Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 4 Clase Expositiva: 12 Clase Interactiva: 12 Total: 28
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
Áreas: Radioloxía e Medicina Física
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
* Coñecer as diversas técnicas radiográficas que se utilizan en radiodiagnóstico
* Coñecer as técnicas radiográficas especificas da rexión bucofacial
* Coñecer a anatomía radiolóxica da rexión craniofacial
* Coñecer a anatomía radiolóxica da rexión bucofarínxea
* Poder discernir entre signos de benignidade e malignidade dos procesos bucofaciais
* Coñecer o comportamento radiolóxico dos procesos benignos e dos malignos
* Adquirir coñecementos para a interpretación do diagnóstico radiolóxico
Obtención da imaxe radioloxica por diversos metodos fisicos.
- Interpretación da imaxe en Radioloxia Convencional
-Interpretación da imaxe en la tomografia axial computerizada
- Interpretación da imaxe en Resonancia Nuclear Magnetica
- Interpretación da imaxe en Ecografia.
-Anatomia radioloxica bucofacial
-Imaxe radioloxica das anomalias dentais
-Identificación de lesiones patoloxicas
-Descripción e comportamento das lesions
-Signos de benignidade y malignidade
-Lesions radio-opacas
-Lesions radiolucidas
-Lesions mixtas
-Comportamento radioloxico das lesions quisticas
-Comportamento radioloxico dos procesos neoformativos
-Imaxe radioloxica do trauma facial
-Elaboración de posibilidades diagnosticas
-Exploracions radioloxicas complementarias no diagnostico radioloxico bucofacial
Diagnóstico por Imagen oral y maxilofacial.
Koenig, et al.
Edit. Marban, 2014
Fundamentos de radiología dental, 6º edición
Eric Whaites & Nicholas Drage
Edit. Elsevier, 2021
Dental Radiography: Principles and Techniques, 6th Edition. Joen M. Iannucci and Laura Jansen Howerton, Edit. Elsevier, 2022.
Coñecementos
Con02. Coñece-la morfoloxía e función do aparello estomatognático, incluíndose contidos apropiados de embrioloxía, anatomía, histoloxía e fisioloxía específicos.
Con05. Coñece-lo perigo das radiacións ionizantes e os seus efectos nos tecidos biolóxicos, xunto coa lexislación que regula o seu uso. Dirixir instalacións de radiodiagnóstico bucal.
Con06. Realizar as radiografías necesarias na práctica odontolóxica, interpretar as imaxes obtidas e coñecer outras técnicas de diagnóstico por imaxe que teñan relevancia.
Con07. Coñece-los procedementos e probas diagnósticas clínicas e de laboratorio, coñece-la súa fiabilidade e validez diagnóstica e ser competente na interpretación dos seus resultados.
Con19. Coñecer os procedementos encamiñados a efectuar o diagnostico de saúde oral na comunidade e saber interpretar os resultados.
Con25. Recoñecer que o paciente é o centro de atención e que tódalas interaccións, incluíndo prevención, diagnóstico, planificación e execución do tratamento e mantemento, deben busca-lo seu mellor interese, evitando calquera tipo de discriminación e respectando a confidencialidade.
Con 28 Coñecer as características patolóxicas xerais das enfermidades e trastornos que afectan os sistemas orgánicos.
Con29 coñecer as manifestacións orais das enfermidades sistémicas.
Con36 Tomar e interpretar radiografías e outros procedementos basados na imaxe, relevantes na práctica odontolóxica.
Habilidades o destrezas
H/D01. Coñece-los elementos esenciais da profesión de odontólogo, incluíndo os principios éticos e as responsabilidades legais.
H/D06. Comprende-la importancia de desenvolver unha práctica profesional con respecto á autonomía do paciente, ás súas crenzas e cultura.
H/D07. Promover a aprendizaxe de maneira autónoma de novos coñecementos e técnicas, así como a motivación pola calidade.
H/D14. Coñecer dos procesos xerais da enfermidade, entre os que se inclúen a infección, a inflamación, as alteracións do sistema inmune, a dexeneración, a neoplasia, as alteracións metabólicas e os desordenes xenéticos.
H/D15. Estar familiarizado coas características patolóxicas xerais das enfermidades e trastornos que afectan os sistemas orgánicos, especificamente aquelas que teñen repercusión bucal.
H/D18. Coñecer, valorar criticamente e saber utiliza-las fontes de información clínica e biomédica para obter, organizar, interpretar e comunica-la información científica e sanitaria.
H/D19. Coñecer do método científico e ter capacidade crítica para valorar os coñecementos establecidos e a información nova. Ser capaz de formular hipótese, recolectar e valorar de forma crítica a información para a resolución de problemas, seguindo o método científico.
H/D21. Saber realizar un exame bucal completo, incluíndo as oportunas probas radiográficas e de exploración complementarias, así como a obtención de adecuadas referencias clínicas.
H/D22. Ter capacidade para elaborar un xuízo diagnóstico inicial e establecer unha estratexia diagnóstica razoada, sendo competente no recoñecemento das situacións que requiran unha atención odontolóxica urxente.
Competencias
Comp01. Capacidade de análise e síntese.
Comp02. Capacidade de organización e planificación.
Comp03. Comunicación oral e escrita na lingua propia.
Comp05. Competencias básicas de informática.
Comp06. Habilidades de xestión da información (capacidade para buscar e analizar información de fontes diversas).
Comp07. Resolución de problemas.
Comp08. Toma de decisións.
Comp09. Capacidade crítica e autocrítica.
Comp10. Traballo en equipo.
Comp12. Capacidade para traballar en equipo interdisciplinar.
Comp16. Compromiso ético.
Comp17. Capacidade para aplicar os coñecementos na práctica.
Comp18. Habilidades de investigación.
Comp27. Preocupación pola calidade.
1 hora de teoría e dúas de práctica á semana.
Cada estudante lerá e interpretará os casos que se presentan e, seguidamente, serán discutidos e avaliados polo resto dos alumnos e o profesor.
Ao finalizar cada tema entregaráselles aos alumnos un caso problema que será estudado por eles e posteriormente presentado e discutido nunha sesión
A asistencia a clase é obrigatoria.
Calquera falta de ética será avaliada en función do Regulamento de Aviación de Desempeño Académico vixente.
Na primeira convocatoria consideraranse os seguintes:
• Avaliación continua (20% da nota final) da adquisición de competencias específicas mediante a titoría de traballos individuais ou en grupo e o desenvolvemento de clases interactivas.
• Proba obxectiva (80%) onde se avaliarán competencias específicas: exame tipo test con catro opcións de resposta e só unha verdadeira. Por cada tres respostas incorrectas, descontarase unha das correctas.
Nas demais convocatorias realizarase unha única proba final cun valor ponderado do 100%.
Horas presenciais
Clases expositivas: 12
Clases Interactivas 12
Titorias :1, 5
* Asistencia ás clases
* Utilizar a bibliografía recomendada
* Acudir ás titorías
* Utilizar o arquivo docente
* Participar activamente nas sesións
* Repasar mensualmente os coñecementos adquiridos
* Realizar de forma voluntaria probas de avaliación
Sandra Baleato Gonzalez
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Radioloxía e Medicina Física
- Correo electrónico
- sandra.baleato.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Ciencias da Saúde LOU
Roberto Garcia Figueiras
Coordinador/a- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Radioloxía e Medicina Física
- Correo electrónico
- robertogarcia.figueiras [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
19:00-20:00 | Grupo /CLIS_02 | Galego, Castelán | Odontoloxía-Aula 2 |
21.05.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-A. Suárez Nuñez |
21.05.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-Aula 3 |
23.06.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-A. Suárez Nuñez |