Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 87 Horas de Titorías: 10 Clase Expositiva: 29 Clase Interactiva: 3 Clínicos EEES: 21 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Patoloxía Animal
Áreas: Medicina e Cirurxía Animal
Centro Facultade de Veterinaria
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Co estudo da Nosoloxía preténdese que os alumnos sexan capaces de describir, desde un punto de vista xeral, o proceso morboso: analizar as causas que o producen e a reacción do organismo fronte a estas; estudar as perturbacións funcionais que ocasiona; coñecer as súas manifestacións perceptibles e formas de evolución; cualificar o proceso morboso mediante a emisión dos xuízos clínicos e, finalmente; coñecer os criterios para denominar e clasificar as enfermidades.
Mediante o estudo da Fisiopatoloxía, o alumno deberá coñecer os trastornos funcionais que orixinan os procesos morbosos e que son a base dos síntomas e síndromes das diferentes enfermidades. Para iso deberá coñecer os axentes etiolóxicos susceptibles de producir trastornos funcionais; a súa patoxenia ou forma de actuación e deducir as alteracións funcionais que se producen a nivel orgánico.
Sesións expositivas (33 horas).
A materia está estruturada nos seguintes bloques temáticos:
1. Introdución (4 horas). Nosoloxía (2 horas): Axentes externos como causa de enfermidade (axentes físicos, químicos, radiacións e electricidade): 1 hora. Síndrome Xeral de Adaptación: O estrés en Medicina Veterinaria (1 hora).
2. Fisiopatoloxía - 29 horas divididas da seguinte maneira:
a. Metabolismo, medio interno e sistema endócrino (4 horas): Fisiopatoloxía do equilibrio hidroelectrolítico: deshidratacións, Hiperhidratacións; Hiper e hipokalemias; hiper e hipomagnesemias (1 hora). Fisiopatoloxía do equilibrio ácido-base. Acidoses e alcaloses (1 hora). Fisiopatoloxía do sistema endócrino: etiopatoxenia xeral das enfermidades endócrinas, síndromes que afectan ao hipotálamo e a hipófise, síndromes que afectan ás glándulas suprarrenais, síndromes que afectan á tiroides, síndromes que afectan ao páncreas endócrino e síndromes que afectan á glándula paratiroides e ao metabolismo do calcio (1,5 horas) Metabolismo de lípidos, proteínas, minerais e hidratos de carbono (0,5 horas)
b. Aparello respiratorio (4 horas): Semioloxía das dispneas. Insuficiencias respiratorias externas e internas (1 hora). Alteracións circulatorias de pulmón conxestión pulmonar pasiva e hipertensión pulmonar) e síndromes pulmonares (enfisema, fibroses, atelectasia, síndromes de condensación e de cavitación) (2 horas). Síndromes pleurais (pneumotórax, derrames pleurais) e síndrome mediastínico (1 hora).
c. Temperatura e aparello cardiocirculatorio (6 horas): Temperatura (0,5 horas). Fisiopatoloxía do pericardio, miocardio e endocardio (1 hora). Insuficiencia circulatoria central e periférica, insuficiencia coronaria (1,5 horas). Arritmias (1 hora). Valvulopatías (1 hora). Fisiopatoloxía dos vasos (1 hora)
d. Sangue (3 horas): Fisiopatoloxía dos eritrocitos (1 hora). Fisiopatoloxía dos leucocitos (1 hora). Fisiopatoloxía das plaquetas e alteracións da hemostase (1 hora).
e. Sistema Dixestivo (6 horas): Fisiopatoloxía da boca, farinxe e glándulas salivares (1 hora). Fisiopatoloxía do esófago e do estómago dos monogástricos (1 hora). Fisiopatoloxía do intestino (1 hora). Fisiopatoloxía das alteracións hepáticas (1 hora). Fisiopatoloxía do páncreas exócrino (0,5 horas). Fisiopatoloxía do peritoneo (0,5 horas). Fisiopatoloxía dos reservorios gástricos en ruminantes (1 hora)
f. Aparello Renal (2 horas): Trastornos micción (polaquiúria, estranguria, disuria, incontinencia renal) e diurese (poliúria, oliguria e anuria) e patoloxía funcional renal (cistite, litíase, alteracións función estenúrica) (1 hora). Patoloxía renal (pielonefrite, nefrite/nefrose, hidronefrose, insuficiencias renais) (1 hora)
g. Sistema Nervioso e Locomotor (2 horas): Fisiopatoloxía do sistema locomotriz (ósos, articulacións e músculos) (1 hora). Fisiopatoloxía do Sistema Nervioso: alteracións encefálicas e da neurona motora (1 hora).
h. Inmunopatoloxía (2 horas): Reaccións de hipersensibilidade (1 hora). Enfermidades autoinmunes e inmunodeficiencias (1 hora).
