o manexo da derradeira edición dalgún dos manuais indicados a continuación, os cales serán obxecto de ocmentario, xunto con outras obras, nos primeiros días de clase:
- MELLA MÉNDEZ, L. (directora): Manual de Derecho del Trabajo, Aranzadi (última edición).
- MARTÍN VALVERDE, A., RODRÍGUEZ-SAÑUDO GUTIÉRREZ, F. y GARCÍA MURCIA, J.: Derecho del Trabajo, Tecnos.
- MONTOYA MELGAR, A.: Derecho del Trabajo, Tecnos.
- PALOMEQUE LÓPEZ, M. C. y ÁLVAREZ DE LA ROSA, M.: Derecho del Trabajo, Ceura.
- T. SALA FRANCO Y OTROS "Derecho del trabajo de Trabajo", . Tirant Lo Blanch. Valencia,
Xenerais: Aplicar o razoamento crítico no estudo e análise dun determinado asunto ou tema. Traballar individualmente e en equipo. Expoñer e defender adecuadamente, de forma oral e/ou escrita, un asunto ou tema de carácter xeral ou relacionado coa especialidade.
Específicas: Coñecer, seleccionar e ser capaz de aplicar as normas laborais e de seguridade social en modo compatible coas esixencias de asesoramento e xestión en materia de contratación e emprego, seguridade social e protección social complementaria. Identificar os problemas expostos polas relacións laborais e determinar as súas posibles solucións.
As clases versarán sobre as diversas leccións do programa.
Durante as clases expositivas, a explicación recaerá sobre os principais problemas prácticos que expoñen os temas tratados. Darase especial importancia ao manexo da xurisprudencia e dos textos legais. Unha e outros son soportes fundamentais das clases. Algunhas leccións ou preguntas das leccións do programa deberá preparalas o alumnado servíndose dos manuais recomendados ou do texto facilitado polo propio profesor, así como da recompilación lexislativa recomendada. A remisión da preparación dalgunhas leccións ou preguntas de leccións aos devanditos contidos estará acompañada da dedicación dunha ou varias clases ao tratamento dos principais aspectos das aludidas leccións ou preguntas e á resolución das dúbidas que expoña o alumnado.
Nas clases interactivas desenvolveranse os problemas máis novos que susciten cada unha das leccións. A través da súa resolución, prepararase ao alumnado para o estudo de casos, a súa discusión en grupo, a súa exposición, así como para a redacción dos documentos forenses (recursos, demandas, reclamacións administrativas, etc.) que procedan.
Durante as clases interactivas, pero tamén ao longo das expositivas, formularanse preguntas ao alumnado sobre as cuestións abordadas, de aí a conveniencia de levar ao día a preparación das leccións.
O sistema de avaliación compoñerase da cualificación obtida no exame final, coa que se alcanzará ata un máximo do 70 por cento da nota final. O alumnado deberá aprobalo para poder engadir a puntuación obtida nas clases interactivas durante as que se levará a cabo a avaliación continua, que supoñerá un 30% da cualificación final.
Realizarase un único exame final na data oficial aprobada pola Xunta de Facultade e publicada no taboleiro de anuncios e na páxina web, que será escrito.
A superación do devandito exame final é complementaria á avaliación continua.
Durante as clases interactivas levarase a cabo a avaliación continua do alumnado. Para ese efecto, non se valorará a simple asistencia, senón a súa participación e a calidade dos traballos solicitados polo profesorado que aquel presente.
Se o alumno realizou algunha actividade académica obxecto de avaliación conforme ao establecido nesta guía docente e non se presentou ao exame, obterá a cualificación de "suspenso".
Réxime para o alumnado con exención de docencia:
O alumnado que se atope en réxime de exención de docencia deberá poñerse en contacto co profesorado da materia para a elaboración dun programa de actividades tutorizadas a distancia. O exame final será igual que para o resto dos alumnos, e tamén, o sistema de avaliación.
Considérase imprescindible dedicar ao "estudo" da materia, como mínimo, 60 horas efectivas.
Á parte da asistencia a clase, que se xulga imprescindible, o alumno deberá preparar a materia por algún dos manuais recomendados, tendo en conta as exposicións orais do profesor e manexando as obras e recompilacións legais recomendadas. É conveniente que os alumnos se reúnan por grupos para traballar a materia e os diferentes casos prácticos. En canto ás posibles dúbidas que poidan xurdir, en clase ou en horario de tutorias poden consultalas sempre que queiran. A materia require un traballo constante, repasando cada día o tema explicado en clase, consultando sempre as leis e a poder ser a xurisprudencia.
A inasistencia a clase e o deixar para o final o estudo da materia limita extraordinariamente as posibilidades de superala.
Silvia Fernandez Martinez
- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito do Traballo e da Seguridade Social
- Teléfono
- 881814767
- Correo electrónico
- silviafernandez.martinez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Lara Maria Munin Sanchez
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito do Traballo e da Seguridade Social
- Correo electrónico
- lara.munin [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
09:00-11:00 | Grupo A - horario de mañá (A-L) | Castelán | Aula 5 |
15:00-17:00 | Grupo B - horario de tarde (M-Z) | Castelán | Aula 5 |
Xoves | |||
09:00-11:00 | Grupo A - horario de mañá (A-L) | Castelán | Aula 5 |
15:00-17:00 | Grupo B - horario de tarde (M-Z) | Castelán | Aula 5 |
21.05.2025 09:30-12:30 | Grupo A - horario de mañá (A-L) | Aula 3 |
21.05.2025 09:30-12:30 | Grupo B - horario de tarde (M-Z) | Aula 3 |
21.05.2025 09:30-12:30 | Grupo A - horario de mañá (A-L) | Aula 5 |
21.05.2025 09:30-12:30 | Grupo B - horario de tarde (M-Z) | Aula 5 |
21.05.2025 09:30-12:30 | Grupo A - horario de mañá (A-L) | Aula 6 |
21.05.2025 09:30-12:30 | Grupo B - horario de tarde (M-Z) | Aula 6 |
13.06.2025 16:30-19:30 | Grupo B - horario de tarde (M-Z) | Aula 3 |
13.06.2025 16:30-19:30 | Grupo B - horario de tarde (M-Z) | Aula 5 |
13.06.2025 16:30-19:30 | Grupo B - horario de tarde (M-Z) | Aula 6 |
27.06.2025 16:30-19:30 | Grupo A - horario de mañá (A-L) | Aula 3 |
27.06.2025 16:30-19:30 | Grupo A - horario de mañá (A-L) | Aula 5 |
27.06.2025 16:30-19:30 | Grupo A - horario de mañá (A-L) | Aula 6 |