Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 27 Clase Interactiva: 5 Clínicos EEES: 50 Total: 87
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
Áreas: Medicina Preventiva e Saúde Pública
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Coñecer os riscos e aplicar as medidas preventivas ao traballo do odontólogo.
2. Coñecer as medidas de promoción da saúde e incorporalas no tratamento nas enfermidades bucodentais.
3. Coñecer e incorporar ás prácticas preventivas na actividade do odontólogo a nivel individual e comunitario.
4. Saber interpretar os principais índices de avaliación de afectación das enfermidades bucodentais.
5. Describir a estrutura e funcionamento dos servicios sanitario Galego e Español.
6. Coñecer os pasos do proceso de planificación sanitaria.
PROGRAMA TEÓRICO
Parte I. INTRODUCCIÓN A ODONTOLOXÍA PREVENTIVA E COMUNITARIA
Tema 1. Odontoloxía Preventiva e Odontoloxía Comunitaria: Evolución histórica e concepto actual. Niveis de prevención. Problemas de saúde pública relacionados coa odontoloxía. Relacións con outras materias odontolóxicas.
Tema 2. Educación sanitaria: evolución histórica. Concepto. Campos de acción. Modelos de modificación de conducta. Métodos de educación sanitaria. Educación sanitaria e saúde bucal. O hixienista e o odontólogo como educadores sanitarios. Educación para a saúde aplicada: tabaco, alcohol, dieta e control de placa bacteriana
Tema 3. Riscos derivados da profesión do odontólogo. Radiacións ionizantes. Radiacións non ionizantes. Transmisión de enfermidades no consultorio dental. Prevención da infección cruzada en odontoloxía Medidas de limpeza, desinfección e esterilización no consultorio dental. Manexo de residuos. Ergonomía no traballo odontolóxico.
Parte II.- HIXIENE BUCODENTAL. A PLACA BACTERIANA
Tema 4. Cubertas adquiridas na superficie do esmalte. Biofilm e película adquirida. Placa bacteriana. Cálculo supra e subxinxival. Composición e metabolismo. Efectos patóxenos da placa dental. Visualización. Índices de avaliación
Tema 5. Control mecánico da placa dental. Técnicas de cepillado dental. Seda dental. Cepillos interproximais. Irrigadores. Cepillos eléctricos. Control químico da placa dental: indicacións e contraindicacións. Dentífricos e enxuagues: composición e efectos terapéuticos. Indicacións e contraindicacións. Sustancias remineralizantes, antisépticas e desensibilizantes. Tártaro: detartraxe manual. Remoción do cálculo con ultrasóns: técnica, vantaxes, indicacións e contraindicacións. Spray con bicarbonato. Instrumentos para a limpeza e pulido.
Parte III. EPIDEMIOLOXÍA E PROFILAXE XERAL DAS ENFERMIDADES BUCODENTAIS
Tema 6. A carie dental: epidemioloxía, etiopatoxenia. Caries como enfermidade e caries como lesión. Axentes etiolóxicos e factores de risco. Formas clínicas. Factores dependentes do axente causal: a placa dental e os microorganismos como causa de carie dental. Estudos epidemiolóxicos da caries dental. Índices de afectación e de atención odontolóxica. Análise da situación. Concepto de calidade de vida e calidade de vida relacionado coa saúde oral. Patróns evolutivos da caries dental. A caries dental en Galicia. Enquisas de saúde dental.
Tema 7. Dieta como factor de risco de carie. Composición dos alimentos. Relación azucre-caries. Escala de carioxenicidade dos alimentos. Relación ácidos e lesións de erosión do esmalte. Medidas dietéticas na prevención e control da carie dental. Análise nutricional e consellos dietéticos.
Tema 8. Factores dependentes do hóspede: Morfoloxía e composición dental. Defectos de esmalte: Hipomineralización Incisivo Molar (HIM/MIP: molar-incisor hipomineralisation) Saliva. Composición. Fluxo salivar en reposo e estimulado. Medición do fluxo salivar. Probas de actividade e susceptibilidade da carie dental. Reconto bacteriano.
Tema 9: Factores protectores da carie dental. Flúor como medida de saúde Pública. Relación de flúor coas enfermidades dentais: carie e fluorosis. Metabolismo do flúor. Mecanismo de acción Métodos de administración e efectos sobre a saúde dos fluoruros. Os seladores de fosas e fisuras. Materiais e tipos. Indicacións, contraindicacións, técnicas de aplicación e control. Análise do risco de carie. Cariogram. Caries Risk Semaphore. Cuestionario Cambra. Diagnóstico e tratamento precoz da lesión de caries. Odontoloxía minimamente invasiva. Guías de manexo e tratamento en función do risco de caries. Sistema ICDAS.
Tema 10: Enfermidade periodontal. Concepto. Epidemioloxía. Etiopatoxenia das periodontopatías. Factores de risco. Índices de estudo da enfermidade periodontal. Prevención e control da enfermidade periodontal e da periimplantite. Mantemento periodontal.
Tema 11: Cancro oral: epidemioloxía. Factores de risco. Prevención do cancro oral: primaria, secundaria e terciaria. Trastornos potencialmente malignos. Diagnóstico precoz. Prevención das complicacións do tratamento. Papel dos odontólogos na prevención do cancro oral. Tratamento do tabaquismo.
Tema 12: Maloclusións. Etioloxía. Diagnóstico precoz. Prevención primaria, secundaria e terciaria. Control dos hábitos orais. Epidemioloxía . Medidas preventivas nos pacientes con aparellos de ortodoncia. Lesión de mancha banca en ortodoncia.
Tema 13: Traumatismos dentais agudos e crónicos. Definición e clasificación. Prevención primaria, secundaria e terciaria. Epidemioloxía. Factores de Risco. Protector bucal. Manexo do paciente ante un traumatismo dental agudo. Traumatismos crónicos. Atrición, abfración, erosión. Factores de risco. Prevención en función do risco.
Parte IV : ORGANIZACIÓN DOS SERVICIOS COMUNITARIOS
Tema 14: Organización e xestión dos servicios de asistencia sanitaria. Organización e xestión do sistema sanitario de Galicia. Análise dos sistemas de asistencia odontolóxica. A asistencia odontolóxica en Europa e España. Atención Primaria de Saúde. A odontoloxía na atención primaria de saúde en España e Galicia. Xestión de área.
Tema 15: Planificación e programación en odontoloxía. Análise de costes. Programas preventivos individuais e comunitarios. Obxectivos de saúde oral. Programa de saúde oral da Xunta de Galicia. Protocolos.
PROGRAMA DE PRÁCTICAS.
Práctica 1: Gabinete odontolóxico: Actitude postural dos profesionais, traballo con visión indirecta. Caixóns de visión indirecta e visión indirecta en fantomas.
Práctica 2: Medidas de control da infección cruzada no gabinete dental. Protocolo de prácticas clínicas. Esterilización e desinfección na sala de esterilización.
Práctica 3: Historia clínica preventiva. Medidas de actividade de carie
Práctica 4: Análise da saliva: pH, capacidade tampón. Recollida do fluxo salival en reposo e estimulado. Probas de susceptibilidade de carie.
Práctica 5: Técnicas de motivación e control da hixiene oral. Tipos de cepillado. Manexo do fío interdental e os aplicadores de fío, do cepillo eléctrico e do irrigador dental.
Práctica 6:Tartrectomía. Métodos clínicos de fluoración
Práctica 7: Análise da dieta. Análise do risco de carie. Consello dietético.
Práctica 8: Realización de seladores de fosas e fisuras
Práctica 9: Realización dun protector bucal para o deporte no laboratorio. Impresión de alxinato da arcada superior. Confección do protector bucal.
Práctica 10: Odontoloxía comunitaria: enquisas de saúde bucodental e necesidades de tratamento en poboacións.
Bibliografía recomendada
• Cuenca Sala E, Baca Garcia P. (2013). Odontología preventiva y comunitaria. Principios, métodos y aplicaciones. 4ª ed. Barcelona. Masson
• Cuenca Sala E, Baca García P. (2005). Odontología preventiva y comunitaria. Principios, métodos y aplicaciones. 3ªed. Barcelona. Masson
• Rioboo R. Odontología preventiva y Odontología comunitaria. Tomo I y II. (2002). Ed Avances Médico Dentales. Madrid
• Katz S.; McDonald J.; Stookey G.: Odontología Preventiva en Acción. 3ª edición. Ed Panamericana. 1991
• OMS Encuestas de salud bucodental. Métodos básicos. 5ª ed Ginebra 2013
Bibliografía complementaria
• Piédrola, G. (2015), Medicina Preventiva y Salud Pública. Barcelona: Masson. 12e.
• Gestal Otero JJ: Riesgos del trabajo del personal sanitario. 3ª edición. Ed interamericana McGraw-Hill, 2003.
Enlaces de interés
• Sociedad Española de Epidemiología y Salud Pública Oral: https://sespo.es/
• Ministerio de Sanidad: https://www.sanidad.gob.es/profesionales/saludPublica/prevPromocion/hom…
• Organización Mundial da Saúde https://www.who.int/es
• Servicio Galego de Sáude: https://www.sergas.es/
• Consejo de Dentistas: https://www.consejodentistas.es/
• FDI. World Dental Federation: https://www.fdiworlddental.org/
Coñecementos
Con04. Coñecer os principios científicos de esterilización, desinfección e antisepsia necesarios para previr as infeccións cruzadas na práctica odontolóxica.
Con11. Manexar, discriminar e seleccionar os materiais e instrumentos adecuados en odontoloxía.
Con14. Coñecer e usar do equipamento e instrumentación básicos para a práctica odontolóxica.
Con15. Aplicar os principios de ergonomía no traballo odontolóxico, tanto a nivel individual como dentro do equipo de traballo cando sexa apropiado, así como nos principios de prevención de riscos laborais asociados á práctica odontolóxica.
Con16. Proporcionar un enfoque global dos coidados orais e aplicar os principios de promoción da saúde e prevención das enfermidades bucodentais.
Con17. Educar e motivar aos pacientes en materia de prevención das enfermidades bucodentais, controlar os hábitos bucais patoxénicos, instruílos sobre unha correcta hixiene bucal, sobre medidas dietéticas e nutricionais e, en resumo, sobre todos os métodos de mantemento da saúde bucodental.
Con18. Coñecer os efectos do tabaco na saúde oral e participar nas medidas que axuden ao paciente que desexa cesar o hábito tabáquico. Igualmente, coñecer as complexas interaccións entre os factores ambientais, sociais e conductuales coa saúde oral e xeral.
Con19. Coñecer os procedementos encamiñados a efectuar o diagnostico de saúde oral na comunidade e saber interpretar os resultados.
Con20. Coñecer as repercusións das tendencias demográficas e epidemiolóxicas na práctica da odontoloxía.
Con21. Coñecer a organización e da provisión da asistencia en saúde oral na comunidade, tanto a nivel privado como público, así como da asistencia sanitaria xeral e do papel do dentista nos devanditos ámbitos.
Con22. Elaborar e executar programas de saúde oral e coñecer da coordinación intre-institucional e intre-profesional necesaria para a súa execución.
Con23. Coñecer os preceptos ético-deontolóxicos lexislativos e administrativos que regulan a profesión odontolóxica e a súa aplicación na xestión e na práctica clínica, así como coñecer a organización, competencias e funcións das corporacións profesionais. Cumprimentar todo tipo de documentos e rexistros médico-legais.
Con24. Coñecer o papel do dentista dentro das profesións sanitarias e traballar con outros profesionais sanitarios e outros membros do equipo odontolóxico.
Competencias
Instrumentais
Comp01. Capacidade de análise e síntese.
Comp02. Capacidade de organizar e planificar.
Comp03. Comunicación oral e escrita na propia lingua.
Comp04. Coñecemento dunha segunda lingua.
Comp05. Habilidades básicas de manexo do computador.
Comp06. Habilidades de xestión da información (habilidade para buscar e analizar información proveniente de fontes diversas).
Comp07. Resolución de problemas.
Comp08. Toma de decisións.
Interpersoais
Comp09. Capacidade crítica e autocrítica.
Comp10. Traballo en equipo.
Comp11. Habilidades interpersoais.
Comp12. Capacidade de traballar nun equipo interdisciplinar.
Comp13. Capacidade para comunicarse con expertos doutras áreas.
Comp14. Apreciación da diversidade e multiculturalidade.
Comp15. Habilidade de traballar nun contexto internacional.
Comp16. Compromiso ético.
Competencias sistémicas
Comp17. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
Comp18. Habilidades de investigación.
Comp19. Capacidade de aprendizaxe autónoma
Comp20. Capacidade para adaptarse a novas situacións.
Comp21. Capacidade para xerar novas ideas (creatividade).
Comp22. Liderazgo.
Comp23. Coñecemento de culturas e costumes doutros países.
Comp27. Preocupación pola calidade.
Habilidades ou destrezas
H/D27. Expor e propoñer as medidas preventivas adecuadas a cada situación clínica.
H/D28. Adquirir experiencia clínica baixo a adecuada supervisión.
H/D29. Recoñecer os determinantes da saúde bucal na poboación, tanto os xenéticos como os dependentes do estilo de vida, demográficos, ambientais, sociais, económicos, psicolóxicos e culturais.
HD/30. Recoñecer o papel do dentista nas accións de prevención e protección #ante enfermidades bucais, así como no mantemento e promoción da saúde, tanto a nivel individual como comunitario.
HD/31. Coñecer o Sistema Nacional de Saúde, así como os aspectos básicos da lexislación sanitaria, xestión clínica e utilización adecuada dos recursos sanitarios, comprendendo a importancia do papel do dentista no ámbito da Atención Primaria de Saúde.
H/D19. Coñecer do método científico e ter capacidade crítica para valorar os coñecementos establecidos e a información nova. Ser capaz de formular hipótese, colleitar e valorar de forma crítica a información para a resolución de problemas, seguindo o método científico.
HD/20. Obter e elaborar unha historia clínica que conteña toda a información relevante.
HD/07. Promover a aprendizaxe de maneira autónoma de novos coñecementos e técnicas, así como a motivación pola calidade.
HD/08. Saber compartir información con outros profesionais sanitarios e traballar en equipo.
HD/17. Comprender e recoñecer os principios de ergonomía e seguridade no traballo (incluíndo control de infeccións cruzadas, protección radiolóxica e enfermidades ocupacionais e biolóxicas).
Leccións expositivas buscando a participación dos alumnos.
Ao longo do curso realizaranse traballos puntuais sobre temas de actualidade.
A asistencia ás prácticas e a realización da memoria son obrigatorias. Faranse as prácticas na sala de Fantomas e nos gabinetes clínicos.
Ao remate do curso se deberá presentar un traballo que defenderán ante o resto de estudantes. O título do traballo se debe seleccionar no primeiro mes da materia no curso virtual. Para realizar o traballo se seguirá a metodoloxía científica
Poderán facerse prácticas extramurais nas escolas.
Empregarase un sistema de cualificación combinado, no que se incluirán as cualificacións obtidas durante o curso relacionadas cos contidos teóricos e prácticos. Na nota final teranse en conta:
•Exame final tipo test e un tema para desenvolver. Supoñerá o 50% da nota final. Para superalo o estudante deberá obter o 60% das respostas correctas no tipo test e un mínimo de 5 puntos en pregúntaa tipo tema. Na 2ª oportunidade a modalidade de exame será de tipo tema, con preguntas a desenvolver.
•Traballos puntuais e a participación nas clases expositivas supoñerán o 5% da nota final.
•Traballo final: avaliarase a presentación, orixinalidade, contidos e bibliografía utilizada. Supón o 15% da nota final
•Prácticas: a avaliación das prácticas farase mediante a supervisión continua dos alumnos. Supoñendo o 30% da nota final. Ao finalizar o curso, os alumnos presentarán un informe coas fichas realizadas, empregando os principais indicadores de saúde oral aplicados aos seus pacientes.
A falta de asistencia ás prácticas e a entrega do informe, levan a non ser avaliado. O aprobado das prácticas se garda unicamente nas convocatorias dese ano.
Actividades presenciales Horas Trabajo personal del/a estudiante Horas
Clases expositivas:
presentación e explicación temas 24 Búsqueda y estudio de materiales 54
Prácticas clínicas 24 Resolución de problemas 20
Tutorías 6 Elaboración trabajos 20
Evaluación 2
Total horas presenciales 56 Total horas de trabajo personal 94
- Se recomenda ter coñecementos das materia saúde pública, bioestatística e introducción á investigación, riscos laboráis do odontólogo e educación para a saúde bucodental
- Recoméndase a participación activa nas clases.
- A realización dos traballos ao longo do curso.
Procurarase realizar prácticas extramurais de Odontoloxía Comunitaria.
Mª De La Almudena Rodríguez Fernández
Coordinador/a- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Correo electrónico
- almudena.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Marta Mulero De Caso
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Correo electrónico
- marta.mulero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Paula Fernandez Riveiro
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Correo electrónico
- paula.fernandez.riveiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Odontoloxía-Aula 3 |
17.12.2024 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-Aula 3 |
17.12.2024 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-A. Suárez Nuñez |
10.06.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-A. Suárez Nuñez |