Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 49.5 Horas de Titorías: 1.5 Clase Expositiva: 12 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Botánica, Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
Áreas: Botánica, Zooloxía
Centro Facultade de Veterinaria
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Formar ao alumnado en aspectos técnicos e legais relativos á diversidade de especies animais e vexetais e á súa conservación no medio natural.
- Capacitar ao estudantado para a diagnose e valoración dos compoñentes territoriais da biodiversidade, así como entender a necesidade do establecemento das áreas e redes de espazos protexidos.
A materia abrangue os seguintes contidos:
A biodiversidade: definición, orixe e estado actual. Medida da biodiversidade. Distribución xeográfica da biodiversidade: puntos quentes. A conservación da biodiversidade: natureza e importancia. Especies e áreas protexidas: status legal e figuras de protección. Estratexias para a conservación da biodiversidade: conservación in situ e ex situ. As reservas e áreas protexidas: espazos naturais protexidos en Galicia. Estes contidos desenvolveranse no seguinte programa teórico e práctico.
CLASES EXPOSITIVAS
Temario teórico:
Tema 1. A biodiversidade: definición, orixe e estado actual. Medida da biodiversidade. Distribución xeográfica da biodiversidade: os puntos quentes. (BCMN Expositiva:1h)
Tema 2. A conservación da biodiversidade: natureza e importancia. Concepto de conservación in situ e ex situ. O convenio Cites. As categorías da IUCN. (BCMN Expositiva:1h)
Tema 3. A conservación da biodiversidade (cont.). Conservación ex situ de especies animais: o rol dos zoolóxicos e centros de cría en catividade. (BCMN Expositiva:2h)
Tema 4. A conservación a nivel específico. As especies animais protexidas é o seu estatus legal. (BCMN Expositiva:2h)
Tema 5. A conservación a nivel específico. Especies vexetais protexidas e o seu estatus legal. Conservación ex situ de plantas. (BCMN Expositiva:2h)
Tema 6. Espazos naturais protexidos. Categorías e criterios. Normativa. (BCMN Expositiva:1h)
Tema 7. Ameazas á biodiversidade: as especies exóticas é invasoras. (BCMN Expositiva:1h).
CLASES INTERACTIVAS
Práctica de campo: Saída ao campo cunha duración global de 15 horas (BCMN CA1 e CA2, divididas en dúas sesións, unha de 11 horas e outra de 4 horas). O contido da práctica de campo centrarase na identificación dos compoñentes da Biodiversidade e as medidas destinadas á conservación do Medio Natural, o que obriga a un desprazamento fóra da cidade de Lugo. As prácticas discorrerán nun espazo protexido ou unha zona de interese para a conservación onde se analizarán os compoñentes da biodiversidade en distintos medios e escenarios de xestión e confrontánse os datos obtidos cos contidos teóricos da materia,
As clases expositivas realizaranse nas aulas asignadas polo centro.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Bañares, Á. et al., (2004). Atlas y Libro Rojo de la Flora Vascular Amenazada de España. Madrid: Dirección General de Conservación de la Naturaleza
Blanco, J.C. & González, J.L., (1992). Libro Rojo de los Vertebrados de España. Madrid: ICONA. Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación.
Capdevila, L. et al., (2006). Especies Exóticas Invasoras: Diagnóstico y bases para la prevención y el manejo. Madrid: Ministerio Ministerio de Medio Ambiente, OAPN.
Doadrio, I., (2001). Atlas y Libro Rojo de los Peces Continentales de España. Madrid: DGCN-Museo Nacional de Ciencias Naturales. https://www.miteco.gob.es/es/biodiversidad/
Groom, M.J, Meffe, G.K. & Carroll C.R. (2006) Principles of Conservation Biology. Sinauer
Madroño, A., C. González & J.C. Atienza (2004). Libro Rojo de las Aves de España. Madrid: Dirección General para la Biodiversidad- SEO/BirdLife.
Palomo, L.J. & l.G. Gisbert (2002). Atlas de los Mamíferos Terrestres de España. Madrid: Dirección General de Conservación de la Naturaleza-SECEM-SECEMU,
Pleguezuelos, J.M. et al. (2002) Atlas y libro rojo de los anfibios y reptiles de España. Madrid: Ministerio de Medio Ambiente-Asociación Herpetológica Española
Primack, R.B. & J. Ros (2009): Introducción a la Biología de la Conservación. Madrid: MMA
Ramil-Rego, P. et al. (2008) Os Hábitats de Interese Comunitario en Galicia. Descrición e Valoración Territorial. Lugo: Monografías IBADER.
Ramil-Rego, P., Vales, C. (2019). Especies Exóticas Invasoras: situación e propostas de mitigación. Monografías do Ibader, Serie Biodiversidade. Lugo: IBADER.
Ramil-Rego, P. et al (2021). Áreas Naturales Protegidas, de las propuestas pioneras a los nuevos paradigmas en pro de la salvaguarda de la Naturaleza. Monografías do IBADER, Serie Biodiversidade. Lugo: IBADER.
