Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 15 Clase Interactiva: 5 Clínicos EEES: 5 Total: 30
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
Áreas: Medicina Preventiva e Saúde Pública
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Ó remate do seu estudo o estudante deberá:
- Comprender as interaccións do traballo coa saúde.
- Coñecer as medidas lexislativas sobre organización da prevención de riscos laborais.
- Coñecer a influencia das condicións do traballo sobre a saúde.
- Aplicar a metodoloxía epidemiolóxica no ámbito laboral do odontólogo.
- Identificar os principais riscos laborais dos odontólogos.
- Aplicar as medidas de prevención de riscos no consultorio dental.
- Organizar o traballo dende un punto de vista ergonómico
Conceptos xerais: traballo, saúde laboral e condicións de traballo. Marco Legal. Prevención de Riscos Laborais. Seguridade no traballo. Organización Administrativa da Saúde Laboral. Saúde Laboral en España. Normativa laboral.
Avaliación de Riscos laborais: etapas e tipos. Niveis de risco. Accidentes de traballo. Enfermidade profesional. Dereitos e obrigacións dos empresarios e dos traballadores. Plan de prevención de riscos en Odontoloxía.
Requisitos das clínicas dentais: normativa de calidade. Distribución do gabinete dental. Organización do traballo. Xestión de residuos en odontoloxía.
Ergonomía. Carga de traballo. Posición de Traballo. Problemas posturais. Patoloxía músculo esquelética e vascular nos profesionais de odontoloxía.
Riscos biolóxicos: normativa. Prevención da infección cruzada en odontoloxía. Tratamento do instrumental. Medidas de limpeza, desinfección e esterilización nas clínicas dentais.
Riscos físicos: radiacións ionizantes e non ionizantes. Normativa e prevención
Riscos por produtos químicos: definición. Prevención. Efectos prexudiciais sobre a saúde e sobre o medio ambiente.
Riscos psicosociais en odontoloxía. Estrés laboral: concepto e consecuencias. Modelos explicativos do estrés. Estrés en odontoloxía. Programas de intervención do estrés.
Gestal Otero JJ: Riesgos del trabajo del personal sanitario. 3ª edición. Ed interamericana McGraw-Hill, 2003.
Lozano de Luaces V. Control de las infecciones cruzadas. Ed Avances. 2000.
Aguila FJ; Tegiacchi M: Ergonomía en odontología un enfoque preventivo. Ed Jims 1991
Benavides FG; Riuz Frutos C; García García A: Salud laboral. Conceptos y técnicas para la prevención de riesgos laborales. Ed Masson.1997.
Vicente Barrero, Mario, Ana María Guerra Vega, and Fernando José Valverde Sánchez. Prevención de riesgos laborales en odontoestomatología. 1a ed. Sevilla: Mad, 2003. Print.
Navas Cuenca, Estefanía, and Estefanía Navas Cuenca. Prevención de riesgos laborales, sector Sanitario. 2a. edición. Málaga: Editorial ICB, 2018. Print.
Coñecementos
Con14. Coñecer e usar do equipamento e instrumentación básicos para a práctica odontolóxica.
Con15. Aplicar os principios de ergonomía no traballo odontolóxico, tanto a nivel individual como dentro do equipo de traballo cando sexa apropiado, así como nos principios de prevención de riscos laborais asociados á práctica odontolóxica.
Con16. Proporcionar un enfoque global dos coidados orais e aplicar os principios de promoción da saúde e prevención das enfermidades bucodentais.
Con23. Coñecer os preceptos ético-deontolóxicos lexislativos e administrativos que regulan a profesión odontolóxica e a súa aplicación na xestión e na práctica clínica, así como coñecer a organización, competencias e funcións das corporacións profesionais. Cumprimentar todo tipo de documentos e rexistros médico-legais.
Competencias
Comp10 Traballo en equipo.
Comp11 Habilidades interpersoais.
Comp12 Capacidade de traballar nun equipo interdisciplinar.
Comp13 Capacidade para comunicarse con expertos doutras áreas.
Omp14. Apreciación da diversidade e multiculturalidade.
Comp15 Habilidade de traballar nun contexto internacional.
Comp16 Compromiso ético.
Comp17 Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
Comp18 Habilidades de investigación.
Comp19 Capacidade de aprendizaxe autónoma
Comp20 Capacidade para adaptarse a novas situacións.
Comp21 Capacidade para xerar novas ideas (creatividade).
Comp22 Liderazgo.
Comp23 Coñecemento de culturas e costumes doutros países.
Comp25 Deseño e xestión de proxectos.
Comp27 Preocupación pola calidade.
Habilidades ou destrezas
H/D01. Coñecer os elementos esenciais da profesión de odontólogo, incluíndo os principios éticos e as responsabilidades legais
H/D02. Comprender a importancia de tales principios para o beneficio do paciente, da sociedade e a profesión, con especial atención ao segredo profesional.
H/D05. Saber aplicar os principios do control da ansiedade e do estrés sobre un mesmo, sobre os pacientes e sobre outros membros do equipo odontolóxico.
H/D08. - Saber compartir información con outros profesionais sanitarios e traballar en equipo.
H/D17. - Comprender e recoñecer os principios de ergonomía e seguridade no traballo (incluíndo control de infeccións cruzadas, protección radiolóxica e enfermidades ocupacionais e biolóxicas).
Nas clases presenciais se marcan os obxectivos a acadar, se presentan os temas destacando os aspectos mais relevantes e actuais, fomentando a participación do alumnado
A asistencia ás prácticas clínicas e de laboratorio é obrigatoria. Previamente á realización das prácticas clínicas e sobre modelos se comunican os obxectivos de cada práctica e os materiais para a preparación.
O estudante realizará unha lectura comprensiva dos materiais da clase e da bibliografía recomendada. A través do campus virtual, o alumnado terá acceso ós materiais de clase e á información complementaria. Durante o curso o estudante deberá realizar un traballo individual que será presentado ante o resto de estudantes ó final do curso.
Se priorizará a avaliación continuada, valorando a participación nas clases e os traballos individuais, así como a capacidade de interacción co grupo. Cun peso de ata un 50 % da nota final. A asistencia e a participación nas clases e seminarios é un requisito para a avaliación continuada.
O traballo nas prácticas e seminarios suporá o 30% da nota final.
A realización dun traballo final obligatorio e a defensa suporá ata o 20% da nota.
No caso de non facer avaliación continuada, se fará un exame dos contidos teóricos, tipo tema, onde se medirán os coñecementos adquiridos. A nota do exame supoñerá ata o 50% da nota final e será necesario acadar unha puntuación mínima dun 60%.
12 h expositivas
6 h laboratorio
6 h clínica
1,5 h titorías
49,5 Traballo autónomo do alumno
Se recomenda a participación activa do alumno
É obirgatorio a consulta e utilización do campus virtual durante todo o curso
Mª De La Almudena Rodríguez Fernández
Coordinador/a- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Correo electrónico
- almudena.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Marta Mulero De Caso
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Correo electrónico
- marta.mulero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Paula Fernandez Riveiro
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Correo electrónico
- paula.fernandez.riveiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Xoves | |||
---|---|---|---|
11:30-12:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Odontoloxía-Aula 2 |
23.01.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-Aula 2 |
11.06.2025 12:30-14:30 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-A. Suárez Nuñez |