Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 90 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 30 Clase Interactiva: 27 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
Áreas: Nutrición e Bromatoloxía
Centro Facultade de Veterinaria
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Con esta materia preténdese formar o alumno nas bases nas que se asenta a Seguridade Alimentaria de forma que os alumnos alcancen os seguintes resultados de aprendizaxe:
Compoñentes e características dos alimentos. Cambios, alteracións e adulteracións que poden sufrir. A análise de risco alimentario: determinación, xestión e comunicación do risco. A investigación de brotes de toxi-infeccións alimentarias. Dinámica e demografía da infección e intoxicación. Epidemioloxía e diagnóstico. Sistema de seguimento e vixilancia. Boas prácticas hixiénicas, análise de perigos e puntos de control críticos. Control de manipulación e tratamentos. Seguridade alimentaria e saúde pública. Criterios sanitarios e bases legais da inspección. Inspección de establecementos e produtos.
Con estas ferramentas, no futuro da súa profesión poderá colaborar na formación e protección do consumidor e asistencia aos operadores de empresas alimentarias. Por iso ten que coñecer todos os tipos de perigos que poden afectar aos alimentos e debe de coñecer as medidas que se poden aplicar para previlos e controlalos. Ademais debe de coñecer e saber interpretar o marco lexislativo que atinxe á produción de alimentos seguros e as súas redes de comunicación.
Presentación da materia.
- Bloque de traballo I (15 h aprox.):
. Conceptos Xerais.
. Comestibilidade e calidade.
. Conceptos xerais de lexislación.
. Inspección de alimentos.
. Industrias alimentarias
. Toma de Mostra.
. Tóxicos naturais dos alimentos
. Contaminación abiótica dos alimentos
. Ecoloxía microbiana
. Métodos de conservación dos alimentos.
- Bloque de traballo II (15 h aprox.):
. Seguridade Alimentaria.
. O sistema de Análise de Perigos e Puntos de Control Crítico
. Contaminación biótica dos alimentos
. Xeneralidades das enfermidades transmitidas polos alimentos
. Enfermidades de orixe bacteriana transmitidas polos alimentos
. Toxiinfecciones alimentarias de orixe fúnxico
. Principais perigos según o grupo de alimentos e o seu control.
SEMINARIOS (10 horas aprox.):
Os alumnos realizarán traballos individuais/en grupos que terán como temas aspectos relacionados coa materia e que deberán de facer e entregar seguindo as instrucións do Profesor (S).
PROGRAMA DE PRÁCTICAS (17 aprox.):
1) BLOQUE LABORATORIO (15 h):
Preparación do material para a Análise Microbiolóxica para o Control de Alimentos (LB),
Análise Microbiolóxica para o Control de Alimentos (LB),
Sistemas de establecemento do período de vida útil nos alimentos (OR),
Contaminación fúnxica (LB),
2) BLOQUE VISITAS ACTIVAS (grupos clínicos, 10 alumnos máx.)(2 h)
Seguridade Alimentaria en puntos de venta (C). Lectura e interpretación dos resultados.
Cuestions de prácticas: os alumnos entregarán resoltas cuestións e os resultados das prácticas.
Bibliografía BASICA:
- Lexislación vixente.
- Bibliografía actualizada recomendada polo Profesor.
Bibliografía COMPLEMENTARIA:
- - Agenjo, C. Enciclopedia de la inspección veterinaria y análisis de alimentos. Ed. Espasa, Madrid (1980)
- Ana Mª Rey y Alejandro A. Silvestre (2004). Comer sin riesgos 1 y 2.
- Bello Gutiérrez, J. (2000). Ciencia bromatológica. Principios generales de los alimentos. Madrid. Ediciones Díaz de Santos S.A.
- Bolton, A. Sistema de gestión de la calidad en la industria alimentaria. Ed. Acribia, Zaragoza (2000)
- Briz, J. Internet, Trazabilidad y Seguridad Alimentaria. Mundi-prensa, Madrid (2003)
- Código alimentario español y disposiciones complementarias. María Dolores Flores Cerdán y Paloma Deleuze Isasi. Ed .Tecnos, Madrid (2001)
- Código sanitario internacional para los animales acuáticos: peces, moluscos y crustáceos. Office International des Epizooties, Paris (2000)
- FAO /OMS. (1994). Programa conjunto FAO/OMS sobre Normas Alimentarias. Código Alimentario, volumen III 1994: Residuos de medicamentos veterinarios en alimentos.
- FAO. Sistemas de calidad e inocuidad de los alimentos: manual de capacitación sobre higiene de los alimentos y sobre el sistema de análisis de peligros y de puntos críticos de control (APPCC). Ed. FAO, Roma (2002)
- Federación Española de Hostelería. Guía de prácticas correctas de higiene e Hostelería. I. Restaurantes, Cafeterías y Bares. Ministerio de Sanidad y Consumo (2000)
- Fehlhaber, K. & Janetschke, P. (1995). Higiene veterinaria de los alimentos. Acribia. Zaragoza.
- FIL-IDF Monograph on residues and contaminants in milk and milk products. Brussels. 1997. Derache R.
- Forsythe S.J. Alimentos seguros: microbiología. Zaragoza. Editorial Acribia. 2003.
- Johns, N. Higiene de los alimentos. Directrices para profesionales de hostelería, restauración y catering. Ed. Acribia, Zaragoza (1999)
- Mariott N.G. Principios de higiene alimentaria. Zaragoza. Editorial Acribia. 2003.
- Mortimore, S. y Wallance, C. HACCP : enfoque práctico. Ed. Acribia, Zaragoza (2001)
- Mossel D.A.A., Moreno B., Struijk C.B. Microbiología de los alimentos. Zaragoza. Editorial Acribia. 2003.
- Pascual Anderson (2000). Microbiología alimentaria. Ministerio de Sanidad y Consumo.
- Recuerda, M.A. (2012). Código de derecho alimentario. Thomson Reuters – Editorial Aranzadi, S.A., Navarra.
-Felipe, C. y Felipe, J. (2004). Manual de higiene y seguridad alimentaria en hostelería. Madrid, Paraninfo.
- Wildbrett G. (2000) Limpieza y desinfección en la industria alimentaria. Zaragoza. Acribia.
Competencias XENÉRICAS :(GVUSC):
• GVUSC01. Capacidade de aprendizaxe e adaptación.
• GVUSC02. Capacidade de análise e síntese.
• GVUSC03. Coñecementos xerais sobre a área de traballo.
• GVUSC04. Planificación e xestión do traballo.
• GVUSC05. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
• GVUSC06. Capacidade de traballar de forma autónoma e en equipo.
• GVUSC10. Compromiso ético e asunción de responsabilidades.
Competencias DISCIPLINARES (CEDVUSC):
• CEDVUSC 12. Principios da Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos. Control de Calidade dos alimentos elaborados e Seguridade Alimentaria.
• CEDVUSC 14. Coñecer as Normas e Leis do ámbito veterinario e os regulamentos sobre os animais e o seu comercio.
• CEDVUSC 15. Coñecer os dereitos e deberes do/a veterinario/a, con especial incidencia nos principios éticos.
• CEDVUSC 16. Coñecer as técnicas analíticas básicas e a súa interpretación.
Competencias ACADÉMICAS (CEAVUSC):
• CEAVUSC 01. Analizar, sintetizar, resolver problemas e tomar decisións nos ámbitos profesionais do/a veterinario/a.
• CEAVUSC 02. Manter un comportamento ético no exercicio das súas responsabilidades ante a profesión veterinaria e a sociedade.
• CEAVUSC 04. Buscar e xestionar a información relacionada coa actividade do/a veterinario/a.
• CEAVUSC 06. Saber buscar asesoramento e axuda profesionais.
• CEAVUSC 08. Ser consciente da necesidade de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes das competencias profesionais mediante un proceso de formación permanente.
Competencias TRANSVERSAIS (CTVUSC):
• CTVUSC 01 Capacidade para o razoamento e a argumentación.
• CTVUSC 02 Capacidade para obter información axeitada, diversa e actualizada por diversos medios, como información bibliográfica e Internet, e analizala dunha forma crítica.
• CTVUSC 03 Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
• CTVUSC 04 Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, coherente e concisa.
• CTVUSC 07 Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Competencias PROFESIONAIS (D1VUSC):
• D1VUSC 03. Realizar técnicas analíticas básicas e interpretar resultados clínicos, biolóxicos e químicos.
• D1VUSC 13. Realizar o control sanitario dos distintos tipos de empresas e establecementos de restauración e alimentación.
• D1VUSC 14. Realizar análise de riscos, incluíndo os ambientais e de bioseguridade, así como a valoración, xestión e supervisión de sistemas de xestión da calidade.
• D1VUSC 17. Realizar informes técnicos propios das competencias veterinarias.
Os contidos estrutúranse principalmente en Sesións expositivas Maxistrais onde basicamente se establecen os fundamentos da materia. Estas sesións expositivas serán explicadas con axuda das ferramentas clásicas e audiovisuais disponible, segundo o que se indique. Un aspecto importante é que os alumnos deben completar os aspectos contemplados en teoría coa consulta da bibliografía e coa realización de Traballos dentro e fora (formación autónoma) das sesións presenciais polo que será unha parte moi interesante para a adquisición de competencias polo alumno. Nestes traballos, deberase recompilar información e decidir unhas conclusións fomentándose así a capacidade de defensa das propias decisións e de autocrítica. As Prácticas de laboratorio e visitas activas considéranse unha parte moi importante da formación do alumno posto que son complementos fundamentais da teoría, e terán que entregar os resultados e cuestións sobre as Practicas que se avaliarán e que deben superarse como requisito obrigatorio. As Titorías individuais e as Titorías en grupo reducido pode haber a posibilidade de que sexan telemáticas, e-mail. Toda esta ensinanza, titorías e comunicación do profesor / alumno estará apoiada polo curso de Axuda Virtual na plataforma que a USC ten para o ensino virtual (correo electrónico @ rai.usc, foro ou Teams), onde se poden localizar os anuncios importantes relacionados coa materia e as súas actividades así como por exemplo resumos de apoio e material adicional, bibliografía actualizada, normativas, guías para a realizacións dos traballos e outras actividades, etc.
Non se dan dispensas de a asistencia ás clases.
- Avaliación Continua (ata 30%):
* Avaliarase o aproveitamento das clases e seminarios presenciais e actividades propostas polo profesor nelas, e o esforzo dos alumnos na aprendizaxe (ata 25%): avaliarase o resultado das questións, problemas e dos traballos propostos polo profesor e que deberán ser entregados como se indique, nas clases e nos seminarios. Avaliarase a actitude do alumno e o seu repeto polas normas básicas de convivencia que facilitan o traballo de todos e a actitude que indica o seu esforzo por aprender esta materia concreta.
* A realización e superación (avaliación da resolución de cuestións, resultados, etc.) das prácticas (inclúe as visitas) é requisito obrigatorio. Avaliaranse os resultados da aprendizaxe práctica (ata 5%).
- Exame Final (ata 70%): avaliación do coñecemento sobre os contidos da materia(taxa requisito mínimo de 45% para avaliar esta proba. No caso de que non se avalíe esta proba, na Acta se indicará só a nota acadada que é a da Evaluacion contínua). Tipo de exame: pode incluír preguntas test de resposta múltiple e/ou preguntas curtas e/ou problemas e/ou preguntas tema.
Na avaliación da segunda oportunidade: manteranse todas as puntuacións obtidas polo alumno na avaliación continua agás o Exame Final (70%).
Notas importantes:
Para os casos de realización fraudulenta de todos estes exercicios e probas aquí indicados, será de aplicación o establecido na: “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
A materia consta de 6 créditos ECTS, que inclúen as seguintes horas de sesións presenciais-telemáticas/alumno:
. Horas totais: 60.0
. Sesións Expositivas: 30.00
. Prácticas de laboratorio: 15.00
. Prácticas Visitas activas: 2.00
. Seminarios: 10.00
. Horas de Titorías/grupo reducido alumnos: 3.00
O número de horas de traballo persoal para os estudantes nesta materia estímase en 90 horas (52 h estudo individual, 20 h traballos, 10 h bibliografía, 4 h resolución casos/problemas, 1 h expresión oral, 3 h probas escritas/exame aprox.).
O número Total para esta materia entón é de (25 x n.º ECTS) 150 horas totais.
- Mostrar atención e interese durante a asistencia ás actividades presenciais.
- Realización de esquemas e resumos: entendelos razoadamente e memorizalos. Utilizar as titorías para resolver todas as dúbidas sobre a materia.
- Consultar a bibliografía recomendada, sobre todo a lexislación vixente.
Idioma: castelán e galego
(Comunicación PUNTUAL posible en inglés e/ou francés cos alumnos que o precisen).
En base á Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral nesta materia non se concede dispensa, por ser necesaria a asistencia a tódalas actividades de xeito presencial.
Todas as actividades da Evaluación Continua só poden ser desenvolvidas durante o período de clase dentro dos horarios establecidos para esta materia, lembrase que a non asistencia e non superación de todas as practicas impedirá a superación da materia (requisito obrigatorio).
Carlos Manuel Franco Abuin
- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Nutrición e Bromatoloxía
- Correo electrónico
- carlos.franco [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Beatriz Isabel Vázquez Belda
Coordinador/a- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Nutrición e Bromatoloxía
- Teléfono
- 982822405
- Correo electrónico
- beatriz.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Patricia Regal López
- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Nutrición e Bromatoloxía
- Teléfono
- 982822484
- Correo electrónico
- patricia.regal [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Alexandre Lamas Freire
- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Nutrición e Bromatoloxía
- Correo electrónico
- alexandre.lamas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Alejandra Cardelle Cobas
- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Nutrición e Bromatoloxía
- Correo electrónico
- alejandra.cardelle [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 2 |
Xoves | |||
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Aula 2 |
16.05.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
16.05.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
16.05.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
02.07.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
02.07.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |