Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 67.5 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 23 Clínicos EEES: 20 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Patoloxía Animal
Áreas: Medicina e Cirurxía Animal
Centro Facultade de Veterinaria
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Dentro dos obxectivos Xerais do Título de Graduado en Veterinaria pola Universidade de Santiago de Compostela consta:
“A formación en Ciencias Veterinarias ten como obxecto dotar ós estudantes dos coñecementos, técnicas, habilidades e aptitudes propias da profesión”.
Polo tanto, “os obxectivos xerais do título resúmense na formación dos graduados/as con coñecementos e capacitación profesional que garante a saúde dos animais e do home, mediante:
• Control da hixiene, a inspección e a tecnoloxía da produción e a elaboración de alimentos de consumo humano, dende a produción primaria ata o consumidor.
• Prevención, diagnóstico e tratamento individual ou colectivo, así coma a loita contra as enfermidades dos animais, sexan considerados estes individualmente ou en grupo, particularmente no caso das zoonoses
• Control da cría, manexo, benestar, reprodución, protección, e alimentación dos animais, así coma as melloras das súas producións.
• Obtención, en condicións excelentes e economicamente rendibles, de produtos de orixe animal e a avaliación do seu impacto ambiental.
• Coñecemento e aplicación das disposicións legais, regulamentarias e administrativas en todos os ámbitos da profesión veterinaria e da saúde pública, comprendendo as implicacións éticas de saúde nun contexto mundial de transformación.
• Desenvolvemento da práctica profesional con respecto a outros profesionais da saúde, adquirindo habilidades relacionadas co traballo en equipo, co uso eficiente dos recursos e coa xestión da calidade.
• Identificación dos riscos emerxentes en todos os ámbitos da profesión veterinaria.
Obxectivos específicos da materia:
- Poder Diagnosticar e tratar os principais problemas reprodutivos que poden padecer as especies domésticas.
- Coñecer as causas de subfertilidade, infertilidade e esterilidade, propoñendo medidas para a súa corrección.
– Coñecer os fenómenos biolóxicos que concorren antes, durante e despois do parto, avaliar as posibles complicacións e saber correxilas.
SESIÓNS INTERACTIVAS:
Práctica Clínica 1 (ROII C1) (4H).- Exploración rectal na vaca I: Práctica de clínica, que se realizará no Hospital Clínico Veterinario “Rof Codina”, pavillón de gando vacún. Os alumn@s aprenderán a técnica para realizar a exploración rectal do tracto xenital da vaca, aprendendo a diferenciar as distintas partes do aparello xenital, así coma as estruturas fisiolóxicas ou patolóxicas que poden atopar a nivel de ovario.
Práctica Clínica 2 (ROII C2) (4H).- Exploración rectal na vaca II: Esta práctica realizarase no Hospital Clínico Veterinario “Rof Codina”, pavillón de gando vacún, e servirá para que os alumn@s consoliden o aprendido na practica anterior.
Práctica Clínica 3 (ROII C3) (4H).- Estudo de casos clínicos de reprodución en pequenos animais. Esta práctica realizarase no seminario da materia. A práctica dividirase en dúas sesións de 2 horas separadas 7 días. Na primeira sesión presentarase un caso que os alumnos deberán resolver durante os seguintes 7 días, para presentalo na segunda sesión. Para a resolución do caso, os alumnos poderán solicitar ó profesor as probas que consideren necesarias.
Práctica Clínica 4 (ROII C4) (4H). Diagnóstico ecográfico e resolución de patoloxías reprodutivas na vaca. Práctica que se realizará na Granxa Campus Terra na que os alumnos enfrentaranse a diferentes patoloxías reprodutivas en condicións reais, dentro do control reprodutivo dunha explotación.
Práctica Clínica 5 (ROII C5) (4H). Resolución de distocias na vaca. Nesta práctica que se realizará no laboratorio da materia, os alumnos poderán resolver diferentes distocias mediante o emprego dun simulador.
SESIÓNS EXPOSITIVAS:
BLOQUE I.- PATOLOXÍA DA REPRODUCIÓN E OBSTETRICIA EN RUMINANTES (11 HORAS DE TEORÍA)
TEMA 1. Alteracións anatómicas do tracto xenital: Hipoplasia ovárica y/o uterina. Enfermidade das xovencas brancas. Alteracións da diferenciación sexual. Tumores ováricos. Alteracións da vaxina. Outras patoloxías do tracto xenital.
TEMA 2. Alteracións funcionais do ovario: Anestro. Alteracións da dinámica da medra folicular. Corpo lúteo persistente. Ovulación sen manifestación de celo.
TEMA 3. Infertilidade de orixe nutricional: importancia da nutrición na fertilidade. Alteracións provocadas por desequilibrios nos distintos compoñentes da dieta (enerxía, proteína, macro e microminerais, vitaminas). Efectos das substancias tóxicas.
TEMA 4. Repetición de celos: Síndrome de repetición de celos: definición, incidencia. Etioloxía: alteracións do celo, alteracións na ovulación, fallo na fecundación, mortalidade embrionaria temperá. Repetición de celos a intervalos irregulares: alongados, acurtados.
TEMA 5. Aborto: fisiopatoloxía do aborto. Incidencia. Causas non infecciosas de aborto. Causas infecciosas de aborto:bacterianas, fúnxicas, víricas e parasitarias.
TEMA 6. Patoloxías da xestación: Xestación extrauterina. Prolapso vaxinal. Hernia de útero. Roturas de útero. Enfermidades dos anexos fetais: hidroamnios, hidroalantoides. Morte fetal: momificación, maceración, enfisema fetal. Anomalías conxénitas.
TEMA 7. Parto Distócico: concepto de distocia e o seu diagnóstico. Clasificación das distocias. Métodos empregados para a súa resolución. Consecuencias das distocias: para o feto, para a femia.
TEMA 8. Distocias de orixe maternal: ausencia de esforzos expulsivos: de orixe uterino e de orixe abdominal. Obstrución do canal do parto: alteración dos osos da pelve, alteración dos tecidos brandos, anomalías topográficas do útero.
TEMA 9. Distocias de orixe fetal: anomalías na presentación, posición, actitude. Exceso de volume fetal. Xestación xemelar. Malformacións fetais. Distocias dependentes dos anexos fetais.
TEMA 10. Patoloxía do Puerperio: atraso na involución uterina. Prolapso de útero. Retención de placenta. Infeccións uterinas: metrites, endometrites, piómetra
TEMA 11. Patoloxía do neonato: Efecto das manipulacións obstétricas sobre o becerro. Traumas e lesións no neonato. Onfaloflebites. Persistencia do uraco. Obliteración do ano e o recto.
TEMA 12. Infertilidade no macho: Alteracións xerais. Alteracións do escroto. Alteracións do prepucio. Alteracións do pene. Alteracións dos testículos. Alteracións do epidídimo. Alteracións das glándulas anexas. Alteracións da conduta sexual.
BLOQUE II.- PATOLOXÍAS DA REPRODUCIÓN E OBSTETRICIA EN ÉQUIDOS (6 HORAS DE TEORÍA)
TEMA 13. Alteracións do ciclo estral: Alteracións do ciclo estral. Alteracións no comportamento. Alteracións da ovulación. Alteracións da función lútea. Tumores ováricos.
TEMA 14. Patoloxía da xestación: Torsión do útero, hidroalantoides, rotura uterina, rotura do tendón prepúbico, xestación alongada. interrupción da xestación: mortalidade embrionaria: causas de orixe embrionario, causas de orixe materno. Aborto: causas non infecciosas, causas infecciosas.
TEMA 15 Parto distócico: incidencias, causas de distocia, resolución de distocias. Patoloxía do postparto: retención de placenta. Metrites-Laminites. Hemorraxia postparto. Prolapso de útero. Rotura uterina. Retraso na involución uterina. Traumatismo no tracto xenital.
TEMA 16. Causas infecciosas de infertilidade: Endometrites. Piómetra. Metrites contaxiosa equina. Exantema coital.
TEMA 17. Alteracións Reprodutivas no garañón: Anomalías do seme. Infeccións. Anomalías físicas. Problemas psicolóxicos. Intervencións xenitais máis comúns.
BLOQUE III- PATOLOXÍA DA REPRODUCIÓN E OBSTETRICIA EN PORCINOS (2 HORAS DE TEORÍA)
TEMA 18. Infertilidade na porca: Anomalías anatómicas. Trastornos ováricos. Enfermidades infecciosas. Anestro. Hiperestroxenismo.
TEMA 19. Interrupción da xestación: Causas non infecciosas. Causas infecciosas. Detección e diagnóstico.
TEMA 20. Alteracións entorno o parto na porca: Distocias e obstetricia na porca. Alteracións do puerperio. Retención de placenta. Hematoma. Laceración e contusión. Prolapso de útero.
BLOQUE IV.- PATOLOXÍA DA REPRODUCIÓN E OBSTETRICIA NOS CARNÍVOROS DOMÉSTICOS
(5 HORAS DE TEORÍA)
TEMA 21. Patoloxía reprodutiva na cadela e na gata: Alteracións do ciclo estral. Hiperplasia endometrial quística. Alteracións conxénitas e adquiridas da vaxina, vestíbulo vaxinal e vulva.
TEMA 22. Problemas durante a xestación e parto distócico: Reabsorción embrionaria e aborto. Alteracións metabólicas durante a preñez. Distocias na cadela e na gata.
TEMA 23. Alteracións postparto na cadela e na gata: Metrites aguda. Subinvolución de zonas de inserción placentaria. Alteracións da glándula mamaria. Eclampsia puerperal.
TEMA 24 Patoloxía reprodutiva no can e no gato: Criptorquidia. Tumores testiculares. Orquite e epididimite. Alteracións prostáticas.
- Derivaux J., Ectors F. Fisiopatología de la gestación y Obstetricia Veterinaria. Ed. Acribia, 1984.
- Hafez ESE. (1996) Reproducción e inseminación artificial en animales. 3ª edición en español. Inte-ramericana McGraw-Hill. México.
- Hopper, RM (2015). Bovine Reproduction. John Wiley & Sons Inc. Iowa. USA
- Joy KP, Krishna A, Haldar C. (1999) Comparative endocrinology and reproduction. Springer-Verlag. Berlín.
- Knobil E, Neill JD. (1994) The Physiology of Reproduction. Second edition. Volumes 1 y 2. Raven Press, New York.
- Knobil E, Neill JD. (1998) Encyclopedia of reproduction. Academic Press. San Diego.
- McDonald LE, Pineda MH (1991). Endocrinología veterinaria y reproducción. Interamericana McGraw-Hill. México.
- Thibault C, Levasseur MC. (1991) La reproduction chez les mammifères et l’homme. INRA. París.
- Senger PL. (2003). Pathways to pregnancy and parturition. Current Conceptions, Inc. 2nd Edition. Washington.
- BLANCHARD, T.L.; VARNER, D.D. Y SCHUMACHER, J. (1998). Manual of equine reproduction. Mosby-Year Book. Inc. St. Louis, Missouri.
- BRINSKO, S.P., BLANCHARD, T.L.,VARNER, D.D., SCHUMACHER, J., LOVE, C.C., HIN-RICHS, K., HARTMAN, D. (2011). Manual of equine reproduction. 3ª Ed. Editorial Mosby else-vier. Maryland Heights, Missouri. Pp. 325.
- JACKSON, P.G.G. (1995). Handbook of veterinary obstetrics. Ed. W.B. Saunders, cop. Lon-don.