Tellería, J.L. (2012). Introducción a la conservación de las especies. Tundra
UICN (2001) Categorías y Criterios de la Lista Roja de la UICN: V 3.1. Comisión de Supervivencia de Especies de la UICN.
Vilà M, Valladares et al. (2006). Invasiones Biológicas. Madrid: CSIC
Verdú, J.R. E. Galante (2009). Atlas de los Invertebrados Amenazados de España. Madrid: Ministerio de Medio Ambiente
VV.AA. (2003). Atlas y Libro Rojo de la Flora Vascular Amenazada de España. Taxones Prioritarios. Madrid: Ministerio de Medio Ambiente.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Delibes, M. (2005). La Naturaleza en peligro. Destino
IUCN/SSC, (2014). Guidelines on the Use of Ex Situ Management for Species Conservation. IUCN
Jiménez, I. & Delibes, M., 2005- Al borde de la extinción Una visión integral de la recuperación de fauna amenazada en España. http://www.sehumed.es/banco/archivos/bordeextincion.pdf
Pineda, F.D, J.M. de Miguel, M.A. Casado & J. Montalvo (2002). La Diversidad Biológica de España, Pearso
Ramil-Rego, P. & Ferreiro da Costa, J. (2015). Guía de campo para a interpretación do feismo na paisaxe galega. IBADER - Observatorio Galego do Territorio - Asociación Científica Horreum.
Ramil-Rego, P., Vales, C. (Eds.), 2019- . Especies Exóticas Invasoras: situación e propostas de mitigación. Monografías Ibader. http://www.ibader.gal/download.php?f=00-invasoras01-PR-171.pdf
Competencias Xerais
- GVUSC01. Capacidade de aprendizaxe e adaptación.
- GVUSC02. Capacidade de análise e síntese.
- GVUSC03. Coñecementos xerais sobre o área de traballo.
- GVUSC04. Planificación e xestión do traballo.
- GVUSC05. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica
- GVUSC06. Capacidade de traballar de forma autónoma e en equipo.
- GVUSC09. Capacidade de comunicarse en distintos ámbitos.
- GVUSC10. Compromiso ético e asunción de responsabilidades.
Competencias Específicas
A.-Competencias específicas disciplinares (saber).
- CEDVUSC 11. Coñecemento das bases do funcionamento e optimización dos sistemas de produción animal e vexetal e as súas repercusións sobre o medio ambiente.
- CEDVUSC 15. Coñecer os dereitos e deberes do veterinario, facendo especial incidencia nos principios éticos.
B.- Competencias Específicas profesionais (saber facer)
- D1VUSC 03. Realizar técnicas analíticas básicas e interpretar resultados clínicos, biolóxicos e químicos.
- D1VUSC 14. Realizar análise de riscos, incluíndo os medioambientais e de bioseguridade, así como a súa valoración, xestión e supervisión de sistemas de xestión da calidade.
- D1VUSC 16. Aplicar os métodos de identificación individual dos animais.
- D1VUSC 17. Realizar informes técnicos propios das competencias veterinarias.
C.- Competencias Específicas Académicas (querer facer)
- CEAVUSC 03. Divulgar a información obtida durante o exercicio profesional do veterinario/a de forma fluída, oral e escrita, con outros colegas, autoridades e a sociedade en xeral.
- CEAVUSC 04. Buscar e xestionar a información relacionada coa actividade do veterinario/a.
- CEAVUSC 05. Coñecer e aplicar o método científico na práctica profesional incluíndo a medicina baseada na evidencia.
- CEAVUSC 06. Saber buscar asesoramento e axuda profesionais.
- CEAVUSC 08. Ser consciente da necesidade de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes das competencias profesionais mediante un proceso de formación permanente.
D.- Competencias transversais
- CTVUSC 01. Capacidade para o razoamento e a argumentación.
- CTVUSC 02. Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada por diversos medios, como información bibliográfica e Internet, e analizala dunha forma crítica.
- CTVUSC 03. Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
- CTVUSC 04. Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, coherente e concisa.
- CTVUSC 05. Habilidade no manexo das TICs.
- CTVUSC 06. Utilización de información en lingua estranxeira.
- CTVUSC 07. Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
As clases teóricas levaranse a cabo utilizando a exposición oral soportada nas TICs. Tamén se abrirá unha aula virtual como apoio á docencia presencial (USC Virtual) ou outra plataforma en liña. Facilitarase a documentación correspondente ás clases e poñerase ao dispor do alumnado diferente material complementario (vídeos, bibliografía específica e outras lecturas de carácter científico ou divulgativo) que axudarán no proceso de aprendizaxe da materia.
Nas prácticas o alumnado deberá realizar un pequeno informe en relación aos contidos expostos na xornada, remarcando aqueles aspectos directamente relacionados cos obxectivos da materia.
O estudantado deberá desenvolver un traballo individual relacionado coa temática da materia, de elección libre e previamente aceptada polos profesores. Será orientado nun formato de titorías para establecer unha comunicación fluída profesor-alumnado e adecuarase a un traballo científico en estrutura e redacción, co fin de que o alumnado familiarícese co manexo da información, a procura bibliográfica e a redacción científica. Do mesmo xeito utilizaranse as ferramentas achegadas pola plataforma virtual da USC para facilitarlle o material necesario para o desenvolvemento do traballo (artigos, normativa e lexislación actualizada, textos de apoio, bibliografía, etc.).
Ao longo do curso realizarase o seguimento da asistencia e participación do alumnado na totalidade das actividades docentes programadas, así como dos traballos que deben realiza
Para aprobar a materia deben superarse as dúas partes, teoría e prácticas, e presentar un traballo.
Na nota final da materia terase en conta o seguinte cómputo:
- Teoría: Exame dos contidos da materia (45%): competencias GVUSC01; GVUSC02; GVUSC03; GVUSC05; GVUSC09; GVUSC10; CEDVUSC 11; CTVUSC 01; CTVUSC 07
- Prácticas: Realización e presentación do informe (15%): competencias GVUSC01; GVUSC02; GVUSC03; GVUSC04; GVUSC05; GVUSC06; GVUSC10; D1 VUSC 16; CEAVUSC 03; CEAVUSC 05; CTVUSC 01; CTVUSC 03; CTVUSC 05
- Traballo: Elaboración e Presentación oral (30%): competencias GVUSC01; GVUSC02; GVUSC03; GVUSC04; GVUSC06; GVUSC09; D1 VUSC 03; CEAVUSC 03; CEAVUSC 04; CEAVUSC 05; CEAVUSC 06; CTVUSC 01; CTVUSC 02; CTVUSC 03; CTVUSC 04; CTVUSC 05; CTVUSC 06; CTVUSC 07
Avaliación por parte do profesor da asistencia, actitude e participación nas clases (10%): competencias CEAVUSC 06; CEAVUSC 08
A avaliación realizarase dentro do horario da actividade docente e o exame final dos contidos da materia é complementario á avaliación continua.
O alumnado deberá entregar o informe da saída ao campo e o documento correspondente ao traballo cinco días antes da data marcada para a titoría na que se realizará a defensa oral deste último.
Dispensa de asistencia
Nesta materia non se concede dispensa total. En base á Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral aqueles estudantes aos que se lle conceda dispensa parcial, non terán a obriga de asistir ás clases expositivas, pero mantense a obrigación de asistencia a tódalas actividades interactivas, por ser necesaria a asistencia ás mesmas de xeito presencial. O sistema de avaliación para aqueles estudantes con dispensa parcial concedida en base á devandita instrución será o mesmo para tódolos estudantes xa que nas actividades para as que se concede a dispensa parcial non se realizan actividades de avaliación de xeito presencial.
Orixinalidade dos traballos presentados
En referencia ao plaxio, o uso indebido das tecnoloxías por parte do alumnado ou a realización fraudulenta de exercicios/probas, a actuación do profesorado da materia rexerase pola Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións, aprobada no Consello de Goberno do 15 de xuño de 2011 (DOG 21 de xullo de 2011) e modificada pola Resolución do 5 de abril de 2017 (DOG, 8 de maio).
Tamén se considerará plaxio se a copia faise doutro compañeiro/a, ou se entrega un traballo ou informe escrito por outra persoa, facéndose pasar como autor/a de o mesmo. A detección de calquera destas formas de plaxio supoñerá que devandito informe/traballo considérese nulo.
Alumnos repetidores
No caso de que un alumno non supere a materia nalgunha das dúas convocatorias do presente curso académico, non se gardará a cualificación das diferentes actividades para cursos posteriores, debéndoas repetir todas (prácticas, informes e traballo).
A materia consta de 3 créditos ECTS (75 horas de dedicación) con 30 h de traballo presencial na aula, o que é unha carga total de traballo autónomo do alumnado de 45 horas. A distribución de horas do traballo presencial móstrase de seguido:
10 h clases expositivas
15 h clases interactivas
5 h de titorías
30 h Total horas de traballo persoal do estudantado
O traballo persoal do alumno é o seguinte:
25 h Estudio individual
8 h Elaboración de traballos
5h Revisión bibliográfica, biblioteca, etc.
2 h Asistencia a charlas, ou outras actividades recomendadas
2 h Presentacions orais
3 h Realización de exámes
45 h Total horas de traballo persoal persoal do alumnado
75 h Total de horas de traballo para superar a materia
- Participar nas clases de teoría e interactivas, é analizar a información presentada así coma a bibliografía que se facilite
- Utilizar as ferramentas achegadas pola plataforma virtual para fixar e ampliar coñecementos.
Pablo Ramil Rego
- Departamento
- Botánica
- Área
- Botánica
- Correo electrónico
- ramil.rego [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Paz Ondina Navarret
Coordinador/a- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Zooloxía
- Correo electrónico
- mapaz.ondina [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 4 |
12.05.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |