Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
Áreas: Nutrición e Bromatoloxía
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Obxetivos:
· Comprender os elementos que interveñen no deseño de políticas alimentarias, e campañas ou plans de educación nutricional.
· Aprender a deseñar un proxecto de educación nutricional dirixido a distintos grupos de persoas
· Coñecer e aplicar os métodos e recursos mais empreados en educación sanitaria
· Coñecer as técnicas de avaluación do estado nutricional en poboacións e a súa aplicación no traballo de campo, interpretación dos resultados e no análise operativo dos resultados.
Contidos teóricos:
1. Nutrición comunitaria e educación nutricional. Concepto e introdución.
2. Programas de educación e intervención nutricional. Estratexias e detección de necesidades
3. Avaliación do estado nutricional en poboacións
4. Dieta española na actualidade. Fortalezas e debilidades
5. Obxectivos nutricionais para a poboación española
6. A educación nutricional na planificación sanitaria. Lexislación aplicable e programas
7. Etiquetado xeral e nutricional dos alimentos. Declaracións de propiedades nutricionais e saudables
Contidos prácticos (interactivos)
Tema 1. Taller de etiquetado nutricional.
Tema 2. Búsqueda de datos en nutrición comunitaria. Interpretación crítica e validez.
Tema 3. Estudio de consumo de alimentos: estudio da inxesta.
Tema 4. Exemplo de programa de intervención nutricional.
Seminarios: A temática dos seminarios será establecida polos profesores da materia no inicio de cada curso. Ditos seminarios versarán sobre unha mesma temática e serán realizados en grupos de tres alumnos. Adicionalmente, e a petición dos alumnos, os alumnos poderán realizar traballos monográficos sobre temas propostos polos profesores da materia co fin de subir nota.
Bibliografía Básica:
-Aranceta Bartrina, J. Nutrición Comunitaria 3/E. Elsevier España. Madrid. 2012
-Food and Nutrition Board NRC (National Research Council) Recommended Dietary Allowances, 10 ed Washington DC Nacional Academy Press, 1989.
-Martinez JA, Astiarán I y Madrigal H. Alimentación y Salud Pública, 2/E. McGrow-Hill/ interamericana. Madrid. 2002.
-Mataix J Quiles JL Rodríguez Huertas J. Aporte de grasa En Guías alimentarias
para la población Española. Madrid Sociedad Española de Nutrición Comunitaria (SENC) 2001.
-Martí-Henneberg C, Capdevilla F. Ingesta alimentaria y nutricional de niños y adolescentes en España En Tojo Ed Tratado de Nutrición Pediátrica Barcelona Doyma.2001.
-Mataix J. (Ed) . Nutrición y alimentación humana. Ergón. Majadahonda. 2002.
-Serra L, Aranceta J. Objetivos nutriconales para la población española. Consenso
de la Sociedad Española de Nutrición Comunitaria. En: Guías Alimentarias para la población española. Madrid .Sociedad Española de Nutrición Comunitaria (SENC). 2001.
-Serra L, Ribas L, Román B. Recomendaciones sobre la ingesta de hidratos de carbono en la población española. En: Guías alimentarias para la población española Madrid Sociedad Española de Nutrición Comunitaria (SENC) 2001.
-Serra L, Aranceta J Nutrición y Salud Pública. 2/E. Masson. Barcelona. 2006.
-Sociedad Española de Nutrición Comunitaria. Documento de Consenso: Guías
Alimentarias para la población española. SG. Editores. Barcelona. 1995.
-Soriano JM. Nutrición Básica humana. Servicio de Publicaciones de la Universidad de Valencia. Valencia. 2006
Bibliografía complementaria:
bisaludpublica [at] jet.es (bisaludpublica[at]jet[dot]es) Unidad de Nutrición Comunitaria Bilbao
senba [at] retemail.es (senba[at]retemail[dot]es) Sociedad Española de Nutrición Básica y aplicada
www.who.org Organización Mundial de la Salud
www.aesan.msc.es Agencia Española de Seguridad Alimentaria y Nutrición
www.nutricioncomunitaria.con Sociedad Española de Nutrición Comunitaria SENC
www.fesnad.org Federación Española de Sociedad de Nutrición, Alimentación y Dietética
www.adenyd.org Asociación Española de Diplomados Enfermería de Nutrición y Dietética
www.aedn.es Asociación Española de Dietistas y Nutricionistas
www.seh.lelha.org Sociedad Española de Hipertensión
www.sedca.org Sociedad Española de Dietética y Ciencias de la Alimentación
Competencias básicas:
CB1: Que os estudantes teman demostrado posuir e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e que adoita atoparse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda no seu campo de estudio.
CB2: Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecemientos ó seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que adoitan amosarse polo medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3: Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuicios que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4: Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado.
CB5: Que os estudiantes teñan acadado aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Competencias xerais:
CG5: Realizar a comunicación de maneira efectiva, tanto de xeito oral como escrito, cas personas, os profesionais da saúde ou a industria e os medios de comunicación, sabendo utilizar tecnoloxías da información e a comunicación especialmente as relacionadas coa nutrición e os hábitos de vida.
CG6: Coñecer, valorar críticamente e saber utilizar e aplicar as fontes de información relacionadas coa nutrición, alimentación, estilos de vida e aspectos sanitarios.
Competencias transversais:
CT1: Capacidade de análise e síntese
CT7: Capacidade para a resolución de problemas
Competencias específicas:
CE42: Planificar e levar a cabo programas de educación ditético-nutricional en suxeitos sans e doentes.
CE44 - Manexar as ferramentas básicas en TICs utilizadas en el campo de la Alimentación, Nutrición y la Dietética.
CE50 - Dieseñar e realizar valoracións nutricionais para identificar as necesidades da poboación en termos de alimentación e nutrición, así coma identificar os determinantes de saúde nutricional.
CE52 - Colaborar na planificación de políticas alimentarias e nutricionales para a educación alimentaria e nutricional da poboación.
CE53 - Adquirir a capacidade para intervir en proxectos de promoción, prevención e protección con un enfoque comunitario e de salúde pública.
Utilizarase o Campus Virtual da USC coma apoio á docencia.
As clases expositivas (teóricas), seminarios e titorías realizaranse de xeito presencial nos horarios indicados, dentro dos horarios previstos.
Toda a docencia estará apoiada nun Curso de Axuda Virtual na plataforma que para ensino virtual dispón a USC, onde se poderán localizar anuncios, contidos e material adicional, bibliografía, normativas citadas, e guías para a realización dos traballos.
As clases prácticas realizaranse de xeito presencial nos horarios previstos.
As avaliacións realizaranse de xeito presencial.
Sistema de avaliación:
A evaluación do estudante realizarase mediante evaluación continua, realización de traballos, seminarios e cuadernos de prácticas e examen final.
Clases maxistrais. A avaliación continua (10% da calificación final) realizarase mediante a valoración da asistencia, participación e actitude nas clases. Penalizarase coa pérda de tódolos puntos obtidos o uso durante as clases de dispositivos móviles para fins alleos ás clases.
Competencias avaliadas: CB4.
A realización de seminarios e traballos (10% da calificación final) consistirá na presentación oral dun traballo sobre temas propostos polos profesores responsables da materia.
Competencias avaliadas: CB2, CB3, CB4, CG5, CE42, CE44, CG6, CT1, CT7.
A avaliación do cuaderno de prácticas (10% da calificación final) consistirá na avaliación do cuaderno de prácticas que os estudantes deben entregar en grupo trala finalización das prácticas da asignatura.
A asistencia ás prácticas é requisito obrigatorio para superala asignatura (ME3).
Competencias avaliadas: CB3, CB5, CG5, CG6, CE42, CE50, CE44, CE52
O exame final (70% da calificación final) constará de preguntas cortas e/ou tipo test de resposta simple ou múltiple. O alumno deberá obter unha puntuación superior ó 40% da máxima nota posible neste exame para que dita puntuación sexa tida en conta na calificación final da asignatura. No caso de que un alumno non alcance a nota establecida coma requisito mínimo no exame, recibirá como calificación final únicamente a nota correspondente á avaliación continua.
Competencias avaliadas: CB1, CB4, CB5, CT1, CT7, CE50, CE53.
Na segunda oportunidade manterase a valoración alcanzada na avaliación continua.
Só se manterá dun curso para o seguinte a valoración acadada respecto da realización das clases prácticas, en ningún caso se manterá a correspondente ás sesións interactivas (seminarios) nin a de asistencia.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e das cualificacións.
Os alumnos que cumpran cos requisitos legalmente establecidos pola USC poderán solicitar a dispensa de asistencia a clase. No caso de que o alumno obteña dispensa de asistencia a clase, avaliarase exclusivamente a nota do exame final (90%) e mais a avaliación do caderno de prácticas (10%), quedando sin efecto as avaliacións correspondentes á asistencia ás sesións expositivas e ás actividades desenvoltas nas sesións interactivas.
Recomiendanse 25 horas de estudo por cada crédito ECTS, o que supón un total de 150 horas de estudo. Recoméndase a lectura de artigos científicos relacioados e a consulta regular da bibliografía indicada coma base para o estudo da materia.
- Mostrar atención e interese durante a asistencia ás clases presenciais.
- Realización de esquemas e resumos: entendelos e memorizalos. Utilizar as titorías para resolver dúbidas sobre a materia.
- Consultar a bibliografía, sobre todo a lexislación vixente.
- Aterse na revisión de exames ás actividades ás que o alumno ten dereito segundo a normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e das cualificacións.
- Para coñecer a nota da avaliación continua, se o alumno o desexa, pode facelo antes da proba final exclusivamente de xeito presencial, solicitándoo previamente ó profesor coordinador na materia.
Idioma: Castelán
Jose Manuel Miranda Lopez
Coordinador/a- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Nutrición e Bromatoloxía
- Correo electrónico
- josemanuel.miranda [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 0P AULA 4 PLANTA BAIXA |
Mércores | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 0P AULA 4 PLANTA BAIXA |
Xoves | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 0P AULA 4 PLANTA BAIXA |
Venres | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 0P AULA 4 PLANTA BAIXA |
26.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 0P AULA 4 PLANTA BAIXA |
26.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 0P AULA 5 PLANTA BAIXA |
26.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 0P AULA 6 PLANTA BAIXA |
08.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 0P AULA 4 PLANTA BAIXA |
08.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 0P AULA 7 PLANTA BAIXA |