Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 97 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 28 Clase Interactiva: 19 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
Áreas: Nutrición e Bromatoloxía
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Os obxectivos xerais do curso son:
• Familiarizarse cos diferentes sistemas de restauración colectiva.
• Ser capaz de aplicar os coñecementos de nutrición, dietética, dietoterapia e hixiene no deseño e avaliación de menús para diferentes comunidades.
• Adquirir coñecementos sobre o deseño, organización, xestión e avaliación dos distintos servizos relacionados coa restauración colectiva.
• Saber intervir en proxectos de promoción, prevención e protección con enfoque comunitario e de saúde pública
Contidos teóricos:
Tema 1. Introdución. Modelos de restauración colectiva. Lexislación relativa á restauración colectiva: europea, nacional e autonómica.
Tema 2. Deseño de menús para comunidades. Elaboración de dietas en comedores para adultos sans: empresas. Elaboración de dietas para comedores escolares. Elaboración de dietas para comedores de residencias de maiores.
Tema 3. Planificación de instalacións, locais, materiais e equipamentos de restauración. Deseño de circuítos. Diagramas de fluxo. Sistema de abastecemento.
Tema 4. Manipulación de alimentos. Contaminantes nos alimentos. Medidas de control de contaminantes
Tema 5. Modificación dos alimentos mediante técnicas culinarias. Repercusións no valor nutricional
Contidos Seminarios e traballos realizados polo alumnado:
A temática dos seminarios será establecida polo profesor ao comezo de cada curso. Tendo en conta temas de actualidade relacionados coa materia. Ao longo do cuadrimestre, o profesor realizará probas na aula para que o alumnado poida avaliar os seus coñecementos na materia.
Adicionalmente, e a petición do alumno/a, o alumnado poderá realizar traballos monográficos sobre temas propostos polo profesor co fin de elevar a súa nota.
Contidos prácticos:
Deseño de menús para distintos grupos.
Presentación de casos prácticos de restauración colectiva. Avaliación do deseño das instalacións, formación de manipuladores de alimentos, técnicas culinarias, proceso de distribución. Elaboración experimental en planta alimentaria dos menús deseñados.
Prácticas de campo: Contémplase a posibilidade da realización de visitas a comedores colectivos (hospitais, centros docentes, residencias,...) as cuales veranse condicionadas pola dispoñibilidade das empresas e polo orzamento para o traslado do alumnado. Estas visitas serán voluntarias.
Bibliografía básica:
BENYON, S.(1998). Lo esencial en metabolismo y nutrición. Cursos Crash de Mosby. Harcourt Brace España. Madrid.
CERVERA, P.; CLAPER, J. y RIGOLFAS, R. (1999). Alimentación y dietoterapia. McGraw-Hill Interamericana de España, SAU. Madrid.
CONSEJO GENERAL DEL COLEGIOS OFICIALES DE FARMACEUTICOS. (1993). Nutrición y dietética. Aspectos sanitarios. Tomos I y II. C.O.F. Madrid.
KATHLEEN MAHAN,L. And SYLVIA SCOOT-STUMP.(1998). 9ª edición.Nutrición y Dietoterapia de krause. McGraw – Hill Interamerica.
MATAIX, F.J.; MAÑAS, M.; MARTÍNEZ DE VICTORIA, E.; LLOPIS, J. (1992). Tablas de composición de alimentos españoles. Instituto de Nutrición y Tecnología de Alimentos. Universidad de Granada.
A.Sastre y M. Hernández Rodríguez. (1999). Tratado de Nutrición. Díaz de Santos. Zaragoza
L. Serra, J. Aranzeta, J.Mataix. (1995). Guías alimentarias para la población española. Documento de consenso. SENC. SG editores. Barcelona
MATAIX, J. (2002). Nutriciión y alimentación humana. TRATADO DE NUTRICIÓN I y II. Ed. Ergon. Barcelona
Bibliografía complementaria:
www.restauracioncolectiva.com
•Sociedad Española de Nutrición Básica y aplicada https://www.sennutricion.org/es/inicio
•Organización Mundial de la Salud https://www.who.int/es
•Agencia Española de Seguridad Alimentaria y Nutrición www.aesan.msc.es
•Sociedad Española de Nutrición Comunitaria SENC www.nutricioncomunitaria.con
•Federación Española de Sociedad de Nutrición, Alimentación y Dietéticawww.fesnad.org
•Asociación Española de Diplomados Enfermería de Nutrición y Dietética www.adenyd.org
•Asociación Española de Dietistas y Nutricionistas www.aedn.es
•Sociedad Española de Dietética y Ciencias de la Alimentación www.sedca.org
Competencias básicas:
CB1: Que os estudantes teman demostrado posuir e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e que adoita atoparse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda no seu campo de estudio.
CB2: Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecemientos ó seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que adoitan amosarse polo medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3: Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuicios que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4: Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado.
CB5: Que os estudiantes teñan acadado aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Competencias xerais:
CG1: Recoñecer os elementos esenciais da profesión do Dietista-Nutricionista, incluíndo os principios éticos, responsabilidades legais e o exercicio da profesión, aplicando o principio de xustiza social á práctica profesional e desenrolándoa con respeto ás persoas, os seus hábitos, crenzas e culturas.
CG3: Recoñecer a necesidade de manter e actualizar a competencia profesional, prestando especial importancia ó aprendizaxe, de maneira autónoma e continuada, de novos coñecementos, productos e técnicas en nutrición e alimentación, así coma a motivación pola calidade.
CG5: Realizar a comunicación de maneira efectiva, tanto de xeito oral como escrito, cas personas, os profesionais da saúde ou a industria e os medios de comunicación, sabendo utilizar tecnoloxías da información e a comunicación especialmente as relacionadas coa nutrición e os hábitos de vida.
CG6: Coñecer, valorar críticamente e saber utilizar e aplicar as fontes de información relacionadas coa nutrición, alimentación, estilos de vida e aspectos sanitarios.
Competencias transversais:
CT1: Capacidade de análise e síntese
CT7: Capacidade para a resolución de problemas
Competencias específicas:
CE51: Diseñar, intervenir y ejecutar programas de educación dietético-nutricional y de formación en nutrición y dietética.
CE53: Adquirir la capacidad para intervenir en proyectos de promoción, prevención y protección con un enfoque comunitario y de salud pública.
As clases expositivas, os seminarios e así como as prácticas realizaranse presencialmente nos horarios sinalados, dentro do horario previsto, no calendario da titulación.
Toda a docencia estará apoiada na plataforma de Campus Virtual da USC e á que terán acceso todo o alumnado matriculado na materia. Na devandita plataforma, na sección temática de restauración colectiva pódense atopar anuncios, contidos e material complementario, bibliografía, normativa citada e guías para a realización das tarefas. Así mesmo, empregarase a aplicación Teams naqueles casos que o profesor considere oportunos.
As clases expositivas impartiranse presencialmente na aula mediante presentacións audiovisuais e outros materiais de apoio.
Os seminarios consistirán na exposición por parte do alumno dun tema de actualidade proposto polo profesor. O profesor expoñerá varios temas e o alumno deberá escoller un deles.
As clases prácticas realizaranse na aula de informática e formaranse grupos de dous ou máis alumnos. O obxectivo da práctica é a realización dun plan de traballo e actuación, como nutricionista, para a avaliación e mellora das condicións dun comedor dunha comunidade determinada. A asistencia ás prácticas será obrigatoria para superar a materia.
As avaliacións realizaranse de forma presencial. Nas datas, horarios e aulas sinaladas polo centro.
Para a realización de titorías, para manter unha comunicación directa tanto entre o propio alumnado como entre este e o profesor, pódense realizar a través do foro do Campus Virtual, a través da aplicación Teams, por correo electrónico ou con encontros presenciais previamente acordados.
A avaliación do alumno realizarase tendo en conta a avaliación continua (30% da cualificación final) e o exame final (70% da nota final), o alumno deberá ter superado o exame final para sumar a nota da avaliación continua. .
1. A avaliación continua comprende a avaliación do alumno nas clases expositivas, seminarios e prácticas:
*Avaliación do alumno en clases expositivas (5% da nota final) valorarase a actitude do alumno (puntualidade, uso de dispositivos móbiles,...), asistencia e participación na clase, realización de probas e traballos propostos polo profesor.
*Avaliación dos seminarios (10% da nota final) valorarase a actitude do alumno (puntualidade, uso de dispositivos móbiles, ordenador, tableta ou móbil,…), asistencia e participación. A partir da exposición do tema teranse en conta aspectos como: Organización da exposición, actitude, puntualidade, capacidade de resposta a preguntas e capacidade crítica.
* Avaliación das prácticas (15% da nota final). A asistencia ás prácticas e a entrega do caderno de prácticas É OBRIGATORIA PARA SUPERAR A MATERIA. Valorarase a actitude do alumno (puntualidade, uso de dispositivos móbiles, ordenador, tableta ou móbil,...) e participación. O alumnado deberá entregar o caderno de prácticas unha vez finalizadas as prácticas da materia, a través da ferramenta campus virtual. Deberase entregar un caderno de prácticas ben organizado, presentable e lexible. Competencias avaliadas: CB3, CB5, CG5, CG6, CE42, CE50, CE44, CE52
2. Avaliación do exame final (70% da nota final). O exame constará de preguntas curtas e/ou preguntas de resposta múltiple simple ou de resposta múltiple. O alumno deberá obter unha PUNTUACIÓN SUPERIOR AO 50% da nota máxima posible do exame para que a dita puntuación se teña en conta na nota final da materia. Competencias avaliadas: CB1, CB4, CB5, CT1, CT7, CE50, CE53. Na SEGUNDA OPORTUNIDADE manterase a valoración acadada na avaliación continua.
A valoración obtida na avaliación continua do curso anterior (clases prácticas, seminarios, clases expositivas) manterase dun curso a outro, non se poderá subir parcialmente a cualificación dalgunhas partes da avaliación continua.
Nos casos de REALIZACIÓN FRAUDULENTA DE EXERCICIOS OU PROBAS, será de aplicación o disposto nas “Normas de avaliación do rendemento académico do alumnado e revisión das cualificacións”.
A materia consta de 6 ECT, é dicir, 150 horas de traballo do alumno. Estas horas inclúen todas as actividades do alumnado que se distribúen do seguinte xeito:
· Clase expositiva: 26 horas
· Clases interactivas 19 horas (9 horas de seminarios e 10 de prácticas)
· Titorías grupais: 6 horas
Traballo do alumno: 99 horas
- Mostrar atención e interese durante a asistencia a clases presenciais. Realización de esquemas e resumos: entendelos e memorizalos.
-Ler, comprender e complementar o material da clase coa bibliografía indicada.
- Utilizar titorías para resolver dúbidas sobre a materia.
- O alumno debe saber consultar e manexar a lexislación vixente
- Aterse ás actividades ás que lle corresponde ao alumno segundo a normativa de avaliación do rendemento académico e das cualificacións durante a revisión dos exames.
- Se o alumno desexa coñecer a nota da avaliación continua poderá facelo antes do exame final exclusivamente presencialmente, solicitándoo previamente ao profesor coordinador da materia.
Idioma: castelán
Se algún alumno precísao poderase facer uso de maneira PUNTUAL o galego, inglés ou francés.
En base á Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral nesta materia non se concede dispensa, por ser necesaria a asistencia a todas as actividades de forma presencial.
As actividades da Avaliación Continua só poderán ser desenvolvidas durante o período das clases dentro dos horarios establecidos para esta materia no calendario do grado.
A non asistencia ou a non superación das prácticas impedirá a superación da materia (requisito obrigatorio).
Carolina Graciela Nebot Garcia
Coordinador/a- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Nutrición e Bromatoloxía
- Correo electrónico
- carolina.nebot [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Alejandra Cardelle Cobas
- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Nutrición e Bromatoloxía
- Correo electrónico
- alejandra.cardelle [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 0P AULA 7 PLANTA BAIXA |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 0P AULA 7 PLANTA BAIXA |
Xoves | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 0P AULA 7 PLANTA BAIXA |
20.12.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | SALON ACTOS |
09.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 0P AULA 5 PLANTA BAIXA |
09.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 0P AULA 6 PLANTA BAIXA |