Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
Áreas: Medicina Preventiva e Saúde Pública
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Coñecer os fundamentos da Saúde Pública e da Nutrición Comunitaria.
- Ser quen de participar en actividades de promoción da saúde e prevención de trastornos e enfermidades relacionadas coa nutrición e os estilos de vida, levando a cabo a educación alimentaria-nutricional da poboación.
PARTE TEÓRICA:
Bloque I. CONCEPTOS. SAÚDE PÚBLICA. PROMOCIÓN DA SAÚDE. XESTIÓN SANITARIA
1. Saúde e os seus determinantes. Historia natural da enfermidade.
2. Saúde Pública e Saúde Comunitaria.
3. Educación para a saúde. Métodos e medios de educación en saúde. Educación alimentaria e nutricional.
4. Xestión Sanitaria. Principais modelos de sistemas de saúde.
5. A OMS e outras organizacións internacionais.
Bloque II. DEMOGRAFÍA
6. Demografía e Saúde Pública.
7. Demografía estática e demografía dinámica.
Bloque III. EPIDEMIOLOXÍA
8. Concepto e usos da epidemioloxía. Método epidemiolóxico.
9. Medidas de frecuencia e medidas de asociación.
10. Precisión e validez dos estudos epidemiolóxicos.
11. Estudos epidemiolóxicos descritivos.
12. Estudos epidemiolóxicos analíticos.
13. Estudos de probas diagnósticas.
14. Epidemioloxía nutricional.
Bloque IV. EPIDEMIOLOXÍA E PREVENCIÓN DAS ENFERMIDADES TRANSMISIBLES
15. A enfermidade transmisible. A cadea epidemiolóxica.
16. Prevención e control das enfermidades transmisibles.
17. Actuación fronte a un brote alimentario. Seguridade alimentaria.
Bloque V. EPIDEMIOLOXÍA E PREVENCIÓN DAS ENFERMIDADES NON TRANSMISIBLES
18. Enfermidades non transmisibles. Principais factores de risco.
19. Estratexias de prevención e control.
20. Principais enfermidades non transmisibles relacionadas coa nutrición e o estilo de vida.
Bloque VI. EPIDEMIOLOXÍA MEDIOAMBIENTAL
21. Medio ambiente e saúde.
22. Auga de consumo.
SEMINARIOS
1. Ferramentas para a procura bibliográfica e valoración da evidencia científica
2. Resolución de problemas tipo relacionados coas medidas de frecuencia.
3. Resolución de problemas tipo relacionados coas medidas de efecto.
4. Resolución de problemas tipo relacionados coas probas diagnósticas: sensibilidade e especificidade.
5. As desigualdades sociais.
Bibliografía básica:
De Irala J, Martínez-González MA, Seguí-Gómez M. Epidemiología Aplicada. 2º Ed. Barcelona: Ariel; 2008.
Hernández-Agudo A, Gil M, Delgado F, Bolúmar FG, et al. Manual de Epidemiología para grados en ciencias de la salud. 1ªed. Madrid: Médica Panamericana;2011.
Royo Bordonada MA, Damián Moreno J. Método epidemiológico. Escuela Nacional de Sanidad (ENS). Instituto de Salud Carlos III - Ministerio de Ciencia e Innovación. Madrid: ENS-Instituto de Salud Carlos III; Octubre de 2009.
https://repisalud.isciii.es/bitstream/handle/20.500.12105/5271/M%c3%a9t…
Royo Bordonada MA. Nutrición en Salud Pública. 1ª ed. Madrid. Instituto de Salud Carlos III. Ministerio de Sanidad y Consumo; 2007. http://gesdoc.isciii.es/gesdoccontroller?action=download&id=14/09/2012-…
Salleras L. Educación Sanitaria. Principios, métodos, aplicaciones. Madrid: Ediciones Díaz de Santos S.A; 1985.
Serra Majem L, ArancetaBartrina J. Nutrición y Salud Pública. 2ª ed. Métodos, Bases científicas y aplicaciones: Barcelona. Masson; 2006.
Bibliografía complementaria:
Agencia Española de Seguridad Alimentaria y Nutrición (AESAN): https://www.aesan.gob.es/AECOSAN/web/home/aecosan_inicio.htm
Ahlbom A. Alfredsson L. Alfvén T, et al. Fundamentos de epidemiología. 6ª ed. Madrid: Siglo XXI; 2007
Centres for Disease Control and Prevention de Estados Unidos (CDC): http://www.cdc.gov
European Centres for Disease Control and Prevention (ECDC): http://www.ecdc.europa.eu
European Food Safety Authority: http://www.efsa.europa.eu
Hernández Ávila M. Diseño y análisis de estudios. 1ª ed. México: Médica Panamericana; 2007.
Martínez Navarro F, Antó JM, Castellanos PL, et al. Salud Pública. Madrid: McGraw-Hill; 1998.
Ministerio de Salud, Servicios Sociales e Igualdad, portal de promoción de la salud y prevención:
https://www.sanidad.gob.es/ciudadanos/proteccionSalud/home.htm
Organización Mundial de la Salud (OMS), temas de salud: https://www.who.int/health-topics
Organización Panamericana de la Salud. El control de las enfermedades transmisibles. 17 ed. OPS. 2001
https://www3.paho.org/hq/index.php?option=com_content&view=article&id=2…
Piédrola Gil. Medicina Preventiva y Salud Pública. 11ª ed. Barcelona: Elversier Masson; 2008.
https://www.mscbs.gob.es/ciudadanos/proteccionSalud/home.htm
Competencias básicas:
CB1: Que os estudantes teñan demostrado posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase encontrar a un nivel que, se ben apóiase en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2: Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun modo profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3: Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4: Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5: Que os estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grado de autonomía.
Competencias xerais:
CG1 - Recoñecer os elementos esenciais da profesión do Dietista-Nutricionista, incluíndo os principios éticos, responsabilidades legais e o exercicio da profesión, aplicando o principio de xusticia social á práctica profesional e desenvolvéndoa con respecto ás persoas, os seus hábitos, creencias e culturas.
CG2 - Desenvolver a profesión con respecto a outros profesionias da saúde, adquirindo habilidades para traballar en equipo.
CG3 - Recoñecer a necesidade de manter e actualizar a competencia profesional, prestando especial importancia á aprendizaxe, de maneira autónoma e continuada, de novos coñecementos, productos e técnicas en nutrición e alimentación, así como á motivación pola calidade.
CG4: Coñecer os límites da profesión e as súas competencias, identificando cando é necesario un tratamento interdisciplinar ou a derivación a outro profesional.
CG5: Realizar a comunicación de modo efectivo, tanto de forma oral como escrita, coas persoas, os profesionais da saúde ou a industria e os medios de comunicación, sabendo utilizar as tecnoloxías da información e a comunicación, especialmente as relacionadas con nutrición e hábitos de vida.
CG6: Coñecer, valorar críticamente e saber utilizar e aplicar as fontes de información relacionadas con nutrición, alimentación, estilos de vida e aspectos sanitarios.
CG7: Ter a capacidade de elaborar informes e cumprimentar rexistros relativos á intervención profesional do Dietista-Nutricionista.
CG19: Coñecer as organizacións de saúde, nacionais e internacionais, así como os diferentes sistemas de saúde, recoñecendo o papel do Diestista-Nutricionista.
CG20: Coñecer e intervir no diseño, realización e validación de estudios epidemiolóxicos nutricionais , así como participar na planificación, análise e avaliación de programas de intervención en alimentación e nutrición en distintos ámbitos.
CG21: Ser quen de participar en actividades de promoción da saúde e prevención de trastornos e enfermidades relacionadas coa nutrición e os estilos de vida, levando a cabo a educación alimentaria-nutricional da poboación.
CG22: Colaborar na planificación e desenvolvemento de políticas en materia de alimentación, nutrición e seguridade alimentaria basadas nas necesidades da poboación e na protección da saúde.
CG29: Adquirir a formación básica para a actividad investigadora, sendo quen de formular hipóteses, recoller e interpretar a información para a resolución de problemas seguindo o método científico, e comprendendo a importancia e as limitacións do pensamento científico en materia sanitaria e nutricional.
Competencias transversais:
CT1: Capacidade de análise e síntese.
CT2: Capacidade para organizar e planificar.
CT3: Capacidade para traballar en equipo (incluída en CG2)
CT4: Demostrar compromiso ético (incluída en CG1)
CT5: Capacidade para usar tecnoloxías da información e comunicación (incluída en CG5)
CT6: Capacidade para xestionar a información (incluída en CG6)
CT7: Capacidade para a resolución de problemas
CT8: Capacidade para tomar decisións.
CT10: Capacidade para o razoamento crítico e a argumentación
CT12: Capacidade para utilizar información en lingua extranxeira
Competencias específicas:
CE48; Coñecer as organizacións e os sistemas de saúde nacionais e internacionais, así como as políticas de saúde.
CE49; Participar na análise, planificación, intervención e avaliación de estudos epidemiolóxicos e programas de intervención en alimentación e nutrición en diferentes áreas.
- As clases expositivas ou maxistrais (44 horas) serán impartidas polos profesores encargados da materia, podendo apoiarse en material audiovisual e procurando fomentar a participación do alumnado.
- Durante os seminarios interactivos (5 horas) profundarase nos conceptos traballados durante as clases expositivas nun formato de clase máis aberto e interactivo. Resolveranse exercicios e problemas tipo, co obxectivo de trasladar os coñecementos teóricos vistos nas clases expositivas a un contexto máis práctico e real. Durante estas actividades fomentarase o traballo autónomo do alumnado con ferramentas que faciliten a retroalimentación e autoavaliación.
- A orientación de todas as actividades e tarefas realizadas por os estudantes será reforzada polos profesores nas sesións de titoría en grupo (2 horas).
Asistencia a clase
Para poder obter avaliación no apartado de Participación será necesario asistir polo menos ao 80% dos seminarios.
Alumnado con diversidade funcional.
O alumno/a que presente calquera tipo de diversidade funcional ou dificultade para un seguimento diario da materia, sexa esa dificultade permanente ou temporal, deberá xustificar esa situación mediante un documento expedido polo servizo acreditado pola USC para estes efectos e informar do seu caso ao docente correspondente dentro das dúas primeiras semanas do semestre, coa fin de que ambas as partes poidan acordar o máis axiña posible o plan de traballo do estudante na materia e, se é preciso, facer as adaptacións curriculares e/ou avaliativas que fosen pertinentes (é dicir, razoables) para atender cada situación particular, de tal modo que o estudante en cuestión puidese sacar adiante a materia indicada.
A avaliación do estudante realizarase mediante realización de exercicios e/ou cuestionarios de avaliación continuada, traballos en grupo e exame final.
Para alcanzar a suficiencia nesta materia o alumno/a deberá superar o exame final.
EXAME FINAL
O exame final, complementario á avaliación contínua, suporá o 75% da cualificación global da materia e constará de preguntas de resposta curta e/ou tipo test. O alumnado deberá ter unha puntuación do 50% ou superior da máxima nota posible neste exame para facer media coa avaliación continua e poder optar a superar a materia.
Competencias avaliadas: CB1, CB5, CG4, CG7, CG19, CG20, CG21, CG22, CG29, CT2, CT8, CT10, CE48, CE49
AVALIACIÓN CONTÍNUA
Avaliarase a través da asistencia presencial as clases, o desenvolvelmento dos seminarios, así como polos traballos en grupo e individuais e os diferentes documentos e activiades entregados (25%).
Competencias avaliadas: CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CG1, CG2, CG3, CG5, CG6, CG20, CG29, CT1, CT3, CT4, CT5, CT6, CT7, CT10, CT12, CE49.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN DA APRENDIZAXE
A avaliación do alumno/a realizarase en base aos seguintes apartados:
1. Exame Final: 75%
2. Avaliación continua: 25%
Será necesario para superar a materia alcanzar polo menos o 50% dos puntos no examen final.
CASUÍSTICAS NA AVALIACIÓN
O alumno/a que non supere a materia, deberá repetir sempre o exame final.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
A materia consta de 6 créditos ECTS. O número total de horas de traballo do estudante é de 150 horas, das que o 38% son presenciais e o 62% son horas de traballo do alumno. A distribución detallada do tempo de traballo do alumno é a seguinte:
- Clases maxistrais: 44h presenciais / 82 h traballo autónomo
- Seminarios: 5 h presenciais / 10 h traballo autónomo
- Titorías en grupo: 2 h presenciais
- Realización de exames e revisión: 2 h presenciais / 5 h traballo autónomo.
A preparación da materia poderá facerse en base ás anotacións que o alumno/a recolla durante as actividades expositivas e seminarios e en base aos diversos materiais e documentos que o docente comparta.
A bibliografía recomendada poderá utilizarse non só como fonte de consulta e aclaración das dúbidas que poidan presentarse ao estudar os temas, senón tamén como base para a realización de informes escritos e outras producións.
É importante a asistencia a clase. Valorarase fundamentalmente o grao en que os alumnos entenden a materia.
As clases poderán ser impartidas en galego e castelan.
Para aqueles estudantes aos que se lle conceda dispensa o sistema de avaliación será o seguinte: Nota do exame final (75%), e a avaliación das sesións interactivas (seminarios) mediante un traballo ou proba alternaiva (25%), quedando sen efecto as avaliacións desenvoltas de xeito presencial nas sesións para as que se concede dispensa.
Cristina Candal Pedreira
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Correo electrónico
- c.candal.pedreira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Martes | |||
---|---|---|---|
17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 0P AULA 4 PLANTA BAIXA |
Mércores | |||
17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 0P AULA 4 PLANTA BAIXA |
Xoves | |||
17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 0P AULA 4 PLANTA BAIXA |
20.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 0P AULA 5 PLANTA BAIXA |
20.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 0P AULA 6 PLANTA BAIXA |
01.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 0P AULA 6 PLANTA BAIXA |