Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 30 Clase Interactiva: 40 Total: 73
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas
Áreas: Estomatoloxía
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Obxectivos da materia
Coñecer os elementos esenciais da profesión de odontólogo, incluíndo os principios éticos e as responsabilidades legais.
Promover a aprendizaxe de xeito autónomo de novos coñecementos e técnicas, así como a motivación pola calidade.
Ter coñecemento da patoloxía bucal e a súa prevención.
Coñecer os principios básicos de deseño ergonómico dun gabinete odontolóxico e da unidade dental. Coñecer e usar o equipamento e instrumental básicos para a práctica odontolóxica.
Aplicar os principios de ergonomía no traballo odontolóxico, tanto a nivel individual coma dentro do equipo de traballo, cando sexa apropiado na práctica odontolóxica.
Coñecer os principios científicos de esterilización, desinfección e antisepsia necesarios para previr as infeccións cruzadas na práctica odontolóxica
Coñecer os elementos necesarios para a práctica de técnicas de diagnóstico radiolóxico. Coñecer as diferentes técnicas de diagnóstico por imaxe en odontoloxía.
Coñecer os procedementos e probas diagnósticas clínicas e de laboratorio, coñecer a súa fiabilidade e validez diagnóstica.
Ter coñecementos sobre unha historia clínica xeral do paciente e unha ficha clínica que reflicta fielmente os rexistros do paciente.
Coñecer as especialidades odontolóxicas e a súa relación coa medicina.
1.- Características e funcións máis relevantes da cavidade bucal e dos dentes utilizando unha terminoloxía especificamente odontolóxica.
Antropoloxía dentaria. Anatomía do aparato estomatognático. A boca e os dentes. Características anatómicas e colorimétricas. Idade dentaria. (4 horas)
2.- Procedementos clínicos, profilácticos, diagnósticos e terapéuticos máis importantes, identificando os distintos medios básicos e elementos informáticos para a recollida de datos, e o diagnóstico da patoloxía bucodental, así como a utilización do instrumental adecuado.
Diagnóstico en Odontoloxía: (4 horas). Consentimento informado. Protección de datos. Historia clínica. Historia odontolóxica. Radioloxía. Outras probas diagnósticas. Diagnóstico diferencial e diagnóstico de certeza.
Relacións entre Medicina e Odontoloxía. Enfermidades xerais e a súa repercusión no tratamento odontolóxico. (2 horas)
Odontoloxía Preventiva (2 horas). Técnicas de cepillado e hixiene dental. Control de placa bacteriana. Sellado de fisuras. Odontoloxía minimamente invasiva. Hábitos nocivos.
Especialidades odontolóxicas. (7 horas). Odontoloxía Conservadora. Próteses. Tipos de prótese dentaria. Ortodoncia. Cirurxía Oral. Patoloxía Oral: O cancro oral. Periodoncia. Implantoloxía Oral.
3.- O espazo físico que constitúe a clínica odontolóxica, así como o equipamento e instrumental que nela se utiliza.
A profesión odontolóxica, perspectiva histórica. A titulación de Odontólogo, competencias e saídas profesionais. As especialidades odontolóxicas. O persoal técnico auxiliar: Técnicos protésicos, Hixienistas Dentais e Auxiliares de Clínica Dental. (1 hora)
4.- Conceptos e importancia dos métodos de protección, hixiene, desinfección e esterilización odontolóxica.
A infección cruzada. Material, equipamento e directrices básicas para a desinfección e a esterilización en Odontoloxía. (1 hora)
5- Principios xerais da ergonomía nas actividades clínicas odontolóxicas.
Deseño, instrumental e ergonomía da Clínica Dental. (9 horas)
a) Principios de deseño do consultorio dental. Equipamento odontolóxico elemental. Dispositivos característicos do sillón dental. Maquinaria de aspiración e de aire comprimido. Outros dispositivos accesorios: Unidade de radioloxía intraoral, lámpadas de polimerización, mesturadoras e outros. (2 horas)
b) Instrumental na clínica dental. (6 horas)
i) Instrumentación xeral básica en Odontoloxía. Preparación do campo operatorio.
ii) Instrumental de Odontoloxía Conservadora.
iii) Instrumental para Próteses Dentarias.
iv) Aparatoloxía e instrumental en Ortodoncia.
v) Instrumental de extracción dentaria, Medicina e Cirurxía Oral.
vi) Instrumental para Hixiene Dental e Periodoncia.
vii) Instrumental Básico en Implantoloxía Oral.
c) Fundamentos de Ergonomía. (1 hora)
Bibliografía básica:
Martin B, Castelo P. Endodoncia para todos.2021. Editoral Peldaño S.A. ISBN 978-84-87288-87-6
Alcaraz Baños M. La radiología dental en España. Murcia: Editum; 2008
John A. Molinari, Jennifer A. Harte. Cottone's Practical Infection Control in Dentistry. Edic Jones and Bartlett Publishers, Inc. 2019
Stanley J. Nelson. Wheeler. Anatomía, fisiología y oclusión dental. Edic Elsevier. 2020
Horner K, Rout J, Rushton V. Interpreting dental radiographs. London: Quintessence; 2002
Lozano de Luaces V. Control de las infecciones cruzadas. Madrid: Avances; 2000
White SC, Pharoah MJ. Radiología oral : principios e interpretación.Madrid: Harcourt; 2002
Radiografía dental correcta y radiografía panorámica correcta. Stuttgart: Kodak Dental, 2003
Whaites E. Fundamentos de radiología dental : cuarta edición. Barcelona: Elsevier Masson;2008
Luis Octavio Sánchez Vargas. El Control de Infecciones en el Ámbito Odontológico. Edic Panamericana. 2017
Pankhurst, C., Coulter, W. Prevención y Control de Enfermedades Infecciosas en Odontología. Edic Axon. 2018
Javier García Barbero. Patología y terapéutica dental. Edic Elsevier. 2014
Juan Carlos Ortiz Hugues. Ergonomía aplicada a la práctica dental. Odontología eficiente y sin dolor. Edic Ascune. 2021.
Matteo Chiapasco. Manual ilustrado de cirugía oral edic. edra. 2021
Cawson.Fundamentos de medicina y patología oral. Edic Elsevier. 2018
Bethany Valachi. Practice Dentistry Pain-Free: Evidence-based Ergonomic Strategies to Prevent Pain and Extend Your Career. 2008
Norma Guadalupe Ibáñez Mancera. Propedéutica y semiología en odontología. Edic Elsevier. 2021.
Bibliografía complementaria:
Finestres Zubeldia F. Protección en radiología odontológica. Barcelona: Edicions Universitat de Barcelona; 2004
Chimenos E. Radiología en medicina bucal. Barcelona: Masson; 2005
Pendlebury ME. Selection criteria for dental radiography. 2nd Rev. ed. London: Faculty of General Dental Practitioners; 2004
Águila Ramos FJ, Tegiacchi M. Ergonomía en odontología. Barcelona: Jims; 1991
Coñecementos
Con04. Coñecer os principios científicos de esterilización, desinfección e antisepsia necesarios para previr as infeccións cruzadas na práctica odontolóxica.
Con06. Realizar as radiografías necesarias na práctica odontolóxica, interpretar as imaxes obtidas e coñecer outras técnicas de diagnóstico por imaxe que teñan relevancia.
Con07. Coñecer os procedementos e probas diagnósticas clínicas e de laboratorio, coñecer a súa fiabilidade e validez diagnóstica e ser competente na interpretación dos seus resultados.
Con08. Recoñecer a normalidade e a patoloxía bucal, así como a avaliación dos datos semiolóxicos.
Con09. Identificar o principal motivo de consulta e a historia da enfermidade actual. Realizar unha historia clínica xeral do paciente e unha ficha clínica que reflicta fielmente os rexistros do paciente.
Con14. Coñecer e usar o equipamento e instrumentación básicos para a práctica odontolóxica.
Con15. Aplicar os principios de ergonomía no traballo odontolóxico, tanto a nivel individual como dentro do equipo e traballo cando sexa apropiado, así como nos principios de prevención de riscos laborais asociados á práctica odontolóxica.
Competencias
Comp01. Capacidade de análise e síntese.
Comp02. Capacidade de organizar e planificar.
Comp03. Comunicación oral e escrita na propia lingua.
Comp06. Habilidades de xestión da información (habilidade para buscar e analizar información proveniente de fontes diversas).
Comp07. Resolución de problemas.
Comp08. Toma de decisións.
Comp09. Capacidade crítica e autocrítica.
Comp10. Traballo en equipo.
Comp16. Compromiso ético.
Comp18. Habilidades de investigación.
Comp19. Capacidade de aprendizaxe autónoma.
Comp20. Capacidade para adaptarse a novas situacións.
Comp21. Capacidade para xerar novas ideas (creatividade).
Comp24. Habilidade para traballar de forma autónoma.
Comp25. Deseño e xestión de proxectos.
Comp27. Preocupación pola calidade.
Habilidades ou destrezas
H/D01. Coñecer os elementos esenciais da profesión de odontólogo, incluíndo os principios éticos e as responsabilidades legais.
H/D07. Promover a aprendizaxe de maneira autónoma de novos coñecementos e técnicas, así como a motivación pola calidade.
H/D28. Adquirir experiencia clínica baixo a adecuada supervisión.
Docencia expositiva. Exposición por parte do profesor das liñas mestras dos contidos do programa.
Clase interactiva de Seminarios. Exposicións en formato audiovisual. Charlas de expertos en diferentes especialidades odontolóxicas.
Titorías. O profesor atenderá persoalmente aos alumnos para orientalos e resolver as dúbidas, e buscas bibliográficas que estes plantexen.
Contidos teóricos 80% da nota final:
Asistencia obrigatoria; con xustificación obrigatoria de faltas. Debe acreditarse a asistencia do 80% da materia. É un requisito preceptivo para presentarse á realización do exame.
Proba escrita final en formato tipo test (70% da nota final)
Exame de desenvolvemento (5% da nota final)
Traballos (5% da nota final)
Contidos prácticos/seminarios e traballo tutelado 20% da nota final:
Asistencia obrigatoria con xustificación obrigatoria de faltas. Debe acreditarse a asistencia do 80% da materia. É un requisito preceptivo para a avaliación dos contidos prácticos/seminarios.
Presentación Oral: Evaluarase especialmente a calidade de exposición e a defensa do tema en cuestión.
Avaliación continuada dos contidos prácticos.
É imprescindible o estudo diario dos contidos teóricos. Así como, realizar revisións bibliográficas para complementar os temas teóricos e os contidos prácticos/seminarios e traballos.
Aconséllase o estudo diario da asignatura para asegurar o coñecemento adecuado dos contidos e poder trasladar todas as dúbidas posibles ao profesorado con respecto á mesma.
Benjamín José Martín Biedma
- Departamento
- Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas
- Área
- Estomatoloxía
- Correo electrónico
- benjamin.martin [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Manuel Carlos Ruiz Piñon
- Departamento
- Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas
- Área
- Estomatoloxía
- Correo electrónico
- manuelc.ruiz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Sandra Garcia Varela
Coordinador/a- Departamento
- Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas
- Área
- Estomatoloxía
- Correo electrónico
- s.garcia.varela [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Xoves | |||
---|---|---|---|
08:30-10:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Odontoloxía-Aula 1 |
10:30-12:30 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Odontoloxía-Aula 1 |
12:30-14:30 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | Odontoloxía-Aula 1 |
19.12.2024 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-Aula 1 |
19.12.2024 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-A. Suárez Nuñez |
12.06.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-A. Suárez Nuñez |