Prácticas clínicas (24 horas). Os contidos prácticos abordarán o estudo dos seguintes temas:
PATO C1. Casos clínicos relativos ao Equilibrio ácido-base metabólico: avaliación de situacións clínicas (3 horas).
PATO C2. Casos clínicos relativos á termorregulación (1,5 horas).
PATO C3. Avaliación clínica e laboratorial dos derrames (3 horas).
PATO C4. Casos clínicos cardioloxía. Uso da presión arterial en animais domésticos (3 horas)
PATO C5. Aproximación ao paciente renal. Avaliación clínica da funcionalidade renal. Proteinurias, clasificación fallos renais. Resolución de casos clínicos (2 horas).
PATO C6. Casos clínicos dixestivo. Resolución de diferentes casos clínicos relacionados con alteracións dixestivas en diferentes especies animais (3,5 horas).
PATO C7. Casos clínicos hematoloxía: Resolución de casos clínicos (3,5 horas).
PATO C8. Casos clínicos sistema nervioso: WORK-SHOP: Aproximación ao paciente con enfermidade do aparello locomotor e sistema nervioso. Resolución de situacións clínicas nun contexto real (4,5 horas).
Seminarios (5 horas)
PATO S1. Seminario Nosoloxía (1 hora)
PATO S2. Seminario de electrocardiografía en medicina veterinaria (2horas)
PATO S3. Seminario Biopatoloxía Clínica (2 horas)
Titorías (1 hora).
PATO T1. Presentación da materia Patoloxía Xeral (1 hora)
Bibliografía básica
Blood, D.C. (1996). Manual de Medicina Veterinaria. Ed. McGraw-Hill
Castro del Pozo, S. (2006) Manual de patología general. Etiología, fisiopatología, semiología, síndromes. 6ª ed. Masson, Barcelona.
Esteller, A., Cordero, M. (1998) Fundamentos de fisiopatología. McGraw-Hill Interamericana, Madrid.
Feldman OW et al. (2000) Schalm’s Veterinary Hematology. 5th ed, Philadelphia : Lippincott Williams & Wilkins.
Jain, N.C. (1993). Essentials of veterinary hematology. Lea & Febiger, Philadelphia.
Kaneko, J.J., Harvey J, Bruss, M. (2008) Clinical biochemistry of domestic animals.6 th ed. Academic Press, San Diego.
Merck, N.J. (2007) El manual Merck de veterinaria. 9ª ed. Centrum Técnicas y Científicas, Madrid.
Stockham, S.L. (2008) Fundamentals of Veterinary Clinical Pathology. 2nd ed. Ames, Iowa, Blackwell cop.
Stockham, S.L., Scott, M.A. (2008). Fundamentals of Veterinary Clinical Pathology. Iowa State Press.
Tizard, I.R. (2009) Inmunología Veterinaria. 8ª ed. Elsevier
Bibliografía Complementaria
Andrews, A.H., Blowey, R.W., Boyd, H., Eddy, R.G. (2004). Bovine Medicine: Diseases and Husbandry of Cattle. 2ª ed. Ed. Blackwell Publishing.
Cowell, R.L. et al. (2009). Diagnóstico citológico y hematológico del perro y el gato. 3ª ed. Elsevier, Barcelona.
Davies, Ch y Shell, L. (2003) Diagnóstico frecuente en pequeños animales: Un método algorítmico. McGraw-Hill.
Day, M.J. (1999) Atlas en color de Enfermedades Inmunomediadas del perro y del gato. Cuadros clínicos, diagnóstico y tratamiento. Grass Edicións, Barcelona.
Day, M.J. (2008) Clinical immunology of the dog and cat. Manson Publishing
Divers, T. J., Peek, S. (2007). Rebhun’s Diseases of Dairy Cattle. 2ªed. Ed. Saunders Elsevier.
Ettinger, S.J., Feldman, E.C. (2010). Textbook of veterinary internal medicine: diseases of the dog and cat. 7 th ed. WB Saunders Co., Philadelphia.
García Partida, P., Prieto Montaña, F., Gutiérrez Panizo, C., Mayer Valor, R. (1999). Exploración clínica veterinaria. Ed. Universidad de León, León.
López Villalba, I., Mesa Sánchez, I. (2015). Guía práctica de interpretación analítica y diagnóstico diferencial en pequeños animales: hematología y bioquímica. Grupo Asís Biomedia, Zaragoza.
Nelson, R.W., Couto, C. (1995) Pilares de Medicina Interna en Animales Pequeños. Intermédica, Buenos Aires.
Nelson, R.W., Couto, C. (2010) Medicina Interna de Pequeños Animales. 4ª ed. Elsevier, Barcelona.
Radostits, O.M., Gay, C.G., Clive, C., Blood, D.C., Hinchcliff, K.W. (2001) Medicina Veterinaria: Tratado de las enfermedades del ganado vacuno, ovino, porcino, caprino y equino. Interamericana-McGrawHill. Madrid
Rebar, A.H. et al. (2002). Manual de hematología de perros y gatos. Ed. Multimédica S.A
Salvat (1992) Diccionario Terminológico de Ciencias Médicas. 13ª ed. Salvat, Barcelona.
Smith, B.P. (2010). Medicina interna de grandes animales. 4ª ed. Ed. Elsevier España, S.L.
Sodikoff, CH. (2002) Pruebas diagnósticas y de laboratorio en pequeños animales. Una guía para el diagnóstico de laboratorio. 3ª ed. Harcourt, Madrid.
Straw, B.E. (2001). Enfermedades del cerdo. 8ª ed. Inter-médica. Buenos Aires.
Tilley, L. P. (1992) Essentials of canine and feline electrocardiography. 3rd ed. Lea & Febiger, Philadelphia.
Underwood, E.J. & Suttle, N.J. (2002) Los minerales en la nutrición del ganado. 3ª ed. Acribia, Zaragoza.
Ynaraja, E. (2017) Manual clínico de presión sanguínea en perros y
Competencias xenéricas:
GVUSC01: Capacidade de aprendizaxe e adaptación.
GVUSC02: Capacidade de análise e síntese.
GVUSC04: Planificación e xestión do traballo.
GVUSC05: Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
GVUSC06: Capacidade de traballar de forma autónoma e en equipo..
GVUSC09: Capacidade de comunicarse en distintos ámbitos.
Competencias disciplinares:
CEDVUSC 05: Principios básicos e aplicados da resposta inmune.
CEDVUSC 07: Coñecemento das alteracións da estrutura e función do organismo animal.
CEDVUSC 15: Coñecer os dereitos e deberes do/da veterinario/a, con especial incidencia nos principios éticos.
CEDVUSC 16: Coñecer as técnicas analíticas básicas e a súa interpretación.
Competencias profesionais:
D1VUSC 03: Realizar técnicas analíticas básicas e interpretar resultados clínicos, biolóxicos e químicos.
D1VUSC 04: Diagnosticar as enfermidades máis comúns, mediante a utilización dos protocolos e técnicas complementarias de diagnóstico.
D1VUSC 17: Realizar informes técnicos propios das competencias veterinarias.
Competencias académicas:
CEAVUSC 01: Analizar, sintetizar, resolver problemas e tomar decisións nos ámbitos profesionais do/da veterinario/a.
CEAVUSC 03: Divulgar a información obtida durante o exercicio profesional do/da veterinario/a de forma fluída, oral e escrita, con outros colegas, autoridades e a sociedade en xeral.
CEAVUSC 04: Buscar e xestionar a información relacionada coa actividade do/da veterinario/a.
CEAVUSC 05: Coñecer e aplicar o método científico na práctica profesional incluíndo a medicina baseada na evidencia.
CEAVUSC 08: Ser consciente da necesidade de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes das competencias profesionais mediante un proceso de formación permanente.
Competencias transversais
CTVUSC 01: Capacidade para o razoamento e a argumentación.
CTVUSC 02: Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada por diversos medios, como información bibliográfica e Internet, e analizala dunha forma crítica.
CTVUSC 03: Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CTVUSC 04: Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, coherente e breve.
CTVUSC 05: Habilidade no manexo das TICs.
CTVUSC 06: Utilización de información en lingua estranxeira.
CTVUSC 07: Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Sesións expositivas:Na ensinanza dos contidos teóricos o profesor poñerá a disposición do alumnado con antelación suficiente á clase teórica unha guía con todos os contidos necesarios para iniciarse ao estudo de cada bloque temático. O alumno deberá traballar de forma autónoma na devandita guía, de forma que as clases teóricas presenciais se centren nunha exposición xeral do tema, a resolución de dúbidas xurdidas do estudo autónomo do alumno, a presentación de casos clínicos representativos, así como a orientación do profesor a certas lecturas e outro material complementario. Nos escenarios 2 e 3, o desenvolvemento do contido será similar ao anterior, pero realizarase con aulas espello no escenario-2 e vía telemática no escenario-3, con docencia virtual síncrona mediante a utilización da plataforma Microsoft Teams. Durante cada sesión poderán facerse preguntas para avaliar a progresión da aprendizaxe do alumno de cada un dos contidos impartidos durante a mesma, e que contribuirá á nota final de avaliación continua. Non procede a dispensa á clase.
Para a comprensión e facilidade de estudo dos temas “Axentes externos” e “Estrés” o alumnado deberá encher unha serie de encrucillados (Teoría do xogo serio) e as súas solucións formarán parte das preguntas tipo test do exame final.
Prácticas clínicas:Unha vez que o alumno coñece a sistemática de resolución de casos clínicos (presentada na clase teórica) os alumnos resolverán en grupo os distintos casos clínicos. Con antelación á realización da Práctica-7 (PATO C7), os alumnos deben visualizar un vídeo indicativo de utilidade para o desenvolvemento da mesma. Durante cada sesión poderán facerse preguntas para avaliar a progresión da aprendizaxe do alumno de cada un dos contidos impartidos durante a mesma, e que contribuirá á nota final de avaliación continua. Non procede a dispensa á clase.
Seminarios (5 h):
No primeiro seminario introduciranse ao alumno nas ferramentas necesarias para a abordaxe dos mecanismos patoxénicos das enfermidades así como a identificación dos distintos procesos morbosos no animal (1 hora). No segundo e terceiro seminario, de dúas horas cada un deles, abordaranse aspectos relativos á Electrocardiografía en medicina veterinaria (2 horas) e na Biopatoloxía clínica (2 horas).
Durante cada sesión poderán facerse preguntas para avaliar a progresión da aprendizaxe do alumno de cada un dos contidos impartidos durante a mesma, e que contribuirá á nota final de avaliación continua. Non procede a dispensa á clase.
Titorías(1h):
Na titoría farase unha presentación da materia, dos obxectivos e metodoloxía de traballo, dos mecanismos de avaliación e bibliografía (1 hora).
O alumno disporá dun curso virtual dentro da Plataforma Virtual da Universidade, onde se expoñerán os diferentes temas teóricos e prácticos, así como o material complementario que inclúa lecturas recomendadas, casos clínicos, biblioteca de imaxes e vídeos, enlaces web, etc. Ademais, crearanse foros para la resolución de dúbidas e suxestións.
O alumno disporá dun curso virtual dentro da Plataforma Virtual da Universidade, onde se expoñerán os diferentes temas teóricos e prácticos, así como o material complementario que inclúa lecturas recomendadas, casos clínicos, biblioteca de imaxes e vídeos, enlaces web, etc. Ademais, crearanse foros para la resolución de dúbidas e suxestións.
A avaliación da materia realizarase en base a un sistema de avaliación continua (30%) e un exame final (70% da cualificación final).
Na avaliación continua terase en conta (de forma ponderada) o grao de aproveitamento das clases teóricas (onde o alumno podería ter que responder de forma escrita a varias preguntas tipo test durante a clase e sobre o contido da mesma), das prácticas (a través de exercicios/casos clínicos que os alumnos deberán de realizar) e doutras actividades tipo ensaio que se proporán en relación a diversos temas. A aqueles estudantes que tiveran superado a avaliación continua gardaráselle a cualificación obtida no seguinte curso académico.