- KAHN, W.. Veterinary reproductive ultrasonography. Ed. Mosby-Wolfe, con. London. 1994.
- Ley, B.W. (2004). Broodmare reproduction for the equine practitioner. Editorial Teton NewMe-dia. Jackon, Wyoming. Pp. 255.
- McKINNON, A.O. Y VOSS, J.L. (1993). Equine reproduction. Editorial Willians and Wilkins. EEUU. Pp. 1137.
- International veterinary information service (IVIS). http://www.ivis.org/home.asp
- MARTINAT-BOTTÉ, F.; RENAUD, G.; MADEE, F.; COSTIOU, P. Y TERQUI, M. (2000). Ultrasonography and reproduction in swine: Principles and practical applications. INRA editions. Paris.
- Rodríguez-Estévez, V. (2010). El anestro y la infertilidad estacional de la cerda. Editorial Servet. Navarra. España. Pp. 184.
- Simpson GM, England GCW, Harvey M. (1998) Manual of Small Animal Reproduction and Neonato-logy. British Small Animal Veterinary Association. Cheltenham.
- Burke TJ. (1986). Small animal reproduction and infertility. A clinical approach to diagnosis and tre-atment. Lea and Febiger. Philadelphia.
QUINTELA, LA; BECERRA, JJ Y HERRADÓN, PG. (2016). Essential guides on cattle farming: Uterine diseases. Ed. Servet-Grupo Asis Biomedia SL. Zaragoza, España. Pp. 69.
1.- Competencias xenéricas
• GVUSC01: Capacidade de aprendizaxe e adaptación
• GVUSC02: Capacidade de análise e síntese
• GVUSC05: Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica
• GVUSC06: Capacidade de traballar de xeito autónomo e en equipo
• GVUSC08: Liderado, iniciativa e espírito emprendedor
• GVUSC09: Capacidade de comunicarse en distintos ámbitos
• GVUSC10: Compromiso ético e asunción de responsabilidades
2.-Competencias Específicas Disciplinares
• CEDVUSC18: Coñecer os procedementos básicos para garantir o correcto funcionamento da actividade reprodutiva así como os procesos tecnolóxicos e os métodos para a resolución de problemas obstétricos .
3.- Competencias Específicas Profesionais
• D1VUSC09: Aplicar os procedementos básicos que garantan o correcto funcionamento da actividade reprodutiva, os procesos tecnolóxicos e a resolución de problemas obstétricos
4.- Competencias Específicas Académicas
• CEAVUSC01: Analizar, sintetizar, resolver problemas e tomar decisións nos ámbitos profesionais do veterinario
• CEAVUSC02: Manter un comportamento ético no exercicio das súas responsabilidades ante a profesión veterinaria e a sociedade .
• CEAVUSC03: Divulgar a información obtida durante o exercicio profesional do veterinario de forma fluída, oral e escrita, con outros colegas, autoridades e a sociedade en xeral
• CEAVUSC04: Buscar e xestionar a información relacionada coa actividade do veterinario
• CEAVUSC05: Coñecer e aplicar o método científico na práctica profesional incluíndo a medicina baseada na evidencia
• CEAVUSC07: Ter coñecementos básicos dunha lingua estranxeira, especialmente en aspectos técnicos relacionados coas Ciencias Veterinarias
• CEAVUSC08: Ser consciente da necesidade de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes das competencias profesionais mediante un proceso de formación permanente .
5.- Competencias Específicas transversais
• CTVUSC01: Capacidade para o razoamento e a argumentación
• CTVUSC02: Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada por diversos medios, como información bibliográfica e Internet, e analizala dunha forma crítica .
• CTVUSC03: Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible .
• CTVUSC04: Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, coherente e concisa
• CTVUSC05: Habilidade no manexo das TICs
• CTVUSC06: Utilización de información en lingua estranxeira.
• CTVUSC07: Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos
Sendo esta unha materia orientada a futuros profesionais veterinarios, pretendemos cumprir coas seguintes condicións metodolóxicas básicas:
a.- Mantemento dun equilibrio entre a adquisición de coñecementos teóricos e de habilidades prácticas, non podemos esquecer que nesta disciplina deberán aprender unha serie de habilidades necesarias para o exercicio profesional da veterinaria.
b.- Promover a constante busca de nova información: a reprodución non é unha disciplina estática e atópase en continua evolución, polo que é necesario que o alumn@ aprenda a buscar nova información, analizándoa criticamente.
Dentro desta estrutura, podemos describir varias partes neste curso:
A.- Una primeira parte de traballo teórico, na que o profesor exporá os temas incluídos no programa da materia, e o alumn@ deberá adquirir os coñecementos básicos da disciplina. O alumn@ deberá compaxinar a asistencia a estas clases teóricas coa lectura dos textos recomendados para ampliar os seus coñecementos.
B.- Traballo Práctico: Ó longo do curso, o alumn@ deberá asistir e participar activamente nas sesións prácticas da materia, para poder aprender as habilidades necesarias para o futuro exercicio profesional.
C.- Traballo autónomo: Ó longo do curso, o alumn@ deberá elaborar un traballo para o que terá que realizar unha busca de información, discriminando aquela que é relevante, redactar o traballo e expoñelo.
- Apoios ó curso:
Durante todo o curso os alumn@s disporán dun apoio presencial, podendo realizar consultas ós distintos profesores da materia, nos horarios establecidos para as titorías. É aconsellable que o alumno asista, polo menos, unha vez por bloque temático. Tamén disporán dun apoio virtual, podendo facer consultas a través do correo electrónico, foros, etc.
Para dar este apoio creouse un curso virtual na USC denominado Reprodución e Obstetricia Veterinaria II, ó que poderán acceder todos os alumn@s matriculados nesta materia.
No curso virtual o alumnado tamén disporá de información complementaria e modelos de exame que servirán como método de autoavaliación.
Para a avaliación final do alumn@, tomarase en conta todas as actividades realizadas ó longo do curso, así coma os coñecementos adquiridos e as habilidades prácticas acadadas.
Así, a avaliación final do alumn@ terá en conta os seguintes aspectos:
1. Probas de seguimento da docencia expositiva: realizaranse probas ó longo do curso que permitan avaliar o seguimento da docencia expositiva. Consistirán en cuestionarios realizados a través do curso virtual, ó final de cada bloque teórico.
2.- Participación Activa e Aproveitamento das Clases Prácticas, considerando a asistencia e o aproveitamento.
3.- Exame: Neste apartado valoraremos os coñecementos teórico/prácticos acadados polo alumn@. O exame será unha proba que constará de 50 preguntas, unhas de tipo test de resposta múltiple, e outras de resposta breve. As respostas incorrectas nas preguntas de tipo test non restarán puntos, pero será necesario acertar todas as opcións para que sexa considerada correcta.
Realizarase un exame final, na data establecida na Programación Académica da Facultade de Veterinaria.
Trala publicación das notas provisorias de cada exame, o alumn@ poderá revisar o seu exercicio e propoñer as dúbidas, suxestións ou reclamacións que considere oportunas. A data e lugar de revisión será publicada xunto coas puntuacións dos exames.
Cualificación Final da materia:
A cualificación final da materia será da seguinte maneira:
- Probas que permitan avaliar o seguimento da docencia expositiva: 10%
- Clases Prácticas: 20%.
- Exame: 70%.
Para superar a materia será imprescindible que o alumn@ alcance unha puntuación mínima de “5” no exame escrito. De non alcanzarse, non se fará media coas notas das clases prácticas e do traballo.
- Recomendacións de cara á Recuperación:
É importante ter en conta unha serie de aspectos no caso de que o estudante non supere a materia nunha convocatoria determinada:
- Gardaranse as cualificacións obtidas nas prácticas para outras convocatorias, sempre e cando as prácticas non varíen
- O exame das convocatorias extraordinarias terá un formato semellante ó da convocatoria oficial.
- A nota final das convocatorias extraordinarias, calcularase do memo xeito que na convocatoria oficial.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A asistencia ás actividades programadas será obrigatoria, pero conservaranse as cualificacións obtidas no curso anterior no apartado de clases prácticas.
Traballo presencial no Aula:
- Clases maxistrais: 24h
- Prácticas clínicas: 20h
- Titorías en grupos reducidos: 1h
- Total de horas de traballo presencial: 45h
Traballo persoal d@ estudante
- Estudo individual: 36h
- Elaboración de traballos: 15h
- Revisión bibliográfica, biblioteca, etc: 10h
- Asistencia a charlas ou outras actividades recomendadas: 2h
- Presentacións orais: 2h
- Realización de exames: 2,5h
- Total de horas de traballo persoal d@ estudante: 67,5h
Total Traballo d@ Estudante: 112,5horas
Recoméndase ó estudante asistir activamente tanto ás clases teóricas como prácticas. Sería recomendable que o alumnado completase as sesións coa bibliografía recomendada para cada tema.
Os estudantes terán a súa disposición dun curso virtual na plataforma da USC na que se colgarán as presentacións empregadas en clase, vídeos, artigos, páxinas de interese, etc. É recomendable visualizar todos os contidos propostos.
Luís Ángel Quintela Arias
- Departamento
- Patoloxía Animal
- Área
- Medicina e Cirurxía Animal
- Correo electrónico
- luisangel.quintela [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Ana Isabel Peña Martínez
- Departamento
- Patoloxía Animal
- Área
- Medicina e Cirurxía Animal
- Correo electrónico
- ana.pena [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Juan José Becerra González
- Departamento
- Patoloxía Animal
- Área
- Medicina e Cirurxía Animal
- Correo electrónico
- juanjose.becerra [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Pedro José García Herradón
Coordinador/a- Departamento
- Patoloxía Animal
- Área
- Medicina e Cirurxía Animal
- Correo electrónico
- garcia.herradon [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jose Angel Hernandez Malagon
- Departamento
- Patoloxía Animal
- Área
- Medicina e Cirurxía Animal
- Correo electrónico
- joseangel.malagon [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Martes | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /TI-ECTS01 | Galego, Castelán | Aula 1 |
11:00-12:00 | Grupo /TI-ECTS02 | Castelán, Galego | Aula 1 |
11:00-12:00 | Grupo /TI-ECTS08 | Galego, Castelán | Aula 1 |
11:00-12:00 | Grupo /TI-ECTS09 | Castelán, Galego | Aula 1 |
11:00-12:00 | Grupo /TI-ECTS05 | Galego, Castelán | Aula 1 |
11:00-12:00 | Grupo /TI-ECTS03 | Castelán, Galego | Aula 1 |
11:00-12:00 | Grupo /TI-ECTS07 | Galego, Castelán | Aula 1 |
11:00-12:00 | Grupo /TI-ECTS04 | Castelán, Galego | Aula 1 |
11:00-12:00 | Grupo /TI-ECTS06 | Galego, Castelán | Aula 1 |
11:00-12:00 | Grupo /TI-ECTS10 | Galego, Castelán | Aula 1 |
11:00-12:00 | Grupo /TI-ECTS11 | Galego, Castelán | Aula 1 |
18:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 2 |
Xoves | |||
09:30-13:30 | Grupo /CLI_EEES01 | Galego, Castelán | Establos Rof Codina |
Venres | |||
09:30-13:30 | Grupo /CLI_EEES02 | Galego, Castelán | Establos Rof Codina |
26.05.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
26.05.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
26.05.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
27.06.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
27.06.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |