Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 30 Clase Interactiva: 26 Total: 59
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Estatística, Análise Matemática e Optimización
Áreas: Estatística e Investigación Operativa
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo principal desta materia é que o alumnado se familiarice cos conceptos e técnicas básicas da Estatística Descritiva, da Probabilidade e da Inferencia Estatística.
Ademais, preténdese que o alumnado entenda a necesidade e utilidade da metodoloxía estatística na investigación en Ciencias da Saúde, particularmente en Odontoloxía, facéndose consciente do alcance e limitacións da devandita metodoloxía.
Como obxectivos máis específicos o alumnado deberá:
- coñecer a linguaxe estatística básica,
- coñecer e aplicar algúns métodos estatísticos básicos para representar e analizar conxuntos de datos simples, e poder sacar conclusións axeitadas,
- coñecer, expresar e interpretar correctamente os niveis de precisión, confianza e niveis de erro nas conclusións dun estudo estatístico.
Tema 1. Estatística Descritiva
Introdución á Estatística. Variables. Distribucións de frecuencias. Representacións gráficas. Medidas de posición e de dispersión.
Tema 2. Probabilidade
Experimento aleatorio. Espazo mostral. Sucesos. Probabilidade. Probabilidade condicionada. Independencia de sucesos. Regra do produto, lei de probabilidades totais e teorema de Bayes. Sensibilidade, especificidade, valores preditivos positivo e negativo.
Tema 3. Variables aleatorias
Variables aleatorias discretas e continuas. Distribucións de probabilidade: función de masa, función de densidade e función de distribución. Medidas dunha variable aleatoria. A distribución Binomial e a distribución Normal. Aproximación da distribución Binomial pola distribución Normal.
Tema 4. Estimación e intervalos de confianza
Introdución á Inferencia Estatística. Estimación de parámetros. Intervalos de confianza para a proporción e para a media e a varianza dunha poboación Normal.
Tema 5. Contrastes de hipótese
Introdución. Hipótese nula e alternativa. Tipos de erros nun contraste de hipótese. Nivel de significación e potencia dun test. Etapas na resolución dun contraste de hipótese. O nivel crítico ou p-valor. Contrastes cunha mostra: contraste para a proporción e para a media e varianza dunha poboación Normal.
Tema 6. Asociación de variables categóricas
Introdución. Táboas de continxencia. Contrastes para datos categóricos: test Chi-cadrado.
Tema 7. Modelos de regresión
Introdución aos modelos de regresión. Conceptos xerais. O modelo lineal simple. Estimación dos parámetros: o método de mínimos cadrados. Inferencia sobre os parámetros. Descomposición da variabilidade. Coeficiente de correlación e coeficiente de determinación. Predición.
BÁSICA
Borrajo, M. I. e outros (2020): “Estatística Descritiva”, Colección Esenciais USC. https://www.usc.gal/libros/gl/categorias/948-estatistica-descritiva-334…
Borrajo, M. I. e outros (2021): “Fundamentos da Teoría da Probabilidade”, Colección Esenciais USC. https://www.usc.gal/libros/gl/categorias/1025-fundamentos-da-teoria-da-…
Borrajo, M. I. e outros (2021): “O programa estatístico R”, Colección Esenciais USC. https://www.usc.gal/libros/gl/categorias/1024-o-programa-estatistico-r-…
Borrajo, M. I. e outros (2023): “Inferencia Estatística Paramétrica I”, Colección Esenciais USC. https://www.usc.gal/libros/gl/categorias/1183-inferencia-estatistica-pa…
Borrajo, M. I. e outros (2023): “Inferencia Estatística Paramétrica II”, Colección Esenciais USC. https://www.usc.gal/libros/gl/categorias/1182-inferencia-estatistica-pa…
García García, V. J. (2014): “Estadística descriptiva y Probabilidad”, Universidad de Cádiz. Dispoñible en https://prelo.usc.es/.
Kim, J. S. e Dailey, R. J. (2008): “Biostatistics for Oral Healthcare”, Blackwell.
Milton, J. S. (2007): “Estadística para Biología y Ciencias de la Salud”, McGraw-Hill-Interamericana.
Requena, F. (2008): “Introducción a la Estadística: Aplicación a la Odontología”, Proyecto Sur.
Rosner, B. (2011): “Fundamentals of Biostatistics”, Duxbury Press.
Verzani, J. (2005): “Using R for Introductory Statistics”, Chapman and Hall.
COMPLEMENTARIA
Cao, R. e outros (1998): “Estadística básica aplicada”, Tórculo Edicións.
Daniel, W. W. (2002): “Bioestadística. Base para el análisis de las ciencias de la salud”, Limusa Wiley.
Martín Andrés, A. e Luna del Castillo, J. (2004): “Bioestadística para las ciencias de la salud”, Norma.
Pagano, M. e Gauvreau, K. (2001): “Fundamentos de Bioestadística”, Thomson-Learning.
Smeeton N. (2005): “Dental Statistics Made Easy”, Radcliffe Publishing (Oxford).
COÑECEMENTOS
Con07.- Coñecer os procedementos e probas diagnósticas clínicas e de laboratorio, coñecer a súa fiabilidade e validez diagnóstica e ser competente na interpretación dos seus resultados.
COMPETENCIAS
Comp01.- Capacidade de análise e síntese.
Comp02.- Capacidade de organizar e planificar.
Comp03.- Comunicación oral e escrita na propia lingua.
Comp05.- Habilidades básicas no manexo do ordenador.
Comp06.- Habilidades de xestión da información (habilidade para buscar e analizar información procedente de fontes diversas).
Comp07.- Resolución de problemas.
Comp08.- Toma de decisións.
Comp09.- Capacidade crítica e autocrítica.
Comp10.- Traballo en equipo.
Comp13.- Capacidade para comunicarse con expertos doutras áreas.
Comp14.- Apreciación da diversidade e multiculturalidade.
Comp16.- Compromiso ético.
Comp17.- Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
Comp18.- Habilidades de investigación.
Comp19.- Capacidade de aprendizaxe autónoma.
Comp20.- Capacidade para adaptarse a novas situacións.
Comp21.- Capacidade para xerar novas ideas (creatividade).
Comp24.- Habilidade para traballar de forma autónoma.
Comp27.- Preocupación pola calidade.
Comp28.- Motivación de logro.
HABILIDADES OU DESTREZAS
H/D08.- Saber compartir información con outros profesionais sanitarios e traballar en equipo.
H/D09.- Comprender a importancia de manter e utilizar os rexistros con información do paciente para a súa posterior análise, preservando a confidencialidade dos datos.
H/D11.- Comprender as ciencias biomédicas básicas nas que se fundamenta a Odontoloxía para asegurar unha correcta asistencia buco-dentaria.
H/D18.- Coñecer, valorar criticamente e saber utilizar as fontes de información clínica e biomédica para obter, organizar, interpretar e comunicar a información científica e sanitaria.
H/D19.- Coñecer o método científico e ter capacidade crítica para valorar os coñecementos establecidos e a información novidosa. Ser capaz de formular hipóteses, recoller e valorar de forma crítica a información para a resolución de problemas, seguindo o método científico.
Docencia expositiva (30 horas): nas sesións de docencia expositiva, o profesorado explicará os conceptos teórico-prácticos dos contidos. Tamén se resolverán algúns problemas, de maneira que o alumnado poida traballar sobre os exercicios propostos na aula. Respecto ao material para o seguimento da materia, ademais da bibliografía recomendada, o alumnado disporá de material docente complementario a través do Campus Virtual da materia.
Docencia interactiva (26 horas): a docencia interactiva distribúese en seminarios de resolución de exercicios e prácticas de ordenador. Nestas sesións de ordenador, introducirase ao alumnado no manexo do programa estatístico R.
Titorías: as titorías están destinadas ao seguimento da aprendizaxe do alumnado. Traballaranse, entre outras, as competencias relacionadas con razoamento crítico e a capacidade de comunicación.
A cualificación final da materia corresponderá ao 70% da cualificación obtida no exame final (na convocatoria ordinaria ou na extraordinaria, se non sesupera a materia na primeira), e o 30% restante corresponderase coa nota obtida nas actividades de avaliación continua.
A avaliación continua da materia consistirá en tres actividades diferentes co seguinte peso:
- Exposición de exercicios nas sesións de seminario. (7.5%)
- Exame de contidos do paquete estatístico R. (7.5%)
- Traballo grupal consistente na realización da análise estatística dunha base de datos proporcionada mediante o uso do paquete estatístico R, e a elaboración do correspondente informe. (15%)
A cualificación obtida na avaliación continua conservarase de cara á convocatoria extraordinaria.
Nótese que, para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e da revisión das cualificacións”.
Nesta materia, o alumnado conta con 56 horas de docencia presencial (30 horas de docencia expositiva e 26 horas de docencia interactiva). Por cada hora de docencia expositiva, considérase necesario dedicar ao estudio ao redor de 1.5 horas de traballo do alumnado (revisión de conceptos e consulta de bibliografía).
En relación coa docencia interactiva, por cada hora considérase necesaria unha hora para a revisión da clase. A maiores, o alumnado debe ter en conta que é necesario practicar a resolución de problemas.
A asistencia ás sesións expositivas e interactivas é fundamental para o seguimento e superación da materia. O alumnado deberá realizar todas as actividades recomendadas polo profesorado (resolución de problemas, revisión de bibliografía e exercicios prácticos) para superar con éxito a materia.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de calificacións".
Angel Manuel Gonzalez Rueda
- Departamento
- Estatística, Análise Matemática e Optimización
- Área
- Estatística e Investigación Operativa
- Correo electrónico
- angelmanuel.gonzalez.rueda [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Maria Isabel Borrajo Garcia
Coordinador/a- Departamento
- Estatística, Análise Matemática e Optimización
- Área
- Estatística e Investigación Operativa
- Correo electrónico
- mariaisabel.borrajo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
09:30-10:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Odontoloxía-Aula 1 |
Mércores | |||
09:30-10:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Odontoloxía-Aula 1 |
22.01.2025 12:00-14:30 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-A. Suárez Nuñez |
22.01.2025 12:00-14:30 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-Aula 3 |
16.06.2025 16:30-19:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-A. Suárez Nuñez |