A proba de exame final consistirá en 50 preguntas tipo test, de resposta curta (definición de conceptos, completar frases ou relacionar conceptos) ou con imaxes/vídeos/sons e 5 preguntas de desenvolvemento e/ou casos clínicos. O alumno superará a disciplina se a suma das cualificacións obtidas da avaliación continua e no exame escrito é superior a 5 sempre que na proba escrita obteña una puntuación de polo menos o 50% da posible nota máxima.
Durante cada actividade poderán facerse preguntas para avaliar a progresión da aprendizaxe do alumno de cada un dos contidos impartidos durante a mesma, e que contribuirá á nota final de avaliación continua.
Non procede a dispensa á clase en ningunha actividade.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións.
O calendario de exames aprobado polo pleno da Xunta da Facultade de Veterinaria poderase consultar (data, hora e lugar) na páxina web da Facultade. Na convocatoria de xullo, dispoñible na páxina web da Facultade, só será posible presentarse ao exame final escrito, manténdose a nota da avaliación continua obtida.
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA (63h)
Sesións expositivas: 33h
Prácticas clínicas: 24h
Prácticas de encerado/Seminarios: 5h
Titorías: 1h
TRABALLO PERSOAL DO/DA ESTUDANTE (87h)
Estudo individual: 58h
Elaboración de traballos: 12h
Presentacións orais: 3h
Revisión bibliográfica: 6h
Resolución de casos/problemas: 4h
Realización de exames: 4 h
TOTAL 150h
Coñecementos básicos de disciplinas como Fisioloxía, Bioquímica, Inmunoloxía e outras disciplinas de primeiro ciclo. Todo iso axudará ao alumno a acelerar a aprendizaxe e comprensión desta materia, así como coñecementos básicos de inglés que tamén favorecen o desenvolvemento de esta materia, xa que gran parte da bibliografía non ten tradución ao español.
Para casos de realización fraudulenta de exercicios será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Cristina Castillo Rodríguez
- Departamento
- Patoloxía Animal
- Área
- Medicina e Cirurxía Animal
- Correo electrónico
- cristina.castillo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
María Marta López Alonso
- Departamento
- Patoloxía Animal
- Área
- Medicina e Cirurxía Animal
- Correo electrónico
- marta.lopez.alonso [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Joaquin Ricardo Hernandez Bermudez
- Departamento
- Patoloxía Animal
- Área
- Medicina e Cirurxía Animal
- Correo electrónico
- joaquin.hernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Jose Luis Benedito Castellote
Coordinador/a- Departamento
- Patoloxía Animal
- Área
- Medicina e Cirurxía Animal
- Correo electrónico
- joseluis.benedito [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Victor Pereira Lestayo
- Departamento
- Patoloxía Animal
- Área
- Medicina e Cirurxía Animal
- Correo electrónico
- victor.pereira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Belen Larran Franco
- Departamento
- Patoloxía Animal
- Área
- Medicina e Cirurxía Animal
- Correo electrónico
- belen.larran.franco [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Martes | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /TI-ECTS04 | Galego, Castelán | Aula 4 |
11:00-12:00 | Grupo /TI-ECTS08 | Castelán, Galego | Aula 4 |
11:00-12:00 | Grupo /TI-ECTS06 | Galego, Castelán | Aula 4 |
11:00-12:00 | Grupo /TI-ECTS09 | Castelán, Galego | Aula 4 |
11:00-12:00 | Grupo /TI-ECTS01 | Galego, Castelán | Aula 4 |
11:00-12:00 | Grupo /TI-ECTS03 | Castelán, Galego | Aula 4 |
11:00-12:00 | Grupo /TI-ECTS07 | Galego, Castelán | Aula 4 |
11:00-12:00 | Grupo /TI-ECTS02 | Galego, Castelán | Aula 4 |
11:00-12:00 | Grupo /TI-ECTS10 | Galego, Castelán | Aula 4 |
11:00-12:00 | Grupo /TI-ECTS05 | Galego, Castelán | Aula 4 |
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 3 |
18:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 3 |
Mércores | |||
18:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 3 |
Xoves | |||
09:00-12:00 | Grupo /CLI_EEES01 | Galego, Castelán | Aula ARESA |
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Aula 3 |
Venres | |||
09:00-12:00 | Grupo /CLI_EEES02 | Castelán, Galego | Aula ARESA |
20.05.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
20.05.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
20.05.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
24.06.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
24.06.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |