Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 30 Clase Interactiva: 22 Total: 58
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias Morfolóxicas
Áreas: Anatomía e Embrioloxía Humana, Histoloxía
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1) Coñecer a organización da materia viva a nivel celular e tisular.
2) Coñecer a bioloxía celular da célula eucariota, facendo especial enfásis en todos aqueles aspectos propios da células humanas.
3) Coñecer como e onde se acha o material xenético e como se transmiten os xenes.
4) Coñecer como se produce o desenvolvemento elemental do ser humano.
5) Observar e describir seccións de diversos tecidos, procedendo sempre do xeral (visión a pequeno aumento) ao específico, e buscando similitudes e diferenzas entre as diversas mostras.
6) Identificar as técnicas histolóxicas empregadas en cada caso.
7) Recoñecer as diferentes estirpes celulares, tecidos e órganos.
8) Diferenciar tecidos normais de patolóxicos (empregando preferentemente preparacións con áreas normais contiguas a zonas patolóxicas, para facilitar o recoñecemento por parte do estudante).
DOCENCIA EXPOSITIVA
Bloque I: Bioloxía e Xenética
Tema 1. Introdución. Características xerais da célula eucariota.
Tema 2. Material xenético: Estrutura do ADN. cromatina e cromosomas.
Tema 3. Mutacións e alteracións cromosómicas
Tema 4. Patróns de herdanza. Herdanza monogénica, poligénica e multifactorial
Tema 5. Superficie celular: Estrutura e función da membrana plasmática
Tema 6. Roteiro biosintética e secretora: Retículo endoplasmático, aparto de Golgi, lisosomas e endosomas.
Tema 7. Orgánulos enerxéticos: Mitocondrias e Peroxisomas.
Tema 8. Citoesqueleto. Microfilamentos, filamentos intermedios e microtúbulos.
Tema 9. Núcleo celular. Envoltura nuclear: interaccións núcleo-citoplasma. Nucleolo e ribosomas.
Tema 10. División e morte celular
Tema 11. Gametogénesis e Fecundación.
Tema 12. Etapas fundamentais do desenvolvemento embrionario
Bloque II: Histología
Tema 13.- Introdución á Histología humana. Técnicas histolóxicas.
Tema 14.- Tecido epitelial. Epitelios de revestimento e epitelios glandulares.
Tema 15.- Tecido conjuntivo. Compoñentes e variedades.
Tema 16.- Tecido muscular. Tecido muscular liso, estriado esquelético e estriado cardíaco.
Tema 17.- Tecido nervioso. Neurona. Sinapsis. Neuroglía. Fibras nerviosas e nervios periféricos.
Tema 18.- Sangue e Aparello circulatorio.
Tema 19.- Sistema inmunitario.
Tema 20.- Aparello dixestivo.
Tema 21.- Aparello respiratorio.
Tema 22.- Aparello urinario.
Tema 23.- Sistema endócrino.
Tema 24.- Pel.
DOCENCIA INTERACTIVA:Prácticas de laboratorio
1. Técnicas de estudo da célula. Realización de frotis de sangue e manexo do microscopio óptico.
2. Casos prácticos de xenética (mutacións e herdanza monogénica)
3. Casos prácticos de xenética II (herdanza monogénica e multifactorial)
4. Sistema sanguíneo ABO.
5. Mitosis e cromosomas metafásicos
6. Gametogénesis: oogénesis e espermatogénesis.
7.- Tecido epitelial. Técnica de Hematoxilina-Eosina.
8.- Tecido conjuntivo. Cartilaxe e óso.
9.- Tecido muscular. Tecido nervioso.
10.- Aparello circulatorio. Sistema inmunitario.
11. Aparello dixestivo.
12.- Sistema endócrino. Aparello respiratorio. Aparello urinario.
Textos para Bioloxía e Xenética
- Calvo A. Biología Celular Biomédica. 1ª ed. Elsevier; 2015. (disponible online biblioteca USC).
- Jorde LB, Carey JC, Bamshad MJ. Genética Médica. 6ª ed. Elsevier; 2021. (disponible online biblioteca USC).
- Karp G. Biología celular y molecular. Conceptos y experimentos. 8ª ed. McGraw-Hill; 2019. (disponible online biblioteca USC).
- Sadler TW. Langman. Embriología médica. 14ª ed. Madrid: Lippincott, Williams & Wilkins Wolters Kluwer Health;2019.
- Villar Cheda, B. López López, A. Hialoplasma e citoesqueleto: forma e movemento celular. 2020. Unidades didácticas USC. https://dx.doi.org/10.15304/9788417595555.
- Villar Cheda, B Xenética humana: conceptos básicos aplicados a ciencias da saúde. 2021. Colección: Esenciais USC.
Textos e atlas para Histología:
Bibliografía básica:
- Esenciais USC. Técnicas histolóxicas: microscopia óptica, inmunohistoquímica, hibridación in situ e microscopia electrónica. Lucía García-Caballero, Marina Gándara, Rosalía Gallego (disponible online colección Esenciais USC).
- Atlas de prácticas. Histología Humana General. Rosalía Gallego, Lucía García-Caballero, Marina Gándara, Alba Ferreirós, Juan Cuevas, Tomás García-Caballero. Fundación USC, 2023.
- Atlas de prácticas. Histología Humana Especial. Rosalía Gallego, Lucía García-Caballero, Marina Gándara, Alba Ferreirós, Juan Cuevas, Tomás García-Caballero. Fundación USC, 2023.
- Wheater. Histología Funcional. O'Dowd, Bell, Wright. 7ª ed. Elsevier, 2024 (disponible online biblioteca USC).
- Histología Básica. Junqueira, Carneiro. 13ª edición. Ed. Panamericana, 2022 (disponible online biblioteca USC).
- Stevens y Lowe. Histología Humana. Lowe, Anderson. 5ª edición. Elsevier, 2020 (disponible online biblioteca USC).
- Atlas de Histología. Microscopía óptica y electrónica. Martín-Lacave, Utrilla Alcolea, Fernández-Santos y García-Caballero. Editorial Universidad de Sevilla, 2020 (disponible online biblioteca USC).
Bibliografía complementaria:
- Ross. Histología. Texto y Atlas. Correlación con Biología Molecular y Celular. Pawlina. 8ª ed. Wolters Kluwer, 2020.
Coñecementos
Con01 Coñecer as ciencias biomédicas nas que se fundamenta a Odontoloxía para asegurar unha correcta asistencia buco-dentaria. Entre estas ciencias deben incluírse contidos apropiados de: Embrioloxía, anatomía, histología e fisioloxía do corpo humano.
Xenética, Bioquímica, Bioloxía celular e molecular.
Microbiología e inmunología
Con02 Coñecer a morfoloxía e función do aparello estomatognático, incluíndose contidos apropiados de embrioloxía, anatomía, histología e fisioloxía específicos
Competencias
Comp01 Capacidade de análise e síntese.
Comp02 Capacidade de organizar e planificar.
Comp03 Comunicación oral e escrita na propia lingua.
Comp09 Capacidade crítica e autocrítica.
Comp10 Traballo en equipo.
Comp17 Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
Comp19 Capacidade de aprendizaxe autónoma
Comp24 Habilidade para traballar de forma autónoma.
Comp 27 Preocupación pola calidade
Habilidades ou destrezas
H/D07 Promover a aprendizaxe de maneira autónoma de novos coñecementos e técnicas, así como a motivación pola calidade.
H/D08 Saber compartir información con outros profesionais sanitarios e traballar en equipo.
H/D11 Comprender as ciencias biomédicas básicas nas que se fundamenta a Odontoloxía para asegurar unha correcta asistencia buco-dentaria.
H/D12 Comprender e recoñecer a estrutura e función normal do aparello estomatognático, a nivel molecular, celular, tisular e orgánico, nas distintas etapas da vida.
H/D18 Coñecer, valorar críticamente e saber utilizar as fontes de información clínica e biomédica para obter, organizar, interpretar e comunicar a información científica e sanitaria.
H/D19 Coñecer do método científico e ter capacidade crítica para valorar os coñecementos establecidos e a información nova. Ser capaz de formular hipótese, colleitar e valorar de forma crítica a información para a resolución de problemas, seguindo o método científico.
DOCENCIA EXPOSITIVA
O profesor/profesora impartirá os contidos teóricos do programa empregando apoios visuais como presentacións, imaxes de microscopio, esquemas etc...
Abrirase unha aula virtual na que se establecerá un foro de titoría pública. As titorías serán presenciais ou virtuais.
DOCENCIA INTERACTIVA
Nas clases interactivas afianzaránse e complementaránse os coñecementos teóricos adquiridos. Consistirán na resolución de problemas e casos, así como na preparación e observación ao microscopio óptico de diversas mostras de células e tecidos.
A asistencia ás clases tanto expositivas como interactivas será obrigatoria e poderase ter en conta para a avaliación. A non asistencia polo menos a un 80% das prácticas de laboratorio de cada bloque impedirá a superación da materia, tanto na primeira como na segunda oportunidade.
A avaliación da docencia expositiva e interactiva realizarase con probas de carácter presencial. A cualificación final comprenderá:
1) Docencia expositiva (70% da nota final): proba final tipo test de elección múltiple con resposta única.
2) Docencia interactiva (30% da nota final): a avaliación desta docencia poderá consistir en:
- cuestionarios realizados no laboratorio.
- resolución de problemas e/o realización de traballos tutelados.
- participación nas prácticas.
- preguntas tipo test na proba final.
Para superar a materia é necesario:
1) Alcanzar unha cualificación mínima en cada un dos dous grandes bloques en que se divide a materia (bloque I: Bioloxía e Xenética; bloque II: Histología). Se non se alcanza un mínimo do 40% non será compensable coa cualificación da outra parte.
2) Alcanzar unha cualificación mínima na proba de avaliación da docencia expositiva (mínimo do 40%) por baixo desta nota non se suman o resto das cualificacións.
Se se cumpren os requisitos 1) e 2) a nota final será a suma das cualificacións da docencia expositiva e da docencia interactiva.
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA: 58 Horas
Clases expositivas: 30
Clases interactivas: 22
Tutorías en grupos reducidos ou individualizadas: 4
Realización do examen: 2
TRABALLO PERSOAL DEL ESTUDIANTE: 92 Horas
É recomendable que o alumno prepare con antelación os temas das sesións teóricas e prácticas. Tamén se considera importante que o alumno leve ao día a materia, o que aseguraría unha mellor comprensión dos conceptos da materia, posto que o programa esta encadeado de tal forma que a compresión e integración do corpo doctrinal esixe saber o tema anterior para entender o seguinte.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións (Resolución do 15 de xuño de 2011, DOG do 21 de Julio de 2011).
Maria Begoña Villar Cheda
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Anatomía e Embrioloxía Humana
- Teléfono
- 881812299
- Correo electrónico
- bego.villar [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Lucia Garcia-Caballero Perez
- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Histoloxía
- Teléfono
- ext 12400
- Correo electrónico
- lucia.garcia.caballero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Odontoloxía-Aula 1 |
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Odontoloxía-Aula 1 |
Venres | |||
11:30-12:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Odontoloxía-Aula 1 |
12:30-14:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Odontoloxía-Aula 1 |
20.01.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-Aula 3 |
20.01.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-A. Suárez Nuñez |
27.06.2025 12:30-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 1 |